Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
faa-elenaf-
ontenla
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 19:40

Na miña opinión, non me parece normal que a xente capture animais salvaxes para usalos como entretemento, estes animais están perfectamente adaptados para a vida salvaxe, a si que eso que din de " en cautiverio non sufren danos é unha auténtica falsedade. os animais salvaxes son felices no seu entorno e os seres hománs non podemos pretender domesticalos, para animais simpáticos e domésticos xa están os cans e os gatos, pero non animais de sete metros de embergadura aos cales pretenden meter en piscinas de formigón.
Se esta candorca provocou todos eses accidentes non é porque a candorca sexa mala ou non, simplemnete se defende e o único que quere e a súa liberdade, ao igual que moitos animais que se atopan en cautiverio.
En resumo, non creo que exista ningunha necesidade de faces este tipo de cousas con animais que non podamos controlar, e inda así, con animais salvaxes.

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 20:49

Dende o meu punta vista, o feito de que un animal de tan grandes dimensións teña que vivir nun espazo tan pequeno paréceme moi cruel. Ao igual que un humano non podería vivir toda a súa vida encerrado nun cuarto, un animal como a candorca tampouco.
Non poño en dúbida que estén ben tratados e alimentados,porque seguramente o están, pero malia isto, eles mesmos precisen o seu propio espazo, onde poder moverse con toda a liberdade do mundo, sen a necesidade de atoparse cunha parece de formigón que lles impida o paso. Isto ten que ser moi frustrante porque, comparándoo outra vez cos humanos, é coma se nós queremos sair dunha habitación e non podemos. Non podemos polo simple feito de que alguén decidiu que así sexa. Alguén que non ten nin a máis mínima idea do que iso supón. Todo isto tenlles que causar, polo tanto, moita frustración e por ese mesmo motivo vólvense, en ocasións, agresivos.
En definitiva, vexo moi cruel o feito de que estes animais estén sometidos a vivir entre catro paredes de formigón e, vexo todavía máis cruel, que se lles obrigue a dar saltos e facer piruetas ante o público co único fin de divertir á xente.
En canto ó eslogan de filme do que nos fala este foro ("Non captures o que non podes controlar"), penso que non poderían haber elixido un mellor. Esa frase tan curta transmite moito. Transmite que uns animais tan grandes como as candorcas, non teñen ningún dereito a vivir nun espazo tan pequeno e, polo tanto, poden volverse agresivas e non as podremos controlar debido á gran diferenza de tamaño que hai entre nós e elas.

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 21:10

O que ten de especial unha orca ou un golfiño para os seres humanos, creo eu, é que son animais que non se soen ver nos zoos ou nos acuarios, son animais que, ao ser dun gran tamaño impresionan máis ca ver un simio nunha gaiola. Estou de acordo co que di a miña compañeira Lara, creo que os animais que viviron toda a súa vida nunha gaiola, se os soltaran non serían capaces de vivir, a non ser que xa se críaran desde pequenos na natureza. Tantos as orcas, os golfiños como os simio, todos deberían vivir en liberdade xa que o seu hábitat e moi grande e dificil de imitar.

fab-saulmo-
ndragon
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 21:22

A calquera ser huumano razonable non lle gusta que o encerren nunha habitación,dependendo do tempo de cautiverio podemos chegar a perder a cordura moi facilmente se non nos socializamos.Expoño este exemplo para face un simil xa que algunhas persoas olvidaron que tamen nos somos animais e as orca,igual que nos,poden quedar transtornadas e chegar a ter ese tipo de comportamento apesar de ser doces debido ao extrs que lle supon vivir nun entorno cerrrado.Ningun animal por ningunha causa debe estar encerrado por simplemente disfrutar deles en sitios como Nova York ,Madrid...

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 22:24

Como vexo nos comentarios, e estou dacordo con eles, todos coincidimos en que a palabra que mellor describe o feito de meter un animal nunha gaiola é "cruel", ben sexa simio, paxaro ou orca. Non creo que exista diferencia entre encerrar nun espazo moi pequeno a unha pomba e encerrar nun espazo de 500 metros cadrados a unha orca, sexa o que sexa, é encerrar, é privar da liberdade e iso a ningún ser vivo lle pode gustar.
Por outro lado, os golfiños resultan especialmente interesantes porque son semellantes a nós. Son animais que interactúan cós humanos, que padecen sentimentos e que buscan relacionarse. Ademais resulta fascinante como un mamífero pode pasar tantísimo tempo sen respirar e moverse tan ben polas augas. Todos os animais son increíbles no seu aspecto e interesantes de observar pero os golfiños son dignos de ver e por iso é tan famoso un espectáculo con estas criaturas.

fab-sofiac-
astineiras
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 22:26

Se con especial queres dicir que por qué nos chaman máis atención que por exemplo os diferentes paxaros que poden estar nas mesmas condicións de ser una espectáculo, pois eu creo que é porque esteticamente tanto as orcas como os golfiños son uns animais espectaculares, e no caso da orca dunhas dimensións moi chamativas, no golfiño por exemplo da a sensación de ser un animal moi cariñoso e por eso tanta admiración hacia eles, normalmente a xente prefire ver un espectáculo dunhas orcas ou duns golfiños que doutro tipo de animais, xa sea por as diferentes cousas que fan ao ser adestrados ou porque son animais bonitos. Ao parecerse máis que outros animais a nós, o simio sentirá o mesmo ca nós ao estar encerrado nunha gaiola, sen poder facer nada. Hay algúns lugares nos que teñen aos simios soltos por unha especie de selva, mentres son pequenos os teñen nunhas gaiolas para vixialos de cerca e incluso alimentalos, pero a medida que van crecendo os levan á selva para que aprendan a trepar, buscar alimentos pola súa conta e os deixan vivir libres. Pareceme moito mellor que telos sempre encerrados e que non podan ser como eles son, que teñan que ser como unhas persoas lles fan ser, comendo o que lles dan e sen poder valerse por eles mesmos.

