Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Enerxías e Cambio Climático TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Enerxías e Cambio Climático
on: January 18, 2015, 21:21

Os chinos, que nunca fan nada en pequenas doses, terán que construir uns 1.000 reactores nucleares, 500.000 turbinas eólicas ou 50.000 parques solares para loitar contra o cambio climático. En novembro, o presidente de China, Xi Jinping, asinou un acordo co presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, que require cambios ambientais e económicos radicais. Xi Jinping comprometeuse a reducir as emisións de carbono para 2030 e a xerar o 20% da enerxía do seu país a partir de fontes renovables.
Para iso, apostou ademais de pola enerxía nuclear, pola enerxía eólica e solar. É aquí onde se atopa o motivo de discusión, por que apostar pola enerxía nuclear? Non sería mellor centrarse noutro tipo de enerxía renovable como a hidráulica ou de biomasa? Non é entón máis perigosa a enerxía nuclear debido ás radiacións que pode emitir?

Autor: Iago Padín

Enlace á noticia:
http://www.evwind.com/2014/11/22/china-inicia-revolucion-energetica-en-lucha-contra-cambio-climatico/

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 19, 2015, 19:34

No artigo di que apostan por crear 1000 reactores nucleares, o que non entendo e estou en completo desacordo e na construccion deles, xa que parece que ignoran as grandes catastrofes que houbo por culpa desta enerxía?
Parece unha total toleima facer eses reactores nucleares xa que podrían sacar mais eficiencia con sistemas hidraulicos porque na China hai un clima de moi húmido podendo aproveitar asi esa chuvia e transformala en enerxía electrica.
Pero o que tamén sucede e que China aínda ten que cambiar economicamente, no miña opinion, para poder emprender todos estes proxectos, xa que ten unha economia moi fraxil.
Pero finalmente, para o meu entender estes cambios xa os terian que ter feitos hai anos xa que a poboacion chinesa de grandes cidades sofre moitos problemas respiratorios por culpa dunha polucion que non para de crecer, e as grandes radiacions de centrais nucleares que sofre esta poboacion son mortais, ao meu ver deberian cambiar un pouco eses plans de enerxia.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 19, 2015, 20:25

A enerxía nuclear, dentro dos beneficios económicos que poida ter, tamén ten a ventaxa de ser a que menos emisións de CO2 emite a atmosfera(Seguida de cerca pola enerxía eólica)Aparte o impacto ambiental dunha central nuclear(entre 0,5 e 2,4 kilómetros cuadrados(para xerar 1000MW elétricos)) está moi por debaixo do que poida ter a enerxía solar( entre 20 e 50 kilómetros cuadrados(para xerar 1000MW elétricos)) que é a seguinte na escala do impacto ambiental. O problema da enerxía nuclear é que algúns dos residuos que producen poden durar miles de anos antes de desfacerse. Tamén está o inconveniente dun problema na central e a producción dunha catástrofe como a de Chernobil.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 19, 2015, 21:01

É certo que a xeración de enerxía eléctrica mediante enerxía nuclear permite reducir a cantidade de enerxía xerada a partir de combustibles fósiles (carbón e petróleo), o que implica o descenso de gases contaminantes (CO2 e outros), reducindo así o problema do quentamento global e o cambio climático do planeta.
Se ben este é un argumento moi utilizado polas organizacións a favor da enerxía nuclear, é unha verdade a medias, pois hai que ter en conta que gran parte do consumo de combustibles fósiles provén do transporte por estrada, do seu uso en motores térmicos (automóbiles de gasóleo, gasolina… etc.). Así, o aforro en combustibles fósiles na xeración de enerxía eléctrica é proporcionalmente moi baixo.
Se temos en conta todos os inconvenientes que presenta a enerxía nuclear, pensemos por exemplo na difícil xestión dos residuos nucleares xerados, os cales tardan moitísimos anos en perder a súa radioactividade e perigosidade ou a gran catástrofe que pode chegar a causar un erro nos sistemas de control das centrais nucleares (por citar os máis importantes), non logro entender porque China decide apostar por este tipo de enerxía, pois existen outras alternativas máis respectuosas co medio e coa poboación como poden ser as enerxías renovables.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 19, 2015, 21:21

