Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje BLACKFISH
on: March 25, 2014, 19:26

No festival de Sundance 2013 presentouse un increible e impactante documental, "Blackfish". Dito documental narra a historia de Tilikum, unha candorca que durante o seu cativerio foi responsable da morte de varias persoas, entre elas a dunha importante adestradora. A directora Gabriela Cowperthwaite reúne neste documental impactantes e conmovedoras imaxes e un amplo número de entrevistas para contar a historia de esta balea “asasina”, e analizar en profundidade as consecuencias do cativerio destes animais, a vida dos adestradores e a gran presión que a industria exerce nos parques acuáticos de ocio. Tras ver esta cinta replantéaste se é correcto manter a estes grandes mamíferos acuáticos en cativerio, onde son perigosos para os humanos, ou polo contrario, se deberían vivir todos eles en liberdade onde non hai antecedentes de ningún ataque.
Por outro lado moitas persoas defenden que é necesario manter a estes animais en tanques de formigón para poder estudar o seu comportamento, e defenden que os animais non sofren ningún tipo de estrés ou dor.
Pero,vos credes que é correcto manter a estes animais en acuarios? Credes que se pode obrigar a unha candorca a dar saltos e facer piruetas ante ó público sen ningunha consecuencia? Credes que ten razón o eslogan do filme: "Non captures o que non podes controlar"?

Autora: Margarita Barreiro

fab-sofiac-
astineiras
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 20:10

Eu estou completamente de acordo co eslogan do filme. As candorcas como a todo animal, gústalle a liberdade e non estar encerrada nun espazo relativamente pequeno facendo o que outros seres che mandan, e moitas veces sufrir danos se non o fan. Non se pode esperar que reaccionen ben, porque como ningún de nós o faríamos, elas menos. Respecto á pregunta referida cos espectáculos frente ó público, eu creo que por moito que unha persoa sexa capaz de controlar ó animal e conseguir que faga o que ti lle mandas uns días, o animal acabará por cansarse e cambiar o carácter, nese momento ninguén vai poder facer nada por controlar os seus actos, e máis, animais que están catalogados por perigosos, así saen adestradores mal parados, tanto que poden incluso morrer. Estou totalmente en contra que se fagan este tipo de espectáculos por moi bonitos que sexan e en facer sufrir animais só para sacar cartos.

fab-mariat-
irado
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 20:32

Eu non estou de acordo en que se teñan animais en cativerio, nin nos zoos, nin nos circos, privados de vivir na natureza salvaxe. Os animais, nacen coma nós libres e teñen dereito a vivir en liberdade. Por outra parte é imposible obrigar a un animal desas dimensións a facer piruetas sen facerlle ningún tipo de dano, aínda que ao enseñalos xa dende crías teñen o instinto de "acción, premio", aíind así velaí as consecuencias, mortes. E por último estou totalmente de acordo co eslogan do filme.

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 20:35

É unha aberración ter animais capturados co fin de entreter á xente e lucrarse. Non entendo nin os zoos, nin os parques de espectáculos con golfiños e baleas. A ningún ser vivo, e profundizando, a ningún ser humano gustaríalle ter que pasar a vida encerrado nun espazo de escasos metros cadrados co fin de proporcionar diversión á xente. É cruel e inxusto. Ademais os adestradores fan pasar calvarios ós animais se non obedecen.
Comprendo perfectamente que ocorran cousas como o suceso de Blackfish no que un animal completamente salvaxe vese capturado e en certo modo humillado e dedícase a matar coidadores. É normal, os animais non razonan, guíanse por instinto e revélanse contra o que lles fai mal. O eslogan é perfecto para a ocasión, o que non entendo e como non se tomaron medidas antes de que toda esa xente morrera. Paréceme que o ser humano en moitas ocasións pásase de listo, e isto ten consecuencias tales coma esta.

fab-fatima-
chaves
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 21:09

Eu estou completamente de acordo co eslogan do filme.Este tipo de animais deben de vivir en liberdade absoluta,non me parece ben que os teñan retidos en tanques de formigón,igual que ás persoas nos gusta a liberdade aos animais tamén.O espectáculo con estes animais pode ser moi bonito pero ninguén sabe realmente o que sofren eles e os seus adestradores e o perigo que corre a vida dun adestrador con animais dese tipo.A intención do filme paréceme fantástica xa que nos ensina a respectar o habitat dun animal e evidentemente se a un animal salvaxe ou que está acostumbrado a vivir en total liberdade se encerra nun tanque e se lle obriga a facer cousas que seguramente non queiran éstes reaccionarán mal.E como pasa sempre,ten que pasar unha desgraza para que se tomen medidas.

fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 21:29

Escoitei falar desta película fai tempo e coa curiosidade decidín vela. A verdade é que a película impacta, e dámonos conta de que non somos quen de controlar animais. Pero a miña curiosidade non rematou ahí, polo que decidín seguir buscando información respecto aos temas tratados e sobretodo a certas escenas da película e o parque principal que se critica ''Sea World''. O certo é que moitas das cousas son verdade, pero non todo. A película non mostra toda a realidade. Si é certo que a captura de orcas foi moi cruel, pero como ben se ve no filme, as imaxes mostradas son de varios anos atrás. Pola información que puiden atopar despois de ver o documental, critícase a forma de chegar información ao espectador, pois proxéctase todo de maneira que poidamos ver a crueldade pero que tamén a podamos sentir. E con isto de facer chegar eses sentimentos ao espectador, hai que dicir que o filme non é completamente verídico. Ao comezo do documental, podemos ver como unha entrenadora monta por primeira vez no lombo dunha orca, e podemos escoitar tamén a súa testemuña de como foi. Pois ben, a persoa entrevistada non é a misma das imaxes da piscina, senón que a entrenadora que sube na orca, todavía segue traballando no parque. Outra das cousas que atopei é que esas baleas pequenas separadas das súas nais, non son realmente ás que se atopan no parque. Como dicía antes, vin o documental por curiosidade fai un tempo, e tamén fai un tempo busquei esa información, polo tanto podo equivocarme en algo, xa que todo o que atopei foi en internet, pero é verdade que o puiden ver en distintas páxinas.. Baixo o meu punto de vista non está ben que se fagan este tipo de espectáculos con animais salvaxes, ós que na súa natureza non está ser domados por ninguén, pero tamén creo que a creación de documentais debe facerse baixo un punto de vista neutro, no que se fale realmente das cousas como son, e non para tratar de ferir os sentimentos do público.

fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 21:31

Por último, sí, co eslogan do filme estou completamente dacordo, pois como dixen antes, estes animais non están naturalmente preparados para ser domados por ninguén ou para ser animais de compañía.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 21:49

Considero que o eslogan do filme ten plena razón, pero non podemos capturar só porque podamos controlar tampouco, senón que deberíamos estudar como afectaría estas novas condicións ao animal e pensar se realmente vale a pena facer esto por gañar cartos e crear un lugar de ocio con espéctaculo para a diversión dos visitantes.
Aínda que me parece interesante, divertido e certamente bonito considero que non se debería facer porque os animais non teñen a mesma liberdade de movemento, de relación e outras máis que terían en absoluta liberdade no océano, sen ningunha restricción, podendo cazar e migrar mellorando moitísimo, desta forma a súa calidade de vida respecto a como estarían en cativerio. Non creo que se poida obrigar a unha candorca a realizar piruetas ante o público sen ningunha consecuencia xa que todo o que fagamos ten consecuencias, boas ou malas, según as accións que fagamos e considero que nesta situación as consecuencias son negativas xa que o animal se sinte estresado e supoño que estará bastante irritable por estar privado de liberdade e verse cercado ao tamaño do acuario no que se atopa encerrado, reaccionando así de forma agresiva e podendo atacar aos que se atopen preto del.

faa-igonza-
lez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 21:54

Eu estou en completo desacordo en que capturen os animais, neste caso unha candorca, para saber como se comportan ou para amaestralos e que fagan piruetas. Isto o vexo totalmente excesivo, debido a que os animais deben de estar no seu propio hábitat e no se lles pode recrear un novo, e menos con cristais. É entretido e bonido ver estes animais en acuarios? Pois si, pero non estou de acordo en que os capturen e os fagan dar piruetas e contelos como "obxecto de investigación", para que a nosa sociedade se diverta vendo como este animal sufre.
Por outra banda, estou en completo acordo co eslogan, porque defende moi ben o que acabo de dicir agora mesmo, e, principalmente, non se debe xogar a ser deus, porque non podemos andar a capturar animais para trballar con eles, ou para obtelos como "xoguete" ou de "obxecto de feria".
Se ese documental defende todo isto, poderáse ver o que o ser humano crea e o que destrúe, ou maltrata, á vez.

fab-manuel-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 21:59

Animais "presos" en gaiolas para expoñelos no zoo para ó público,capturadas pola forza,separados das días familias co único obxectivo de entreter a xente de velos,un ocio máis a costa da vida de animais,.... Pero como ben di o
Eslogan,non se debería capturar ningún animal de este mundo,cada ser desta Terra foi creado para vivir en liberadade,sendo capaz de controlalo ou non,e nos casos destes cetáceos,a parte do maltrato para captulalos,aprendéndolles forzosamente ou non a facer unha serie de movementos divertidos para os humanos,a consecuencia como se viu no filme foi a matanza dos seus adestradores,motivos de sobra para qe nos demos de conta que o animal ten que estar en liberadade.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.09 segundos.

Os comentarios están pechados.