Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 8 9 10 [11] 12 13
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
faa-laurav-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 30, 2014, 16:56

Na miña opinión, calquer tipo de animal que non estea en liberdade sofre. Os animais enxaulados viven unha sitación constante de estrés que afecta á súa vida tan drásticamente que lles fai perder o pelo, rotura dalgún dos seus membros por golpes coas xaulas ou graves enfermidades mentais. Ademáis algúns animais son difíciles de manter en cautiverio, coma neste caso, requiren grandes espacios e teñen un temperamento xa que viven estresados. Estes animais tardan en acostumarse ó cautiverio ou non chegan a facelo realmente. Ás veces reaccionan con agresividade á súa manipulación, poñendo en perigo ós seus coidadores. Ademáis cando non lles damos as condicións que necesitan para vivir, estámoslle restando parte da súa vida e, en poucos meses algúns chegan a morrer.
Eu creo que un animal que naceu libre debe seguir sendoo, non temos dereito a quitarlle a súa liberdade se non contamos cun motivo realmente importante.

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 30, 2014, 17:28

Citado de fa-victor en March 28, 2014, 17:14
Seríades capaces de poñer algún límite para os seguintes casos:

  • Paxaros enxaulados
  • Circos con animais
  • Delfinarios
  • Touradas
  • Poderiades facer diferenzas entre estes casos?

    A verdade e que todos os exemplos aquí citados son comúns na actualidade. Non obstante hai algúns cos que non estou de acordo. Como xa citei antes, hai animais que se acostuman máis e outros menos ao cativerio, os que máis se acostuman son aos que nos chamamos "domésticos", e en certo modo non estaría tan mal o seu cativerio en comparación con outros casos, aínda que como xa dixen antes tamén, sempre nunhas boas condicións. Partindo desta base non vexo mal o dos paxaros engaiolados, aínda que son máis bonitos no aire libre. No referido aos circos ou delfinarios, ou tamén os zoolóxicos, estaríamos volvendo ao caso de que sacas os animais do seu mundo natural e iso causaría trastornos na súa vida. Pero o que si que non me gusta nada son as touradas, véxoas unha animalada, e nunca mellor dito. Neste caso non so observamos un caso de retención de animais se non que observamos un caso no que eses animais son asasinados sen razón aparente. Creo que neste mundo temos moito que aprender dos leos e dos tigres, cando están na sabana, rodeados de antílopes e non os atacan, so cando teñen fame, para sobrevivir, e non matan por vicio como fan algúns humanos coas cazas sen control, que en moitas ocasións acaban coa poboación dunha especie levándoa á extinción.

    fab-aldara-
    muniz
    Newbie
    Mensajes: 5
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 17:39

    Pois eu non estou dacordo co eslogan. Que un animal estea nun zoolóxico non significa que o maltraten. Os animais teñen que ter liberdade, eso por suposto, pero se están nun lugar adecuado e ben coidado, que problema hai en telo aí para ser mostrado a persoas que ao mellor nas súas vidas non poderán ter a oportunidade de poder contemplalos? Ás veces, ter animais en cautiverio significa salvar a especies que ao mellor poden estar en perigo de extinción, ou protexelos dos furtivos. O que a min me parece mal é que os obriguen a ser "monas" de circo, só para os espectáculos e para poder entreternos a nós. Unha cousa é capturalos para investigación, e outra é usalos e entrenalos para facer trucos absurdos.

    fab-robert-
    opineiro
    Newbie
    Mensajes: 5
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 18:07

    A canorca veuse acorralada polos cutivadores e defendeuse como puido, na miña opinion fixo ben e coma si a un de nos nos quixeran secuestrar, tomdos nos defenderiamos. Esto e como se secuestran a un de nos, unha vez secuestrado temos que obedecer as súas ordes, e si non o facemos buscaran un castigo, sobre todo un casigo físico. Penson que ninguen de nos gustaria que o secuestren e deixar de dominar a súa vida para que outros a dominen por ti.

    fab-elisap-
    erez
    Newbie
    Mensajes: 7
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 18:36

