Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9] 10
Autor Tema:Eterna xuventude TEMA CERRADO
fab-angelp-
ineiro
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 9, 2014, 00:04

(O meu anterior comentario foi unha errata.) A ciencia e o seu potencial é algo incrible, diso non hai dúbida. Pero sinceramente eu non creo que a ciencia poida lograr nunca unha xuventude eterna. A día de hoxe está conseguindo e conseguirá alargar a esperanza de vida humana uns cuantos anos máis, pero nunca logrará que sexa eterna. É lei de vida de que nos volvamos vellos e perezcamos. O noso ciclo de vida. Non creo que lograr a meta da eterna xuventude sexa beneficioso para a sociedade xa que o único que fará este logro é involucrala en gasto.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 9, 2014, 01:58

Semella algo moi interesante e á vez tentador poder vivir eternamente, unha xuventude eterna.
Aínda que é atractivo, isto conta con certas desvantaxes xa que non será un método barato e non creo que se termine facendo low-cost polo que desta forma só os máis ricos poderían permitirse isto, convertindo en clasista toda unha sociedade. Outro dos inconvintes que lle atopo á xunventude eterna é que ao non morrer o número de persoas aumentará a nivel mundial, o que podería ocasionar guerras polos alimentos ou recursos máis básicos, dos que outra vez os máis ricos poderían dispoñer; un exemplo de sobrepoboación é China, e no caso de levarse adiante esto sería un problema de sobrepoboación e sobrexplotación global debido a que será necesario un maior espazo e número de recursos para albergar máis persoas e tamén se destruirán seguramente as áreas rurais ademáis de bosques.
Isto preséntase tamén como algo negativo para o noso planeta debido á maior contaminación que se xerará debido á necesidade de crear enerxía eléctrica, chemineas, ao maior número de medios de transporte e á maior movilidade dos mesmos...

fab-gretag-
eorgieva
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 9, 2014, 15:31

Na miña opinión este tema pode prantexarse dende dous puntos de vista, por unha banda o feito de que as persoas teñamos un tempo determinado para desenvolver as nosas vidas e os nosos proxectos é un feito que nos mantén activos, que fai moverse, na miña opinión, a toda a sociedade, e o engranaxe que nos fai mover a todos. Sen embargo, pola outra banda os xigantescos avances tecnolóxicos e sociais que poderiamos alcanzar no caso de que se fixese realidade a xuventude eterna, serían inimaxinables, as guerras deixarían de ter sentido, xa que a sociedade deixaría de ser tan terrenal para pasar a un ámbito máis intelectual e espiritual ó sentirse aliviada do peso da morte. As próximas grandes mentes da humanidade terían o tempo suficiente para desenvolver os seus intelectos e levar a cabo importantísimas investigacións. O problema de superpoboación da terra non o sería realmente xa que ó non vernos limitados pola morte, a humanidade podería lanzarse á conquista e colonización espacial. Por suposto esta suposta inmortalidade non podería prolongarse para sempre xa que o noso texido principal, o cerebro, non podería ser substituído, dado que perderíamos a nosa memoria, o que nos somos, pero si alcanzar moitísimos anos de vida, logo tamén, moitos dos logros descritos anteriormente.

faa-manuel-
montes
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 9, 2014, 19:11

Eterna xuventude. A todo o mundo lle atrae esta idea pero ,na miña opinión, non é moi apetecible. A vida consiste nesos cambios que se van producindo nas nosas vidas, de pequenos a maiores, o paso por cada etapa da vida. Quedar parado nun punto da vida pode chegar a cansar e non disfutarías das ventaxas de crecer.
Pero non todo está relacionado cun mesmo, senon que tamén involucra ao resto de persoas. Como ben dixeron os meus compañeiros, se todas as persoas nacen, crecen pero non morren habería unha cantidade enorme de persoas en todo o mundo. Esto incapacitaría a vida para todos, porque chegaría un punto en que fose imposible conseguir alimentos para todos, os traballos escasearían, podríanse comezar guerras e outros conflictos. Non digo que estea mal alargar a nosa vida un par de anos máis, pero chegaría un momento no que deberíamos retirarnos.

faa-sergio-
serantes
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 9, 2014, 19:30

Citado de fab-angelpineiro en June 9, 2014, 00:04
(O meu anterior comentario foi unha errata.) A ciencia e o seu potencial é algo incrible, diso non hai dúbida. Pero sinceramente eu non creo que a ciencia poida lograr nunca unha xuventude eterna. A día de hoxe está conseguindo e conseguirá alargar a esperanza de vida humana uns cuantos anos máis, pero nunca logrará que sexa eterna. É lei de vida de que nos volvamos vellos e perezcamos. O noso ciclo de vida. Non creo que lograr a meta da eterna xuventude sexa beneficioso para a sociedade xa que o único que fará este logro é involucrala en gasto.

