Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9
Autor Tema:Enerxías e Cambio Climático TEMA CERRADO
faa-emilio-
lumbres
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 25, 2015, 22:44

De todas as fuentes de enerxía coas que conta a humanidade, a enerxía nuclear é unha das máis cuestionadas polo seu carácter tán polémico, non obstante esta é unha das enerxías máis utilizadas debido á súas vantaxes. Pero como todo, a enerxía nuclear tamén ten desvantaxes. Esta fai que exista un riesgo moi alto de contaminación en caso de accidente ou sabotaxes, tamén produce residuos radiactivos difíciles de almacenar e están activos durante moito tempo, e non falar do seu alto coste das instalacións e manteñemento das centrais nucleares.
Por estas razóns non estou dacordo con que China bote man da enerxía nuclear. O de reducir á emisión de carbono e o 20% da enerxía a partir de fontes renovables paréceme unha boa idea pero penso que debería utilizar outro tipo de enerxía como á eólica e tamén a solar porque ademáis de ser menos perigosas estas non emiten radiación.

fab-antonc-
haves
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 26, 2015, 20:16

Ao meu parecer, o noso país si prioriza a enerxía nuclear por diante das enerxías renovables. Eu penso que as enerxías renovables son moítismo máis seguras, xa que non hai risco de fugas radioactivas, son moito máis baratas, o custo de mantemento non é o mesmo ca o das enerxías renovables, e non perxudican ao medio ambiente, que ao fin e ao cabo é o elemento fundamental da nosa subsistencia e o que hai que coidar por encima de tódalas cousas. O Goberno debería aproveitar o peche de todas estas centrais nucleares para, dunha vez por todas, priorizar as enerxías renovables e cesar o uso prioritario da enerxia nuclear, xa que as melloras económicas, medioambientais e o afastamento de riscos como as fugas nuclerares son máis que evidentes.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 26, 2015, 20:29

Na miña opinión non plantexan a prioridade do uso da enerxía como o fai o noso país veciño Francia, o que esta á facer España é intentar obter máis enerxía por medio das centrais nucleares, ao mellor cometen un erro, porque podendo obter enerxía de fontes renovables, aínda que as instalacións poidan que custen máis, pero durarán máis tempo e son moito menos contaminantes.
Por outra parte o de aumentar a vida útil das centrais véxoo innecesario e perigoso para a nosa fauna, aínda que se algunha central estivera en moi boas condicións de seguir producindo enerxía, non vexo mal que se faga unha prórroga duns anos, e voltar a revisala cando se esgote.

faa-daniel-
baulo
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 26, 2015, 20:42

Os combustibles fósiles ao utilizarse xeran gases de efecto invernadoiro, principalmente CO2, en grandes cantidades á atmosfera, mentres que a enerxía nuclear xera moita menor cantidade de residuos, pero máis perigosos xa que son radiactivos. Os efectos contaminantes dos gases de efecto invernadoiro podense ver claramente, xa que contribuen ao cambio climático; e pola contra os residuos radiactivos son soterrados baixo terra nos denominados cemiterios nucleares.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 26, 2015, 20:48

Parece que España actualmente esta tomando medidas para substituir a enerxía nuclear polas enerxías renovables, xa que danlle licencias que acaban en 2020, que e un plazo razonable xa que as enerxias alternativas non se van a poñer dun dia para o outro, establecelas leva un tempo, e quizas para 2020 si estan xa postas, e podran substituir completamente as enerxias nucleares. Asique podriase decir que si plantexa as enerxias alternativas como alternativas as nucleares.

fab-laraco-
res
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 26, 2015, 20:54

España dispón de demasiadas centrais para a enerxía consumida anualmente. Deberase de debatir pronto a prolongación de moitas, e polo previsto podese observar que efectivamente moitas non se cerrarán. Xa que España non lle otorga o uso que debería darlle as enerxías renovables, e deixas de lado chegando a esta situación: oito centrais nucleares. Por isto podese decir que o noso país si plantexa esta enerxía contaminante como unha prioridade.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 26, 2015, 20:57

A realidade é que actualmente a enerxía nuclear é das fontes de enerxía máis importantes(Na Unión Europea xeneran un tercio da enerxía eléctrica) Ademáis a construcción de centrais nucleares é unha forma económica de producir electricidade que garantice as necesidade enerxéticas básicas. Con pouco uranio prodúcese moita cantidade de enerxía e o seu precio é estable.España é un país que importa case o 80% das materias primas enerxéticas que consume, fundamentalmente petróleo e gas, unha cifra moi por enriba da media europea. Aínda que España importa o 100% do uranio, todo o abastecemento de combustible nuclear en España se considera de carácter nacional. Iso débese a que a seguridade de ter o combustible a disposición cando se necesita, é comparable á do combustible nacional, evitando a vulnerabilidade que se pode encontrar noutras materias primas.Ademáis as centrais nucleares son fábricas de produción de electricidade e, ao igual que outras instalacións eléctricas, xeran emprego e riqueza na súa zona de influencia. Concretamente, en cada reactor traballan unhas 500 persoas. O sector nuclear español emprega na actualidade unhas 30.000 persoas entre postos directos e indirectos. Tamén existe unha solución para os residuos. Os residuos radiactivos están controlados por unha empresa pública creada a tal efecto, Enresa. Na actualidade, existe solución técnica para o almacenamento temporal, a reutilización dos combustibles gastados e a súa disposición final. En España, os residuos radiactivos de alta actividade supoñen menos dunha milésima parte de todos os residuos tóxicos e peli

fab-dariov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 26, 2015, 21:31

Debido aos altos custos das centrais nucleares xunto cos avances en enerxias renovables non creo que a enerxia nuclear teña futuro en España, igual ca as centrais termicas, porque se supon que nos proximos anos se realizarán acordos na Unión Europea para reducir ainda máis os residuos e a contaminación producida pola industria da electricidade, e a nuclear será das máis perxudicadas pola dificultade para desfacerse dos refugallos que produce.

faa-martin-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 26, 2015, 21:52

Na miña opinión, paréceme lamentable a cantidade de centrais nucleares que existen en España, xa que a miña postura é a de suprimilas.
España quere rendabilidade, mais non pensa no medio ambiente, así é que con algo máis de esforzo e capital, a enerxía das centrais nucleares poderíase solventar con enerxías alternativas como as enerxías renovables ou a biomasa.Os recursos de España en canto ás enerxías renovables se refire son moito mellores cós de outros países da UE, e incluso a enerxía xerada podería ser exportada.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 26, 2015, 22:14

Na miña opinión España usa demasiada enerxía nuclear e parece unha locura prorrogar as centrais nucleares sabendo que son prexudiciais. España ten mais posibilidades de obter enexias renovables que outros paises de comunidade europea, o noso goberno debería invertir mais na enerxia eolica e solar que son as nosas maiores fontes de enerxías renovables, empleando asi tamén a moita xenta na sua construcción, colocación e reparación dos mesmos. O que esta facendo o noso goberno e empeorar
a saúde das persoas cercanas a esta enerxía nuclear que ademais de facernos dano a nos, fai dano ao terreo que a rodea facendo así esos terreos incultivables. Na iña opinión final, creo que España debería ir pechando progresivamente as centrais nucleares e ir invertindo pouco a pouco nas enerxías renovables, eso si, esto tería que ser pouco a pouco xa que recoñezo que a nosa economía aínda e moi fráxil.

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.263 segundos.

Os comentarios están pechados.