    Non temos dereito a quitarlle a liberdade a ningún animal. Todos os animais, sexan mamíferos ou sexan aves, teñen todo o dereito do mundo a vivir en liberdade e a non ser manipulados. Encerrar a un animal e sometelo a duros esforzos trae malas consecuencias. Por outra parte, eu estou dacordo con Aldara no tema dos zoos. Que algúns animais estean no zoo, non quere dicir que sexan maltratados, xa que poden vivir en espazos abertos, e en boas condicións. Supoño que, como en todo, non é todo blanco ou negro.

    fab-jorgeg-
    onzalez
    Newbie
    Mensajes: 4
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 19:12

    Non me parece nada ben iso. Creo que non se debería capturar a ningún animal e a morte desas persoas é a prova. Cantas posibilidades hay de que ese animal matara a alguén estando en liberdade? Eu creo que ningunha, cousa que non pasa por tela encerrada.

    fab-aidago-
    nzalez
    Newbie
    Mensajes: 14
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 19:19

    En canto ás touradas, dos casos que nos puxo Victor é do que máis estou en desacordo. Non me parece normal que se críen uns animais para que sexan maltratados enfronte a un púnlico que está ilusionado, gritando e pasándoo ben mentres sofren. Polo menos estes animais non están indefensos e de vez en cando mételle unha cornada ao toreiro. Isto non se deixa de facer por que se leva celebrando dende fai moito tempo e a xente di que é cultura, pero na miña opinión, un espectáculo onde sofre un animal ou persoa non se debería considerar ningunha cultura xa que o maltrato non é ningunha arte.

    faa-marcro-
    mero
    Newbie
    Mensajes: 5
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 20:03

    O habito de coller animais salvaxes para traelos a medios artificiais tipo zoos ou acuarios ten o seu orixe no "boom" naturalista dos séculos XVIII e XIX, cando a curiosidade dos cidadans europeos motivou a recollida de mostras zoolóxicas e botánicas dos lugares mais reconditos do globo. Pero xa na antiguidade os humans tiñamos o instinto de tratar de controlar a natureza. O problema é que este comportamente é completamente artificial e cando se trata de animais de gran embergadura (baleas ou elefantes) pode resultar perilloso. Polo tanto, é lóxico pensar que ocorran desgrazas.

    Tamén hai que ter en conta a labor de conservación, divulgación, protección e reproducción que desenrolan os zoos e acuarios para especies en perigo. Sempre e cando se faga ben e sen torturar ás criaturas. Así pois, eu non creo que se deban disolver ditos establecementos pero si que se deebn controlar mais para garantizar os dereitos dos seres vivos. Por exemplo, non me parece normal ter en cautiverio animais demasiado grandes xa que agás que se construan habitats proporcionais, non se fará mais que empeorar as consdicións de vida e estresar á bestia. Por iso, estou de acordo co eslogan.

    faa-adrian-
    martinez
    Newbie
    Mensajes: 7
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 21:03

    Citado de fa-victor en March 26, 2014, 17:26
    😉
    En xeral, as opinións que expresades no caso das orcas, van na liña de considerar o cativerio como algo negativo. Opinades o mesmo con respecto aos paxaros enxaulados? Credes que se debe facer diferenzas, á hora de falar de animais en cativerio, en función do tipo de animal de que se trate? É dicir; debería terse a mesma consideración con paxaros ca con Orcas?

    Eu opino exactamente o mesmo, iso non se debería facer con ningún tipo de animal, nin paxaros nin orcas nin ningún outro tipo de ser vivo. Creo que todos os animais deben ser considerados da mesma importancia nestos casos

    faa-adrian-
    martinez
    Newbie
    Mensajes: 7
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 21:07

    Citado de fa-victor en March 28, 2014, 17:14
    😉
    Seríades capaces de poñer algún límite para os seguintes casos:

  • Paxaros enxaulados
  • Circos con animais
  • Delfinarios
  • Touradas
  • Poderiades facer diferenzas entre estes casos?

    Eu creo que ningún dos catro casos debería ser legal, especialmente as touradas. Paréceme horrendo que o país no que me di un documento que pertenzo sexa recoñecido mundialmente polas súas formas de tortura animal. É vergonzoso canto menos.

    Páginas: First << 8 9 10 [11] 12 13
    Foro Mingle by cartpauj
    Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.093 segundos.

    Os comentarios están pechados.