Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Autor Tema:Queres transxénicos? TEMA CERRADO
faa-begona-
suarez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 17:07

Como vantaxes dos alimentos transxénicos podemos dicir:
Posúen unha gran versatilidade na enxeñería, posto que os xenes que se incorporan ao organismo hóspede poden provir de calquera especie.
Pódese introducir un so xen no organismo sen que o resto interfira co resto dos xenes; o que é ideal para mellorar certos caracteres como a resistencia a herbicidas.
O proceso de modificación xenética tarda moito menos en desenvolverse que as técnicas tradicionais de melloramento por cruzamento.
Posibilidade de incorporar características nutricionais distintas nos alimentos.
Produción de novos alimentos.
Aumento na produtividade e na calidade dos cultivos.
Resistencia a pragas e enfermidades coñecidas, por inclusión de toxinas bacterianas.
As plantas transxénicas necesitan menos pesticidas, polo que se reduciría a cantidade de agroquímicos necesarios.

faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 17:23

Como ben din algúns dos meus compañeiros non deberiamos ser tan reacios ós transxénicos, en realidade son necesarios. Pode ser que haxa algunha modificación que debido a un problema ou un erro sexa perxudicial, pero iso non nos permite dicir que todos os transxénicos son perxudiciais, xa que este tipo de erros ocorren constantemente en todo tipo de ámbitos e producindo grandes danos.
Por outra banda, vexo que outros compañeiros están completamente en contra dos transxénicos, opinión que resepeto pero non entendo, xa que os transxénicos son beneficiosos en moitos casos. Paréceme correcto que existan posicións en contra dos transxénicos, o que non me parece ben é que estas posicións queiran retirar os transxénicos do mercado, xa que cada quen é libre de alimentarse como desexe e non me parecería xusto privar a moitas persoas deste tipo de alimentos. A solución é que se vexa claro que alimentos son transxénicos e cales non o son, así cada un poderá consumilos ou non dependendo do seu gusto.

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 17:29

Os alimentos transxénicos, como xa da súa definición ven, son "artificiais" é dicir, van por un camiño contrario ao que a natureza lles propuxo. Dende este punto de vista eu entendo que a maioría das persoas que escoiten isto poidan ir en contra a estes alimentos. Tamén é certo que sabemos pouco deles, e a xente sole ir en contra do descoñecido, agarrándose a frase de "máis vale malo coñecido, que bo por coñecer". Non obstante, na miña opinión, todo merece unha oportunidade e deberiamos analizar os pros e os contras deste novo movemento, e ante todo, esixir un control masivo destas prácticas, para que nada malo poida pasar como que salga á venda algún alimento malicioso para os cidadáns, e para que non se perda una produción natural para aqueles que non queiran estes produtos. Ante todo debemos respetar as decisións da xente e a xente debe tamén respetar, aínda que non acepten estas practicas, as modernidades neste campo. Ademais, si se demostran as propiedades beneficiosas destes alimentos, por que non íamos a probalos?

faa-gabrie-
llopez
Newbie
Mensajes: 2
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 18:32

Penso que estes alimentos transxenicos modificados no seu ADN e un bo avance en referencia pra a saude da xente e avanzar para ter moitas menos enfermidades e para o ben da xente. Pero deberian antes de sacar estes alimentos o mercado comprobar que faran ben e non teran repercusions de cara o futuro con outro tipo de enfermidades. O bo destes alimentos alterados xenéticamente son moito mais resistentes a plagas, enfermidades, productos herbicidas..., sendo as plantacions moito mais fáciles de cultivar, recolectar e levar a mesa; pero non se deben deixar atras as desventaxas xa que estas son moitas e afectan directamente as persoas. O feito de crear un alimento transxenico alterando o seu ADN ou incorporando xenes novos pode facer que teñan xens novos non presentes ata o momento que inicien procesos de intolerancia ou alerxias alimentarias. Ainda que non hai estudos concluintes o respecto e un risco que hai que ter moi en conta, por iso deben facer ben as suas investigacions pra que non chegue a pasar isto e sea seguro comer estes alimentos sen ningun risco e fagan que a nosa saude sea moito mellor.

