Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:BLACKFISH TEMA CERRADO
fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 22:30

Por suposto que os animais deberían vivir en liberdade, sen as restriccións que lles impoñemos, e os candorcas tamén. Non obstante, no caso de algunhas especies en perigo de extinción ou ameazadas a causa de ser obxectivo da cacería furtiva, cómpre tomar medidas para a protección dos animais.
Volvendo ao tema do que trata o documental, capturar candorcas e entrenalos para expoñelos posteriormente ante un público para o seu lecer paréceme un procedemento cruel e innecesario. Ademais, actualmente en certas partes do mundo hai pequenas excursións nas que se poden observar diferentes cetáceos no seu hábitat natural, en liberdade.

fab-andrea-
romero
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 22:32

Na miña opinión as candorcas non deberían estar en cativerio, nin as candorcas nin calquer outro animal debería estar sometido a ese sufrimento, sempre estiven en desacordo cós zoos, circos, acuarios… de feito non me gusta ir porque me dan moita pena os pobres animais que alí se atopan, é como se a nos nos capturasen e nos vísemos obrigados a estar nunha habitación pechada polo resto das nosas vidas, ou incluso peor, exclavizados, como no caso desta candorca, como outros animais, que teñen que facer o que outros seres lle mandan por unha mísera recompensa.
Paréceme lamentable que fagan sufrir a esos animais por diñeiro, hay maneiras de conseguir diñeiro sen que se faga dano a outros seres vivos.
En verdade para algúns de nós é fantástico ver a eses animales facendo espléndidas piruetas, pero seguramente nadie pensa no que supon para eles facer todo iso, e claramente non se pode evitar que se produzcan accidentes, e un accidente con unha besta dese calibre pode chegar fácilmente a provocar a morte. Sinnceiramente o animaliño non ten culpa de nada, a culpa é tanto das persoas que permiten eses espectáculos coma das persoas que o van ver.
Por último decir que estou totalmente de acordo co eslogan do filme:"Non captures o que non podes controlar", resume perfectamente as situacións que se dan de mortes de adestradores por calquer mínimo fallo que teña o animal.

fab-gretag-
eorgieva
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 23:24

Todos fumos algunha vez ao zoolóxico ou ao circo,onde se poden atopar animáis de moitas especies e tamaños,presos de algunha ou outra forma,coma xaulas ou acuarios.Considero que é unha forma de entreter as persoas cruel e innecesaria.todo animal debería ser libre e vivir no hábitat que lle pertence,porque pensó que ningún ser humano lle gustaría vivir enxaulado evadestrado

fab-gretag-
eorgieva
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 23:33

Para servir de pasatenpo aos demais. É normal que estés animáis se rebelen e ataquen aos seus amaestradores, xa wue todo ten un límite.
Respecto ao eslogan que se emprega no documental "blackfish" estou totalmente dacordo, pois estés animáis non están preparados nin para ser amaestrados,nin para ser animais de companía moito menos para ser obxecto de lecer.

faa-fatima-
lago
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 23:46

A candorca é un animal, que como ben se pode comprobar, precisa vivir en liberdade, e un factor que contribue a apoiar isto é que as candorcas adoitan habitar en grupos familiares dende 3 a 150 individuos, o cal supón que reter unha candorca nun acuario supón mantela illada, todo o contrario a como estos animais soen estar, e aínda que en parques acuáticos os adestradores estén con elas e lle fagan compañía, non é o mesmo.
Por outra parte tamén cabe mencionar o tema económico polo que moitas candorcas son capturadas para realizar espectáculos con acrobacias en zoos e parques acuáticos. Todos sabemos que ver a un animal na auga facer acrobacias e algo que aos cativos, (e non só aos cativos) lles encanta, co cal atraería a moita xente e tamén consigo moito diñeiro, polo que podo chegar a pensar que en algúns casos o único que importa é o diñeiro, e olvídanse do benestar do animal, pero todo isto é a miña opinión. Ademáis, se xa se teñen probas de que estes animais en cativerio poden chegar a resultar perigosos para os humanos, por qué retelos? Se non hai probas de que estes animais no seu espazo natural sexan feroces, cabe pensar en mantelos en cativerio? Polo que a min respecta, non hai dúbida ningunha. Non podemos pretender amansar a todo animal que queiramos, unha candorca non é o mesmo ca un can, empezando porque xa non ten o mesmo comportamento que un golfiño.
Respecto ao eslogan do filme, "Non captures o que non podes controlar", estou dacordo, porque nesas poucas palabras vese reflexado o que se tenta explicar sobre a liberdade ou o cativerio destes animais.