fab-yamila-
yelpez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 22:33

Supoño que o máis interesante das orcas e os golfiños para os seres humanos son as diferenzas que temos con eles. Ver como nadan é precioso, fan cousas moi graciosas e polo menos a mín, pareceme curiosa a maneira de desenvolverse na auga. No caso dos monos creo que é todo o contrario, o "gracioso" é velas similitudes que chegamos a ter con eles. E con respecto a engaiolar monos, tampouco estou dacordo.

faa-fatima-
lago
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 22:37

Keiko é o nome dunha orca macho que é coñecida mundialmente pola súa participación na saga de películas "¡Liberen a Willy!". Esta orca foi capturada preto de Islandia en 1979, cando aínda era una pequena orca que precisaba da súa nai para sobrevivir. Despois da súa captura, vendeuse a un acuario islandés, e dende ahí estivo de parques en parques, ata que se quedou no parque de diversións Reino Aventura (en México). Keiko actuou neste parque durante 10 anos, volvéndose moi popular. A comezos dos anos 1990, foi descuberta por cazatalentos de Hollywood, quenes buscaban unha orca amaestrada para participar na película "Liberen a Willy", que se convirteu nun dos filmes máis vistos durante 1993, dándolle fama mundial. Pero pouco despois, a realidade sobre as condicións de vida desta orca saíron á luz. Unha revista publicou un artigo onde se deu a coñecer as condicións nas que vivía Keiko, xa que medía 7 metros 30 centímetros de longo e o seu estanque tiña unha profundidade de 6 metros 30 cm, quedando moi claro que esta orca xa non cabía no seu estanque. Esto motivou a iniciar unha campaña para devolverlle a súa liberdade, sen embargo, antes de liberar a Keiko había que acostumala a vivir na súa hábitat natural. O primeiro paso foi construír unha inmensa piscina equipada con rochas mariñas e auga salgada. O seguinte paso foi levala á bahía onde fora capturada anos antes, pero moitas persoas aínda dubidaban de que esta orca puidese desenvolverse unha vez que quedase en liberdade, pero a pesar disto seguiuse co proceso de entrenar a Keiko para a vida salvaxe, onde recibía sesións de nado en mar aberto. Finalmente foi liberada, pero a pesar disto, Keiko sempre tendía a achegarse á costa onde se atopaban as persoas, e sempre andaba moi solitaria, debido a que non sabía comunicarse con outras orcas. Finalmente morreu cuns 27 anos, unha idade avanzada para unha orca en cativerio, pero unha idade moi pequena para unha orca que permaneceu toda a súa vida en liberdade.
Esta historia conta a vida dunha orca, e da moito que pensar. De verdade son tan importantes os cartos deixando ao marxe a estos animais? Esto é un claro exemplo de que non todo é o que aparenta ser, porque dende logo, o trato que aparentaba recibir non se asemella para nada ás condicións que vivía na realidade. E está claro que é moi cruel capturar unha orca e darlle unha vida así, e en realidade vale a pena só por participar nunha película? Eu non creo que valla a pena.

faa-veroni-
canoya
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 22:49

Ó igual que o eslogan do filme, opino que non debemos capturar o que non podemos controlar, xa non pola seguridade da nosa vida, senón tamén pola seguridade da vida dos animais.
Non se debe someter a un animal a entrenamentos nos cales, a base de golpes, aprende a facer piruetas, xa que estes animais non están feitos para ser domados, senón para vivir libres, e deste modo o animal estrésase, actuando de forma violenta ó contacto humano. Por moita diversión e beneficio que den, a día de hoxe temos moitos medios para entreternos, sen precisar facer dano a animais.
Respecto das persoas que defenden que é necesario ter a estes animais engaiolados para poder estudar o seu comportamento, penso que non podes estudar a un animal nunhas condicións coma esas, xa que vai ser moi diferente a personalidade dun animal que está libre á dun que non, xa que non terá relación con animais da súa especie nin doutras, non buscará alimento xa que está acostumado a que llo den... Comportamentos totalmente diferentes ós que os animais en liberdade teñen.

faa-manuel-
montes
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 22:53

Paréceme unha mala idea manter aos animais en cautiverio. Eles deben ser libres e non vivir encerrados en recintos pechados, sen poder facer nada máis que acrobacias e trucos para que a xente os observe e pasen un bo rato. Non me extraña nada que esa candorca acabara matando a esas persoas.Tamén nun zooloxíco de Copenhague asesinaron a unha xirafa de 18 meses ( edad na que alcanza a madurez sexual) só porque os seus xenes eran moi similares aos xenes das otras xirafas. Nas xirafas, esa similitud dos xenes incrementa a posibilidade de xenerar danos na súa descendencia se se chegara a reproducir; pero non me parece motivo suficiente para matar a un animal, seguramente habería algun modo de mantela con vida e sen que supuxera un risco para as demais xirafas. Pode que haxa zoos que non "maltraten" aos animais tanto, pero igualmente os animais necesitan estar en liberdade.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.105 segundos.

Os comentarios están pechados.