Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
fab-martar-
odriguez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 20:07

Na miña opinión non é o mesmo un paxaro ca unha orca. Unha orca necesita un espazo grande donde se poida mover con liberdade semellante a un océano para que se sinta cómoda, un paxaro tamén necesita o seu espazo pero non é o mesmo, con ter unha xaula que se condiciona a cantidade de paxaros que haxa xa está. Pero tamén e certo que hai paxaros que necesitan estar en liberdade como as gaivotas ou corvos, non é o mesmo ca unha piriquitos ou canarios que xa son animais domésticos.

fab-gretag-
eorgieva
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 20:37

Cando se pensa nunha orca en cautiverio considerase algo malo, cruel que vai encontra da natureza,encontra da liberdade dos animáis. En cambio cun paxara enxaulado considerase algo mais natural e en certo punto é certo xa que si un paxaro nunha xaula que teña as condicións necesarias e preferible a unha orca en cautiverio nun acuario xa que en comparación co espazo que teñen nos océanos e moito mais grande que un acuario por moi grande que sexa non é suficiente.

fab-sporto
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 22:11

Estou totalmente de acordo co slogan do filme. Na miña opinión penso que calquera animal lle gusta a libertade isto quere decir, ser libre e non estar en lugares pequenos e sos. Por outra banda, a todos nos gustan ver os espectáculos dos zoos pero se realmente pensamos o que están a sufrir eses animais moi pouca xente iría a ver esos espectáculos xa que son maltratados. Por outra banda, por moito que queiras controlar un animal non vas ser capaz, uns días pode ser ou incluso un par de anos pero o animal sempre se vai acabar cansando.
Dende o meu punto de vista é o mesmo a libertade que ten que ter un paxara ca unha orca xa que os dous necesitan dun espazo suficiente para vivir e como ben dixen antes é moi importante a libertade que teñen que ter todos os animais.

fab-jairot-
roncoso
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 22:56

É moi bonito, ir a un concurso ou algo por este estilo, a ver este tipo de mamíferos acuáticos, facendo malabarismos... etc. Pero estou dacordo co eslogan do filme. É moi bonito ver estos animais, pero en liberdade, así, disfrutamolos nós e tamén disfrutan eles. Estos animais son impredecibles, son simplementes animais, e non se saben como poden chegar a reaccionar.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 00:04

Calquera tipo de animal ten dereito á liberdade e non debe estar enxaulado mais eu considero que existen diferenzas á hora do tipo de animal do que se trata, por exemplo, no caso dun can pechado no recinto dunha casa cun espazo amplo para que él se poda desprazar con liberdade, eu non o considero como algo negativo debido a que tamén neste caso se saca de paseo, e xa de por sí está máis vinculado ao trato coas persoas porque dende hai anos se leva adestrando e dicimos que está domesticado, considerandoo así como un animal de compaña. Do mesmo xeito, eu non vexo tan ben que se teña un can nun piso, aínda que segundo a raza do mesmo hai posibilidades de que se adapte ben ao entorno, eso sí, precisando que se saque máis veces ao día para que poida facer as súas necesidades biolóxicas.
No caso dos paxaros como dí Victor, hai paxaros que "poden" estar enxaulados porque se ti soltas agora un periquito ou un canario aquí morrerá, debido a que están acostumados a vivir desta forma e non serían capaz, excepto que se fosen adaptando lentamente de novo ao novo entorno, do mesmo xeito que hai canarios salvaxes pero non na nosa situación xeográfica, liberalos sería o mesmo caso que abandoar a un can, non están adaptados a esta situación, á de vivir en liberdade, están adaptados a que nós os coidemos e alimentmos e ao contrario que se alguén captura a un paxaro salvaxe como sería unha anduriña e a cerra nunha xaula, morrerá porque precisa de estar libre e non está adaptada a estar pechada xa que neste caso é tamén unha ave migratoria.

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 00:26

Se ben é certo que as candorcas teñen un tamaño maior ao dos paxaros e os espacios que os zoolóxicos lles designan ás aves son maiores en relación, tampouco creo que se debese engaiolar a estas últimas. Hai algunhas especies que poden ser domesticadas, mais as aves deberían ter amplos espazos para poder facer o característico delas: voar.
Por outra banda, a cetraría (que orixinalmente consiste en que as persoas entrenen aves rapaces para que estas lles axuden a cazar) é unha actividade bastante presente e máis permisiva e respectuosa co animal do que a exposición de candorcas supón, aínda que nos zoolóxicos se realicen exhibicións de cetraría con finalidades lúdicas.
A pesar disto, paréceme máis adecuado que as aves habiten en liberdade, e no caso de querer observalas temos á nosa disposición reservas naturais nas que con un pouco de sorte poderemos divisalas no seu hábitat.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 00:35

