Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 17:21

Por supusto que se debería ter a mesma consideración, baixo o meu punto de vista. Pero hai paxaros que si se adaptan a ser animais de comapñía, como o caso dos cans. Por outra parte penso que tamén hai que deixar aos paxaros saír da gaiola, no meu caso por exemplo, a pesar de estar na xaula, soemos soltalo aínda que sexa coas ventás cerradas para que poida voar de vez en cando, xa que precisan exercitar as ás. Por outro lado, como di Aida, o espazo non é o mesmo, pois as candorcas precisan a liberdade do océano para nadar, e nun acuario destes síntese ''encerrada'' de algún modo. E para rematar e tamén estou dacordo con Aida, o perigo para os humanos non é o mesmo.

faa-begona-
suarez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 17:34

Eu opino que cada animal debería estar no seu lugar correspondente da natureza, non en xaulas ou parques acuáticos, pero aínda así, non é o mesmo meter a una orca nun parque acuático que meter a un paxaro nunha xaula. Unha orca é máis grande, necesita máis espazo e os humanos corren máis riscos estando cerca delas nun parque acuático que no mar. E un paxaro, aínda que a xaula sea moi grande nunca terá esa liberdade que podería ter na natureza.

faa-igonza-
lez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 17:38

Para mín, tal e como dixen no meu anterior comentario, paréceme antinatural manter os animais que son propios de estar na propia natureza, libres e podendo disfrutar do seu entorno. Pola mña parte, é o mesmo o de meter en cativerio as orcas e os paxaros, porque teñen pouco espacio para poder vivir e tamén porque non son un xoguete.
É moi divertido ter un paxaro na casa, pero si o tes nun lugar onde estea libre (como algunha xaula moi grande), pero claro, para iso tes que ter ou ben, unha casa grande, ou algunha granxa onde poidas telos. Tamñen hai especies que son domésticas, nese caso non me miportaría, debido a que están acostumados, por dicilo de algunha maniera.
En resumo: estou en contra de manter os animais "salvaxes" en xaulas ou acuarios.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 18:11

😉
Que ten de especial unha orca ou un golfiño para un ser humano? É un simio? Que opinades de meter un simio nunha gaiola?

faa-cristi-
naguillan
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 18:35

Na miña opinión a práctica de espectáculos con animais salvaxes é das cousas máis irracionais que podemos chegar a facer os humanos. Un animal salvaxe non é feliz estando preso xa que non é o seu estado natural, e moito menos un animal tan grande como é a candorca para o cal reproducir o seu medio natural é imposible. Non apoio para nada a idea de que hai que manter a estes animais en cativerio para o seu estudo, posto que moi pouco podes estudar dun animal en cativerio e estando adestrados dese xeito, posto que en ningún caso actuarán como o farían no seu medio salvaxe e por tanto os datos do estudo serían inútiles. O que me parece unha enorma mentira que digan é que estes animais non sufren danos, tanto psíquicos como físicos, posto que para conseguir que fagan acrobacias e demáis para o ocio humano teñen que adestralos, chegando a telos varios dias apartados en pequenos tanques ou sen comer. Ademáis hai que ter en conta tamén que estes animais pasan de nadar na inmensidade dos océanos a estar en tanques de poucos metros cúbicos no caso dos animais mariños. Deste xeito pareceme inconcebible que nos mintan e nos digan que estes animais non sofren ningún dano. Boa mostra disto é o número de ataques de candorcas en liberdade e en cativerio: en liberdade non existe ningún ataque de candorca e non porque non teñan ocasión, mentres que en cativerio si que se observan ataques aos entrenadores, chegando a haber mortos, reflexo do dano psicolóxico que sufren.
A conclusión é sinxela: como ben di o eslogan da película non captures o que non poidas controlar, posto que en canto as cousas se compliquen non vai haber nada que poidas facer, estes animais non están feitos para vivir en cativerio.

faa-santia-
goescudeir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 18:40

