Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Enerxías e Cambio Climático TEMA CERRADO
faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 21:25

Tras ler a pregunta plantexada por Víctor, pareceume incríble que varios concellos de España tiveran competido por conseguir que un déposito de residuos nucleares se creara nos seus terreos, asíque decidín buscar información sobre o tema. Efectivamante, 13 municipios españois presentaron no 2010 a súa cantidatura para albergar o ATC (Almacén temporal centralizado de España) para residuos de alta actividade. Así, o 30 de decembro de 2011 aprobouse no Consello de Ministros unha resolución pola que se seleccionaba ao municipio de Villar de Cañas (Cuenca), para albergar o futuro ATC, cuxas obras comezarían no 2014 e deberían estar rematadas en 2016.
As vantaxes de albergar o ATC para un pobo serían os impostos municipais sobre a inversión prevista de 700 millóns de euros, a compensación de 6 millóns de euros anuais que recibiría e xestionaría o concello e 300 postos de traballo durante os seus 5 anos de construción. A primeira vista parece unha boa oferta, pero tamén se deben analizar as contras. A cambio desa gran suma de diñeiro, frearíase o desenvolvemento de doutras actividades económicas como a agricultura, a gandería, a pesca, o turismo rural ou a pequena e mediana empresa, o que no caso de Cambados sería moi prexudicial para a súa economía e, ademais, tras a súa construción, dos 300 postos de traballo, só quedarían 50 postos permanentes.
Por outra banda, os riscos do ATC están asociados á perigosidade das sustancias que alberga e á incertidume de que ocorrerá despois: o ATC ten unha vida de 60 anos, pero alberga residuos perigosos durante centos de miles de anos, polo que non se sabe que se fará a continuación con estas substancias. Ademais, os posibles accidentes na manipulación dos residuos son outro risco, pois estes deben pasar por varias grúas e etapas antes de ser almacenados e, polo tanto, un accidente nese proceso podería chegar a producir unha grave contaminación. Outro proceso de risco é o transporte, pois as probas ás que se someten os contedores son insuficientes para garantir a súa seguridade ao 100%.
Por estas razóns, e sen lugar a dúbida, non estaría de acordo en que se construíra un almacén de residuos nucleares no meu concello nin en ningún da contorna, posto que considero que o concello que alberga o ATC non é o único afectado, senón que os dos arredores tamén se poden ver prexudicados pola súa construción. Por último, considero que o goberno autonómico tamén debería intentar frear este tipo de construcións, tan prexudiciais para calquera concello da comunidade.

fab-laurao-
zores
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 21:39

Eu non estaría en ningún momento de acordo con que abriran un depósito de residuos nucleares aquí xa que significaría un alto risco de radiación que afectaría á nosa saúde e ó noso ecosistema. Penso que deberían considerar a opinión de todos os cidadáns porque ao final os que imos vivir nunha zona con residuos nucleares somos todos nós e estaremos todos expostos ós perigos que esa decisión trouxera consigo.

fab-alexco-
sta
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 21:54

Persoalmente,non deixaría contruír un depósito de residuos nucleares xa que estariamos expostos a unha radiación que pode afectar a nosa saúde moi gravemente. A decision de ser una zona de residuos nucleares, deberia ser feito en consenso autonomico, xa que calquer problema, moita xente veriase afectada, aínda que a enerxía nuclear sexa moi productiva tamén é moi perxudicial para a saúde e se contruímos esto afectaría a nosa saúde e a dos demais, sin que pudesen decidir.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 22:08

Construir un depósito de residuos nucleares sería un desproposito que eu non admitiria, xa que gañarase diñeiro, si, pero poñemos en perigo as nosas vidas, teríamos enfermedades perxudicias como cancro mais facilmente, e por moito diñeiro que se gañase, para que serviria ? Una vida non ten prezo que se poida pagar.
A eleccion esta claro que deberia ser autonomica, xa que calquer erro, afectarialle non só ao pobo no que se instala, sino a todos os que están ao redor, e non darlles o dereito a decidir sería una inxustiza.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 23:33

Estas dúas enerxías fabrican por si soas ou pola manipulación humana varios tipos de tóxicos que para min son igual de perigosos uns a longo prazo e outros nun algo mais curto, por exemplo os combustibles fósiles liberan grandes cantidades de CO2 a atmosfera facendo que a relativamente longo prazo a nosa saúde empeore e que o cambio climatico se agrave. Pola outra banda a enerxía nuclear libera pequenas cantidades de radiación que normalmente estan controladas, pero fan que a xente que traballa nesas centrais se vexa exposta a esa radiación, pero no caso de que esa enerxía tan potente se vexa descontrolada pódese ver moi afectado o seu entorno xa que mata todo o que estea moi proximo, deixando todo desértico se hai algunha explosión radiactiva e as persoas que son afectadas gravemente poden incluso morrer no acto ou contraer un cancro mortal, e a curto prazo estes efectos non pasan, xa que esa radiación na zona da explosión segue facendo que as terras cercanas deixen de ser cultivables e a xente de zona sexa propensa a ter cancro ata varias xeracións despois, facendo que a sua vida se acurte.
Finalmente dende o meu punto de vista estas dúas enerxías podrán producir moita enexía e podra ser mais barata que as enerxías renovables, pero se algunha das dúas se chega a descontrolar ten uns efectos moi negativos tanto como no noso ecosistema como na vida dos seres vivos sexan da clase que sexan. As dúas son moi contaminantes e perigosas.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 22, 2015, 00:32

