Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 7 8 9 [10]
Autor Tema:Eterna xuventude TEMA CERRADO
faa-veroni-
canoya
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 9, 2014, 23:30

Paréceme inimaxinable pensar nunha vida eterna, aínda que como Sergio e Noelia din, tamén o que agora temos por normal era impensable hai vinte ou trinta anos, xa que os avances destas últimas décadas foron a pasos axigantados comparado coas anteriores. Como xa mencionei, dende o meu punto de vista a busca da vida eterna non é moi viable, xa que o espacio do noso planeta está reducido e xa, sendo os "poucos" millóns que somos poderíamonos considerar unha das plagas por excelencia, como para que aínda por riba a población se dispare ó descender ou directamente anularse a mortalidade. Tamén a cuestión de tratarnos como simples máquinas ás que se lle poden cambiar as pezas cando se averían paréceme pouco ético malia que, aínda que sone hipócrita, se eu fose a enferma que necesitase esa peza non dudaría en reclamala.
A maiores destes dous elementos estaría tamén a alimentación, xa que conseguir alimento para un número tan desorbitado de persoas é imposible; os problemas á hora de conseguir empleo, pero tamén á hora de xubilarse, xa que se non se vai morder nunca, cal é a idade de xubilación, habería xubilación? Sería viable para a economía?; podería darnos o noso planeta os recursos necesarios, sen contar o alimento, para que todos puidésemos vivir baixo unhas condicións mínimas?; por outra banda a xente sería menos prudente ó saber que poden remplazar con facilidade os seus órganos no caso dunha accidente, intoxicación..., e esto provocaría grandes gastos médicos.
Malia que a ciencia responde día a día innumerables cuestións e proporciona moitísimos avances e comodidades, penso que non sempre se emprega dun xeito adecuado. Axudar a previr e curar enfermidades para que todos poidamos ter unha vida sá ata o final dos nosos días penso que é o meior regalo que este "elixir" chamado ciencia nos pode dar.

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 10, 2014, 01:08

Na miña opinión, como xa dixen, a "vida eterna" non é unha opción posto que aparte dos víveres e os espazos libres de persoas se acabarían, e como ven dixo verónica, seríamos unha prega, praga que ben sexa pola demanda de alimentos ou pola demanda de territorio, acabaría co resto de especies. Por outra lado, opino que unha persoa non podería vivir eternamente ainda que non nego un gran avance na prolongación desta vida.

fab-gretag-
eorgieva
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 10, 2014, 16:42

Dende pequenos todos desexamos ser maiores para poder facer cousas que fan os maiores, cando conseguimos a nosa meta por así decilo, os nosos desexos cambian completamente e desexamos volver a ser nenos, aínda que ter unha idade entre os 18-25 anos é o que a maioría da xente quere ter para sempre e non pasar mais ala dos 25 envellecer tamén ten a seu lado bo, é certo que estes tipos de avances proporcionannos a posibilidade de poder chegara máxima idade. No caso de que se poida chegar a alcanzar a vida eterna non sería nada doado posto que cada vez hai menos espazo para as persoas e eso tendo en conta que nacen uns e moren outros, ademais cos problemas do cambio climantico que estamos a sufrir a Terra non tardara moito en ser outro planeta mais sen diferenzas, é dicir xa non seía habitable.

faa-fatima-
f
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 10, 2014, 19:08

Ademais do claro problema de superpoboación, isto tamén podería traer outros moitos, como por exemplo o feito de aumentar a diferenza entre ricos e pobres, xa que se isto continuase adiante, a xente que desexase ter un órgano novo, ben sexa por enfermidade ou simplemente por manter a súa xuventude, tería que pagar un prezo por elo, e non creo que este prezo fóra especialmente barato, xa que por desgraza e como ocorre tamén na actualidade, son as persoas con cartos as que poden permitirse todo tipo de tratamentos para as diferentes enfermidades mentres que a xente que non posúe tanta cantidade de diñeiro ten que conformarse con tratamentos menos avanzados ou incluso moitas veces vese obrigado a prescindir del por non poderse permitilo.
Este tipo de avances serían moito mellores se a saúde realmente fose un dereito e non un privilexio, como parece que é na actualidade, e realmente estivese á disposición de todo o mundo.

faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 10, 2014, 19:19

Como di Fátima Fernández, esta "vida eterna" só estaría o alcance duns poucos privilexiados que poidan pagar por este servicio, xa que os precios serían desorbitadamente altos e non calquera pode permitirse isto. Sen dúbida, se hai xente que non ten cartos nin para comer, como os vai ter para pagarse este tipo de cousas? É sinxelo: non pode.
As diferencias sociais veríanse cada vez máis marcadas, o cal non é bo, xa que sería moito mellor unha sociedade máis igualitaria na que todos puideramos ter un bo nivel de vida. Porén, isto non é así. Mentres que hai persoas que malgastan os seus cartos, hai outras que non teñen cartos nin para comer, non teñen onde durmir e non poden recibir unha boa educación. Estas diferencias están cada vez máis marcadas e isto é algo que deberíamos deter, e que con esta "vida eterna" só aumentaría. Na miña opinión deberiamos comezar por preocuparnos primeiro por cousas de necesidade primaria antes de comezar a tratar de vivir eternamente.

faa-igonza-
lez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 10, 2014, 23:04

Que poidamos obter algunha cousa eterna, simplemente o feito de pensalo, mola moito. Con isto quero dicir que si podemos obter algo eterno, non haberá problemas para conseguelo, dado que sempre teremos esa cousa. Pero o límite chega cando pensamos obter unha xuventude eterna. Penso que a xuventude eterna estaría algo insuficiente, é dicir, que non podremos estar a gusto con nós mesmos se sempre estamos na mesma etapa da nosa vida.
Con isto conclúo, se podéramos obter a xuventude eterna, unha vez que estamos un tempo bastante amplo na xuventude, dexesaríamos volver ao ciclo normal (á vida cotiá, á vida de sempre), ou nos quedaríamos na xuventude para sempre?

faa-adrian-
martinez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 10, 2014, 23:48

Ser sempre xoven é que o tempo non pasase sería algo xenial pero imposible. O mundo está feito de tal forma que miremolo como o miremos e poñamos coma nos poñamos, cada ser vivo está feito para morrer e manter un certo equilibrio mentres esa vida existe. Creo que é inútil que o ser humano intente alargar vidas estupidamente. A vida non é máis que un instante de anomalía no tempo. Un pequeno período sen sentido nin utilidade de ningún tipo. É inútil prolongar a morte. Creo que está ben innovar coa tecnoloxía e demais para facer esta "anomalía" máis simple e levadeira, pero esto de " xogar a ser deus" para manter, ou procurar manter máis ben, unha eterna xuventude paréceme un pouco estúpido. Estamos ante un tema no que entran unha cantidade de factores enorme e no que non paga a pena gastar tempo pensando.

fab-cporto
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 10, 2014, 23:50

Como ben dixo a nosa compañeira Greta, todos desexamos ser maiores cando somos pequenos sobre todo ter esa maioría de idade porque pensan que teus pais che deixan liberdade absoluta.
A eterna xuventude levaríanos a ter superpoboación e iso non sería bo por moitos motivos, un deles porque non se defirenciarís os ricos dos pobres.
Por outra banda como ben nos plantexa Iago, eu penso que vivir sempre na xuventude nos chegaría a cansar xa que sempre estariamos a facer cousas de xóvenes. Na meu caso, preguntaríame que sería unha vida de persoas maiores.

fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 11, 2014, 00:25

Estou completamente dacordo coa miña compañeira Fátima, a diferenza de clases xa é un problema agora, e se engadimos a eterna xuventude só para as persoas que o seu poder adquisitivo llo permita, esta diferenza elevaríase enormemente. E como di ela, a saúde e as operacións médicas para curar enfermidades, deberían ser algo ó que todos poidan optar, sendo ricos ou sendo pobres.

Páginas: First << 7 8 9 [10]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.087 segundos.

Os comentarios están pechados.