Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Autor Tema:Eterna xuventude TEMA CERRADO
faa-ricard-
op
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 18:15

Estou moi de acordo con Ariadna e Laura, pois non debemos procurar vivir máis do que é o natural, o que biolóxicamente nos é permitido, senon que, en vez diso, os anos que vivamos na Terra, vivilos ben.
O que sí é certo e que sería un problema a superpoboación mundial, xa que todos queremos vivir uns cantos aniños máis, pero de momento non é posible, pero o que sí xa está ó alcance, é a rexeneracíon dalgúns órganos do noso corpo, polo que debemos aumentar a nosa vida, pero non ata a inmortalidade, sobre 50 anos máis, eu penso que estaría ben, e con 120 anos sentirnos cun corpo de 30 anos. Na clase, comentábame Diego que, o que primeiro morre é o corazón, logo, o cerebro, pola falta de osíxeno e sangue (coronarias), Pero credes que ó pór outro corazón doutra persoa (que non tivo tanta sorte), poderïamos vivir uns cantos anos máis?
Eu penso que sí, xa que se sustituímos o noso corazón por outro, o cerebro segue recibindo osíxeno e sangue, pero tamen creo que duraría menor tempo que o noso propio.

fab-robert-
opineiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 19:43

Na miña opinión sería moi bonito vivir sempre para poder ver como cambiar as xeneracións e os cambios da sociedde co paso dos anos, pero esto sería un verdadeiro problema, porque teríamos varios problemas, como a super problación a falta de espacio...O seres vivos están feitos para nacer e morrer.

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 21:15

Bueno, como ben xa se dixo, uns dos problemas máis graves de ter a xuventude eterna é que non haxa espazo para tanta xente, debido a que os alimentos se esgotarían e non habería suficiente sitio para que viviran todas as persoas, obrigándoas ter que marchar pero a onde? Se todo o planeta fose inmortal a onde poderían ir os seres humanos que teñan collida? A esta pregunta hai que botarlle imaxinación e pensar nos viaxes espaciais e na posibilidade de crear novas población noutros planetas o que nos achega a moitas películas de ficción.

fab-lorena-
soto
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 21:53

Isto é un claro exemplo de que a ciencia avanza a pasos axigantados.
Todas as cousas teñen as súas vantaxes e os seus inconvenientes, e isto, non é a excepción. Está claro que a todos nos gustaría vivir moitos anos e ver como as cousas van cambiando ó longo do tempo, pero se nadie morrese, tendríamos o problema da sobrepoblación e a falta de espazo como xa comentaron os meus compañeiros.

faa-manuel-
cacabelos
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 22:01

Hoxe en día, con toda a fame hai no mundo, senon podemos manter os sete mil millóns de habitantes, como vamos poder manter a toda a poboación se non hai mortalidade? Supoño que aínda que podamos convertirnos en inmortales non creo que deixemos de necesitar comer e beber, así como seguer matenendonos sanos.

faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 22:41

Está claro que a "eterna xuventude" e o "vivir para sempre" son ideas moi atractivas para a sociedade de hoxe en día. Isto amósase en numerosos ámbitos, coma o cine ou a literatura.
A eterna xuventude xeraría unha gran cantidade de cartos, xa que moitísimas persoas estarían dispostas a pagar gran cantidade cartos por conservar a beleza que a xuventude proporciona.
Por outro lado, o tema da vida eterna non me parece unha boa idea, aínda que me encantaría vivir eternamente. O problema desta idea é que se nos reproducimos (a natalidade segue constante) pero a mortalidade alcanza cifras nulas, chegará un momento no que non haxa alimento, espazo, recursos... Para todos.
Por outro lado, se a natureza decidiu que deberiamos morrer nalgún momento por algo sería, a natureza é sabia e deberiamos respetala.

faa-santia-
goescudeir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 6, 2014, 12:23