Basicamente, eu penso que todo depende do tipo de animal e o nivel de relación coas persoas, non é o mesmo ter un lobo que foxe das persoas ca un can que se achega a elas malia ser parentes, no caso do can sería esta a súa taxonomía, familia Canidae, xénero Canis, especie Canis lupus e subespecie Canis familiaris e no caso do lobo estoutra, familia Canidae, xénero Canis, especie Canis lupus, segundo as súas taxonomías vemos que comparten entre sí todo excepto a subespecie, que é a principal diferenza que aínda que en parte os separa pode chegar a facer que se parezan, causando un comportamento primitivo como o de cazar por exemplo, e de aquí tamén comparten rasgos físicos aínda que nalgúns non son tan visibles debido aos cruces que levamos feito ao longo do tempo para conseguir máis especies.
No caso do can, a subespecie Canis familiaris xa indica que está adaptado a estar preto das persoas (familiaris) e cabe citar que os cans levan ao noso lado máis de 10.000 anos e aínda que algúns quizáis conseguiran vivir en liberdade se os liberásemos non están adaptados a tal feito e outros como o chiguagua, por exemplo, non conseguirían sobrevivir sen nós.

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 00:38

Certo é que hai paxaros domésticos, por exemplo os canarios. Pero iso é algo que se conseguiu pola intervención do ser humano que obligou a esas especies a adaptarse ás gaiolas. Respondendo á pregunta, si, paréceme o mesmo encerrar a unha orca salvaxe e a un paxaro salvaxe. Unha orca necesita todo o océano para poder sentirse libre e un ave necesita poder voar. É como roubarlles a independencia. Que pensaría un humano se de pronto é obligado a estar sentado o resto da vida? Para que ten pernas se non pode saír a fora a camiñar e ir a todas partes? Para que ten ás un paxaro engaiolado se non pode voar? Quedará un pouco dramático o que digo, pero é a mesma crueldade. Ainda así eu tiven paxariños domésticos na casa e de vez en cando deixábaos voar pola casa. O que non se pode e engaiolar un corvo ou unha gaivota como ven dixo Marta, iso é todavía máis cruel e xeralmente a xente que captura aves salvaxes para telas na casa rematan por morrerlles de pena.

fab-yamila-
yelpez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 16:44

Por suposto, non hai distinción entre un paxaro e outro animal. Tódolos seres vivos teñen dereito a ser libres. De feito, sobretodo no caso dos paxaros pareceme especiaalmente cruel telos enxaulados. Eu teño unha gata, pero é un animal doméstico que ademáis ten espazo para correr e facelas súas cousas de gato, en cambio un paxaro non ten ninguna opción nunha xaula. Persoalmente, non sei como de estreita pode ser a relación dunha persoa co sru paxaro, pero está claro que non sr lle pode dar o suficiente cariño como para que esa vida valga a pena. Ter animais "de decoración" paréceme tan cruel como telos nun zoo ou nun labotatorio.

faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 27, 2014, 17:06

Na miña opinión, calquera animal sacado do seu medio para expoñelo coma se non sufrira está sendo dalgún xeito maltratado.
Tilikum é un claro exemplo deste maltrato. Os grandes mamíferos mariños sofren moito cando se lles encerra nun acuario, xa que aínda que pareza que sí, non teñen espacio suficiente. Ademais, vense obligados a convivir con especies coas que ás veces non están acostumados a vivir, e todo isto un espacio moi reducido. Por moito que queiramos tratar de simular os seus hábitats, o animal é perfectamente consciente de que non está onde debería, e agóbiase. Como creedes que se sinten os osos polares nos zoos? Ou un tigre nun circo, sendo transportado dun lugar a outro, sen poder correr o que necesita ou facer o exercicio suficiente? Por moito coidado que se lles dea as súas adaptacións non son as adecuadas para o sitio onde están sendo obligados a estar, e sofren moito máis do que podemos chegar a imaxinarnos.
Se xa nos poñemos a falar dos métodos que se adoitan usar para adestrar estes animais, paréceme completamente normal que se poñan á defensiva. Todos sabemos que na gran parte dos casos utilízase a violencia para que o animal asocie "Se fago tal cousa vanme facer dano", e moitos acaban poñéndose en contra dos seus adestradores, e cando isto pasa nas noticias os malos son os animais por suposto.
No caso de Tilikum, penso que o animal o único que quere é que o liberen, porque está prácticamente tolo.
A primeira morte que ocasionou (él e as súas dúas compañeiras Haida II e Nootka IV) debeuse a que agarraron á adestradora e foron pasándoa uns a outros coa boca, polo que morreu. Este tipo de actos non son propios das candorcas. Unha candorca non se pon por instinto a maltratar a outro ser vivo xogando con él, senón que é algo adquirido.
A segunda morte produciuse cando un home entrou no tanque de Tilikum sen permiso, polo que se supón que a candorca se puxo á defensiva e o atacou. Como se pode ver, a culpa é da candorca segundo os medios, non do home que se colou no seu tanque.
Tras estas dúas mortes e a de outra adestradora a candorca foi sacada do espectácula e retida en cautividade soa, o que penso que debeu empeorar a súa "tolería".
Aínda que todos os medios queiran deixar a Tilikum coma unha criatura cruel, eu penso que crueis son os que se aproveitan dunha pobre candorca só porque é "unha raza inferior", porque da cartos e porque é un semental.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.127 segundos.

Os comentarios están pechados.