Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Autor Tema:Eterna xuventude TEMA CERRADO
fab-tcores
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 7, 2014, 19:18

Sinceramente, na miña opinión todo o mundo quere ser eternamente xoven, ainda que se eso ocorrese, acabaríanse cansando igual que en todo o resto.
A maioría da xente cree que a xuventude pode ser o mellort momento da tua vida cando podes alcanzar a felicidade ou mellor condicións físicas máis vello.
Todos lle temos un certo respeto a morte e ninguén quere chegar a ese punto da vida nunca, pero seamos sinceros, o ser humano non vivirá por sempre por moita ciencia que haxa. Nacemos para morrer.

faa-laurar-
ey
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 7, 2014, 21:20

O feito de poder de vivir eternamente na mocidade sen chegar a vellez sería como alcanzar a inmortalidade, algo que causaría serios problemas para o noso planeta.
Ben e certo que a medicina rexenerativa é todo un avance, pero a situación de acadar a inmortalidade é un serio problema. Non saberíamos que facer con un mundo sen morte. Non teríamos espazo suficiente para albergar a toda a poboación, nin suficiente produción de enerxía eléctrica,…

faa-manuel-
cacabelos
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 7, 2014, 23:07

Citado de faa-marcromero en June 5, 2014, 14:08
Cando lin o tema que plantexa Marcos veume á cabeza a inmortalidade dos elfos no mundo de Tolkien. Se tomamos como exemplo ditos seres mitolóxicos e poñemos aos humanos no seu sitio, os seus problemas serian os mesmos. Na historia do Señor dos Aneis os elfos víanse obrigados a partir en barcos ás Terras Imperecedeiras para evitar a superpoboación na Terra Media. Se os humanos fosemos inmortais non teríamos esta opción de irnos a outras terras, a non ser que saíramos do planeta, por exemplo a Marte. O cal non está ao noso alcance agora mesmo aínda que non descarto que esta opción sexa posible no futuro.

Non creo que os elfos marcharan pola superpoboación, pero indo ó tema, estou dacordo con Marc ( aínda que o exemplo non me pareza o correcto ). A superpoboación sería un gran problema, os seres humanos teriamos que baraxar a posibilidade de habitar novos lugares para vivir, como en "El Señor de los Anillos" como di Marc

faa-ricard-
op
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 8, 2014, 15:00

Eu conclúo que, de pasar o de ser inmortal, habría unha superpoboación, pero consigo, tamén habría un elevado consumo de osíxeno (O2), deixando en desequilibrio ó planeta, xa que fora así, as prantas non producirían suficiente osíxeno para "alimentar" a todos os seres vivos de vida interminable, polo que non estou de acordo co de ser inmortal, pero sí con prolongar a vida humá uns cantos anos máis sobre a idade medida de mortalidade, sobre 80-90 anos, podendo vivir, uns 130-150 anos, sendo un supor, xa que a mediciña ten moito camiño recorrido, pero aínda lle queda outro tanto, ou incluso máis.

fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 8, 2014, 16:42

Estaría moi ben iso de ser un adolescente toda a vida, pero a longo prazo, traería problemas. Cambiamos o físico das persoas pero non a mentalidade, e como vai ser? Vivir nun corpo de adolescente coa mentalidade dun avó? Respecto ó que din os meus compañeiros de que non habería espazo para todos, estou dacordo. Se todos somos inmortais, onde vai vivir todo o mundo? E quen se permitirá esas rexeneracións? Pois a xente con maior poder adquisitivo, o que vai supoñer que a poboación mundial se divida en ricos inmortais e en pobres que por non poder pagar os tratamentos, morran sen máis, cousa que baixo o meu punto de vista, non é xusta de ningunha maneira. Por outra banda, a mediciña rexenerativa é un grande avance para curar certas enfermidades ou como ben expón Marcos, transplantar rils ou incluso corazóns. Isto permite que moita xente xoven ou nenos, non morran prematuramente e poidan gozar dunha calidade de vida igual que a que teñen as persoas non enfermas.

faa-sergio-
serantes
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 8, 2014, 17:43

Penso que antes de buscar poder vivir para sempre sendo mozos, deberiamos centrarnos primeiro en erradicar ameazas tales como enfermedades e falta de alimento que afectan, sobre todo, aos países pobres que conforman o terceiro mundo. Se ben sería un luxo poder vivir una eterna xuventude, penso que é prioritario garantir un estilo de vida digno e saudable a todos os seres humanos de tódolos países do mundo sobre acadar a vida eterna nun estado de luxo para uns poucos.

fab-andrea-
brea
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 8, 2014, 19:25

Dende o meu punto de vista, a búsqueda da eterna xuventude non é unha das prioridades nas que se ten que centrar a ciencia nestes intres. O feito de que a xente pase dunha gloriosa xuventude, chea de vitalidade e axilidade, á unha etapa onde os nosos compoñentes se deterioran pouco a pouco, non é fácil;todos quixeramos poder vivir eternamente nos nosos anos de xuventude. Á hora de seren realistas, non é unha visión xusta. Nos tempos que estamos a pasar, a ciencia debería de estar centrando os seus recursos en atopar curas contra enfermidades que quitan a vida a un porcentaxe elevado da poboación mundial cada día, polo simple feito de que, coa búsqueda da eterna xuventude, búscase o prolongar unha vida sá, e o feito de buscaren curas a enfermidades de grande calibre, prolongarían vidas que se daban por perdidas.

faa-igonza-
lez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 8, 2014, 22:17

Vendo tódolos comentarios dos meus compañeiros, podo dicir que o meu comentario do outro día, non é moi alonxado a con respecto a eles. Simplemente, a xuventude tense que aproveitar para non tirala pola fiestra. Con esta frase feita refírome a que hai que intentar vivi-la vida ó máximo posible sen ter que preocuparse de nada que non nos faga falta ou que nos sobre. O que hai que facer é intentar vivir os mellores momentos que poidamos ter en toda a nosa vida, e intentar olvidar os malos ou, polo menos, intentar borrar tódolos malos momentos ó máximo.
Sinceramente, ter que repetir a miña xuventude seguido, sería moi frustrante, debido a que non podemos facer certas cousas e non te miran igual, porque si eres unha persoa maior de idade (+18) pódenche mirar diferente, pero si non tes un certo nivel de responsabilidade, non poderás conseguir nada serio na túa vida (co de mirar, refírome a que as persoas trátante de distinta maneira).

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 8, 2014, 23:00

Eu penso que, vendo a velocidade á que está avanzando o mundo durante os últimos anos, a idea de alcanzar a xuventude eterna, non só vai a estar na nosa imaxinación, senón que tamén será un feito palpable, dentro da realidade. É certo que se esto ocorre teremos que solucionar algúns problemas que xa se citaron en comentarios anteriores, pero, persoalmente teño curiosidade de ver como sería vivir nun planeta difernte ao noso no caso de que houbera superpoblación, coma Marte, e de como nos arranxaríamos para adaptalo a nós.

fab-angelp-
ineiro
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 8, 2014, 23:58

A ciencia e o seu potencial é algo incrible, diso non hai dúbida.

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.101 segundos.

Os comentarios están pechados.