Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Autor Tema:Queres transxénicos? TEMA CERRADO
fab-marcos-
daporta
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 01:07

Os transxénicos teñen os seus inconvintes, pero tamén as súas ventaxes. Cando pensamos neles nos ven á cabeza comida "tóxica", "no natural"... Pero non só é comida. Recentemente uns estadounidense fabricaron unha planta de algodón que produce "bolas" de algodón máis grandes e resistentes (Sí, o algodón ven dunha pranta). Outra utilidade podería ser modificar as prantas que dan látex http://es.wikipedia.org/wiki/L%C3%A1tex, para aumentar a súa producción de savia.

É mentira iso de que cos transxénicos úsanse máis pesticidas, herbicidas etc, de feito inventáronse para iso, para reducir o uso de estes pero pola contra estes productos PODEN CONTER químicos que sexan perxudicias, ó igual que poden conter cousas malas para o organismo pode conter cousas boas. É certo que deberían ser máis investigados neste tema.

O verdadeiro inconvinte dos transxénicos é que desequilibran o ecosistema e destrúen a biodiversidade, estas prantas acaban facendo desaparecer a outros cultivos.

Por outro lado, aumentan a producción de alimentos, e nun planeta no que a población está crecendo a un ritmo exponencial moi alto, a producción de alimento non o fai e calquer invención o descubremento que axude a reducir o uso de químicos ou aumentar a producción de alimentos é benvido.

Quero dicir con esto que a favor non estou deles, polo feito de que destrúen a flora e fauna que pode haber no ecosistema no que se pranta pero é, para ben ou para mal, necesaria para producir os suficientes alimentos así que non os vou rexeitar. Tal vez agora non, pero nun futuro sí que será 100% indispensable. Quitando isto opino que debería haber maior control destes productos, que se estudasen máis e que se intentase protexer a biodiversidade con algún tipo de medidas.

Como dato dicir que o 23% do maíz que se cultiva en España é transxénico.

faa-cristi-
naguillan
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 01:41

Na miña opinión non se pode ter unha visión radical a favor ou en contra sobre un tema tan extenso como son os alimentos transxénicos. Estes alimentos deben ser valorados en función do motivo da súa mutación xenética. Este termo non adoita soar moi ben, sobre todo á xente non informada sobre o tema, que alega excusas do tipo "ao estar modificado xa non é natural e por tanto malo para a saúde" en canto a opoñerse a estes alimentos se refire.
Considero que se debe pensar que estas modificacións como é o caso dos tomates púrpura non sempre son dañinas, senón que en moitos casos poden ser beneficiosas para o organismo e en canto a producción se refire, modificando algúns xenes pódese incrementar a producción dos alimentos, facelos máis resistentes a enfermidades que poidan sufrir, permitir que se conserven durante máis tempo ou permitir que se cultiven en zonas nas que anteriormente era impensable debido ás condicións climáticas.
Por outra banda está a opción de que se produza un fallo nesta modificación xenética e que os alimentos pasen a ser perxudiciais para a nosa saúde. Tamén se pode considerar o factor de que ao introducir os cultivos destes alimentos en zonas nas que hai outros cultivos ou vexetación estes xenes modificados poden pasar de unhas plantas a outras, modificando deste xeito o medio ambiente.
En resumen, creo que os transxénicos deberían ser presentados e explicados á sociedade como o que verdadeiramente e deste xeito quizais non houbese tanto rexeitamento, ainda que respetando o dereito dos consumidores de saber o que consumen etiquetando adecuadamente estes alimentos no supermercado e deixar á súa elección o sonsumilos ou non. Por outra banda, a súa producción debería estar máis regulada para evitar a contaminación do medioambiente con xenes modificados que non terían uso real no medio silvestre e que mesmo podería provocar alteracións non desexadas nel e nos cultivos cercanos.

faa-adrian-
martinez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 11:06

Eu creo que os transxénicos teñen as súas cousas boas e malas.
Como vantaxe teñen que son máis beneficiosos para a saúde e pódense axustar máis ás túas necesidades, por así dicilo son máis " personalizables", pero teñen dous inconvenientes claros e de importancia: en primeiro lugar a falta de control sobre eles pode provocar mutacións noutras plantas e seres vivos ( esto non debería ocorrer se se controla adecuadamente, pero non é a primeira vez que isto ocorre realmente) e en segundo lugar e para min o inconveniente máis importante é o mal que estes cultivos transxénicos lles causa aos pequenos agricultores, xa que se se xeraliza o consumo de transxénicos, os agricultores irían á bancarrota, e non é que agora sexan ricos precisamente. Por ese motivo eu nunca consumiría transxénicos, xa que creo que non merece a pena arruinarlle a vida aos pequenos agricultores por comer cultivos máis bonitos que teñen beneficios para a saúde que tamén podemos obter se comemos adecuadamente.

fab-beatri-
zcasal
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 11:10

Os alimentos transxénicos ao no ser naturais poden ser ameazas para a saúde, como a resistencia ós antibióticos, xa que moitas plantas transxénicas conteñen un xene de resistencia ós antibióticos e tamén poden producir novas alerxias, xa que a maioría dos transxénicos conteñen xenes de virus, bacterias etc. Estes alimentos estraños á dieta dunha persoa poderían aumentar os riscos de novas alerxias, principalmente en nenos e bebés.

