Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9]
Autor Tema:Enerxías e Cambio Climático TEMA CERRADO
faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 26, 2015, 23:17

Está claro que o noso país lle está sacando un gran partido ás centrais nucleares, pero eu penso que cando chega o días do peche destas, se deberían cerrar definitivamente e non prorrogar o seu uso, para optar finalmente así polo completo emprego de enerxías renovables, de menos custo e menos agresivas co medio. Aínda así, ao meu parecer creo que as políticas enerxéticas en España teñen como prioridade seguir botando man desta enerxía, do que eu estaría en contra.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 27, 2015, 16:53

Ao meu parecer, creo que España, é un país que lle da moita máis importancia á enerxía nuclear que a outras fontes de enerxía. No cadro podemos observar que hai centrais nucleares que, aínda que deberían estar pechadas, se lles concede unha prórroga, por así dicilo. Isto da a entender que o Goberno, prefire intervir axudando antes a unha fonte de enerxía tan perigosa como é a enerxía nuclear, que interesarse por enerxías que tratan mellor ao medio ambiente e non supoñen un perigo para a sociedade e o seu medio, tales como a enerxía eólica, a xeotérmica …
Creo que o noso Goberno, debería deixar de prolongar o tempo de vida das centrais nucleares e comezar a centrarse nas enerxías alternativas, que son as que deberíamos utilizar se realmente nos queremos preocupar polo estado do noso medio ambiente e da nosa sociedade.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 27, 2015, 19:20

Desde o meu punto de vista creo que si, que o Goberno a pesares de todo plantexa como prioridade o uso de enerxía nuclear, pois, como xa se sabe, esta enerxía pódese considerar máis barata referíndome a que as centrais nucleares xa estan construidas, e apostar polas enerxías renovables tería un custo considerable que o Goberno non está disposto a realizar.

fab-tatian-
ameis
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 27, 2015, 19:47

Tendo en conta todos os riscos que conleva abrir e manter unha centrar nuclear, usalas pareceme un risco. Sen embargo, pareceme ben que teñan pensado pechalas en curtos períodos de tempo para non ter que sufrir as consecuencias.

Como di un refrán "mellor previr, que curar" e iso é o que se debería facer neste caso. Deberíase pechar todas esas centrais canto antes para logo non ter que "curar" todas as consecuencias que suporía ter un accidente. Optando no lugar de esa fonte de enerxía unha ou unhas que non foran tan perxudiciais.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 27, 2015, 19:47

España conta con oito centrais nucleares en funcionamento. Teñen unha idade media de 29 anos; deseñáronse inicialmente para unha vida útil de 25-30 anos.
No pasado houbo plans para construír en España ata 39 centrais nucleares pero os factores políticos e económicos frearon esta expansión. A pesar de que en 1984 o Goberno socialista implantou unha moratoria nuclear, chegáronse finalmente a construír dez reactores.
Actualmente, esta enerxía nuclear tan só representa arredor do 20% da electricidade producida no noso país, mentres que as renovables están a achegar o 30-35% da electricidade nos últimos anos. Dende o meu punto de vista, España pode dispoñer dun sistema eléctrico 100% renovable nas próximas décadas, sempre que exista principalmente vontade política para iso.

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 27, 2015, 21:22

Dende o meu punto de vista, e observando o datos expostos, saco unha conclusión: España segue sen ter en conta o suficiente ás enerxías renovables. Podemos prescindir da enerxía nuclear. Actualmente tan só representa arredor do 20% da electricidade producida no noso país, mentres que as renovables están a achegar o 30-35% da electricidade nos últimos anos. España pode dispoñer dun sistema eléctrico 100% renovable nas próximas décadas, se existe vontade política para iso. Por conseguinte, seguir dependendo da enerxía nuclear paréceme contraproducente tendo en conta os perigos e inconvintes que ten esta enerxía, cando en España temos os recursos naturais perfectos para sacar partido ás enerxías renovables.

Páginas: First << 6 7 8 [9]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.062 segundos.

Os comentarios están pechados.