Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Eterna xuventude TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Eterna xuventude
on: June 2, 2014, 18:36

Algún de nós pensaría seguramente na xuventude eterna, poder vivir os 18 anos unha e outra vez e gozar dunha boa condición física para sempre. Xa que envellecer supón unha serie de procesos de deterioro paulatino de órganos e as súas funcións mentres que a xuventude é o momento onde máis fortes son eses órganos. Qué vos parecería se sempre un mozo/a?
O envellecemento supón unha perdida paulatina de células tecidos e órganos, actualmente se perdes un ril, transplántancho e podes vivir uns anos máis, se perdes o corazón tamén o poden facer pero aínda que te transplanten algúns órganos morrerás igualmente debido ó deterioro do teu cerebro, os teus músculos, os teus ósos, etc. Aquí entraría a medicina rexenerativa, con ela, como ben di o nome, podemos rexenerar calquera órgano ou tecido a partir de células do noso corpo. Collendo unhas células e facendo que estas volvan a ser células nai, é dicir, que se desespecialicen, poden crearse máis e máis células que se as especializamos pódense crear órganos, é unha especie de clonación. Os experimentos con esta medicina avanzan cada vez máis, pouco a pouco vanse conseguindo máis e máis logros, de feito, xa hai cultivos de orellas humanas en ratos preparadas para transplante e xa se conseguiron crear pequenos órganos. Isto plantexa a idea de que nun futuro “cercano” poidamos rexenerar cada un dos nosos órganos e tecidos superando o envellecimiento, xuventude eterna. Pero é isto bo?

Autor: Marcos Daporta

http://2.bp.blogspot.com/-ySCpczGFgxU/Ug-U70n5JtI/AAAAAAAABiI/qBA3SUoo_OE/s1600/ni%C3%B1a+con+oreja+creada+en+el+lomo+de+un+raton.jpg

fab-noerod-
riguez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 2, 2014, 19:26

Polo que conta Marcos, parece que queiramos atopar unha cura contra a vellez coma se fose unha enfermidade. O envellecer non é unha enfermidade, polo tanto non se pode curar. O envellecemento é un fenómeno biolóxico que causa que o noso organismo vaia debilitándose por momentos para posteriormente morrer. É como unha pila de gran duración. Curar esta "enfermidade" querería dicir ter control total sobre a condición da vellez. É como se tiveramos un resfriado e queremos solucionalo. De todas formas, podemos vivir con este sen que mate xente, cunha medicación adecuada. O que di o foro é que isto non se refire a deter a vellez, se non revertila. Para isto, habería que levar á persoa a un estado onde non sofra ningún tipo de doenza e mantela nese estado. Pero isto pode facer que este tratamento haxa que pagalo toda a vida. Polo tanto, sería moi custoso.

fab-noerod-
riguez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 2, 2014, 19:39

Outro fallo que atopo á "xuventude eterna" sería que a poboación mundial non faría máis que crecer sen parar chegando a un punto no que non haxa suficiente para manternos a todos. Faría falta crear máis postos de traballo, máis comida para abastecer a todo o mundo, máis gastos en mediciña , máis electricidade para todo o planeta... E pode que non todo o mundo estivera capacitado para aumentar a producción. Escasearían máis os postos de traballo e precisaríase máis espazo para tanta xente, polo que teriamos que colonizar outros planetas para conseguir máis espazo. Por suposto, estes son problemas que se producirán a longo prazo, pero máis vale ser precavidos.

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 2, 2014, 20:23

A xuventude eterna, tal e coma a presenta Marcos, semella máis ben un método para alcanzar a inmortalidade, e isto suporía grandes consecuencias a nivel social e demográfico. Primeiramente, só unha pequena parte da poboación (a máis rica) podería permitirse este tipo de transplantes, porque uns órganos e texidos novos non son adquiribles de balde. Como consecuencia, a sociedade converteríase nunha de libro ou película, onde só uns poucos son os privilexiados que viven máis e mellor (isto, alomenos, nos sistemas capitalistas, onde destaca a ausencia da igualdade de oportunidades). En adición, a pesar de que a idea da eterna xuventude é agradable para todos, o seu principal efecto, a sobrepoboación, non o é. Ademais, como apunta Noé, os recursos da Terra son limitados, e cada vez precisariamos máis. Non obstante, isto pode ser solucionado mediante a colonización doutros planetas do Universo, unha vez que as investigacións nese ámbito, que cada vez parecen máis factibles e próximas, prosperen.

fab-alejan-
drocosta
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 2, 2014, 20:32

Eu creo que poderiamos alargar algo máis a nosa vida, pero a xuventude eterna é algo inviable, polo simple xeito de que si a xente nace pero non morre chegara un momneto que non haiga espazo suficiente para todos, comida para todos, traballo para todos etc. Por outra parte estaria ben non morrer, aguantar nesta vida moitos anos, ver crecer aos nosos fillos, netos, bisnetos...
Tamén supoño que estes transplantes só estaran ao alcance de uns poucos porque imaxino que serán moi caros e non todo o mundo podrá permitilo.

