Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11 12 >> Last
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
fab-angelp-
ineiro
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 23:22

E centrandome máis no documental, si, coincido no que o eslogan di. Non temos por que nin debemos reprimir e capturar un ser vivo maior que nós mesmos, pero tampouco temos porque facelo cos seres vivos que son menores que nós.

faa-sergio-
serantes
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 29, 2014, 01:07

Penso que nin os simios nin as orcas teñen un tamaño e unhas condicións de vida que os fagan os idóneos para ser recluídos en xaulas, xa que son dúas especies cunha gran importancia da vida social no seu desenvolvemento, e o vérense illadas e cortadas as súas relacións con outros membros da súa especie, non están en plenitude de condicións, e téñense que ver moi afectadas.

faa-nicole-
corbacho
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 29, 2014, 02:10

Doulle a razón a sergio, tanto os simios como as cortas en comparación con paxaros non deberían estar en zoológicos dado polo seu comportamento para controlalo, e tamén o seu tamaño. Estes non teñen a mesmas capacidades ca un paxaro, son diferentes ao relacionarse con outra especie.

fab-martar-
odriguez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 29, 2014, 11:43

Na miña opinión estou totalmente de acordo cos meus compañeiros nin os simios nin as orcas son animais para estar nun zoolóxico,xa que ese non é o seu hábitat natural, non son eles mesmos a hora de relacionarse e despois queixámonos de que algunha especia desaparece.

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 29, 2014, 12:14

Na miña opinión o caso dos circos pódese semellar bastante co das orcas, porque o tipo de animais que soen ter neses espectáculos (elefantes, tigres...) tamén son animais salvaxes ó igual cás orcas. Cázanse para poder facer un espectáculo que ,non nego que non impresione, pero non creo que o espectáculo sexan un hábitat axeitado para ningún animal. O caso dos delfinarios tamén se asemella xa que ambos fan un espectáculo semellante aínda que os delfíns non sexan tan feros coma as orcas. Aínda así seguen a ser animais que non deberían vivir enxaulados ou en acuarios.

fab-sporto
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 29, 2014, 12:48

A última pregunta que Víctor nos fixo pode traer moitas opinións incluso chegar a discursións. Na miña opinión todos os animais que menciona están enxaulados.
- En primer lugar, os paxaros enxaulados, hai paxaros que son criados en cativerio e están acostumados a tratar con persoas. Se algún día a estes paxaros lle désemos liberdade acabarían morrendo dado que están acostumados á vida nunha gaiola e non a liberdade. Despois hai outro caso, se o paxaro enxaulado resulta ser un paxaro que antes estivera en liberdade estariamos a falar dun caso distinto xa que o paxaro está tendo uns certos límites, como voar, mentras que antes estes facíano.
- En segundo lugar, no caso dos circos con animais, todos sabemos que os animais que están no circo por moi ben que aparenten estar isto é incorrecto xa que en realidade estos animais están vivindo en condicións moi miserables. Están en xaulas a maior parte do tempo, onde a limpeza non é moi boa nestes casos. E os animais como ben sabemos están sendo maltratados.
- En terceiro lugar, no caso dos delfinarios, manter un delfín en cativerio supón que chegarían a vivir ata 20 anos menos que un delfín en liberdade según o que investiguei na internet. Outro factor e que nos delfinarios, os delfíns fan idas e voltas nun espazo moi reducido no cal o poden percorrer en moi pouco tempo. E por suposto a auga con cloro é mala para os delfíns xa que esta auga acaba provocando enfermidades da pel e problemas respiratorios.
- En cuarto lugar e o último, o caso das touradas. Este é un tema moi debatido actualmente. Está claro que os touros sofren e que as touradas representan a España, entón estamos a falar por un lado da tradición e por outro o sufrimento que pasan estos animais. Hai moitas opinións a favor e en contra deste tema, e eu son unha das persoas que está en contra destas corridas xa que non hai que facer sufrir a un touro, neste caso, para divertirse e que sexa unha tradición. Estes touros están encerrados nun lugar moi pequeno e as oscuras no cal é normal que salgan aturdidos.