A enerxía nuclear ten moitas vantaxes. Unha delas é que produce gran cantidade de enerxía. As reaccións nucleares liberan un millón de veces máis enerxía, en comparación coa enerxía hidroeléctrica ou eólica. Polo tanto, unha gran cantidade de electricidade pode ser xerada. A maior vantaxe desta enerxía é que os gases de efecto invernadoiro ( dióxido de carbono, metano, ozono, clorofluorocarbonos ) non son liberados durante unha reacción nuclear, e omo non hai emisión destes gases durante a reacción nuclear, hai moi pouco efecto sobre o medio.
Sin embargo, una vertedura accidental de radiación daniña é un dos maiores inconvenientes da enerxía nuclear. O proceso de fisión libera radiación, pero, contrólase nun reactor nuclear. Agora ben, se estas medidas de seguridade fallan, a radiación pode entrar en contacto co medio, o que resulta en danos graves no ecosistema e incluso perdas de vidas. Polo tanto, opino que China debería centrarse noutro tipo de enerxía.

faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 19, 2015, 22:06

Na miña opinión China debería centrarse noutro tipo de enerxía renovable, xa que, aínda que a enerxía nuclear ten moitas vantaxes, o seu único inconveniente é moi perigoso.
Entre as súas vantaxes atópanse a gran producción de enerxía, liberando moitísima máis que calquer outro tipo de enerxía, ademais non contribúe a contaminación dos gases do efecto invernadoiro, xa que non se produce liberación de gases durante a reacción nuclear.
Sin embargo o seu maior inconveniente son os refugallos radioactivos que se producen, tamén é verdade que o proceso de recollida e aislamento destes está moi controlado, pero producíronse xa desastres ao longo da historia que tiveron consecuencias para o medio ambiente e tamén para nós.
Polo tanto, como conclusión, diría que China debe de optar por outro tipo de enerxía natural e renovable e ignorar a enerxía nuclear, xa que a pesares de ter unha serie de vantaxes, o seu inconveniente, na miña opinión, é demasiado perigoso.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 00:13

Estou dacordo con que China se comprometa a reducir as emisións de CO2 e xerar o 20% da enerxía mediante fontes renovables, pero co que non estou tan a favor de que entre as súas posibilidades para xerar enerxía poidan optar pola enerxía nuclear, podendo recorrer a enerxías como a solar ou a eólica, as cales son menos perigosas, xa que non emiten radiacións.
Esta claro que a enerxía nuclear ten algunhas vantaxes, pero os inconvenientes e os problemas aos que poden dar lugar fan, ou deberían facer, pensar en que non é rentable botar man desta enerxía. A pesar de que os sistemas están moi ben preparados, sempre pode chegar a haber un erro que cause a liberación de radiacións que teñan grandes consecuencias e fagan estragos con problemas para o medio ambiente e a poboación. Ademais deste impacto ambiental, os residuos que se producen tarda moitos anos en desaparecer.
Para min, estas son razóns máis que suficientes para que China se centrase noutro tipo de obtención de enerxía.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 10:20

😉
Que considerades máis contaminante: os combustibles fósiles ou a enerxía nuclear?

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 12:08

Producen distintos tipos de residuos. Os combustibles fósiles xeran principalmente CO2 que afecta a atmosfera mentras que a enerxía nuclear da lugar a residuos radioactivos. Estes residuos débense precintar e depositar en cementerios nucleares pero un só residuo mal pechado pode dar lugar a unha radiación que pode obligar a desaloxar poboacións cercanas. Pero os combustibles fósiles xa nos están afectando na actualidade. O mellor sería usar enerxías renovables, porque aínda que teñan un impacto paisaxístico e se necesiten moitas máis centrais deste tipo para producir a mesma enerxía, non contaminan e non destrúen o planeta ou destrúeno pouco.

fab-luciam-
eis
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 12:20

Eu penso que é máis contaminante a enerxía nuclear xa que desprende radiactividade natural, facendo asi que todos o seu carón sofran a súa radiactividade. con isto, non quero dicir que os combustibles fósiles non sexan contaminantes xa que son eles quenes fan que o medioambiente;produce un impacto visual significativo. O chan tamén é seriamente afectada pola choiva ácida.Circuítos que recolle a auga dun río ou do mar e, xeralmente, volven ao mesmo temperatura alta, interrompendo o ecosistema de refrixeración. Este problema é evitado ao proporcionar un sistema pechado, torres de refrixeración, permitindo que a calor desenvolvido se pode empregar en pequenas instalacións, especialmente tipo agrícola.
A auga utilizada para minas de carbón lavadoiros fóra arrastra partículas en ríos e no mar, contaminando así o ecosistema.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.086 segundos.

Os comentarios están pechados.