Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:Enerxías e Cambio Climático TEMA CERRADO
faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 22:27

Ambas fontes de enerxía, combustibles fósiles e enerxía nuclear son contaminantes, aínda que non á mesma escala. Dunha banda, os combustibles fósiles, ao queimarense, emiten gases contaminantes como o CO2 que incrementan o efecto invernadoiro e poñen en perigo, a longo prazo (e non tan longo), a vida das persoas e o medio ambiente. O certo é que a enerxía nuclear non emite este tipo de gases contaminantes, pero o que si produce son uns desfeitos que teñen alto nivel de radioactividade, que posteriormente as grandes potencias nucleares verterán nas costas de países subdesenvolvidos (nun pasado nas costas españolas e italianas), danando así todo tipo de flora e fauna marina. Ademais, cabe sinalar tamén que é posible que se produza algún tipo de catástrofe como ocorreu en Chernóbil ou en Fukushima e que os efectos sexan devastadores e inmediatos. Por último, decir que na miña opinión, é moito máis contaminante obter enerxía a partir de reactores nucleares debido á alta radiación que poden producir, que as emisións de dióxido de carbono e outros gases no acto de queima de combustibles fósiles.

faa-nereae-
iras
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 23:11

As dúas opcións contaminan de diferentes maneiras. Pero, cando falamos de enerxía nuclear temos que pensar na cantidade de residuos que crea, os cales son perxudiciais para a saúde e para o medio ambiente xa que tardan centos de años en degradarse. Esta fonte de enerxía tamén é perigosa, os accidentes nucleares arrasan rexións amplísimas ocasionando danos,ás veces irreparables. E certo que esta enerxía produce xigantescas cantidades de enerxía empregada para producir electricidade, pero asumimos un grande risco. Por outra banda, os combustibles fósiles, como pode ser o petróleo ou o carbón, tamén producen un alto impacto negativo sobre o medio ambiente. A combustión destes combustibles xera grandes emisións de gases, como poden ser o CO2 ou o monoxido de carbono, que contribúen a potenciar o efecto invernadoiro, a chuvia ácida e a contaminación do solo, da auga e o aire.
Na miña opinión, deberíamos considerar outros tipos de enerxías renovables para poder loitar contra o cambio climático. É certo que estas enerxías producen un forte impacto medioambiental pero, non é comparable co que podemos chegar a contaminar creando novas centrais nucleares e abusando dos combustibles fósiles.

faa-ilenia-
martinez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 00:00

Na miña opinión os dus tipos de enerxia son igual de contaminantes, desde diferentes puntos, os combustibles fósiles debido por exemplo a xeración de CO2 e outros gases moi contaminantes, e a enerxia nuclear pola radiación e a destrución do medio no que se situan as instalacións etc. Os dous o fin e a cabo terminan sendo moi perxudiciais para o medioambiente e provocan finalmente a destrución de bens do planeta, o que vai empeorando a vida nel paulatinamente.

fab-nereab-
etanzos
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 17:46

Na miña opinión considero que é máis contaminante a enerxía nuclear xa que é a enerxía que se libera espontánea ou artificialmente producindo un alto risco de contaminación en caso de accidente ou sabotaxe ou producindo residuos radiactivos que son difíciles de almacenar e son activos durante moito tempo.
Os combustibles fósiles non se quedan atrás,tamén son moi importantes,os seus efectos desaróllanse lentamente en períodos de tempo de moitos anos ou décadas causando enfermedades ou debilitamentos ata o punto da morte de seres vivos debido a emisión da combustión dos combustibles fósiles como por exemplo son o dióxido de azufre, óxido de nitróxeno,monóxido de carbon...
A contaminación do aire tamén pode causar problemas económicos,chuvias ácidas...
En definitva ambos son un perigo para o planeta e que debemos vixiar e non abusar.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 18:30

Sen dúbida os dous tipos de enerxías contaminan, pero quizais dende o meu punto de vista contamina máis a enerxía nuclear, pois xera residuos radiactivos activos durante centos de anos ademais de que poden ocasionar graves catástrofes medioambientales en caso de accidente, e os combustibles fósiles emiten gases que contaminan a atomosfera, pero para un problema maior, moita contaminación ten que haber na atmosfera, sen embargo, un accidente con enerxía nuclear pode ocorrer moito antes e moi fácilmente.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 19:04

😉
Ata hai pouco tempo, varios concellos de España estaban a competir por conseguir que o futuro depósito de resíduos nucleares se creara nos seus terreos. Vos estaríades dispostos a que se construíra un no voso concello?

Pensades que é suficiente un consenso local ou que tamén habería que ter en conta a opinión do resto da comarca? Debería decidir o goberno autonómico?

Como credes que podería influír isto no desenvolvemento económico da nosa zona?

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 19:19

Dende a miña opinión depende dos combustibles fósiles que utilices ou como os utileces, en canto á enerxía nuclear ben é certo que é moi contaminate pero tamén é unha gran produtora de enerxía eléctrica o cal pode opoñerse aos danos ou residuos que cause, pero ainda así, eu estou en contra delas xa que un erro podería ser letal para unha gran parte da zona onde se encontre, agora ben, as dúas son moi contaminantes e son distintos tipos de contaminantes asique eu vexo as dúas como moi perxudiciais para todo o planeta.

faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 19:44

Ambos residuos son perigosos xa que o que fan e contaminar o medioambiente e ais seres vivos pero eu creo que son máis perigosos os nucleares xa que cun mal tratamento destes pode dar lugar a unha catástrofe humanitaria como xa pasou en Fukushima, deixando un gran diámetro de contaminación que foi provocando diversas malformacións en varios seres vivos. Aínda agora estas radiacións non remataron, polo que sería bastantr perigoso a construción deses 1000 reactores nucleares, no seu lugar poderían utilizarse enerxías como a eólica ou a hidráulica, menos contaminantes.

faa-andrea-
perez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 19:47

Na miña opinón eu non deixaría contruír un depósito de residuos nucleares xa que estamos expostos a unha radiación que pode afectar a nosa saúde. Dende o punto de vista local habería que saber a opinión dos pobos de arredor nosa xa que tamén se veñen afectados indirectamente polas nosas decisións aínda que a enerxía nuclear sexa moi productiva tamén é moi perxudicial para a saúde e se contruímos esto afectaría a nosa saúde e a dos demais sen eles ter culpa.

faa-martin-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 21, 2015, 20:31

Non me atrevería a responder á pregunta de que é máis contaminante, pois os dous son unha gran fonte de problemas para o medio ambiente, mais de decidirme por algo diría que o é a enerxía nuclear, xa que os residuos radioactivos poden ter consecuencias directas na nosa estancia neste planeta.Residuos como o torio-232, o plutonio-239, o estroncio-90 ou o polonio-210 teñen unha media de miles de anos de actividade moi alta, e son moi difíciles de almacear, o que leva ó ser humano a buscar lugares pouco apropiados para esto, coma por exemplo, o océano.Outra desventaxa da enerxía nuclear é que as centrais nucleares teñen risco de estouparen, como se veu en Chernoville en 1986, onde inda agora(e ata dentro de milenios)se sufren e sufrirán as consecuencias.

Todo o anterior non quita que os combustibles fósiles tamén nos afecten, pois desprenden sustancias que nos poden perxudicar, mais a estes poráselle fin (polo seu esgotamento) ó redor do 2050, e por esa razón considero máis alarmante a utilización de enerxía nuclear.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.111 segundos.

Os comentarios están pechados.