Creo que a competitividade de onde crearse un deposito de residuos nucleares ben dado a que no sitio onde se alberga pagan menos impostos. Pola miña parte na zona onde vivimos sería unha gran catástrofe que o fixeran debido a que temos a moita xente que vive do mar e eses residuos poderían alterar aos peixes, moluscos, etc. Tamén na nosa zona cultívanse froitas, legumes e moitas máis cousas que á fin e o cabo recollen os alimentos para medrar do solo, que se se instalara por esta zona tamén se vería afectado.
Creo que habería que ter en conta a toda a comarca xa que ao mellor algúns dos altos cargos que poden aprobar esa construción, só lle importa o ben para sí mesmo e non pensa nas consecuencias nos cidadáns.
En canto ao desenvolvemento económico na nosa zona sería unha terrible perda para a xente que vive dos recursos que lle aporta a natureza, e non so á natureza, tamén a nós mesmos que respiramos o aire o cal pode ter gases moi prexudiciais para a nosa saúde.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 22, 2015, 18:05

Dende o meu punto de vista, eu estaría a favor da construcción dun depósito nuclear, sempre e cando estivese ben asegurado e cun control constante, pois os residuos radiactivos están moi ben protexidos para que apenas emitan radiación algunha, polo tanto, a posibilidade de que se produza unha fuga é moi remota, o máis normal é que de producirse, sexa nunha central nuclear. Ademais, estes depósitos están a bastante profundidade, non se atoparían na superficie.
Por outra banda, esta decisión non depende só dunha persona nin dun único concello, senon que debería ser consultada tanto pola xente do pobo como polos concellos de arredor, para sopesar os perigos e para ver se a zona é apta para tal actividade.
Por último, economicamente, isto sería moi beneficioso por dous motivos esenciais: En primeiro lugar porque se terían que mellorar as estradas e as condicións do concello para poder transportar os residuos, o que suporía un gran avance. E en segundo lugar, polo que teño entendido, o feito de ter un depósito de residuos nucleares aportaría unha boa suma de cartos para o concello polo que se poderían diminuír algúns impostos e obter outras melloras económicas.

faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 22, 2015, 20:22

Sen dúbida algunha eu diría non á construcción dun depósito de residuos nucleares. É verdade que a súa construcción podería traernos moitas ventaxas, principalmente relacionadas coa economía e co emprego, así que supoño que si valorizas tan só os pros da súa construcción votarías que sí, xa que seguramente axudaría a vencela crise; mais cando coñeces os contras, cambias totalmente de opinión, xa que os residuos deben ser transportados ata o depósito e este transporte pode ser moi perigoso, calquera tipo de accidente afectaríanos perxudicialmente a nosa saúde, ao ecosistema do lugar, etc. Ademais as medidas de seguridade que se toman cos residuos non son 100% fiables e podería cometerse un erro, polo tanto viviríamos nesa incertidume de non saber o que vai pasar.
En conclusión, aínda que os pros da construcción do depósito son moi favorables para o noso país, o contra, é demasiado perigoso; e polo tanto creo que non debería levarse a cabo este proxecto.

fab-laraco-
res
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 22, 2015, 20:50

Personalmente non estaría disposta a aceptar a que se crease un depósito de resíduos nucleares no meu concello. Pois esto a pesar dos beneficios económicos que puidese ter, traería moitas e diferentes consecuencias que nos repercutirían as persoas do concello e máis ala. A parte de facernos dano a nós mesmos faríamosllo ao medio ambiente, podendo probocar por exemplo a boa agrícultura da zoa. Por isto é necesaria a aprobación tanto local como autonómica, xa que unha mala decisión (como é aceptar esta proposta nun lugar de poboación)podería afectar durante moitos anos.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 22, 2015, 21:44

A pesar de que a enerxía nuclear pode ter os seus beneficios,a idea de contruir no noso concello un depósito de residuos nucleares paréceme unha barbaridade, xa que iso significaría arriscarse a que a nosa comarca e o medio se vira afectado negativamente por calquera residuo radiactivo, que no caso da nosa comarca sería unha catástrofe, xa que é un lugar atractivo para o turistas polo ecosistema que albergamos e as paisaxes.
Ademais dun consenso local, considero que a opinión a nivel comarcal é necesaria, posto que calquera municipio dos arredores se podería ver afectado por materiais radiactivos.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.139 segundos.

Os comentarios están pechados.