Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:Eterna xuventude TEMA CERRADO
fab-mariab-
lanco
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 11:19

Estes son un dos grandes avances sen duda deste século.
Fai apenas vinte anos a posibilidade de clonar algo era totalmente imposible e imaxinable. Dende fai uns anos a ciencia consegue cada vez máis cousas e iso é dun mérito indiscutible.
O feito de poder clonar os órganos, e nun futuro, case todo o corpo, é algo que pode traer uns enormes beneficios e ao mesmo tempo as consecuencias tamén poden ser extremamente perigosas.
A todos nos gustaría poder ser adolescentes ou nenos toda a vida e non envellecer nunca, nin nunca cambiar o noso aspecto físico. Pero un dos graves problemas é que se se consegue ser xóvenes a nosa mentalidade non se poderá cambiar e mentras a mundo vai evolucionando nós seguiremos tendo a mente de anos atrás. Este é un factor importante a ter en conta, pero considero que o peor de todos, é o feito de que se todos nos clonamos e vivimos eternamente, a poboación mundial aumentaría en exceso, porque só habría natalidade e non mortalidade.
Penso que se o mundo está feito para nacer, envellecer e morrer, iso non se debería de cambiar, porque forma parte da existencia do mundo e da vida.

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 11:52

Citado de faa-lauravazquez en June 4, 2014, 16:56
Na miña opinión, a mediciña rexenerativa empregándose para ese propósito, o da vida eterna, é antinatural, oposta á natureza humana. E o control dalgo tan necesario como o envellecemento non pode quedar á man da ciencia xa que tan só podería acceder a esta práctica a xente que poida permitilo económicamente. Que xeraría persoas inmortais? Igual non sobrepoboación. Se só as persoas ricas poden someterse ás operacions, teríamos unha pouca xente beneficidada con este método frente ó resto da poboación, e pode que tamén máis desigualdade economica.

Estou de acordo. Antes de pensar na inmortalidade, deberiamos pescudar a boa saúde de toda a poboación. Non é necesario nin moito menos xusto que só algunhas persoas poidan vivir máis cando os avances na medicina rexenerativa poderían axudar a moitas persoas que sofren enfermidades ou a ausencia dalgún dos seus membros (e polo tanto, unha menor esperanza de vida), pero que viven nunhas condicións inferiores e, a miúdo, non se poden permitir os tratamentos. Polo tanto, asegurar a boa condición de toda a poboación, antes que privilexiar só a unha cantidade reducida, debe ser a nosa prioridade. Logo poderemos plantearnos a idea de aumentar a duración da nosa vida e consigo, procurar novos espazos que ocupar e residir.

fab-mmendo-
za
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 12:04

Na miña opinión ter a posivilidade de vivir para sempre na xuventude sería xenial, un auténtico previlexio. Pareceriame estupendo poder ser sempre unha moza, sen embargo, creo que non se debería facer xa que o seguir reproducindonos chegaría un momento no que habería demasiadas persoas e o planeta quedarianos pequeno.

Sobre o de "clonar" órganos pareceme moi ben, estamos nun país onde se necesitamos un transplante temos que esperar meses e incluso anos despois dunha larga lista de espera para poder gozar dun transplante. Con esta solución acabariamos con este atraso e axudariamos a moita xente, como a nena da foto.

fab-anaoub-
ina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 12:20

A ciencia está a desenvolver rapidamente as tecnoloxías necesarias para estender radicalmente a calidade de vida humana. Mentres tanto, é necesario manternos sans e coller o control da nosa propia saúde para poder aplicar eventualmente estes avances científicos. O obxectivo non é simplemente vivir o maior tempo posible, senón vivir o máis feliz e saudable posible.

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 12:24

Dende a miña opinión, a medicina rexenerativa ten, evidentemente, moitos puntos a favor, pero tamén moitos factores en contra. Favorece a todas aquelas persoas que sofren un cancro nalgún dos seus órganos, podendo así rexenerar rapidamene as células danadas. Pero o certo é que isto tamén podería empregarse con outros fins, como por exemplo, para permanecer xoven eternamente. Con isto refírome a que moitas persoas seguramente quererían utilizar a medicina rexenerativa para renovar constantemente as súas células e, desta maneira, non envellecer nunca. Isto está máis que claro que non sería nada favorable para a sociedade, posto que non só non distinguiríamos as idades da xente a simple vista, senón que ao rexenerar os órganos constantemente, estes nunca chegarían a envellecer, por dicilo dalgún modo, e desta forma, poderiamos vivir eternamente, coma quen di.
En definitiva, esta rama da bioenxeñería pode favorecernos moito, pero á vez podería ser un cambio demasiado drástico para a sociedade o feito de poder vivir moitos máis anos dos que se vive.

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 13:56

Se puidese elexir a idade na que vivir continuamente, é dicir, parar o meu reloxo biolóxico elexiría a principios deste ano, no cal estaba perfectamente de saúde. Pero se todos puidésemos facer iso o mundo estaría repleto de persoas e ninguén querería morrer nunca. Isto implicaría que os recursos non darían para todas esas persoas que habería no mundo, polo que non me parece unha boa idea. Non obstante o tipo de ciencia que Marcos nos plantea parece unha boa optativa para todos eses que non queren aumentar a súa vida máis do normal, se non que o único que buscan é alcanzar esta media e as posibilidades de que o consiguan son practicamente nulas por enfermidades de nacemento ou accidentes na súa vida.

faa-marcro-
mero
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 14:08

Cando lin o tema que plantexa Marcos veume á cabeza a inmortalidade dos elfos no mundo de Tolkien. Se tomamos como exemplo ditos seres mitolóxicos e poñemos aos humanos no seu sitio, os seus problemas serian os mesmos. Na historia do Señor dos Aneis os elfos víanse obrigados a partir en barcos ás Terras Imperecedeiras para evitar a superpoboación na Terra Media. Se os humanos fosemos inmortais non teríamos esta opción de irnos a outras terras, a non ser que saíramos do planeta, por exemplo a Marte. O cal non está ao noso alcance agora mesmo aínda que non descarto que esta opción sexa posible no futuro.

fab-jorgeg-
onzalez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 15:16

Estou completamente de acordo con Alejandro. A sobrepoblación mundial xa é un problema hoxe en día. Na miña opinión, a población mundial debe cordinarse cos recursos do planeta. Se hai máis persoas que recursos para mantelas a cousa vai a ir moi mal.

fab-sofiac-
astineiras
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 17:14

Todos queremos vivir na adolescencia sempre e non medrar, cousa que podería chegar a permitirse coa mediciña rexenerativa. Pero isto traería importantes problemas sociais, debido a falta de espazo xa que a xente non morrería ou a gran demanda de alimentos frente a pouca oferta porque non hai suficiente para todas as persoas do mundo. Ben é certo que probablemente isto non ocorrería, xa que a estes transplantes só se poderían someter xente cunha renta moi altam, de modo que a xente que non se poidese permitir o gasto dun novo órgano non tería esa posibilidade de sobrevivir eternamente, polo tanto acabarían morrendo.

faa-laurav-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 17:24

Se como di Arianda, se se toma como prioridade asegurar unha boa condición para toda a poboación, a mediciña rexenerativa si sería moi positiva xa que o seu propósito non é so remplazar, é recuperar a funcionalidade perdida estimulando a capacidade de rexeneración do propio organismo. Sería un gran avance para loitar contra moitas enfermidades como a leucemia, a artritis, algún tipo de diabetes, enfermedades cardiacas e mesmo o Parkinson... e permitindo así unha maior esperanza de vida para moitos enfermos.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.16 segundos.

Os comentarios están pechados.