Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9
Autor Tema:Enerxías e Cambio Climático TEMA CERRADO
faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 23, 2015, 22:18

En España hai hoxe en día 6 centrais nucleares en funcionamiento , todas elas na península, 2 das cales dispoñen de 2 reactores cada unha, polo que suman 8 reactores en total. Ademais, existen outras dúas centrais paradas ou en desmantelamento.
A central nuclear José Cabrera en Guadalaxara, máis coñecida como Zorita e inaugurada por Franco en 1968, xunto con Santa María de Garoña (Burgos, 1971) e Vandellós (Tarragona, 1972) foron as primeras que comenzaron a operar. A estas seguiron as dúas centrales nucleares de Almaraz (Cáceres, 1981 y 1983), as dúas de Ascó (Tarragona, 1983 y 1985) e a de Cofrentes (Valencia, 1984). Finalmente, púxose en marcha unha segunda central nuclear en Vandellós (Tarragona, 1987) y la de Trillo (Guadalajara, 1988). Destes dez reactores, os dous que se atopan parados son a central nuclear de Vandellós I, tras sufrir un grave accidente en 1989 e a central nuclear Zorita que foi clausurada en abril de 2006 debido á peligrosidade do seu funcionamento, aos seus defectos de diseño, aos seus numerosos problemas técnicos e á falta de cultura de seguridade da compañía propietaria.
Con respecto á súa vida útil, lin que o goberno estudou a posibilidade de aumentala ata os cincuenta ou sesenta anos en vez de deixala en cuarenta que é a que se tiña prevista. Isto paréceme realmente excesivo, pois córrese o risco de que aumente moito os problemas e ocorra unha catástrofe. Penso que deberían deixar a súa vida útil tal e como está e centrarse nos proxectos que teñen de futuro que son moitos. Polo que vin, contan con varios proxectos paralizados, inactivos ou en construcción que son os seguintes: central nuclear Lemóniz I e II (Vizcaya), central nuclear Valdecaballeros I e II (Badajoz), central nuclear Trillo II (Guadalaxara), central nuclear Escatrón I e II (Zaragoza), central nuclear Santillán (Cantabria), central nuclear Regodola (Lugo) e central nuclear Sayago (Zamora).

fab-mariao-
ubina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 23, 2015, 22:32

En España encóntransen en funcionamento 6 centrais nucleares, todas elas na península, 2 delas dispoñen de 2 reactores cada unha (Almaraz y Ascó), polo que suman 8 reactores de auga lixeira, con unha potencia total instalada de 7.728 MWe. Teñen unha idade media de 29 anos; diseñáronse inicialmente para unha vida útil de 25-30 anos. Garoña, con 41 anos, é unha dás centrais en operación máis vellas de Europa. O seu diseño é idéntico á central nuclear de Fukushima.
A Central Nuclear de Trillo é unha central nuclear de España situada xunto o Río Tajo,no enclave denominado “Cerrillo Alto”, do término municipal de Trillo (Guadalajara). O seu emplazamento dista 93 Km. de Madrid, 47 Km. de Guadalajara e 80 Km. de Cuenca. Os núcleos urbanos máis próximos son o propio pobo de Trillo, Gárgoles e Cifuentes.

faa-ilenia-
martinez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 23, 2015, 23:43

España ten 6 centrais nucleares, duas delas contan con 2 reactores, en funcionamento, a parte de outras duas en desuso.
A primeira que comezou a funcionar en España foi a central nuclear José Cabrera en Guadalaxara, tamén coñecida como Zorita, que foi pechada en 2006 debido a gran perigosidade de moitos dos seus procesos. A última central construída en España, foi a central de Trillo en Guadalaxara, que se puxo en funcionamento no ano 1988.
A vida útil soe ser de 30-40 anos, ainda que o goberno está pensando en aumentala, ao meu parecer sería moito mais útil invertir en novas enerxias e pechar definitiva estes vellos reactores.
Os novos proxectos de reactores quedaron parados por mor do último accidente, polo momento, pero non se descarta a aprobación no futuro de novas construcions.

faa-uxiaca-
sais
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 23, 2015, 23:54

Pola miña parte non me gustaría baixo ningún concepto que se crease un depósito de residuos nucleares nin no noso concello nin preto de este xa que a contaminación que produce non afecta so ao lugar onde se enterra estes residuos se non que tamén ten unhas consecuencias no medioambiente dos arredores. Por esta mesma razón eu penso que deberase ter en conta a opinión de toda a comarca e non so da localidade, e moito menos ser decidido polo goberno autonómico se non por todas as persoas que se verán afectadas a causa dos depósitos de residuos nucleares.

faa-andrea-
perez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 24, 2015, 12:55

