Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.

Páginas: First << 10 11 12 [13]
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
fab-marcos-
daporta
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: BLACKFISH
on: April 2, 2014, 00:27

Pois ainda que a gandaría extensiva é cruel, e nadie o pode negar, é difícil pensar nunha forma abastecer de alimentos de forma eficaz a todas as persoas, e iso que lamentablemente non en todo o mundo se abastece de alimentos.
O 1 de Enero de 2014 houbo 7.200 millóns de persoas, moitos ceros. A superficie terrestre non marítima é de 76,8 milllones de kilometros cadrados é dicir 93 persoas por kilómetro cadrado. Hai que construír casas, o que reduce o espazo, carreteras, edificios de ocio, administrativos... e por encima de todo hai que alimentalos. Lóxicamente non se pode cultivar o 100% da Terra, sería estúpido pensalo, ademais estamos compartindo o planeta con múltiples animais ó que lles hai que deixar o espazo. Por iso penso que necesítase aproveitar ó máximo o espazo que hai aínda que a gandaría extensiva pode non ser a mellor solución pero...

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: BLACKFISH
on: April 2, 2014, 00:39

Un animal ao igual que unha persoa ten uns dereitos fundamentais, aínda que cunha pequena diferenza debido a que ao estar os humanos "por riba" dos animáis "podemos" dominalos, é dicir, decidir en parte como vivirán estos animáis, por eso é necesaría unha maior responsabilidade e respetar os seus dereitos, como o seu modo de vida, con esto quero dicir que debemos respetar a un animal cunha vida de naturaleza salvaxe deixando que siga sendo salvaxe e non collelo e pechalo nun recinto onde a súa vida queda truncada porque nunca máis poderá volver a facer o que estaba marcada por lei na súa naturaleza salvaxe xa que non poderá cazar, nin criar as súas crías como o faría se estivese en liberdade, nin se comportaría do mesmo xeito nin tería o mesmo carácter que tería vivindo en liberdade.

Debemos respectar os modos de vida de ditos animáis, o comportamento, o carácter e o temperamento, a forma de criar, coidar e preparar as súas crías entre outras cousas, xa que dende que se adaptaron á vida en liberdade adaptaron a súa forma de vida ao medio no que viven para poder seguir exixstindo e non podemos desfacer porque sí o que dende anos levan feito.

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: BLACKFISH
on: April 2, 2014, 14:57

Citado de fab-marcosdaporta en April 2, 2014, 00:27
Pois ainda que a gandaría extensiva é cruel, e nadie o pode negar, é difícil pensar nunha forma abastecer de alimentos de forma eficaz a todas as persoas, e iso que lamentablemente non en todo o mundo se abastece de alimentos.

Non podes empregar a gandaría extensiva (nin o uso de tranxénicos) como escusa para solucionar o problema da fame no mundo, pois está comprobado que cada ano se tiran más de mil millóns de toneladas de alimentos. Prodúcese suficiente, pero a distribución é pésima; os países menos desenvolvidos reciben menos alimentos, e moitas familias non se poden permitir comprar comida. Posiblemente non se poida abastecer a toda a poboación sen gandaría extensiva, é certo, pero tampouco está comprobado que sexa a solución para o cese da fame mundial. Non obstante, está claro que as condicións deses animais poderían ser melloradas.

fab-rebeca-
chaves
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: BLACKFISH
on: April 2, 2014, 22:15

