Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Eterna xuventude TEMA CERRADO
fab-javier-
carou
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 10:06

Sinceramente creo que vivir eternamente é en parte unha mala idea xa que a Terra estaría cada vez máis chea de persoas e polo tanto non habería recursos suficientes para satisfacer as nosas necesidades. Por outra parte, o envellecemento é un proceso natural que antes ou despois acabará por chegar a tódalas persoas inevitablemente e non creo que se poida curar coma se fose un simple resfriado.

fab-beatri-
zcasal
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 10:07

En canto a xuventude eterna eu considero que non e posible, polo simple feito de que hai que ir deixando espazo para próximas xeracións, e como apunta algún compañeiro se non se more e o ser humano se segue reproducindo haberá un tempo no que non haberá espazo para todos, comida, etc. Eu considero que envellecer non é tan malo posto que é un proceso mais que vivimos ao longo da nosa vida e a pesar de que non nos guste en moitas ocasión, iso esta na nosa naturaleza.
Eu considero que non debemos ser ambiciosos e pensar só en nós, tamén hai que pensar no futuro das novas xeracións

faa-begona-
suarez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 10:08

Considero que non estaría mal alargar uns cantos anos a nosa vida, pero non ser sempre mozos. O proceso de envellecer é unha condición que debemos vivir, sexa máis tarde ou máis temprano. Todos temos que ser nenos, mozos, adultos e persoas maiores algunha vez, non nos podemos quedar só na xuventude.
A medicina rexenerativa é un gran avance para que as persoas ás que lles falta calqueira órgano poidan dispoñer doutro, pero por necesidade (o que me parece moi apropiado) e non por querer ser xoven durante moito tempo. Outro factor que cabería destacar sobre este tipo de mediciña, é que tería un gran custo.

fab-daniel-
baulo
Newbie
Mensajes: 2
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 10:25

A medicina rexenerativa é un campo emerxente e interdisciplinario que ten como obxetivo a reposición ou rexeneración de células de texidos u órganos dañados estructural e funcionalmente.
Existen posibilidades reais para realizar a rexeneración de órganos completos, pola contra, hai que ser moi coidadosos, xa que a rexeneración entre os distintos tipos de órganos cambia moito, polo que a perspectiva teórica, metodológica e ética é diferente.

fab-iriama-
rtinez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 15:31

Posiblemente a maioria da humanidade desearía non morrer nunca,vivir para sempre,que a simple vista,parece todo un logro positivo,sen prexuizos,pero a largo plazo,esto supondrá unha chea de problemas que poden desembocar na perdición da humanidade:se os tratamentos foran asequibles para todo o mundo,sen dúbida a maior parte da xente implicaríase neste proceso de rexurdimento de células,a esperanza de vida de todo o mundo incrementaríase,o que se correspondería nun avellanamento da poboación,e aumento do número de habitantes en milleiros. Na hora de abastecer este número enorme de habitantes,empezaría aparecer os problemas de comida,xa que os productos alimenticios non darían para todo p mundo. O espazo nas cidades non serían suficientes,polo que tería que ampliarse as cidades,feito directamente proporcional cá disminución do entorno natural,que tamén provocaría un incremento da contaminación. En poucos anos viviríamos unha situación de sobrepoblación e de contaminación,os Gobernos empezarían a tomar medidas de natalidade,e quen sabe,a formación de novos países nos bosques,...

faa-ricard-
op
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 16:30

Penso que non estaría ben vivir eternamente, xa que todos o queremos, polo que é necesario afrontar a morte, xa que de non ser así, a Terra non tería o espazo suficiente para albergar a tanta xente, cousa que sería moi mala.
A parte diso, se houbera máis habitantes por metro cadrado, habería consigo maior contaminación, o que incrementaria de xeito aplastanteo efecto invernadoiro, por outra banda, estou de acordo na continua investigación da ciencia, e que descubra todo canto poida, pero o curso natural da vida, polo contrario é a morte, é triste pero é así.
"Nacemos para Morrer", como dixo un gran científico, polo que conclúo que está moi ben iso da inmortalidade, pero non, grazas.

faa-sergio-
serantes
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 16:44

Persoalmente, sería maravilloso poder vivir tendo sempre o aspecto dun adolescente ou dun mozo, pero a xuventude é para min máis unha cuestión mental e sentimental que física. Así, malia que o noso corpo puidera ser sempre o dun mozo, non volveríamos atrás no tempo, e non seríamos máis xoves, senón que envelleceríamos e maduraríamos manténdonos saudables e con aspecto xuvenil. De todos modos, eu aceptaría de bo grado poder vivir unha vida eterna en plenitude de condicións.

fab-elisap-
erez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 17:24

Esta noticia pode resultar atractiva a simple vista, mais non creo que este método sexa eficaz. Moita xente pensará que é unha boa idea, pero todos sabemos que a "eterna xuventude" provocaría un aumento da poboación, o que faría que houbese menos recursos ou menos postos de traballo, o que lóxicamente non é nada bo. Baixo o meu punto de vista, non se debería aplicar este tratamento, xa que só traería consigo efectos negativos para a sociedade, e a min, persoalmente, tampouco me gustaría vivir eternamente.

faa-laurap-
az
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 17:52

Non estaría nada mal alargar por un pouco tempo máis a nosa xuventude, ao fin e ao cabo moita xente a considera como a mellor etapa da nosa vida. Pero realmente, o de vivir xoven eternamente non o considero unha moi boa idea, como xa citaron anteriormente algúns compañeiros, sona un pouco egoísta pola nosa parte, xa que o feito de envellecer é cousa da natureza e que lle ocorre a todo o mundo, e ademais, este proceso de rexeneración dos órganos só o podría permitir xente con moi bo presuposto, e polo tanto, non estaría ao alcance de todos. Outro inconvinte, tamén moi razonable, é o caso da sobrepoboación, a vida na Terra sería moi complicada.

faa-manuel-
cacabelos
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Eterna xuventude
on: June 3, 2014, 18:13

Na miña opinión, calquer tipo de avance médico é bo e representa algo positivo, poder xerar novos órganos sería unha gran vantaxeno ámbito médico, poder curar calquera enfermidade é sempre unha boa noticia. Pero opino que o de non envellecer non será de todo bo. Todos temos que pasar por todas as etapas da vida, boas ou malas, e non evellecer está moi ben, pero si esto supon no morrer non me parece que sexa o correcto, creo os seres humanos como todo ser vivo ten un tempo para vivir a vida e disfrutala pero en algun momento haberá que acabar.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.072 segundos.

Os comentarios están pechados.