fab-andrea-
brea
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 18:46

Os produtos naturais son variables e, polo tanto, o risco cero non existe. Os detratores dos alimentos transxénicos apuntan que esta técnica de cruce de xens pode chegar a provocar a resistencia das baterias a algúns antibióticos útiles para o ser humano, así mesmo coma reacións alérxicas, polo motivo de que se descoñecen os seus efetos a medio plazo tras a súa inxestión. Ó desconfiar dos transxénicos tamén se fala de virus e fungos, que ante a resistencia do seu ataque, muten até especies máis perigosas e descoñecias. Aparte do seu terrible impato sobre a biodiversidade, ó provocaren a desaparición de certos organismos, coma os depredadores naturais das prantas ou dos insetos encargados de levar a cabo a polinización... En definitiva, eu penso que non hai unha razón clara, agás a económica, para o avance da manipulación xenética dos alimentos.

faa-javier-
estevez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 18:50

Algunas das ventaxas máis destacadas son:
- Podremos consumir alimentos con máis vitaminas, mineraies e proteínas.
- Disminución dos costes da agricultura.
- Cultivos máis resistentes, polo tanto non hay necesidade de usar tantos productos químicos.
- Son resistentes aos herbicidas.
- Conservanse mellor.
- Son tolerantes a ambientes inadecuados.
- A recombinación dos xenes favorece a diversidade.

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 18:51

Os alimentos transxénicos, tamén chamados alimentos sometidos a enxeñaría xenética, son aqueles que conteñen organismos modificados xeneticamente mediante técnicas de enxeñaría xenética. Dito doutro xeito, é un alimento elaborado a partir de seres vivos ós que lles incorporaron xenes doutro, para lograr nel a característica desexada. Proveñen na súa maior parte de plantas transxénicas, como o millo e a soia.
A xente isto non o sabe, se non que supoñen que nos alimentos transxénicos van elementos químicos engadidos polo ser humano e é por esta razón que temen a palabra “transxénico” e prefiren absterse de inxerir calquera alimento modificado deste xeito.

fab-anaoub-
ina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 21:11

Un alimento transxénico é básicamente aquel que foi modificado genéticamente para obter un beneficio no consumo humano. Algúns dos beneficios dos alimentos transxénicos é que son alimentos que teñen un gran potencial para mellorar a vida na Terra, como por exemplo, combatir contra a fame no mundo. Entre estos beneficios tamén se encontra a resistencia de plagas, acapacidade de producir toxinas insecticidas pola súa propia conta, a de obter frutos máis grandes, en maior cantidade, en menor tempo, usando menos recursos e moitas outras cousas máis. Encóntrase tamén a capacidade de crecer e desarrollarse con menos auga, supoñendo un gran aforro para zonas con problemas de irrigación, e tamén a posibilidade de obter cultivos de maior tamaño.

fab-jairot-
roncoso
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 21:36

Eu creo que Marcos ten razón "Ver algo extraño non é motivo para decir que é malo" pero...a xente ten pouca información a cerca disto, enton e normal que a xente cando lle falen disto pois vote un pouco cara atrás. A cuestión está en informarse ben sobre o producto e saber si é bo ou malo.

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 22:58

Buscando na rede, atopei opinións de todo tipo. Pero o certo é que hai moitas que favorecen á comercialización destes alimentos. Entre elas destaca o feito de que os transxénicos producen aumentos extraordinaria de produción en casos coma o algodón, a soia ou os cereais. Tamén cabe destacar que estes produtos precisan menos auga e menos fertilizantes, o que fai que isto cause un menor acoso ambiental nas terras de labranza.
Por outra banda, tamén se destaca que os alimentos transxénicos están sendo moi demandados polos consumidores e a industria, pero o certo é que todos os transxénicos pasan por un seguemento moito máis riguroso ca os alimentos tradicionais e ecolóxicos.
En definitiva, quizá estes produtos non son tan malos como pensabamos.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.164 segundos.

Os comentarios están pechados.