Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Autor Tema:Eterna xuventude TEMA CERRADO
faa-igonza-
lez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 6, 2014, 21:03

Segundo o meu punto de vista, que poderamos conservala nosa xuventude estaría ben, pero á mesma vez mal, debido a que a vida trata de vivila, coñecendo os bos e os malos momento e, polo tanto, non podemos pretender estar sempre na xuventude, si non podemos experimentar toda a nosa vida, que é moi importante poder coñecer todolos aspectos que esconden as distintas idades sobre o noso comportamento, o nosos coñecementos e, incluso, as nosas metas de vida. Alcanzar estas metas, non serían posibles si estiveramos na xuventude eternamente, porque antes ou despois, necesitaremos chegar a esa meta que, a maioría das nosas metas, as cumpliremos sendo maiores de idade, con máis de 20 anos ou incluso máis.
Penso eu que toda a vida estar na xuventude, sería un factor negativo, porque non poderíamos cumplir metas ou non poderíamos facer todalas cousas que poderíamos facer sendo maiores de idade. Creo que a cumbre da vida, estaría sobre os 20 e os 30, polo tanto, esa idade si que me gustaría repetir eternamente, porque así podería satisfacer moitas metas e estar moito máis feliza, con respecto a satisfaccións.
Respecto ao estado físico, entre esta idade tamén se está con un estado físico moi bo. Así que, na miña conclusión, a mellor idade serían os 20 ou 30 anos de idade.

faa-fatima-
f
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 6, 2014, 22:28

Non estou segura de que a xuventude eterna sexa realmente unha boa idea xa que a pesar de que, como moi ben di Marcos, os anos da mocidade serán posiblemente os mellores das nosas vidas, a min gustaríame vivir toda a miña vida, non permanecer para sempre "na mesma idade".
Ademais, deixando a un lado a opinión persoal, o feito de que a xente morra fai que estes deixen o seu lugar a outras persoas, explícome, se as persoas puideramos vivir eternamente non deixaría de nacer xente e estes nacementos non se verían compensados coas mortes, polo que chegaría un momento no que a Terra sufriría unha especie de “overbooking”, o que traería consigo graves problemas.
En definitiva, paréceme un gran avance poder crear órganos adaptados a cada organismo para lograr que a xente viva máis e mellor, pero creo que deberían estudarse máis os efectos que poden producir estes avances científicos.

faa-fatima-
lago
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 6, 2014, 23:36

A medicina rexenerativa é a rama da bioenxeñería que se serve da combinación de células, métodos de enxeñaría de materiais, bioquímica e fisicoquímica para mellorar ou substituír funcións biolóxicas. Consiste en reparar ou substituír parcial ou totalmente tecidos (por exemplo óso, cartilaxe, válvula cardíaca, vexiga...). A miúdo, os tecidos implicados requiren certas propiedades mecánicas e estruturas para a súa propia función.
O feito de nun futuro poder chegar a vivir eternamente grazas á medicina rexenerativa significaría un gran paso tanto a nivel científico como a nivel persoal. Sería un gran avance na ciencia o feito de poder vivir eternamente nos 18 anos, e sería un gran paso para nos, xa que significaría poder vivir xoves toda a vida. Pero cada cousa trae consigo as súas desvantaxes, e sempre hai que valorar se valería a pena realizalo tendo en conta se as consecuencias son máis positivas ou máis negativas.

faa-nicole-
corbacho
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 6, 2014, 23:48

Din que nacecemos para morrer, pero tamén para vivir a vida. Na miña opinión temos que seguir evolucionando, crecer,... pero non vivir sempre nos 17 anos.a medida que nós crecemos todo cambia e vai pa mellor, eu penso que si nos quedasemos sempre cos mesmos anos moitas das cousas que podemos facer dentro de 2 ou 3 e queremos, non poderiamos vivilas. é certo que o noso fisico é mellor na nosa xuventude que dentro duns cantos anos,pero sigo pensando en que é mellor seguir o curso da vida.

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 7, 2014, 00:32

Este artigo dame á par que unha gran esperanza para certas cousas e ó mesmo tempo medo. Por unha parte si, a quen non lle gustaría ser "teenager" toda a vida? A adolescencia é a etapa máis bonita e tamén máis curta da vida dun ser humano e a todo o mundo lle asusta o feito de envellecer pero... Por outro lado, non credes que é xogar a ser Deus poñerse a rexenerar órganos sen ton nin son? Penso que si, é un proceso antinatural por completo. O mesmo ocorre con outro caso que teño agora en mente: poder elexir a cor dos ollos e do pelo e se será neno ou nena nun feto. Isto paréceme ademais de egoista por parte do ser humano, absolutamente antinatural. O lóxico é utilizar a ciencia para casos como poder evitar nenos con malformacións, facernos a vida máis sinxela ou curar enfermidades pero, escoller o físico do teu fillo paréceme xogar con lume. Por exemplo, agora mesmo todo pasa á moda, absolutamente todo, imaxinádevos que ter fillos varóns se pon de moda e que as rapazas, as mulleres, deixan de existir... Sería o fin da vida humana. E a inversa ocorre con este artigo. Se todos chegamos ós 18 anos e non máis, ninguén morrerá e producirase un efecto de superpoboación para o cal non estaremos preparados xa que non é "lei de vida" que algo así suceda. Está ben que se experimente e se creen cousas innovadoras que faciliten moitísimo a vida cotiá, pero con sentido común porque ás veces o remedio doe máis cá enfermidade.

