Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Enerxías e Cambio Climático TEMA CERRADO
faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 12:24

Dende o punto de vista da protección do medio ambiente, as centrais nucleares sempre estiveron suxeitas a un estrito control regulamentario institucional difícil de igualar por outras actividades industriais. As centrais nucleares, ao non queimar combustibles fósiles,non emiten CO2 durante a súa operación. En canto ás "emisións" das torres de refrixeración, tan frecuentemente utilizadas como símbolo da contaminación producida polas centrais nucleares, son só vapor de auga.
En resumo, as enerxías nucleares son máis respectuosas co medio e á vez proporcionan unha solución factible para satisfacer os incrementos da demanda de electricidade de forma económica. Ainda así, non é de todo respetuosa si a comparamos con outro tipo de enerxías.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 12:28

A búsqueda para xerar electricidade para subministrar enerxía á sociedade moderna é relativamente recente pero a maior forza está no avance tecnolóxico humano. E parece estar cheo de problemas. Para cada beneficio e desenvolvemento útil nestas tecnoloxías, hai inconvenientes ou desvantaxes que aparecen en pérdida dos seus beneficios xerais. Os combustibles nucleares e os combustibles fósiles son dúas fontes que conteñen, cada unha, os seus beneficios e contras, pero difiren bastante dramaticamente nos detalles.
As centrais de enerxía nuclear e as que queiman combustibles fósiles utilizan diferentes tipos de combustibles e implican diferentes tipos de reaccións. O proceso de queimado nunha planta de enerxía que queima combustibles fósiles é unha reacción química. As reaccións químicas aparecen como resultado das interaccións dos electróns externos ao núcleo do átomo. As reaccións nucleares, por outro lado, implican cambios na configuración de protóns e neutróns dentro do núcleo o átomo. Comparadas coas reaccións químicas, as reaccións nucleares poden ser enormemente máis enerxéticas.
Aínda que as centrais de enerxía que queiman combustibles fósiles teñen as súas desvantaxes en canto á relación co medioambiente, as centrais nucleares son quizais máis controversiales. Os accidentes en centrais de enerxía nuclear capturaron a atención do público e situaron á enerxía nuclear como problemática e controversial. Mentres que un accidente nunha central de enerxía que queima combustibles fósiles podería xerar un efecto relativamente limitado e curto, un incidente nunha central nuclear podería ter un impacto de maior alcance e a longo prazo. Por outro lado, extraer carbón da terra causa serios danos no medioambiente e a central que queima carbón emite unha corrente continua de contaminación cando está en funcionamento. E a queima de carbón contribúe ao quentamento global mentres que non o fai a central nuclear. Non obstante, unha central de enerxía nuclear acumula e garda residuos que logo se converten nun problema.

faa-albaro-
driguez
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 16:39

Tanto os combustibles fósiles como a enerxía nuclear xeran un montón de residuos aínda que estes son diferentes. Os combustibles fósiles expulsan sobre todo CO2 que dana a atmosfera provocando así un aumento no cambio climático. Pero a enerxía nuclear desprende residuos radioactivos. Polo tanto non sabería dicir cal dos dous é máis contaminante. Por unha parte a xeración de enerxía eléctrica mediante enerxía nuclear reduce a cantidade de emisión de gases contaminantes. Pero isto non quere dicir que a enerxía nuclear sexa mellor xa que esta a pesar do alto nivel de sofisticación dos sistemas de seguridade que hai nas centrais nucleares, o compoñente humano sempre ten grande repercusión. Ante un imprevisto o una xestión dun accidente nuclear non se pode garantizar que as decisións tomadas polos responsables sexan sempre as apropiadas, e temos así exemplos como os de Chernobyl e Fukusima.
Polo tanto considero que as dúas son moi contaminantes e que existen outros medios de obter enerxías, como sistemas hidráulicos, que non contaminarían tanto coma estos dous.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 17:51

Dende o meu punto de vista os combustibles fósiles son máis contaminantes xa que só polo simple feito de utilizalos prodúcese CO2 que é perxudicial para a atmosfera. Pola contra a enerxía nuclear a grandes rasgos penso que non contamina tanto, xa que as radiacións perxudicias que emite están moi ben aseguradas. Que eu saiba, este material radiactivo introdúcese en bidóns e logo recóbrese con cemento para ser finalmente gardado en depósitos previamente feitos para isto. Polo tanto, o único perigo que ten a enerxía nuclear é que non se pode errar, o máis pequeno problema pode crear unha gran catátrofe.
Concluíndo, eu penso que os combustibles fósiles son moito máis contaminantes que a enerxía nuclear, pero tampouco vexo ben abusar da creación de centrais nucleares correndo riscos tan grandes, deberíase de reducir o número de construccións.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 18:06

