Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 7 8 9 [10] 11 12 13
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 29, 2014, 19:47

Estou completamente de acordo coa miña compañeira Icía, hai moitas solucións a estes problemas de cautiverio.
Moitos dos meus compañeiros están dicindo que os paxaros criados en cautividade se foran postos en liberdade morrerían, e é certo que na maior parte dos casos morrerían, pero Icía da unha boa solución, as cúpulas, cousa que non gustará moito ós aficionados a ter aves na casa, pero que para os paxaros sería beneficioso xa que terían un lugar moito máis grande ca unha xaula para voar, e habería máis paxaros con eles.
Na miña opinión as touradas son unha auténtica bestialidade. Dame noxo pensar que cando a un estranxeiro lle dis "España" pensa niso, non quero ser identificada cun espectáculo tan horrible. Sabíades que cando se retiran os touros da plaza todavía non están mortos? E que antes do espectáculo téñense encerrados en completo silencio e escuridade, para que cando saian á plaza co ruido e a luz se poñan bravos porque pensan que están ante unha ameaza? As touradas píntanse como arte, como cultura, e non se mostra todo o que hai detrás. Se iso é arte e cultura española como moitos din, non quero formar parte dela.

fab-mariab-
lanco
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 29, 2014, 20:03

Penso que se debería de ter a mesma consideración, o problema é que as persoas non nos damos conta de casos coma estes.
Un paxaro é tan animal e tan ser vivo coma unha orca, polo tanto debe ter a mesma liberdade. O que pasa é que o ser humano ve máis cercano a un paxaro que a unha orca, polo tanto considérase máis doméstico. Isto tamén se da cun can ou gato. Son animais que co paso do tempo fóronse entendendo como animais de compañía para as persoas, o que fixo que nos fósemos adaptando tanto a eles que incluso se toman como membros da familia. Por unha parte pode considerarse un pouco abuso, porque non deixan de ser animais que están encerrados nunha casa ou xaula coma no caso dos paxaros e prívanse da liberdade que deberían ter, pero o que sí hai que ter moito en conta é que se temos un can, gato, paxaro ou calquer animal doméstico o lógixo e habitual é que vaiamos a coidalos e protexelos para que estén a gusto e sen perxudicalos, a diferenza da maioría dos parques acuáticos ou zoos que tratan aos animais como simple medio de entreteñimento.
Polo tanto a miña opinión é que sí, deberíase ter a mesma consideración, pero creo que pode haber excepcións sempre e cando os animais sexan valorados e coidados debidamente.

fab-fatima-
chaves
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 30, 2014, 00:05

Na miña opinón todos os animais necesitan un certo espazo e unha liberdade,un páxaro enxaulado non pode voar en total liberdade como lle gustaría,aínda que moitos deles nacen e xa son engaiolados.Por outra banda están os circos con animais,pode que sexa un espectáculo moi bonio e impresionante pero creo que eses animais sofren moito cando pasan por exemplo por un aro de lume etcAdemáis suelen ser animais salvaxes que deben estar en liberdade pero nós os humanos quitámoslla para o noso divertimento igual que os delfinarios.Co que non estou para nada de acordo é coas touradas,os touros son animais feros e de repente vense acorralados por unha persoa que lle crava lanzas no lombo ou que lle prende lume aos seus cornos só para o nosos entretemento.Nós,os humanos,temos que intentar poñernos na pel deses animais que sofren mentras nos ven a nós disfrutar e rirnos.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 30, 2014, 02:52

Citado de fa-victor en March 28, 2014, 17:14
😉
Seríades capaces de poñer algún límite para os seguintes casos:

  • Paxaros enxaulados
  • Circos con animais
  • Delfinarios
  • Touradas
  • Poderiades facer diferenzas entre estes casos?

    A pregunta de Víctor é complicada xa que hai moitos factores que poden apoiar este feito pero hai outros que non.
    no caso dun paxaro dependería do tipo de paxaro e da situación na que viviu anteriormente e se esta situación se deu tamén en situacións anteriores.
    No caso dos circos non o vexo para nada apto para ter animáis xa que estarían vivindo nunha constante de estrés que afecta ao animal de moitas formas, por unha banda a súa saude, tanto física como psicolóxica, ao seu sistema inmunolóxico e por outra banda degradando ao animal , é dicir, desgastándoo antes de tempo e cunha vida que se pode considerar como deprimente ou desfavorable.
    No caso dos delfinarios, aínda que non estou nin a favor nin en contra, considero que dependendo do tamaño poderían reunir as condición mínimas para poder conter animáis, aínda que creo que deben estar libres surcando o océano e sorprendéndonos coas súas accións en liberdade ou cos descubrimentos sobre o seu comportamneto ou o seu intelecto que eu creo que é sorpendente.
    O caso das touradas é máis complicado xa que se atopa moi arraigado na nosa mentalidade e podemos atopar opinión moi dispares a favor e tamén en encotra, ademáis de que hai xente que vive disto e as corridas de touros son festas típicas de certas comunidades autónomas que consideran eses días como festivos e teñen nome propio coñecido en gran parte do mundo, este é o caso do San Fermín