O tema do que trata o foro paréceme moi interesante, pero vexo un problema moi grave a este tipo de investigacións e avances, é o seguinte: é moi lucrativo. Na ciencia ficción, en películas como Spiderman, o personaxe malo da historia busca rexenerarun brazo perdido e a cousa acaba mal. A realidade creo que podería acabar igual, xa que actualmente hai moita xente moi avariciosa, esperando a oportunidade de sacar probeito de calquera cousa, o que podería ocasionar problemas para todos.
Por outra banda, estas investigacións terían unha relevancia e importancia enorme no mundo actual, xa que poderiamos extender de forma notoria a idade media de vida, retrasar a chegada á vellez e ter unha vida e saúde de mellor calidade, debido a que non envelleceríamos tan rápido ou incluso non chegar a idades avanzadas envellecendo, senon sendo igual durante anos e anos.

fab-manuel-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 6, 2014, 14:50

Pescudando acerca deste tema,e sempre dacordo cos comentarios dos meus compañeiros,pensei nunha solución ó problema de sobrepoblación que existiría se todo ó mundo poidese acceder os tratamentos da eterna xuventude;: a colonización de novos planetas que conteñan as condicions para que a xente poida vivir. Os avances neste tipo de tratamentos sería un gran avance da ciencia,que tamén podería existir un avance na astroloxia e coñecementos aeroespaciales,que si se puxeran a venta,non existiría máis remedio que buscar alternativas fora do noso planeta. Independentemente das causas a largo plazo da eterna xuventude,esto podería ser unha solución para o futuro deterioro que por desgraza a Terra vai a experimentar.

faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 6, 2014, 15:45

Visto dende outra perspectiva, a que enfoca máis os avances en ciencia, podemos observar que os progresos nesta área son xigantes, e imos dando pasos cada vez máis grandes. Comezamos dando pequenos pasos, avanzando pouco a pouco cara o progreso, pero na actualidade estamos dando enormes pasos que ata fai uns anos, descubrimentos actuais parecían totalmente temas de ficción.
Porén, unha cousa da que nos debemos preocupar é do uso que demos a estes avances, ás novas tecnoloxías, ó progreso, porque certos descubrimentos en mans equivocadas producirían catástrofes.
Estamos tratando de mellorar as nosas condicións de vida sen ter en conta que en calquera momento podemos alterar algo que non debería ser alterado e podemos xerar unha reacción en cadea. As cousas son como son por algún motivo, para que exista natalidade ten que existir tamén mortalidade, non podemos tratar de cambiar iso.
Unha solución para poder ser eternamente xovenes sería facer nula a natalidade, é dicir, que ningunha persoa tivera fillos. Pero iso non sería a mellor solución, xa que habería persoas en contra, o que é normal porque a ciencia, a parte de ter límites tecnolóxicos que nos impiden avanzar nas investigacións, tamén ten límites éticos que xeran polémica.

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 6, 2014, 16:35

Citado de fab-manuelgonzalez en June 6, 2014, 14:50

Pescudando acerca deste tema,e sempre dacordo cos comentarios dos meus compañeiros,pensei nunha solución ó problema de sobrepoblación que existiría se todo ó mundo poidese acceder os tratamentos da eterna xuventude;: a colonización de novos planetas que conteñan as condicions para que a xente poida vivir. Os avances neste tipo de tratamentos sería un gran avance da ciencia,que tamén podería existir un avance na astroloxia e coñecementos aeroespaciales,que si se puxeran a venta,non existiría máis remedio que buscar alternativas fora do noso planeta. Independentemente das causas a largo plazo da eterna xuventude,esto podería ser unha solución para o futuro deterioro que por desgraza a Terra vai a experimentar.

Como dí o meu compañeiro Manuel, a solución da superpoblación sería a colonización doutros planetas. Paréceme unha boa solución xa que o ser humano leva viaxando por él dende fai anos, por non falar do gran avance tecnolóxico sufrido nos últimos anos. Eu penso que nun futuro non moi lonxano, poderase comezar a poboar outros planetas.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.22 segundos.

Os comentarios están pechados.