Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
fab-elisap-
erez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 15:32

Está claro que facemos moitas cousas sen pensar nas consecuencias. Exemplo disto é o tema da liberdade dos animais. Os animais teñen todo o dereito do mundo de vivir en liberdade, e non estar encerrados en xaulas e obrigados a ser amaestrados. Non é que esté en contra dos zoos, porque fun a moitos nos que os animais vivían en espazos moito máis abertos, e dalgunha maneira, eran máis libres. Pero ver algúns animais encerrados en xaulas pequenas con miles de ollos mirando e facéndolles fotos todo o rato, non é normal, e é un problema. O peor disto é que a moita xente dálle igual, porque cren que non lles afecta.

fab-yamila-
yelpez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 16:30

Pola miña parte estou totalmente en contra de ter animais en cautiverio. Non me parece xusto que as persoas vexamos como algo habitual ir ao zoo, por exemplo. Tampouco creo que esté ben o de telos para estudialo seu comportamento, e o caso desta candorca.. non creo que sexa unha asasina, nin moito menos. É un animal agresivo no seu entorno, eso debería ser o suficientemente concienciador como para non metelas nun tanque a facer piruetas. Por outro lado, é certo que a humanidade sempre utilizou animais para o seu entretenimento (aí temos aos romanos e os números do coliseo) ou sexa que probablemente fagan falta outros 2000 anos de evolución para que nos deixemos de entreter con seres vivos.

faa-begona-
suarez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 16:58

Eu non creo que sexa necesario manter a estes animais en acuarios, xa que ao estar encerrados é cando poden ser perigos, pero en liberdade se non hai antecedentes de ningún ataque, considero que sería o mellor para elas poder estar libres. Nós se nos poñemos no lugar delas non nos gustaría estar encerrados. E estou en desacordo completamente con obrigar a unha candorca a dar saltos e facer piruetas ante o público sen ningunha consecuencia, xa que algo pode saír mal e acabar persoas feridas. E estou totalmente de acordo co eslogan do filme: “Non captures o que non podes controlar”.

faa-nicole-
corbacho
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 17:03

Ten razón o meu compañeiro, non podemos capturar a un animal que foi creado para ser libre, si non eres capaz de controlar o comportamento deste animal non podes enseñar facer cousas que máis tarde non vas saber tampouco de controlalas. Eu penso que este tipo de especies non deberían estar espostos en zoos

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 17:26

😉
En xeral, as opinións que expresades no caso das orcas, van na liña de considerar o cativerio como algo negativo. Opinades o mesmo con respecto aos paxaros enxaulados? Credes que se debe facer diferenzas, á hora de falar de animais en cativerio, en función do tipo de animal de que se trate? É dicir; debería terse a mesma consideración con paxaros ca con Orcas?

faa-sergio-
serantes
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 17:56

Se ben é certo que tanto paxaros coma orcas son animais, non penso que a situación sexa a mesma. Penso que a orca é un animal cun gran tamaño que precisa dun amplo espazo aberto con auga de mar no que vivir, algo que sería costosísimo en caso de levarse a cabo de maneira que o animal se puidese sentir cómodo. Sen embargo, os paxaros son máis pequenos, e teñen un medio moito máis fácil de imitar: árbores e aire aberto, e o espacio que ocuparían sería menor. Asi, considero que é moito máis razoable ter animais coma os paxaros en cativerio que outros coma as orcas, pero isto sempre atendendo ás condicións nas que os teñamos: obviamente non é bo para o animal estar pechado nunha xaula de un metro cúbico, pero podería adaptarse a vivir en recintos de tamaño razoable que imiten o seu medio e lle den a posibilidade de moverse e facer, en certo modo, o que queira.

faa-fatima-
lago
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 18:43

Dende o punto de vista de que todos son animais, e que os animais, xa por natureza tenden a estar en liberdade e nos seus hábitats correspondentes, debo decir que non sería xusto ter un paxaro nunha xaula, ao igual que unha Orca nun parque acuático.
Pero a parte de que os dous sexan animais, non é o mesmo reter unha Orca en cativerio que manter a un paxaro nunha xaula. A maioría dos paxaros que se venden son criados xa en cativerio, co cal están acostumados a vivir nunha xaula, a tratar con personas e a que lle den de comer, e se estes animais se chegaran a poñer en liberdade, a maioría acabarían morrendo, porque non saberían como desenvolverse nun medio no que non foron criados, nin saberían como buscar comida, nin como defenderse de posibles presas, como gatos, etc. Ademáis, un dato curioso é que en algunhas zonas de China é moi habitual saír á rúa a pasear o teu paxaro nunha xaula, coma se dun can se tratase. Pero non todos os paxaros son criados en cativerio, algúns paxaros son capturados no seu habitat e encerrados nunha xaula, nun espacio moito menor a do que eles están acostumados, co cal esto si que non sería xusto, porque non sei se se chegarían a acostumar a vivir nunha xaula.
Ao igual ca unha Orca, que contando as súas grandes dimensións, elas están acostumadas xa por natureza a percorrer os nosos océanos, en liberdade, e non a facer acrobacias por obrigación nun parque acuático.

faa-manuel-
cacabelos
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 19:07

Ó igual que di Fátima Lago no comentario anterior, tampoco creo que sexa xusto manter a un paxaro nunha xaula. Un animal nunha xaula non é libre, non é feliz, ó igual que un can amarrado permanente. Isto é o que lle ocorre nun zoo, están atrapados nunha xaula só para unhas cantas persoas disfrutren vendo sufrir a esos animais. Esto non ocurre nos parques naturais, que sí, teñen ós animais encerrados, pero con espacio suficiente para correr e desenvolverse, onde creo que a maioria están alí provisionalmente.
O que máis me pon de mal humor é que haxa animais como as orcas ou delfíns que esteasn amaestrados, para que saltes, e senón saltan castigaselles a paus, mentres que si o fan ben se lle da un pescadiño... paréceme incrible.

fab-andrea-
brea
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 19:46

Dende o meu punto de vista, paréceme igual de mal o feito de ter en coutividade tanto a unha orca coma un paxaro, porque inda que este non sexa tan perigoso coma unha orca, segue a ser algo que vai contra a natureza; o ser humano fai isto para así poder satisfacer os seu desexos, e moitas veces non se dan conta do dano que están a causar no seu redor. Porque, que un paxaro, ou onha orca, sexa un animal non quere dicir que xa perda todo o dereito a liberdade. E é por isto, que non é que me pareza ben nin moito menos o que lles pasa a esas persoas, parecéceme xusto, xa que eles quitáronlles a liberdade.

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 19:48

Na miña opinión non é o mesmo un paxaro ca unha orca, pero todo depende do espazo, non é o mesmo unha orca nun acuario que para ela semella un vaso de auga en comparación co océano, ca un paxaro nunha xaula que segue sendo inxusto para eles ter que estar encerrados como din os meus compañeiros pero creo que o caso non é o mesmo. Ademais, no caso das orcas o perigo non só existe para eles senon tamén para as persoas e os entrenadores, no caso dos paxaros o perigo que pode sufrir unha persoa non se asemella.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.091 segundos.

Os comentarios están pechados.