Eu estou a favor de que os animais salvaxes non deben estar en cautividade, e co termo animais englobamos dende as orcas ata ós paxaros. Con tanta modernidade estamos a confundir o que é un animal doméstico e de compañía cun animal salvaxe.
Os animais salvaxes non están preparados, por moito que os adestremos, a vivir en cautividade co home porque a súa información xenética é diferente á dun animal doméstico. En canto a que se os animais sinten o sofren, que saibamos, o día de hoxe, o home non foi quen de argallar ningún invento capaz de medir esta situación. Por iso ante a dúbida é mellor disfrutar deles en liberdade.
Hai unha diferenza enorme entre contemplar os animais de un zoo a ver os animais nun parque como o de Cabárceno, onde estes están en semiliberdade e se lles respeta o seu hábitat e costumes naturais.
O home por defición é un depredador que só mira o seu proveito sen importarlle para nada o resto da natureza. Grazas á Deus esta mentalidade está a cambiar como por exemplo que se estén a pedir circos sen bestas, que se estén a pedir a eliminación das corridas de toros ou que se deixen de levar a cabo festas nas que se someten á tortura algúns animais, como poden ser o "toro embolado".
En canto á gandería extensiva é ben certo que o home ten que alimentarse, pero iso non o xustifica para xerar dor de forma gratuita. O trato que debe dispensarse ós animais aínda que sexa para o consumo humán debe ser un trato digno, onde se lle aplique unha morte sen dor, onde se elimine todo tipo de estrés ó que é sometido o animal. Hai pouco vin nas redes sociais un documental sobre a cría de cans e gatos para consumo humano en china. Para nós o matar un can para comer é algo inconcebible pola nosa cultura, amén do xeito cruel en que son sacrificados. Eu pregúntome en que se diferenza un can de un cabalo? Eu que teño na casa como mascotas un can e un coello sería incapaz de comer a ningún dos dous, é máis, a día de hoxe non son capaz de comer ningún tipo de coello. Seguramente chegará o día en que cambiará tanto a nosa mentalidade que seremos máis respetuosos cos animais.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: BLACKFISH
on: April 3, 2014, 01:14

Citado de fab-rebecachaves en April 2, 2014, 22:15

Discrepo co que di Rebeca dos paxaros, moitas especies de paxaros precisan de nós para poder sobrevivir, como son os canarios ou os periquitos cuxos pais xa viviron en cautiverio, comparto e douche a razón no que dís de que hoxe en día con tanta modernidade estamos confundindo un animal salvaxe cun animal de compañia e ademáis convertemos calquer animal salvaxe nun de compaía, un exemplo é a xente que merca serpes e logo como crecen tanto acábanas liberando no medio ou os que compran peixes exóticos que logo ao cansarse deles tamén os liberan, e así pasa coa tartaruga de florida, coas carpas, con moitas serpes etc. A xente que os libera, quero pensar que descoñece e non é consciente do dano que lle causa directamente e indirectamente ao medio ambiente, xa que despraza as especies autóctonas, destrúe ecosistemas e altera outros moitos que por exemplo ao non teren un depredador natural aumentan de xeito perigoso porque o depredador que por así decilo regulaba o número de integrantes desa especie e que ao non estar altérase o ecosistema e aumentan os individuos desta especie que poden atacar a campos de cultivo ou a outros ecosistemas animáis.

Antes de mercar calquera animal debémonos de informar moi ben de todas as carácterísticas do mesmo, anos de vida, costumes, alimentación, peso, tamaño etc e pensar as consecuencias que pode producir no medio a liberación de dito animal. Eu creo que cando mercas ou recibes un animal para que che faga compañía debes de telo ao teu carón ata que este animal de compañía que está baixo a túa responsabilidade sea cal sea morra, debido que cando o adquiristes tamén adquiristes con él a responsabilidade de coidadalo e velar polo seu benestar durante o tempo que viva sen abandoalo, e se se dá o caso de que chegou o punto no que queres desfacerte del débese deixar nun centro de acollida ou recollida de animáis ou ben doalo a quen o desexe, coidando así á natureza e facendo desta forma o mundo un pouco mellor para todos.

faa-esteba-
npintos
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: BLACKFISH
on: April 3, 2014, 11:45

Paréceme moi ben a iniciativa desde documental e sobretodo o seu eslogan, porque ningún animal debería estar retido só para que algunha xente os utilice con ánimo de lucro para divertir a uns cantos turistas que van a velos, porque se non gañaran diñeiro con eles seguro que non os utilizaban nin os tiñan nunhas pésimas condicións de vida.
Cada animal foi creado para vivir en liberdade é vivir como queira, non para estar encerrado nunha xaula sen ter case espazo para moverse como se movería en liberdade.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: BLACKFISH
on: April 3, 2014, 13:52

Do que non hai dúbida é que o respecto mutuo é a base de calquer tipo relación, xa sexa de animal de compañía a persoa, de amizade, entre familiares etc e dende aquí podemos partir para que exista calquer tipo de relación.
Admitindo estos valores primarios e necesarios as relacións poden evolucionar e avanzar, é moi importante tamén respetar os dereitos dos animáis e as persoas e así viviríamos máis felices e mellor.

Páginas: First << 10 11 12 [13]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.072 segundos.

Os comentarios están pechados.