fab-noerod-
riguez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 23:46

Eu opino que os animais non deberían ser engaiolados indefinidamente. Como moito, capturalos durante un tempo para investigalos, saber máis sobre eles, e despois liberalos (aínda que pode que non sexan capaces de volver a relacionarse co medio como antes). Os animais viven en liberdade, por que deberiamos alterala? O humano somete aos animais grazas á súa mente "superior" e capacidade de razoamente. Desde este punto de vista poderiamos tratar o reino animal como unha sociedade de dous estamentos: A clase alta (o home) e a baixa (os animais), que "traballan" para o home, quen ten maior poder. Pode que este exemplo se alonxe un pouco da realidade, pero é un punto de vista (aínda que un pouco esaxerado...). En resumo, paréceme mal o sometemento de animais á raza humano, pero tamén hai que dicir que non avanzariamos tanto sen eles.

fab-marcos-
daporta
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 25, 2014, 23:51

Persoalmente nunca fun a un espectáculo de este estilo, polo menos que eu recorde, pero penso que obligar a un animal de este estilo (salvaxe e non domesticable) a facer greguerías para o deleite de catro gatos ten que ser un martirio para eles, e o mesmo penso dos circos.
Pola contra estou a favor dos zoos. A xente cando pensa nun zoo pensa nun lugar cheo de xaulas onde os animais dan voltas tristes esperando que unha persoa lles lance un trozo de polo a cara e iso non é así, ou non debería. Os zoos deberían ser grandes fosas nas que os animais tivesen espazo suficiente para correr e xogar mentres que as persoas puidesen velos cun fin didáctico e lúdico tamém. Que diferenza hai entre un animal doméstico ó que o tes encerrado prácticamente todo o día e sacalo a pasear 2 ou 3 veces o día? (se é que o fas, hai quen os deixa na finca). Penso que é hipócrita, como se os cans e gatos non fosen animais.

faa-larafe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 11:05

As candorcas son animais salvaxes, e non se debería telas en parques acuaticos nin enxauladas para analizar o seu comportamento, o igual que non se deberia de facer con outros seres vivos. Estas, ó sentirse amenazadas, obrigadas a facer saltos e piruetas, acaban acumulando rencor hacia os seus adestradores, que lle obrigan a facer todo tipo de espectáculos, así que non é de extrañar que lles ataquen, mentres que en liberdade non se rexistra ningún caso de morte por candorcas.
Este filme ten toda a razón, non deberían atraparse a animais que son difíciles de controlar, o único que queren é estar en liberdade cos seus familiares, nun espazo aberto onde poden moverse tranquilamente. A parte moralizadora desta filmatografía é aplicable non só a este animal, sen non a outro tantos que son exibidos en zoos, onde pasarán a súa vida en cautiverio.

faa-manuel-
cacabelos
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 14:31

Non sei como se pode consentir que se maltraten así ós animais. Como pode haber lugares onde os animais esten en xaulas, só para entretenernos? A gran maioria dos animais sofren ó estar encerrados, eu creo que estarían mellor libres, nun parque natural
Referindome ás baleas e delfíns, non podemos pretender que un depredador como unha orca salte por un aro sen esperar que non se nos revele. Opino que esa candorca non merece a morte, senon a liberadade, un animal non ataca así como así, creo que ataca porque está encerrada, nun sitio moi pequeno para ela, sen poder nadar ó seu gusto.

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: BLACKFISH
on: March 26, 2014, 14:53

Eu estou totalmente en contra de que se capturen animais para expoñelos ao público. Este tipo de animais non estan feitos para vivir en tanques de auga senon para vivir nun espazo grande como é o océano. No foro dise que hai xente que defende que é necesario manter a estes animais en tanques de formigón para estudalos por se sofren estrés pero eu creo que sofren máis estres cando están encerrados, non me refiro a que non haxa que preocuparse por eles, pero tampouco hai que telos encerrados toda a vida e moito menos para o noso disfrute de velos saltar e dando voltas. Logo ocorre o que se mostra no documental, mortes de varias persoas e entrenadoras. Este documental paréceme un bo método para mostras á xente o que de verdade ocorre tras o bonito do espectáculo.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.093 segundos.

Os comentarios están pechados.