Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10 >> Last
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
faa-laurap-
az
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 22:56

Aos animais, ó igual que as persoas, non lles gusta estar encerrados e ter que facer o que lles manden. En canto ás orcas, é moi cruel que as teñan en cautiverio xa que necesitan un lugar bastante amplio para poder nadar con facilidade e, aínda que o espazo sexa grande, non é adecuado o feito de que non poidan vivir en liberdade. Relacionado cos paxaros, tampouco me parece xusto ó igual que as orcas, pero tamén tendo en conta que hai moitos paxaros domésticos que xa estan acostumbrados a vivir en gaiolas. E aínda así, paréceme máis razonable, pero non menos cruel, ter a paxaros engaiolados, porque en relación ó tamaño necesitan menos espazo e un hábitat natural que é máis fácil de imitar. Polo tanto, si, penso que se deben facer diferencias á hora de ter a animais en cautiverio dependendo do tipo de animal que sexa, sobretodo polo lugar que necesita, que non sexa moi diferente ó seu hábitat salvaxe.
Aplicando o mesmo concepto aos simios, paréceme o mesmo razonamento, teñen o mesmo dereito igual que o resto de animais a vivir en liberdade, polo tanto é moi cruel engaiolalos.
Como tamén comentan algúns compañeiros, e estou de acordo, se un animal viviu en cautiverio desde moi pequeno, por exemplo nun zoo ou nun acuario, como está acostumbrado a que lle faciliten a comida e demais cousas se o devolven ao medio salvaxe non sabría defenderse por si só.

fab-anaoub-
ina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 00:46

Na miña opinión non me parece xusto que os animais salvaxes se encerren e se utilicen en espectáculos. Privar a um animal salvaxe da súa libertade e ocasionarlle sufrimento é algo moi inxusto e cruel. O feito de que un animal de tan grandes dimensións teña que vivir nun espazo tan pequeno pareceme espantoso, como é o caso da candorca que para reproducir o seu medio natural é comlpetamente imposible. Tamén estou encontra dos circos, acuarios... xá que todos sabemos que os animais están sufrindo e sendo maltratados. Na miña opinión poden existir un Circo onde soamente o home sexa o protagonista dos trucos e malabares pero non encerrar aos animais salvaxes xa que eso perxudícalles o seu estilo de vida. Ademais parece que en vez de mellorar as condicións, estas van a peor. Téñense publicado moitas noticias de moitos animais que acaban morrendo, por exemplo nun zoo de Suiza dous delfins morreron por unha sobredosis de opiáceos tras alquilar o recinto para a celebración dunha festa. Outro exemplo é o de dúas xirafas do zoológico de Lodz, que morrían por un ataque de extrés provocado pola visita nocturna duns vándalos, unha morte que nunca tiveran si vivisen no seu hábitat natural. E por desgracia, podría seguir nombrando casos indefinidamente. En España encóntrase 8 parques denunciados por maltrato animal. Deste xeito pareceme inconcebible que nos mintan e nos digan que estes animais non sofren ningún dano.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 01:10

O que ten de especial unha candorca ou un golfiño para o ser humano é que ambos son mamíferos mariños placentarios e coidan as súas crías e comparten vínculos familiares como a maioría dos mamíferos, que son familiares, é dicir, que se desprazan en familia ou en grupos máis grandes liderados por un dos da súa manda e que mesmo chegan a morrer por seguir ao seu, xuntos ata a morte.
Tamén teñen unha gran capacidade cerebral e o golfiño concretamente nunca durme debido a que divide o seu cerebro en dous hemisferios, e mentres que un hemisferio traballa o outro descansa e viceversa, desta forma non precisa durmir.

faa-manuel-
mourino
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 16:04

Eu creo que nos non temos o dereito a controlar os animais a o noso antoxo, e que os animais ao igual que nos son libres na natureza tanto mariña como terrestre e que incluso os animais teñen sentimentos e deberiamos empatizarnos con eles como nos empatizamos entre nos

fab-javier-
carou
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 16:37

Eu estou en contra da idea de capturar animais e encerralos en gaiolas ou acuarios para poder ter un espectáculo, por moi bonito que sexa. Deberían estar en liberdade, xa que a ninguén (persoa ou animal) lle gustaría estar preso en calquera circunstancia. En canto á historia desta balea que asasinou á súa adestradora, eu véxoo normal, xa que nalgún momento calquera animal se cansará do seu adestrador e das súas ordes. Finalmente tamén estou dacordo co eslogan do documental.

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 16:50

En canto ao eslogan do documental paréceme o máis axeitado, xa que describe o problema que ten a captura e exposición destes animais. Ao ser salvaxes non se poden adestrar por moito que se intente, poida que se lle poidan ensinar algúns trucos e a facer algunhas cousas como se soen ver neste tipo de espectáculos, pero nunca se van poder adestrar de todo, son animais salvaxes e iso non se pode cambiar. Nalgúns casos o animal remata cansándose de facer o que lle din e ataca aos entrenadores. Débese respetar a estes animais tal e como son, salvaxes.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 17:14

😉
Seríades capaces de poñer algún límite para os seguintes casos:

  • Paxaros enxaulados
  • Circos con animais
  • Delfinarios
  • Touradas
  • Poderiades facer diferenzas entre estes casos?

    faa-laurar-
    ey
    Newbie
    Mensajes: 6
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 28, 2014, 17:16

    Na miña opinión, penso que privarlle a liberdade a un animal salvaxe non é lícito, pois o único que lle ocasiona a este é sufrimento. Ao estar presos e en continuo contacto cos humanos, altérase o seus patróns naturais, provocando graves consecuencias como o extrés, cambios na súa conduta ou que incluso cheguen a esquecer como cazar, voar ou educar as súas crías.
    Tamén debemos ter moi en conta que, nos parques ou circos, todos os trucos que se lle ensinan ós animais, para o noso deleite, foron logrados mediante un duro entrenamento. As técnicas usadas para el son normalmente a privación da comida, drogas, sons fortes ou castigos físicos, o que levan a estes a enfermar tanto fisicamente como mentalmente.

    fab-beatri-
    zcasal
    Newbie
    Mensajes: 6
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 28, 2014, 18:13

    Eu como o resto dos meus compañeiros non estou a favor de captura de animais sexan cales sexan, e sobre todo para que nós poidamos gozar dunha actuación nun circo ou zoo sabendo que para que estes animais puideran realizar estas acrobacias foron maltratados. Na miña opinión eu considero que non se lle pode privar a liberdade a ningún tipo de animal posto que moitos destes animais sofren ao verse nun lugar tan reducido como é unha piscina, gaiola etc.

    faa-diegoc-
    ores
    Newbie
    Mensajes: 13
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 28, 2014, 18:21

    Na miña opinión o ter este tipo de animais, que non están acostumados a estar en contacto constante con humanos como os cans ous os gatos, non está ben. Crease un trastorno nese animar, porque a non ser que naza xa en cativerio (e aínda así)eses animais non se acostuman a estar encerrados e non ser libres, e perden os seus instintos animais, de igual forma que se uns ratos mutantes collesen un humano e o encerrasen nunha cova subterránea que onde non houbese máis humanos, ou iso penso eu. Moitos dos animais que nacen en cativerio ou os que levan moito tempo así non saben como cazar nin cousas polo estilo, de forma que se un animal destes o deixas libre morrería por non saber sobre vivir no seu entorno. Tendo en conta estes factores, normal que este animal do que se fala reaccione como reaccionou.

    Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10 >> Last
    Foro Mingle by cartpauj
    Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.117 segundos.

    Os comentarios están pechados.