Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11 >> Last
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
faa-veroni-
canoya
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 18:44

Moitos paxaros nacen xa en medios domésticos, e liberalos non faría máis que rematar coa súa vida, xa que estes animais están acostumados a que llo den todo feito. O mesmo, pero á inversa pasa coas tartarugas. Cando compramos unha tartaruga dunha especie que non sexa a autóctona, cando nos fartamos dela e a liberamos por aí, este animal acaba coa vida de moitas especies, xa que se alimentan de calquer cousa.
Pero partindo de animais que nacen nun medio natural, penso que ningún debe ser engaiolado, independientemente do animal que sexa; nin os animais de circo, delfinarios ou touradas teñen desculpa, xa que eses animais están sometidos a moito estrés por parte dos seus entrenadores e merecen ser libres.

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 18:50

Citado de fa-victor en March 26, 2014, 17:26

Credes que se debe facer diferenzas, á hora de falar de animais en cativerio, en función do tipo de animal de que se trate? É dicir; debería terse a mesma consideración con paxaros ca con Orcas?

Opino que si que se deben facer diferenzas, obviamente. Hai animais como os cans e os gatos, que aínda que están en cativerio están ben porque xa están acostumados, os chamados animais domésticos. por exemplo o meu can, cando sae fora da casa e vai dar unha volta, volve. Despois tamén están os animais que están en perigo de extinción, que na miña opinión deberían estar tamén vixiados e protexidos, aínda que para iso estás as reservas naturais nas que case non notan a diferenza do a total liberdade.
Fora destes dous exemplos opino que non debería de manterse ningún animal en cativerio. E incluso nos dous exemplos anteriores, sempre con liberdade para estes animais, para que estean o máis cómodos posible se sempre ben tratados.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 19:04

O que ten de especial un simio para o ser humano é que é o máis próximo a nós de todos os primates que coñecemos.
Como anteriormente dixen, a miña opinión é que ningún ser vivo, agás excepción, se pode poñer en estado de privación de liberdade porque considero que é un dereito fundamental e necesario para as persoas e tamén para os animáis, non só porque aparece na constitución (referido ás persoas), senón porque o que sufre ese estado xa sexa unha persoa ou un animal pode padecer ansiedade, angustia e estrés, entre outras cousas. Con esto non digo que non me guste ir a un zoo e poder ver especies de África, Siberia, Tailanda, Mongolia, Sri lanka ou Noruega, pero creo que esas especies teñen ese dereito e ademáis nun zoo non teñen tanta liberdade como a que terían nun parque natural como é o de Cabárceno ou o de Marcelle que contan con amplos espazos para recrear os hábitats dos animais, ao contrario que un zoo, no que moitos animais están enxaulados e cos seus excrementos ao lado todo o día.

faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 19:10

Esta pregunta é bastante relativa.
Por unha banda, é certo que todos os animais son iguais, é dicir, non hai ningún "superior", nin que deba ser tratado como tal, polo que visto así, non deberiamos facer diferencias á hora de poñer en cautiverio a un paxaro, a unha candorca, a un tigre ou a un rato.
Porén, visto dende outra perspectiva, hai dous aspectos que fan considerar que si debería haber diferenzas:
Primeiro, hai animais que están acostumados a estar en cautiverio, ou por dicilo dalgún xeito, a ser animais domésticos, coma os cans, os gatos, as galiñas...
Segundo, dependendo do medio no que viva o animal, tamén poderá sufrir máis ou menos. Eu penso que nun zoo pásano peor os osos polares, que están adaptados para reter a calor, e en zoos teñen moitísima calor, que por exemplo un león. Ollo, non estou dicindo que o león non sufra, que o fai xa que non pode correr o que necesita ou realizar outras funcións que no seu hábitat si podería, pero o oso debe pasablo bastante peor.
Ademais, un animal mariño é moito máis delicado (por así dicilo) que un animal terrestre,xa que a temperatura da auga ten que ser a correcta, a auga ten que ser ou salgada ou doce, xa que un erro podería matalo, hai que manter a auga en boas condicións...
Finalmente, quero engadir que polo feito de que teñamos un paxaro dende pequeno, non quere dicir que non sufra, xa que necesitan voar, e na maior parte dos casos voar pola casa non lles chega, agóbianse e pásano moi mal.
Por todo isto, non podo dar unha resposta contundente de "si" ou "non" á pregunta de Víctor, é bastante complicado o tema.

fab-alejan-
drocosta
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 19:46

Eu opino que as candorcas deberian estar libres, porque e unha especie que esta acostumbra a espacios abertos donde elas poden liberar todas as súas enerxias sin limite ningún, cousa que nun acuario non o poden facer polo seu reducido tamaño. Tamén perderia as súas funcións vitais de cazar e nadar libremente polo océano, que por instinto xa o saben facer, lévano nos seús xenes, máis tarde ou mas cedo acabará levandose polos seús instintos, que son de un depredador. O estrés destes animales non se poden saber por uns simples test, o mellor non teñen estrés pero tampouco teñen vida propia nin son elas mismas.
Con este tema eu estou totalmente desacordo xa que os animais desta maneira sufren, pero por otra parte fagome esta pregunta: As mascotas que temos nos nas nosas casas son felices? Estan estresados? Non importa a variación do seu habitat?.

faa-gabrie-
llopez
Newbie
Mensajes: 2
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 20:00