    faa-christ-
    iancacabel-
    os
    Newbie
    Mensajes: 24
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 03:00

    Eu considero un maltrato coller aos touros e poñerlle lume nos cornos porque están asustando ao animal e facendoo sufrir, é como se collen a algún de nós e lle atan unhas antorchas preto da caluga, que sinte esa persoa? pois o animal sentirá o mesmo. Tamén considero un maltrato que se lle craven as bandeiriñas ao touro ou as estacas ata que o pobre animal acaba por morrer de agotamento físico e desangrados.
    Os nosos regulamentos e as nosas leis son irónicos, podes facerlle unha ferida a un can e podes ir ao cárcere e sen embargo matas aun touro para o disfrute dun amplo público e aínda por riba de cobrar, ter fama e demáis estás impune de maltartar a un animal, asesinar a un animal etc.

    Que tipo de regulamentos e de leis nos rixen?
    Para quen están pensadas?
    Que podemos opinar das mesmas cando todos podemos ver que hai casos que son sangrantes como o que citei anteriormente.

    faa-christ-
    iancacabel-
    os
    Newbie
    Mensajes: 24
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 11:52

    Unha forma para determinar de forma clara se un animal pode non estar en liberdade, é dicir, que non sea salvaxe, sería ver se ao longo do tempo viviu cos humanos e o nivel de dependencia que ten de nós.
    Un elefante, aínda que está preto dos humanos non precisa para nada deles porque é independente xa que se desprazan en manda e xuntos buscan alimentos e auga para poder alimentarse e hidratarse e desta forma sobrevivir e protéxense entre todos os integrantes da manda aínda que algún sempre morre froito dos ataques dos depredadores, creo que en ocasións os humanos sobramos para os elefantes, por exemplo cando van a caza-los para quitarlle so seus colmillos o cando se cazan por diversión. Porque non cazamos aos cazadores?
    Outro caso completamente diferente sería ter un paxaro nunha gaiola acondicionada para que poida vivir o paxaro ou ter un cadeliño no terreo da túa casa, xa que dependen de nós para ser alimentados e para que lle proporcionemos auga, medicamentos no caso de seren necesarios, repelentes contra os parásitos que os atacan, coidados básicos como a limpeza ou a retirada do pelo morto que lles cae e o acondicionamento do lugar no que viven mantendo hixienizado o sitio no que se atopa e ao mesmo animal en perfectas condicións de limpeza. Deste xeito o animal atoparíase alegre e máis sociable, ademáis de xoguetón, xa que está acostumado a vivir preto de nós, as persoas, e non variamos a súa forma de vivr ao longo do tempo ao contrario de ter unha candorca ou un elefante pechados e privados de liberdade de xeito que estarían sufrindo e vivirían en condicións ínfimas para a súa naturaleza salvaxe, en liberdade.

    faa-christ-
    iancacabel-
    os
    Newbie
    Mensajes: 24
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 12:12

    Xamáis aprobarei a caza de animáis por diversión e menos para extraer partes dos mesmos como por exemplo sería a caza de tigres ou leopardos para quitarlle a pel ou a caza de elefantes para o emprego do seu marfíl.
    Considero que a caza furtiva e indiscriminada de especies é un dos factores determinantes para as extincións dos animáis e creo que é peor cando se fai por intereses económicos como sería a caza para a posterior venda de peles, marfil, e demáis productos que se cotizan cun precio elvado e que poidan provocar interés e devoción para algunhas persoas.
    Deste mesmo xeito non me nego ao emprego de pel de animais, porque a pel que podemos atopar nos asientos dun coche con tapicería de coiro ou nos nosos zapatos non provén destos animáis, senón que provén das vacas, terneiros, ovellas e demáis animáis que matamos para o posterior consumo da súa carne e os derivados productos destes animáis como as orellas no caso do porco, o unto, os callos, a cachucha etc. A pel dos mesmos sería outro producto derivado destes animáis que en vez de ser tratada como un resíduo, empregamos polas múltiples cualidades que amosa ademáis da gran calidade e durabilidade que presenta.
    Non acepto de ningún xeito a cría de bisóns, por exemplo, para o posterior emprego da súa pel xa que é un feito cruel debido a que só aproveitan a pel do mesmo e é necesaria a morte de moitos destes animáis para poder facer un abrigo por exemplo, e non tolero os movementos ecoloxistas que acuden ás granxas de bisóns ou otros animáis e os liberan, xa que provocan aínda máis dano e dor porque danan os ecosistemas autóctonos xa que polo xeral son especies foráneas, e provocan a morte da nosa fauna autóctona e indefensa ante estos agresores externo debido a que o bisón, neste caso como o son outros, é un depredador voraz e perigoso que causa estragos que deberían ter en conta estas asociacións que protexen aos animáis.