fab-manuel-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 2, 2014, 21:24

Voar como unha águia,ter tanta forza que podes romper un muro cun só dedo,dar a volta ó mundo en tres segundos,vivir eternamente... Parémonos neste último "súper poder" que,novamente,a ficción supera a realidade e parece ser que nuns anos,e por suposto cós novos avances na mediciña,sería posible,basándose no recambio de tecidos e células por outras novas que permiten vivir uns años máis,e así progresivamente. Esta técnica seria asequible para as clases máis ricas,xa que supondría un tratamento deste tipo un elevado coste que sólo poucas persoas poidan permitirse. E se fora tan barato que todo o mundo podría permitilo? Pois traería unhas graves consecuencias a medio e largo plazo: o mundo sería unha sociedade "avellentada",polo que a poboación aumentaría considerablemente. As reservas naturais,os alimentos,incluso o espazo non sería suficiente para satisfacer as necesidades de todos. As ciudades medrarían,e como consecuencia disto,a contaminación... E... Estas causas teñen que ser a solución para que non se fagan estés tratamentos? Non. Poderíase seguir investigando nos laboratorios,e probar con animais,para solucionar problemas de perigo de extinción,ou animais que por culpa do
Calentamento global estanse a reducir a sus esperanza de vida. Como todo neste mundo,podería aplicarse no seu uso correcto.

fab-yamila-
yelpez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 2, 2014, 23:31

Se falamos de ambición humanas, claramente a eterna xuventude é das primeiras. Non obstante, realmente quen quete vivir eternamente? A chispa da vida é vivir plenamente os anos que tes e envellecer co teu corpo.
Dende outro punto de vista, certas persoas calificadas como narcisistaa non querrían máis que arreglar as suas faccions cada vez que poidan. Por outro lado, a rexeneración de celulas é boa para outras causas, como poden ser a cura de quemaduras ou cicatrices cutáneas ou axuda para os órganos que sofren algunha enfermedade que non ten que ver co envellecemento humano.

fab-marcos-
daporta
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 2, 2014, 23:37

Esta mediciña e o plantexamento do foro é ver ás persoas máis como máquinas ás que se lles pode cambiar unha peza se se "cascan". Algo parecido ocorre na película "La isla" que botaron hai pouco, neste filme creábase unha sociedade de clons feitos para que se nalgún momento un dos contratistas necesitaba un transplante só tería que quitarllo do clon. Así estes contratistas alcanzaban unha saúde óptima sen esforzo. Sería o mesmo pero sen usar clons totales se non só usando tecidos. Aínda que o poida parecer, non é unha idea disparatada e pode que sexa viable, mais, ten moitos inconvintes como xa citaron, como a sobrepoboación.

fab-anaoub-
ina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 09:57

Os investigadores teñen ante si moitos retos, como mellorar a calidade e a vida dos órganos transplantados, minimizar os efectos secundarios da medicación e coñecer mellor os factores que inflúen na compatibilidade e o rexeitamento dos enxertos. As novas técnicas de medicina rexenerativa deberán axudar, nun futuro próximo, a rexenerar órganos e tecidos, en lugar de transplantalos.
O século XX foi o século do desenvolvemento dos transplantes, de cadáver e de doador vivo. O século XXI será o século dos transplantes de órganos artificiais ou de órganos xerados a partir de células do noso corpo. Tamén será o século no que moitas persoas vivirán máis de cen anos. A expectativa de vida sitúase actualmente sobre os 82 anos e considérase que, probablemente, no ano 2050 viviremos arredor dos 90 anos. Presumiblemente, para finais do século XXI poderemos alcanzar o que actualmente se considera o límite biolóxico da vida, que é arredor dos 110 anos. Se é sen necesidade de transplantes, moito mellor.

fab-raquel-
oliveira
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 09:58

Na miña opinión sería xenial poder vivir sempre na xuventude,pero así como envellecer ten as súas cousas malas,como o deterioro dos organos,do noso aspecto, das capacidades físicas que antes tíñamos e iremos perdendo,tamén ten o seu lado bo,porque cos anos a xente enriqquécese de sabiduría, e se quedamos semprpe na xxuventude quedaríaamos nesa etapa idílica das nosas vidas e non aprenderíamos o que a xente mallor aprende coas adversidades que teñen en cada periodo da súa vida.
Eu opino que sería bo poder vivir todo o tempo do mundo,pero, se xa vivi para sempre a xente non poderían ter fillos,porque o mundo ten un determinado espazo e non colleríamos todos, porque a xente vai morrendo e deixando oco aos nenos que nacen,pero si nadie morre,e seguen nacendo nenos, non habría espazo para todo o mundo.
En definitiva, estou de acordo en que a ciencia investigue e descubra todo canto poida,pero que deixe seguir o curso natural da vida.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.129 segundos.

Os comentarios están pechados.