faa-martin-
losada
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 29, 2014, 13:05

Creo que non deberían de manterse as candorcas en cautiverio, xa que son animáis e como calquer outro tipo de animal debería estar en liberdade e non ser "esclavas" de ninguén, xa que a nosa especie non debería querer controlar o resto de especies por mera diversión e como fonte de espectaculos para grandes parques, que se podería decir que son unha empresa, que como toda empresa busca un fin económico.
Ao que o eslogan se trata creo que e axeitado pero tamén un pouco incompleto xa que con el mosa a cara de que pode causar perigo a un ser humano pero creo que non reflicte do todo que as candorcas son baleas de inmenso tamaño que pasan de vivir nos grandes océanos do planeta a vivir nun tanque de auga. Facendo unha pequena comparativa sería algo parecido a encerrar a un ser humano nunha carcere sin motivo algún.
Tamen fai mención a que algunhas persoas defenden isto decindo que é algo necesario para o estudo das candorcas telas nun tanque, e creo que é unha postura totalmente erronea, xa que non podemos estudiar como é a súa vida en realidade, nin as adaptacións ao medio que lle proporcionou a evolución, e creo que estudalas en liberdade non debería supoñer un gran problema cos avances tecnolóxicos que temos hoxe en día

faa-alicia-
feijoo
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 29, 2014, 17:00

Na miña opinión estou de acordo co eslogan da pelicula, xa que moitos dos animais que estan en parques mariños non están no seu habitat natural e isto si lle pode producir males aos animais, pero tamén en ocasións, estar en acuarios tamén lle pode chegar a salvar a vida. Eu non estou de acordo con que os teñan ahí para espectáculos e cousas semellantes pero en moitos lugares utilizan estes sitios para seguir un recoñecemento dele e en ocasións cando teñen algunha enfermidade poder curalos pero sempre que logo os devolvan ao seu habitat natural e non os deixen alí, porque apesar de que o animal se acostum ó trato coa xente, este non deixa de sser un animal salvaxe.

faa-adrian-
martinez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 29, 2014, 18:47

Paréceme unha barbaridade as condicións nas que eses animais son obligados a vivir, pero paréceme aínda peor que se lle bote a culpa a eles polos seus actos, cando está claro que se a candorca non estivera en cativerio, eses " asasinatos" ( suicidio, diría eu) nunca terían lugar.
Penso que sacar aos animais do seu hábitat é un erro, e se se fai por negocio como é o caso de cando se adestran delfíns ou similares, debería estar incluso penado.

fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 29, 2014, 19:39

No caso dos paxaros enxaulados, se se quere amosalos á xente e ao mesmo tempo en liberdade, poderíase facer un tipo de cúpulas, coma unha que se atopa na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia, onde os paxaros voan en maior liberdade. Os circos con animais creo que é algo que debería estar totalemente prohibido, xa que os animais son mantidos en xaulas moi moi pequenas e os seus procesos de adestramente soen ser moi duros. En canto aos delfinarios, creo que se se manteñen en espacios grandes e se lle presta a atención necesaria, non teñen ningún problema. E para rematar, as touradas paréceme que é algo incrible para que suceda no siglo no que vivimos, pois non só se manteñen animais encerrados, senón que se matan, e o espectáculo non é amosar touros facendo acrobacias como no caso dos delfíns, o espectáculo é ver a crueldade humana hacia os animais, sen ningún pudor, e iso para min non é espectáculo. As touradas deberían estar totalmente prohibidas, non vexo ningunha arte nin ningún talento nos toureiros e tampouco entendo a diversión da xente que acode a velo.

Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11 12 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.095 segundos.

Os comentarios están pechados.