    faa-javier-
    estevez
    Newbie
    Mensajes: 4
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 13:52

    Penso que un animal necesita tanto coma nós estar en liberdade, imaxinaros que os capturan e os meten nunha especie de cárcere que só é 4 veces máis grnde ca ti,¿non os volveriades tolos? Na miña opinión é tan inumano encerrar a un animal coma unha persoa e non me parece xusto. Isto non quere dicir que non me guste ver animais protexidos nunha jaula, pero unha que sexa tan grande coma unha casa e na que se podan sentir cómodos e non agobiados. A pregunta anterior non me parece tampouco normal ter a un paxaro nunha jaula tan pequena... Sen embargo non parece que lles "amole" tanto coma a un león ou outro tipo de animal. Os cans e os gatos non estan encerrados e ainda teñen un espazo de movemento óptimo.

    faa-fatima-
    f
    Newbie
    Mensajes: 9
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 16:04

    Eu estou completamente en descordo co cativerio de animais salvaxes.
    Non vexo normal o feito de privar ós animais da súa liberdade desta maneira, só para o disfrute e o entretemento das persoas sen ter en conta os seus instintos e súa natureza salvaxe.
    Estes animais están acostumados a desenvolverse en ámbitos moi diferentes ós que se presentan nos zoolóxicos e parques polo que non podemos pretender que se comporten como nós queremos e fagan o que nós lles ordenemos sen que se produza ningún incidente.
    Ademais os animais que viven en catividade poden presentar unha serie de trastornos como estrés, anorexia nerviosa, trastornos obsesivos compulsivos, como o feito de repetir continuamente os mesmos movementos innecesariamente, cousa que non fan cando viven no seu hábitat natural, ansiedade, etc.
    Por outra parte non creo que se poida meter no mesmo saco a todos os animais porque considero que existen outros, como cans e gatos, que si poden ser felices nunha especie de "cativerio" como sería o feito de telos na nosa casa.

    fab-martap-
    alacios
    Newbie
    Mensajes: 14
    Mensaje Re: BLACKFISH
    on: March 30, 2014, 16:50

    Por unha parte, como xa dixen nos anteriores comentarios, é cruel e duro enxaular a un animal salvaxe. Se privas da liberdade a un paxaro é como cortarlle as ás. A ningún ser humano lle gusta pasar un domingo enteiro na casa, verdade? Pois imaxinade o resto da vosa vida. Imaxinade que, sen ter feito nada, un día os vedes metidos no cárcere sen poder escapar. Se falamos de animais domésticos é outra cousa, son animais xa moldeados para ese estilo de vida, son animais que en liberdade morrerían ós dous días. Pero coller unha pomba e metela nunha gaiola é inxusto.
    Por outro lado, as touradas só se poden definir como auténticas aberracións da raza humana. Xa non é o feito de encerrar a un animal durante toda a súa vida se non que ademais, o seu fin é enfrontarse a un humano que lle crava puñais no lombo, ridiculízao e termina deixándoo moribundo e cortándolle unha ourella. Iso, aquí no noso país, chámase arte. A min faime rir todo ese tema porque parece que estas a falar cunha parede. A xente soe xustificalo dicindo "os antitaurinos non sabedes que aos porcos e ós polos tamén hai que matalos para comelos". A miña resposta é clara: mátanos, si, pero non os torturan nin os humillan diante de milleiros de persoas aplaudindo ó torturador. As touradas é a cultura máis cruel do mundo e, coincidindo con Noelia, non me sinto orgullosa de pertencer a esa cultura.

    Páginas: First << 7 8 9 [10] 11 12 13
    Foro Mingle by cartpauj
    Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.094 segundos.

    Os comentarios están pechados.