Non estou dacordo con encerrar os animais, sobre todo os salvaxes. Son animais que non poden estar en catividade sen afectarlles ao seu organismo. O exemplo dos zoos non me parece tan grave, xa que adoitan ter uns bos coidados, e a pesar de ver reducido o seu hábitat, non é o mesmo que nos circos por exemplo, que transportan animais peculiares en condicións normalmente malas durantes moitos kilómetros por carretera, con grandes variacións de temperatura entre outros factores. Ademáis, nestes negocios, adestran os animais salvaxes que teñen para facer espectáculos cos mesmos, que nos poden resultar graciosos, pero que detrás dunha actuación na que un tigre pasa por un aro ardendo, hai moitas horas e intentos a base de golpes e maltratos, que non fan máis que torturar os animais.
O caso dos zoos non me preocupa tanto, porque normalemnte os coidadores teñen formación e os espazos nos que viven os animais están bastante adaptados ao hábitat orixinal, a pesar da reducción de espacio, lóxicamente.
Na situación de meter unha balea por exemplo, paréceme algo moi negativo, xa que se usan para facer espectáculos como nos circos, algo que non me parece ben. Ademáis, debido ao seu tamaño, estes aniamis precisan grandes espacios nos que poidan nadar cómodamente.

faa-santia-
goescudeir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 18:47

En canto ao tema dos paxaros, son animais que precisan espazo para voar libremente, e volvemos á dificultade de reproducir o seu hábitat co considerable suficiente espazo para que se sentiran cómodos. É evidente que, quen ten dous periquitos na casa ou calquera paxaro que venden como domésticos, non os ten nunha gaiola xigante, xa que resultaría difícil encontrar sitio para poñela e sería moi cara. Hai paxaros moi adaptados a vivir en cativerio, que non parece que sufran por encontrarse nese estado con limitacións. Así que supoño que se poden facer excepcións en canto aos paxaros, pero non intentar meter unha gaivota nunha gaiola de periquitos para tela na casa, por exemplo.

faa-cristi-
naguillan
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 18:53

Supoño que o que un humano ve atractivo ou interesante nun golfiño ou nunha orca é que lle resulta espectacular a súa anatomia, o xeito no que se moven na auga e a capacidade que teñen de aprender. Ser mamíferos permítelles aguantar bastante tempo fóra da auga, o que lles capacita a facer acrobacias.
No caso dos simios e de calquera outro animal salvaxe en xeral teño o mesmo criterio de opinión, non son partidaria de manter a estes animais en xaulados para disfrute humano posto que ainda que ás veces parezan felices nono son nin a metade do que poderían ser e todo porque nos resultan graciosos porque en ocasións teñen un comportamento similar ao noso, básicamente porque compartimos antecesor evolutivo.
Considero que do mesmo xeito que a un humano, ainda estando acostumado a vivir en oucos metros cadrados, non lle gustaría estar enxaulado, como pode haber xente que conciba que aos animais non lles importa?

faa-cristi-
naguillan
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 19:09

Citado de faa-santiagoescudeiro en March 27, 2014, 18:47
En canto ao tema dos paxaros, son animais que precisan espazo para voar libremente, e volvemos á dificultade de reproducir o seu hábitat co considerable suficiente espazo para que se sentiran cómodos. É evidente que, quen ten dous periquitos na casa ou calquera paxaro que venden como domésticos, non os ten nunha gaiola xigante, xa que resultaría difícil encontrar sitio para poñela e sería moi cara. Hai paxaros moi adaptados a vivir en cativerio, que non parece que sufran por encontrarse nese estado con limitacións. Así que supoño que se poden facer excepcións en canto aos paxaros, pero non intentar meter unha gaivota nunha gaiola de periquitos para tela na casa, por exemplo.

O termo "adaptados" é moi interpretable, xa que que sexan animais de non moi gran tamaño non indica que sexan felices no pequeno espazo dunha xaula das que se poden atopar nunha paxarería calquera. De todos xeitos, para chegar a que estes animais se "adaptasen" á vida en cativerio tardaron moitas xeracións, e coma sempre, queremos estes animais en cativerio por ocio, porque nos resultan bonitos ou graciosos.

faa-larafe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 19:19

Tamén hai que decir que estes animais en cautiverio, xa están acostumadas a ese habitat, en donde a comida, a pesar de que imite o que comen, non é igual que atrapala ti mesmo na natureza. Estes animais se se aprobase unha lei en contra de espectáculos e se deixasen en liberdade, acabarian morrendo, xa que non saberían como desenvolverse nun ambiente salvaxe. En parte é bo deixalos enxaulados, non coñecen outra cousa, aínda que eu estou en contra de esta práctica.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.077 segundos.

Os comentarios están pechados.