España conta con oito centrais nucleares en funcionamento. Teñen unha idade media de 29 anos; diseñaronse inicialmente para unha vida útil de 25-30 anos. Estas centrais nucleares pódese dicir que aínda lle queda como mínimo 5 anos máis xa que a maíoria delas acábaselle a licencia para 2020 ou 2023 e as últimas que se contruíron foi en 1988 en Tarragona e en Guadalajara.Hai unha central que xa está desconectada e 2 en fase de desmantelamento.
No pasado houbo plans para construir en España ata 39 centrais nucleares pero os factores políticos e económicos frearon esta expansión.

fab-alexco-
sta
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 24, 2015, 13:16

En España actualmente hai 8, esta previsto que lles quedase pouco tempo, xa que cada vez as enerxías renovables estanlle quitando terreo,eso podese ver en que actualmente a nuclear aporta o 20% da enerxía que consumimos, polo 35% que aportan as renovables. Esto quere decir que as renovables actualmente son mellores, contaminan menos e aportan mais.
A última central nuclear construida en España foi en Guadalaxara, en Trillo,construida en 1988
Antes habia propostas para construir alguna mais, antes do accidente de Fukushima pero tras eso, todo quedou en nada, polo menos, polo momento.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 24, 2015, 13:52

España conta con seis ubicacións nas cales se encontran centrais nucleares. Dúas delas, Almaraz e Ascó, teñen unidades xemelgas, polo que o número de reactores é de oito reactores de auga lixeira, cunha potencia total instalada de 7728 MWe. Estes oito grupos de produción de enerxía eléctrica nuclear son de dous tipos diferentes: de auga lixeira a presión e de auga lixeira en ebulición. Ditas centrais españolas producen en torno ao 20% da enerxía eléctrica que se consume no país.
Hai nove anos, no 2006, a central nuclear José Cabrera (Zorita), situada a 70 km de Madrid foi cerrada, xa que era a máis antigua de España. Isto quere dicir que o tempo de vida dunha central nuclear é limitado, e depende fundamentalmente do tempo que dure a súa caldeira.
O conxunto de centrais nucleares que na actualidade se encontran en fase de explotación, peche ou moratoria, corresponden a tres xeracións diferenciadas dentro do Programa Nuclear Español: primeira xeración, segunda xeración e terceira xeración. Á tercerira xeración pertencen obviamente as centrais cuxa construción foi posterior ás demais e polo tanto, foron as últimas en construirense en España. A esta xeración pertencen as centrais de Vandellós II, Tirillo I e Valdecaballeros I e II (en moratoria e dicir, que non se chegou a poñer en funcionamento).
Finalmente, ata febreiro do ano 2011 existiu unha moratoria pola que non se contemplaba a construción de novas centrais nucleares, pero por esa data, aprobouse a Ley de Economía Sostible que permite a ampliación do período de vida útil das centrais nucleares más alá dos 40 si así o autoriza o Consello de Seguridade Nuclear.

faa-ritala-
ge
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 24, 2015, 14:11

A miña opinión é que, máis contaminante é a enerxía nuclear xa que emite radiactividade,dañando a persoas do redor e mesmo as de todo o mundo.Pero , por outra parte , o impacto que produce os combustibles fósiles támen son grandes, dañando o solo con chuvias ácidas, co cal , esto chegará os rios e mares contaminandoos.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 24, 2015, 14:47

España conta con dez instalacións nucleares. Entre elas, cinco centrais cun total de sete reactores. Ata febrero do 2011 existiu unha moratoria pola que non se contemplaba a construcción de novas centrais, pero nesa fecha aprobouse no Senado a Ley de Economía Sostible pola que se permite a ampliación da vida útil das centrais nucleares máis alá dos 40 anos se o autoriza o Consello de Seguridade Nacional.
A partir do 2009 ( pola oposición á instalación do Almacén Temporal Centralizado) previsto polo Goberno sen decidir antes o peche das centrais no territorio español e o accidente de Fukushima, o movemento antinuclear viuse fortemente reactivado, por tanto,non creo que haxa a proposta de construir novas centrais nucleares.
A primeira central nuclear en operar foi a de José Cabrera en Guadalaxara, máis ben coñecida como Zorita.

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 24, 2015, 14:54

España conta con dez instalacións nucleares no seu territorio peninsular, mais só están 6 centrais en funcionamento. Entre elas, a Central Nuclear de Trillo acoplouse á rede o 23 de maio de 1988 sendo a última central nuclear en entrar en funcionamento en España. A vida útil dunha central nuclear depende de varios factores, e dende o punto de vista económico, estas teñen un promendio de 40 anos de vida. Actualmente non existen propostas para a construcción dalgunha central máis, pero estase intentando reabrir a Central Nuclear de Garoña, que pechou por motivos económicos.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.103 segundos.

Os comentarios están pechados.