Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 9 10 11 [12] 13
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
faa-manuel-
cacabelos
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 30, 2014, 22:56

Creo que sempre que se encerra a animais en espazos pequenos, iso é maltrato. Os gandeiros que teñen 300 animais en espazo para 200, iso tamén o considero maltrato, eses animais que son engordados con piensos, non os deixan moverse só para que pesen máis. Ou as vacas que son ordeñadas con esas maquinas, iso non é maltrato? Ás veces criticamos cousas que temos moi cerca. Creo que nungún animal merece o destino de estar encerrado sen poder moverse, ter para camiñar 2 pasos dende onde come ata onde durme. Iso tamén é maltrato.

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 30, 2014, 23:03

As touradas deberían estar totalmente prohibidas. No caso de zoolóxicos, delfinarios ou incluso circos, estamos a falar de espazos nos que ós animais se lles ofrece certos coidados e se lles provee con alimentos, se ben son entrenaados para levar a cabo algunhas exposicións ó público. Non obstante, as touradas son unha actividade concibida para torturar ós touros, e para maior ofensa, isto agrada a moita xente. Os depredadores matan para comer, non torturan ás súas présas; o ser humano, en cambio, ten a crueldade de torturar touros, facer disto unha actividade que a xente paga por ver e denomínala "arte". Eu non considero iso arte.
Os circos con animais normalmente ofrécenlles unhas condicións pésimas, pero é difícil prohibilos. Deberíase levar un control estricto sobre eles, polo menos. Algo semellante sucede cos paxaros que mantemos en gaiolas; estes están arraigados no comercio, pois en calqueira tenda de animais están postos en venta. Non sería doado unha prohibición destes. Os delfinarios, pola contra, manteñen ós seus animais dunha forma máis decente, pero é claro que as candorcas, especialmente polo seu tamaño, non están feitas para eses lugares e deberían vivir en cativerio.

faa-ricard-
op
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 30, 2014, 23:16

Eu penso que o eslogan utiliza as palabras correctas, Non collas o que non poidas controlar, xa que se esto, ten a oportunidade de danarte, farao.
Tamen penso que esta mal reter Ós animais en contra a sÚa vontade, xa que non son felices e isto condiciona a sua vida, podendo incluso acurtarllela, polo que defendo a súa liberdade, por un mundo mellor. E pra rematar, Nos anuncios mostrannos o incribles que son os animais dos zoos, que poden facer complicadas piruetas, Pero, De verdade o fan por gusto ou obligannos a realizalas a cambio dun premio (xeralmente comida)?

fab-yamila-
yelpez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 30, 2014, 23:18

Nos casos expostos, os límites están moi claros. Ningún deses animais pertence a ese sitio e xa está. As diferenzas, dende o meu punto de vista, son morais. Cando falamos de "paxaros enxaulados" imaxinome unha familia cun paxaro no salón, e evidentemente isto non é nin comparable a levar, por exemplo, un elefante metido nunha camioneta para facer números circenses por todas partes. Creo que o tema do circo é aínda peor que o das corridas de toros. Esto non quita que sexa un atraso social perpetuar o taurismo, pero despois de escoitar tantos debates entre taurinos e antitaurinos é un tema no que prefiro non indagar. E con respecto aos delfinarios, evidentemente volvemos ao tema do cautiverio e é algo do que personalmente estou totalmente en contra. A diferenza e que non é habitual escoitar que un delfín dun acuario foi maltratado, nin é algo de sabidoría popular como no caso do circo.

faa-manuel-
cacabelos
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 30, 2014, 23:39

Opino que non todo é branco é negro, pois ( aínda que as touradas parécenme unha verdadera barbaridade, e deberían estar prohibidas en todo o mundo), a vida dun touro dende que nace ata que entra nesa "sala de maltratos" é, dentro do que cabe, bastante boa, pois eles están nunha finca enorme onde poden correr libremente, pastar, comendo boa comida... mentres que os animais de gandería, están encerrados sen poder moverse , comendo piensos que so os engorda, para que en vez de poñer 1 ovo ó dia, poñan 2 ou 3, ou en vez de dar 1litro de leite, den 3...
Creo que deberíamos darnos conta de todo o dano que ó ser humano lle fai ós animais cos que convive.
Deberíase empezar por eliminar as touradas, e deseguido, usar especios mais grandes para que vacas, galiñas, obellas... podan ter un espacio onde desemvolver a súa vida.