fab-raquel-
oliveira
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 11:12

Eu non consumiría productos transxénicos, aínda que os que poidan axudar á saúde si, pero máis ben tomaríaos como se fosen unha mediciña, non deixaría de tomar os naturais.
Estou en contra dos tranxénicos, o caso do que nos falas pareceme un abance bastante bó, e estou de acordo en que se poña ó mercado, do que estou en contra é do aboso dos transxénicos no mercado porque con isto, acabarán por botar ós productos naturais do mercado e deixaranse de producir dando así, unha decadencia considerable neles.
A Administración que permite este tipo de alimentos esixiríalle que se os productos que están a venta son alimentos transxénicos que o identifiquen con unha marca, xa que a veces non o fan, e que estén pendentes de que os transxénicos non saquen importancia ós productos naturais.
Un alimento transxénico pode afectar á nosa saúde de diversos modos, algúns beneficiosos e outros perxudiciais, polo que non se pode ter estrictamente unha opinión a favor ou en contra, aínda que eu esté en contra de todo o que non sexa natural.Os alimentos transxénicos poden supoñer un gran avance na ciencia e poden ser moi beneficiosos na nosa saúde se se desenvolven correctamente,como o caso deste tomate,pero por outro lado que alteren os alimentos só por cuestión extéticas paréceme realmente vergonzoso, é xogar co medio natural.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 11:18

fab-iciaco-res

MensajeRe: Queres transxénicos?
on: February 24, 2014, 01:07
Cita Eliminar Editar
Que non son totalmente naturales, pois utilízanse elementos químicos na súa fabricación. Ás veces estes elementos non teñen porqué ser malos, pero isto non se indica no producto, xa que moitas veces, nin sequera sabemos se o que compramos está modificado xenéticamente ou non.

fab-tcores
MensajeRe: Queres transxénicos?
on: February 24, 2014, 01:33
Cita Eliminar Editar
Estou totalmente de acordo co razonamento da miña compañeira Icía. Os alimentos transxénicos para min non son naturais, xa que son mesturados con elementos químicos durante a súa fabricación, aparte de que existen mesturas extraordinariamente raras, nas que as persoas dudarán en comprar por non coñecer o producto.

😉
Icía mestura cousas no seu razoamento que se alonxan da realidade. A razón é que non buscou información para poder manifestar un criterio acorde coa realidade que se está tratando. Polo tanto Tania, se buscara información, tal vez non dixera que está dacordo con Icia. Cando non saibades dun tema, tentade buscar información na rede, pois é moi fácil e axudaravos a mellorar as técnicas de traballo. Neste caso que estamos a tratar, é necesario para todos e todas.

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 11:19

Os transxénicos, ao igual que moitos outros alimentos, teñen as súas ventaxas e os seus desvantaxas. Debemos recoñecer que non estamos demasiado informados, por dicilo dalgún modo, sobre o mundo dos alimentos transformados xenéticamente, o que fai que moitos de nós non queiramos consumilos simplemente pola mala fama que teñen. Pero non todo é negativo, senón que os transxénicos e, en especial, os tomates de cor púrpura, teñen certas propiedades positivas, como que é un antioxidante que beneficia á prevencón do cancro.
Na miña opinión, se estos alimentos modificados xenéticamente están supervisados e aprobados é porque non son dañinos para a saúde, polo que deberiamos deixar de negarnos a comelos pola apariencia que teñen e consumilos sen medo a que nos fagan dano.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 11:20

😉
Buscade agora, na rede argumentos que apoien a comercialización e o consumo de alimentos transxénicos?

faa-fatima-
f
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 16:12

Os alimentos transxénicos teñen algúns inconvenientes, pero tamén teñen moitas vantaxes, xa que os produtos alterados xeneticamente son moito máis resistentes ás pragas, enfermidades, herbicidas, fungos ou insectos sen a necesidade de empregar produtos químicos, o que produce un aforro económico e menor dano ó medio ambiente.
Outras das vantaxes da alteración do ADN nos alimentos transxénicos é que se lles poden incorporar nutrientes, vitaminas, minerais, proteínas, menores contidos en graxa, etc.
Ademais de todo isto, os alimentos transxénicos permiten un maior tempo de conservación, un aumento da produción, poden axudar a conservar a biodiversidade natural e producen cultivos tolerantes ás secas, entre outras moitas vantaxes.

faa-begona-
suarez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 16:53

Os argumentos para razoar que a sociedade estea en contra dos alimentos transxénicos serían:
Os herbicidas empregados nalgúns casos coma o roundup son tóxicos, polo que serían un perigo para a saúde humana.
Considérase que non se realizaron estudos suficientes para garantizar o control dos perigos do consumo destes alimentos.
Durante o proceso de enxeñería xenética utilízanse xenes que otorgan resistencia aos antibióticos para identificar as células coa modificación desexada. Existe a preocupación de que ditos xenes poidan ser transferidos a microorganismos, orixinando cepas resistentes aos antibióticos.
A utilización de insecticidas aos que son resistentes os transxénicos, provoca que se vexan afectadas e danadas as especies non resistentes que se atopen polos arredores.
As sementes obtidas trala colleita non poden ser sementadas por estes porque as sementes híbridas perden vigor e, en consecuencia, deben ser reemplazadas todos os anos.
O mercado de sementes transxénicas está dominado por moi poucas compañías multinacionais, o que provoca un gran risco de oligopolio.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.107 segundos.

Os comentarios están pechados.