Dende hai un tempo, proponse a enerxía nuclear como unha alternativa para frear o cambio climático.
É certo que a queima de combustibles fósiles provoca a conversión de carbón en dióxido de carbono, o cal se dilúe na atmosfera, incrementando os niveis de CO2 atmosférico, o que reforza o efecto invernadoiro e contribúe ao quentamento global da Terra. Ademais, tamén se poden producir emisións de outros gases como ozono, dióxido de azufre, NO2…contribuíndo estes últimos á choiva ácida.
Pola contra, baixo funcionamento normal, unha planta de enerxía nuclear libera pouca contaminación directa no ambiente, mais produce varios tipos de residuos nucleares (residuos que conteñen elementos químicos radiactivos que non teñen un propósito práctico). Produce uns volumes moderados de residuos de baixo nivel, os cales se retiran situándoos nalgún lugar que no sexa accesible durante, mais tamén se xeran residuos de alto nivel, que permanecen sendo perigosos durante miles de anos e para os que non existen métodos para desfacerse deles de forma segura.
Ademais, os accidentes nas plantas de enerxía nuclear plantexan un risco grave de contaminación ambiental, pois libéranse grande cantidades de contaminación radioactiva (en contraste, a contaminación radioactiva debida á queima de carbón é practicamente descoñecida).
Así, penso que o feito de que a enerxía nuclear sexa nun principio menos contaminante para a atmosfera, non implica que non produza outro tipo de contaminación tanto ou incluso máis prexudicial para nós e o noso planeta.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 18:11

Para responder a esta pregunta, posto que as dúas son enerxías non renovables, habería que analizar ambos propostas. Os combustibles fósiles con só utilizala produce emisións de gases, como o CO2 que resultan perxudiciais para a atmosfera e tóxicos para a vida. Actualmente, os combustibles fósiles son a maior fonte de enerxía que se emplea no mundo, polo que nun futuro non moi lonxano estos recursos agotaranse ou o precio subirá tanto que serían inaccesibles para a maioría da poboacioón. Por outra banda temos a enerxía nuclear, que se obtén de manipular a estructura interna dos átomos, Entre as desvantaxes desta enerxía, falamos das perdas de enrxía que teñen lugar nos circuitos de refrixeración que poden ser fatídicos, ou os elevados costos das instalación con complicados dispositivos de seguridade. Aínda así, esta enerxía paréceme menos perxudicial e menos contaminante que a anterior, pois a pesar de ter consecuencias nocivas, tenas en menor grao.

fab-marian-
galeano
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 18:39

Considero máis contaminantes os combustibles fósiles xa que o seu uso produce a emisión de gases que resultan tóxicos para a vida. Produce un esgotamento das reservas a corto prazo e ao ser utilizados contaminan máis que outros productos que poderían substituílos. Os combustibles fósiles afectan directamente a atmosfera mentres que a enerxía nuclear almacena os seus residuos.

fab-miguel-
leiro
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 18:39

Para a miña opinión os combustibles fósiles son máis contaminantes, xa que estes incrementan os niveis de CO2 na atmosfera mediante diversos medios de transporte como o automovilístico, aéreo e marítimo e tamén nas fábricas de carbón, entre outras. A enerxía nuclear en cambio, sempre corren o risco de ter algún escape radiactivo e demais, aínda que as medidas de seguridade sexan altas. Os desastres nucleares son realmente catastróficos como nos mostrou o escape nuclear de Chernobil, que inda hoxe, non ten noticias de recuperación. Deste xeito, para min a enerxía nuclear é menos contaminante pero ten máis risco de consecuencias devastadoras e engadir que se deberían reducir este tipo de centrais. Por outro lado, os combustibles fósiles son máis contaminantes e son combustibles hoxe en día imprescindibles e que consumimos de maneira excesiva, facendo que o o cambio climático avance con máis rapidez.

faa-glopez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 18:55

A enerxia nuclear e mo contaminante pola radiacion que desprende, e ainda que din que e renovable apenas se volve a utilizar o 10% de todo o que reutilizan, os residuos almacenanos baixo terra ou ben en contenedores, ainda non se encontrou unha maneira de desprenderse deles. Estes residuos almacenados nun futuro podrian repercutir moito no medio e chegar a ter grandes consecuencias. Pero a enerxia nuclea non so ten cousas malas, e a maior fonte de enerxia producida, produce moito mais que outras enerxias e de onde nos procede a maior parte dela, outra bantaxe e que e barata. Si nun futuro consiguen desprenderse deses residuos non habria problema de perigo de contaminacion

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxías e Cambio Climático
on: January 20, 2015, 21:44

A enerxía nuclear ten moitas vantaxes. Unha delas é que produce gran cantidade de enerxía. As reaccións nucleares liberan un millón de veces máis enerxía, en comparación coa enerxía hidroeléctrica ou eólica. Polo tanto, unha gran cantidade de electricidade pode ser xerada. A maior vantaxe desta enerxía é que os gases de efecto invernadoiro non son liberados durante unha reacción nuclear, e non hai emisión destes gases durante a reacción nuclear, hai moi pouco efecto sobre o medio.
Sin embargo, una vertedura accidental de radiación daniña é un dos maiores inconvenientes da enerxía nuclear. O proceso de fisión libera radiación, pero, contrólase nun reactor nuclear. Agora ben, se estas medidas de seguridade fallan, a radiación pode entrar en contacto co medio, o que resulta en danos graves no ecosistema e incluso perdas de vidas. Polo tanto, opino que China debería centrarse noutro tipo de enerxía.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.088 segundos.

Os comentarios están pechados.