Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Eterna xuventude TEMA CERRADO
faa-manuel-
cacabelos
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 4, 2014, 18:47

Non estaría nada mal alargar por un pouco tempo máis a nosa xuventude, ao fin e ao cabo moita xente a considera como a mellor etapa da nosa vida. Agora ben, un dos inconvintes disto sería a superpoboación.. Non medrar e vivir eternamente significaría non morrer, co cal non deixarían de nacer nenos pero si deixarían de morrer persoas, aumentando o índice de natalidade e anulando completamente o índice de mortalidade. Isto traería consigo consecuencias maioritariamente negativas.
Parece que durante toda a historia o ser humano andivo en busca da inmortalidade.

fab-noerod-
riguez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 4, 2014, 19:15

No ámbito da mediciña isto sería, sen dúbida, a solución á maioría de enfermidades. Non hai máis que devolver ese órgano a un estado anterior no que teña a súa funcionalidade ao 100%. Pero creo que isto sería moi custoso. Habería que manter esa parte do corpo durante un tempo indeterminado, o que suporía un gasto enorme que non sabemos cando acabará. Pode que haxa que pagalo toda a vida... E non ten pinta de ser algo barato.

fab-martar-
odriguez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 4, 2014, 19:23

Na miña opinión creo que isto non sería nada bo, pois os seres humanos só coñecemos esta vida, vivir unha vez cada ano da nosa vida. Como ben din os meus compañeiros habería un exceso de poboación e isto suporía tamén menos traballo porque habría demasiado xente solicitando o mesmo. A xuventude eterna traería consigo maioritariamente consecuencias negativas na nosa sociedade.

fab-aldara-
muniz
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 4, 2014, 20:05

Como ben di Marcos, eu opino que a "xuventude eterna" non sería nada bo, ao contrario, sería probablemente o maior do ser humano. O de rexenerar unha ourella ou calquera membro externo só pola estética boa que nos pode producir véxoo ben, pero o da medicina rexenerativa non. A especie humana sempre foi moi ambiciosa, con ansias de poder e de querer telo todo, pero hai límites. Se esto se conseguise e se popularizase entre as persoas, que primeiro só gozarían os ricos pero despois pasaría a podelo empregar todo tipo de persoas,esto propiciaría terribles consecuencias, por exemplo na demografía. Habería máis poboación, máis nacementos e poucas mortes. A poboación segue aumentando e non diminúe e a terra acaba abafada a causa dunha "plaga", os seres humanos. Para todo ten que haber un equilibrio, e a terra non daría abasto para tantas persoas (eternas).

faa-larafe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 4, 2014, 20:37

A idea da eterna xuventude lévase buscando dende fai moitos séculos, como por exemplo na concepción do Santo Graal, copa da que Xesucrito bebeu na última cea e que permite adquirir a vida eterna a aquelas persoas que beban dela. Na actualidade, pensamos máis dende unha perspectiva científica e menos fantástica.
A mediciña rexenerativa, aínda que está en proceso, pode chegar a ser bastante importante de aquí a uns anos. A idea de que se poda rexenerar os texidos e células de cada órgano pode chegar a aumentar a vida deles, pero non sei se isto pode chegar a ser posible de verdade.
Na miña opinión seguiría por esta vía de investigación xa que pode chegar a axudar a persoas con problemas nalgún órgano concreto, pero non creo que se poda chegar a idea da eterna xuventude.

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 4, 2014, 20:51

Como a maiorías das cousas, na miña opinión, a idea de ter a xuventude eterna ten partes positivas e tamén partes negativas.
Claro que a todos nos gustaría vivir na xuventude para sempre, posto que é unha das etapas máis interesantes, divertidas e extrañas da nosa vida e ademais dubido que a xente lle guste ver como se vai transformando o seu corpo cara a vellez, pero aínda así o ciclo da vida é que remate unha xeración e que comece unha nova, poida que mellor ou peor, pero nova de todos xeitos, por non falar da superpoblación que sufriría o planeta se a xente tivera a posibilidade de ter a xuventude eterna. Na miña opinión débese deixar espazo para as persoas novas.