fab-mmendo-
za
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 31, 2014, 11:10

Eu non estou de acordo con que teñan a estes animais encerrados, o igual que a un humano non lle gustaría estar nesas condicións, estes animais tampouco. Polo tanto non estou para nada de acordo con que estes animais estean encerrados nos acuarios. Pareceme unha aberración que a estes animais se lles obrigue a facer diversas actividades dos que son sometidos anteriormente practicamente a forza, eles son animais que teñen que vivir en liberdade e non para usalos con esos fins. Estou de acordo có titulo, malia que, non del todo. Porque se non o podes controlar pois non o captures, pero, opino que ainda que os sepas controar, eles seguen sendo animais que teñen todo o dereito do mundo a vivir en liberdade.

fab-raquel-
oliveira
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 31, 2014, 11:14

Estou totalmente en contra de ter ós animais encerrados, ao igual que os animais non creo que nos gustase vivir encerrado nuns metros cadrados.
O soño de moitas persoas é coñecer mundo e viaxar, a istas persoas o feito de ter que quedarse toda a súa vida nun determinado lugar e non poder sair de ahi, ter que comer ás mesmas horas de sempre e ter que comer o que che mandan é unha crueldadde, pero sen embargo cos animais si se fai, so se pode determinar a este feito como unha tremenda inxustiza.
O suceso de Blackfish no que un animal completamente salvaxe vese capturado e en certo modo humillado e dedícase a matar coidadores. É normal, os animais non razonan, guíanse por instinto e revélanse contra o que lles fai mal.

fab-tcores
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 31, 2014, 11:16

Persoalmente, o cautiverio das baleas ou de calquer outro animal pareceme outra maneira que teñen os humanos de estropear o que é a natureza en sí. Os animais non deberían ser cautivados, xa que necesitan o seu espazo na terra. Unha balea é do océano non dunha piscina tan "pequena" na que non poida ser libre. Para min, tanto os zoos como os acuarios son unha forma de ver unha cárcere de animais, soamente que neste caso os animais non fixeron nada para estar ahí encerrados.
Para min o ataque do que falan neste foro, foi un terrible accidente que non foi culpa de ninguén, pero aínda así, non me parece tampouco mal. Pode parecer que sexa un pouco fríbola neste tema, pero para min facerlle daño a alguén que te encerra e te acorrala como o fan os seres humanos cos animais dos acuarios ou zoos, non me parece mal, xa que como ben dí o eslogan, "non captures o que non podes controlar".
Creo que non se pode obligar a unha candorce a dar saltos nin facer piruetas tal e como fan.

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: BLACKFISH
on: April 1, 2014, 09:56

Estou moi de acordo co que comenta Manuel de que as granxas teñen moitos animais en moi pouco espazo. Por non falar de todo o pienso que se lles obriga a comer para que estén ben cebados e podelos vender así con maior facilidade. Un claro exemplo é o caso dos galiñeiros ou, mellor dito, paxarerías. Nestes lugares hai galiñas que viven durante meses nunhas xaulas que son pouco maiores do tamaño que elas teñen. Ademais obrígaselles a inxerir certas cantidades de pienso diariamente para que así, cando chegue un comprador, sexa máis doado que a merque, sen poñer pegas porque é demasiado pequena.
Dende o meu punto de vista, hai pequenas cousas, coma esta, que se deberían evitar. Pero o certo é que o presuposto económico impídeo.

faa-veroni-
canoya
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: BLACKFISH
on: April 1, 2014, 10:08

Se non está permitido someter a unha persoa a algo así, porque si o está cos animais? Que somos nós a fin de contas? Animais, racionais, pero animais ao fin e ao cabo. Polo tanto non é lóxico, como din Sara ou Raquel, ter animais pechados en habitáculos minúsculos, obrigados a comer as comidas e ás horas que se lles manda para que, no caso das granxas estean ben cebados e, no caso de acuarios ou circos, manteñan unha dieta que lles permita seguir o ritmo dos adestramentos e actuacións.
Respecto do que Sara di ó final do seu comentario, "o presuposto económico impíde deixar este maltrato", tamén ter ós empregados traballando 14 horas diarias por un salario mínimo da un maior beneficio económico ás empresas, mais non por iso debe ser legar.

Páginas: First << 9 10 11 [12] 13
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.248 segundos.

Os comentarios están pechados.