Non estou de acordo con este comentario, para nada. A día de hoxe, non se pode dicir que a ciencia teña límite algún de maneira contundente. Fai apenas vinte ou trinta anos era inimaxinable un mundo como o actual, e por iso eu teño fe en que a ciencia, co paso do tempo, será capaz de acadar practicamente calquer cousa que lle poidamos pedir, como por exemplo a vida eterna.

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 9, 2014, 19:45

Coincidindo co comentario de Ariadna, penso que este tipo de medicina na que se poden modificar factores innecesarios, ten a súa excepción como boa alternativa. O exemplo que pon ela, o do daltonismo, é un claro caso de necesidade fronte esta intervención. Aínda así, con todo, penso e recalco que é xogar con lume experimentar con conceptos tan perigosos.

faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 9, 2014, 21:17

Citado de faa-sergioserantes en June 9, 2014, 19:30
Non estou de acordo con este comentario, para nada. A día de hoxe, non se pode dicir que a ciencia teña límite algún de maneira contundente. Fai apenas vinte ou trinta anos era inimaxinable un mundo como o actual, e por iso eu teño fe en que a ciencia, co paso do tempo, será capaz de acadar practicamente calquer cousa que lle poidamos pedir, como por exemplo a vida eterna.

Estou dacordo co meu compañeiro Sergio. Hai anos as persoas non podían imaxinar una realidade coma a actual. Non fai falla ir ata hai 200 anos atrás, aínda que entón o cambio sería máis notable, senón que xa hai 20 anos as cousas eran moi distintas, ó igual que hai 50 ou máis. A ciencia comezou avanzando pouco a pouco, un chisco cada vez, pero a día de hoxe os pasos que damos son pasos de xigante, é increíble ver coma unha cousa que fai a penas dous anos parecía incrible agora estemos atopando posibles vías, porque isto axudará a moitas cousas no futuro.
Porén, sego creendo que, aínda que me encantaría vivir eternamente e ser xoven ñara sempre, todos debemos morrer algún día, é parte do noso ciclo vital.

fab-iriama-
rtinez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 9, 2014, 21:42

Estou totalmente de acordo con Noelia, con só remontarnos a hay 20 anos,as cosas eran moi diferentes a como son agora, como por exemplo no caso dos teléfonos móviles, antes estes aparellos os tiñan moi poucas persoas, e só servían para chamar e enviar unha mensaxe, hoxe en día é moi diferente, a maioría da poaboación e incluso os de nenos de 10 anos xa teñen teléfonos, pero non son os teléfonos de hay 20 anos, senón que estes empréganse como un ordenador, ou mesmo unha cámara de fotos. Precisamente se as cousas cambian a este ritmo, alegún día a cinecia poderá resolver todo tipo de obstáculos que se lle poñan diante,e solucionar todo tipo de enfermidades pero sigo creendo que todos debemos morrer algún día, é algo inevitable.

fab-manuel-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 9, 2014, 22:02

Como xa sabemos,o ser humano,nos casos moi extremos,podería chegar ata 120 anos,pero as causas das mortes,principalmente,son o deterioró das células. Investigando acerca deste tema,atopei un artículo dun científico chamado De Grey,que me pareceu moi interesante e que quería compartir:"Sólo existen siete categorías de daños en el organismo relacionados con la edad: una es la pérdida de células que no se reemplazan. Otra es lo opuesto: la acumulación de células no deseadas. Después hay cosas que andan mal dentro de ellas, y así en el tercer puesto están las mutaciones en los cromosomas, en el cuarto, las mutaciones en el ADN de las mitocondrias -centrales energéticas celulares-, y en el quinto, la acumulación de moléculas no digeribles en los lisosomas -vesículas intracelulares para digerir los desechos-. Los problemas sexto y séptimo se dan en los espacios entre las células: los depósitos de moléculas indigeribles que bloquean el paso, y la proliferación de enlaces entre proteínas que endurecen los tejidos elásticos de las arterias. El objetivo de SENS es remediar todos estos desperfectos". Pois o SENS(Strategies for Engineered Negligible Sensescence) que é un ambicioso Proxecto que,tras iniciativas para recaudar capital suficiente para os seus investimentos,podería investigar esta causa,e que as persoas poidan vivir ata 500 anos!

fab-mariat-
irado
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 9, 2014, 23:18

A verdade é que este avance é impotantísimo para a xente que precisa transplantes.
Aínda así, eu inclúyome no ter sempre unha certa idade para pasalo ben e ter unha imaxe bonita, pero creo que envellecer tamén ten a súa parte boa, as enrugas son un sinal de sabiduría. Por outra parte, para a xente que non querer envellecer, obviamente estes avances son de especial importancia, pero o curioso é, que en caso de que nun futuro se puidese ser sempre xoven, ter unha imaxe non deteriorada, só poderían "disfrutar" deste avance, os ricos, as persoas cun alto poder adquisitivo. E para finalizar, non me parece xusto que destes avances que finanza o estado, só uns poucos poidan disfrutar disto (en caso de que nun futuro isto fose posible).

Páginas: First << 6 7 8 [9] 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.2 segundos.

Os comentarios están pechados.