faa-veroni-
canoya
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 11:08

O ser humano sempre buscou a inmortalidade, e con estas técnicas estase acercando moito a conseguilo, pero penso que non é bo que vivamos eternamente.
No mundo hai actualmente máis de 7000 millóns de habitantes, xa que dende o 1800 coas melloras sanitarias e económicas a poboación incrementouse nuns 6000 millóns e a esperanza de vida chegou, en España, a rondar os 80 anos. Pensemos que malia que os avances médicos melloraron moito, as persoas continúan morrendo día a día e aínda así a poboación aumentou nun 600%, entón como estaría o noso planeta se ninguén morrese, sería viable? Penso que é moi egoísta pola nosa parte, xa que convivimos con máis especies. Ademais, penso que sería máis útil, como di Manuel, emplear estes avances con especies en perigo de extinción que pola culpa do quecemento global están abocadas á desaparición. Deste xeito poderíamos manter con vida a unha gran cantidade de especies que por si soas non poderían mentres intentamos solucionamos este problema que nós mesmos causamos.
Por outra banda, como di Marcos, estas novas técnicas médicas plantexan ás persoas como máquinas cuxas pezas poden ser remplazadas cando se averían.

faa-martin-
losada
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 11:11

Creo que a xuventude eterna sempre foi presentada como un superpoder, algo que tods querriamos e que incluso chegariamos a matar por ela. Estas ideas xorden sobretodo fruto do cine, que en numerosas ocasións utilizou a busqueda da xuventude eterna como o tema principal dunha pelicula.
Pero na miña opinión a idea de xuventude eterna que se expón, a da inmortalidade case máis que xuventude eterna non é algo agradable, xa que sí, eres xoven toda a vida, pero non nos acabariamos cansando disto? eu creo que estamos feitos para nacer crecer e morrer e ir pasando etapas. Por outra banda esta inmortalidade creo que xeraria grandes problemas, no que destacaría principalmente a sobrepoboación, que por outra banda poderiase decir que xa a empezamos a padecer en certo modo.
Todo isto non creo que deba provocar que se deixe de avanzar nestes campos, pero creo que deberían estar regulados, e que se utilicen para persoas que teñen problemas de nacemento, non que os sofran despois, por cuestións naturais ou por un accidente.

faa-elenaf-
ontenla
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 11:16

A idea da eterna xuventuda soa demasiado ben, aos ollos de mozos e mozas, e envellecer non é algo que sexa moi tentador, para nada tentador, pero eu non penso así. Creo que existe unha beleza en todas as etapas da vida e este avanze médico o que podería facer sería que nos fixera vivir mellor en cada unha delas, poder disfrutar delas con plenitude, pero non xóvenes eternamente. Os seres humanos, ao igual que o resto dos seres vivos nacen, crecen, reprodúcensen, envellecen e morren; nacemos para iso e a natureza non se pode cambiar, aínda que pensemos que coa nosa intelixencia podamos superala desafíandoa, coma queren facer con esta idea da "xuventude eterna".
A miña conclusión é que este avance pode facer que vivamos máis tempo e mellor pero respetando os periodos da vida que nos toca vivir, facendo que con 75-80 podamos sentirnos coma alguén de 50 pero non ser eternamente mozos porque iso suporía puca falta de madurez. A xente que pretende ser xoven con 40 anos dicimos que son uns inmaduros, uns incoscientes e que están fuxindo da idade, isto supón que non están aproveitando a vida que lles toca vivir nese momento. Se á xente se lle proporciona poder ser xoven para sempre pensarán que o mundo está aos seus pes porque son xóvenes e capacitados para o que sexa e iso agora so ocorre cos rapaces de 16-18 anos, non é cuetión de que con 60 anos a xente siga a ter esa mentalidade.
Polo tanto, a nivel de saúde é un gran avance pero tamén se deben ter en conta as mentalidades das persoas.

faa-alicia-
feijoo
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 5, 2014, 11:18

A vida eterna como nola presenta Marcos parece algo bo, xa que a maioría de nos querería vivir sempra na nosa idade, pero hai que pensar que isto tamén ten riscos, por exemplo no caso de quedar con poucos anos nunca poderíamos ter experiencias como as de ser pais e moitas outras. Por outro lado, este avance na mediciña supón ver aos seres humanos como robots que nunca morren e si se estropean teñen pezas de recambio, igual que nos di o noso compañeiro neste foro. Nun principio todos queremos vivir na eterna xuventude e ter as mesmas forzas e vitalidade que temos agora, pero toso consiste no sentido da vida. O que a min si me parecería boa idea sería que pudesen encontrar algún metodo para alongar máis a vida e o mellor poder vivir máis anos pero vivir sempre no mesmo tempo, as mesmas cousas, co mesmo aspecto... acabaría por agobiarte e pensar que en realidade non foi unha boa idea, polo tanto é mellor non abusar dos avances médicos.
Eu creo que os cartos que se están a gastar nestas investigacións era mellor que as aplicasen en investigar outro tipo de enfeermidades coma descubrir curas pos distintos cancros ou pa moitas das enfermidades raras que existen no mundo e as cales por ser pouco comúns na maioría dos casos se lles nega ou a familia non se pode facer cargo debid ao seu custe.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.094 segundos.

Os comentarios están pechados.