Todos os seres vivos incluidos os animais teñen sentimentos e non creo que estean moi comodos ca sua situacion de estar cautivos en tanques de auga e que lle fagan facer cousas que eles seguramente non queiran facer ainda que a estes lle recompensen con comida, ademais poden chegar a ser violentos se estan cabreados. Por outra parte esta ben o que se queiran estudar a estes animais para saber mais deles e estudar a sua evolucion, apareamento... pero esa non e razon para telos en cautiverio en sitios onde case non poden moverse e facer unha vida a que estaban acostumados antes de estar en cautiverio.

faa-fatima-
lago
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 20:43

A pregunta de se poderiamos facer diferenzas entre os casos que nos sinalaches é moi xenérica, son casos diferentes aínda que a simple vista en todos os casos se trate de animais engaiolados.
No caso dos paxaros enxaulados, hai paxaros que son criados en cativerio e están acostumados a tratar con persoas. Se estes paxaros fosen postos en liberdade acabarían morrendo dado que están acostumados á vida nunha gaiola, a que lle den de comer, etc. Se se poñen en liberdade non saberían desenvolverse nin buscar comida. Por outra parte, se o paxaro enxaulado resulta ser un paxaro salvaxe que foi apresado, non estariamos no mesmo caso. Neste caso o paxaro é privado de voar en liberdade e forzado a acostumarse a vivir nunha gaiola durante moito tempo.
No caso dos circos con animais, por apariencia parece que os animais se divirten e viven nun entorno adecuado, ou eso é o que os circos dan a aparentar. Pero en realidade, estos animais viven en condicións lamentables. Están en xaulas a maior parte do tempo, onde a limpeza non é unha das prioridades. Incluso se pode chegar a falar dos métodos que empregan os adestradores para que estes animais fagan o que lles manden. Pero non se pode negar que cando eramos uns cativos todos tiñamos esa ilusión por ir a un circo e ver aos paiasos, aos leóns saltando polo lume, os osos facendo monerías... pero á medida que medramos dámonos conta de que non todo era o que aparentaba.
No caso dos delfinarios, manter un delfín en cativerio supón que chegarían a vivir ata 20 anos menos que un delfín en liberdade. Ademáis, outro factor en contra dos delfinatarios é que un delfín pode nadar 100 kilómetros nun só día, para cazar, divertirse e socilizarse, e nos estanques dos delfinarios, os delfíns son condeados a facer idas e voltas nun espazo tan reducido que o poden percorrer en moi pouco tempo. Tamén cabe mencionar que a presenza de auga con cloro é mala para os delfíns, provocando enfermidades da pel e problemas respiratorios.
E por último cabe falar do caso das touradas. Este é un tema moi debatido actualmente, as "corridas" de touros dan moito que falar. Está claro que os touros sofren, pero á marxe disto, as touradas son tradición en España, entón temos por un lado a tradición e por outro o sufrimento do animal. Hai moitas opinións e posturas a favor e en contra deste tema, e eu son das que están en contra. Penso que non fai falla facerlle dano a un animal para divertirse, xa que estos animais sofren, incluso antes de saír á plaza. Están encerrados nun lugar pequeno e a oscuras, co cal saen algo aturdidos. Para min por moita tradición que sexa hai que parar a pensar nos animais, aínda que por moito que algunas persoas estén en contra, unha tradición é unha tradición e se algún día cambia, que o dubido, non será pronto.

fab-mariab-
lanco
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 20:44

Eu considero que ter un animal tanto sexa acuático como terrestre en cautividade, é antimoral.
Os seres humanos nacemos libres e con dereitos, polo tanto calquer ser vivo é tan digno de ser libre coma una persoa. Un animal tan grande como é este, non se merece vivir encerrado nun lugar relativamente pequeno, xa que aínda que a nós nos pareza que é un tamaño considerable, para un animal desas condicións é minúsculo.
Eu non estou a favor de que por mor de que os animais sexan encerrados estos teñan que ser perigosos e facerlle dano as persoas, pero sí creo que casos coma estes deberían de ser máis veces plantexados e darlle máis importancia, para que así as persoas que están a favor diso e se divirten vendo espctáculos como os que ofrecen esos animais, se conciencen de que non só lle fan mal aos animais, se non tamén as persoas. E dito isto queda claro que estou totalmente de acordo co título.

fab-lorena-
soto
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 21:01

Eu persoalmente non estou de acordo con que se teñan animais en cautiverio e que se lles prive da súa liberdade.
A mayoría destes animais foron capturados coa finalidade de entreter á xente en espectáculos, pero nadie ten en conta o que poden chegar a sufrir os pobres animais.Estes animais que nacen nesas condicións ou xa levan bastante tempo afastados do seu hábitat, non sobrevivirían en liberdade xa que non se sabrían desenvolver.
Por outro lado, estou moi de acordo co lema deste filme.

fab-angelp-
ineiro
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 28, 2014, 23:18

Considero o que di Manuel lóxico. Por que o ser humano trata de decidir sobre a vida das razas inferiores, tanto animais como humanas mesmo? Gustaríame saber que é o que sente unha orca ou un delfín cando ten que facer esos trucos para que a xente aplauda ou ou oso dun circo cando ten que facer rir ao público... Para eso están os animais neste planeta? Para que nós os humanos, a raza superior por posibilidades, decidamos sobre as súas vidas e cuestionemos a súa libertade? Por que non hai nadie que prohiba este tipo de cousas se se sabe que son verdadeiras inxustizas...?

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.307 segundos.

Os comentarios están pechados.