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 7, 2014, 01:33

Citado de fab-noerodriguez en June 4, 2014, 19:15
No ámbito da mediciña isto sería, sen dúbida, a solución á maioría de enfermidades. Non hai máis que devolver ese órgano a un estado anterior no que teña a súa funcionalidade ao 100%. Pero creo que isto sería moi custoso. Habería que manter esa parte do corpo durante un tempo indeterminado, o que suporía un gasto enorme que non sabemos cando acabará. Pode que haxa que pagalo toda a vida... E non ten pinta de ser algo barato.

Estou de acordo con Noé, utilizar este método tal e como expón é moi posiblemente moi caro polo que non sería asequible ao bolsillo. Non obstante si vexo esta práctica moi útil na investigación, pois quizais grazas á investigación con estes órganos "fabricados" poderíamos chegar moi lonxe e realizar as probas neles en lugar de facelo con animais ou con voluntarios.

fab-andrea-
romero
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 7, 2014, 13:12

Na miña opinión en parte creo que sería fantástico poder ser xóvenes eternamente e que todos os días sexan maravillosos, pero tamén é verdade que iso có tempo sería realmente agobiante e acabarías querendo envellecer, ir cambiando pouco a pouco e vivir todas as etapas da vida, vendo medrar ós teus netos e ó final morrer, porque se nace para morrer, e sería espantoso vivir toda a vida xa que non teríamos ningún propósito e todo se volvería aburrido, acabarías incluso querendo morrer.
Como ben di Ricardo habería maior contaminación, o que incrementaría o efecto invernadoiro e chegaría un momento no que na Terra non colla un só individuo máis,sería unha catástrofe.
Paréceme ben o feito de que investiguen como xerar novos órganos, xa que sería unha gran evolución no ámbito médico, pero de ahí a non envellecer xamais, hai un paso enorme.

faa-laurap-
az
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 7, 2014, 13:44

Citado de fab-martapalacios en June 7, 2014, 00:32
Este artigo dame á par que unha gran esperanza para certas cousas e ó mesmo tempo medo. Por unha parte si, a quen non lle gustaría ser "teenager" toda a vida? A adolescencia é a etapa máis bonita e tamén máis curta da vida dun ser humano e a todo o mundo lle asusta o feito de envellecer pero... Por outro lado, non credes que é xogar a ser Deus poñerse a rexenerar órganos sen ton nin son? Penso que si, é un proceso antinatural por completo. O mesmo ocorre con outro caso que teño agora en mente: poder elexir a cor dos ollos e do pelo e se será neno ou nena nun feto. Isto paréceme ademais de egoista por parte do ser humano, absolutamente antinatural. O lóxico é utilizar a ciencia para casos como poder evitar nenos con malformacións, facernos a vida máis sinxela ou curar enfermidades pero, escoller o físico do teu fillo paréceme xogar con lume. Por exemplo, agora mesmo todo pasa á moda, absolutamente todo, imaxinádevos que ter fillos varóns se pon de moda e que as rapazas, as mulleres, deixan de existir... Sería o fin da vida humana. E a inversa ocorre con este artigo. Se todos chegamos ós 18 anos e non máis, ninguén morrerá e producirase un efecto de superpoboación para o cal non estaremos preparados xa que non é "lei de vida" que algo así suceda. Está ben que se experimente e se creen cousas innovadoras que faciliten moitísimo a vida cotiá, pero con sentido común porque ás veces o remedio doe máis cá enfermidade.

Totalmente dacordo con Marta. O feito de rexenerar órganos, por un lado, é unha iniciativa moi innovadora e positiva para a sociedade, pois pode mellorar dunha forma moi significativa o noso modo e forma de vida. Pero, por outro lado, como xa comentara antes, se todo o mundo ou a maioría permanecemos para sempre na "eterna xuventude" e nadie morre, unha das principais consecuencias negativas sería a superpoboación.

faa-laurap-
az
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 7, 2014, 13:55

*E ademais, este proceso de rexenerar os órganos así porque si, é un proceso antinatural, ó igual tamén que o caso de escoller o físico dos fillos mentres son fetos, pois a natureza sabe perfectamente o que fai e o que mellor nos convén, sen necesidade de experimentos científicos. Excepto en casos concretos, porque penso que estes procesos de rexeneración deberíanse empregar nos extremos casos no que corre perigo a vida dunha persoa ou por enfermidades ou malformacións. En definitiva, non é unha mala idea o de mellorar na ciencia e na medicina pero, sempre e cando con beneficios saudables e non simplemente por interese persoal.

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 7, 2014, 19:14

Citado de fab-martapalacios en June 7, 2014, 00:32
O mesmo ocorre con outro caso que teño agora en mente: poder elexir a cor dos ollos e do pelo e se será neno ou nena nun feto. Isto paréceme ademais de egoísta por parte do ser humano, absolutamente antinatural. O lóxico é utilizar a ciencia para casos como poder evitar nenos con malformacións, facernos a vida máis sinxela ou curar enfermidades pero, escoller o físico do teu fillo paréceme xogar con lume.

Penso que tes razón: só debemos empregar a ciencia para evitar malformacións ou enfermidades, e non para intentar alcanzar a perfección. Non obstante, a posibilidade de escoller o sexo do feto moitas veces non é cuestión de capricho, senón por unha razón de peso. Por exemplo, se unha nai é portadora do daltonismo e ten un fillo con unha persoa que non o é, só os fillos varóns poderán verse afectados polo trastorno. Neste caso, se se puidese escoller o sexo do feto e se elixise o feminino, poderíase evitar ter un fillo daltónico.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.131 segundos.

Os comentarios están pechados.