Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9] 10
Autor Tema:Queres transxénicos? TEMA CERRADO
faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 26, 2014, 19:34

Na miña opinión transxénicos si para quen os queira. Eu persoalmente non tería ningún problema en tomar este tipo de alimentos sempre e cando estea segura do efecto que van causar no meu organismo. Por exemplo, eu consumiría eses tomates sen ningún inconvinte, xa que serían bos para o meu organismo. Pero está claro que todo depende da opinión propia que cada persoa teña dos transxénicos.
Eu penso que deberiamos consumir transxénicos en situacións nas que sexan realmente necesarios aínda que non queiramos, xa que por exemplo, se tes un cancro e unha laranxa modificada xenéticamente pode axudarte a superar o cancro ou reducir as dores, creo que deberían ser consumidos.

fab-jairot-
roncoso
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 26, 2014, 21:06

"Tranxénicos si ou tranxénicos non" eso creo que depende de cada unha das persoas, habrá persoas que admitan este tipo de alimentos e outras que non lle gustarán probar estos alimentos, eu a verdade creo que si me ofreceran tomar estos alimentos, pois non diría que no, sempre e cando non fosen malos claro.

faa-fatima-
lago
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 26, 2014, 23:50

Eu non sería capaz de estar totalmente a favor ou totalmente en contra dos alimentos transxénicos. Non podo estar totalmente a favor debido a que iso de que sexan modificados xeneticamente sempre che fai pensar que é mellor o natural, pero tampouco podo estar totalmente en contra, xa que non hai ningún argumento o suficientemente válido e verdadeiro como para asegurar que estes alimentos supoñan un risco para a saúde. Estou máis ou menos nunha posición intermedia.
Eu penso que estes alimentos deben de estar ao alcance de todos, para que os consuma quen queira, agora ben, que esté indicado na etiqueta do producto que ese alimento é un alimento transxénico, porque senon moita xente os consumiría pensando que son naturais, xa que se o poñen nas letras pequenas, dubido que ninguén se pare a ler iso.
E no caso de que estos alimentos sexan beneficiosos para certas cousas, como no caso que se falaba ao principio, beneficiosos para a prevención do cancro, tamén deberían estar á disposición de todo o mundo.

fab-rebeca-
chaves
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 27, 2014, 13:04

Na miña opinión non tódolos transxénicos teñen porque ser malos para nós. Se os hai como estes que están provados e testados e non teñen efectos secundarios non habería razón para renunciar a eles. Cada persoa pode comprar os productos que queira, eu só digo que se se venden os transxénicos, éstes deben de estar provados e que non produzan algún efecto perxudicial para a nosa saúde. Pero se podemos conseguir alimentos que teñen propiedades de outros que melloran a nosa saúde iso é un gran avance, e non ten por qué ser malo aínda que sexa antinatural, xa que o importante é que estemos sans. E o día de mañán se seguen creando alimentos que son capaces de curar enfermidades ou de previlas non hai que rexeitalas só porque sean fruto da ciencia e non sexan naturais. Eso non quita que non sigamos comendo productos naturais, xa que tamén teñen boas propiedades.

faa-larafe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 27, 2014, 18:03

Os productos tranxénicos non son agrado de todo o mundo, e en ocasións, xente que está en contra deles non sabe que os está mercando e comendo debido a unha mala información por parte dos vendedores dese producto. É moi importante señalizar ven o que se está a vender nos supermercados, e isto non se leva a cabo por as malas repercusións que acarrexa os tranxénicos.
Este producto, na miña opinión ten as súas partes boas e malas. Son beneficiosos aqueles modificados para preger cancros (como eses tomates) , aumentar as súas vitaminas ou proteinas... Pero a súa vez existen aqueles tranxénicos que se modifican para que resistan certos químicos, insectos... E necesitan un tratamento diferente de cultivo, o que pode acabar con outras prantacións próximas a elas.
Se puidera elexir, estaría a favor deles, como seres humanos temos o poder e a tecnoloxía para mellorar a nosa alimentación e non debería tratarse como algo antinatural, se non como un progreso.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 28, 2014, 00:38

Eu creo que ninguén debería afirmar ou negar rotundamente xa que como calquer cousa ten as súas vantaxes e as súas desvantaxes, debemos ter en conta que ningunha cousa deste mundo é totalmente perfecta, co cal todo depende da opinión do consumidor xa que el decide se mercar ou non mercar.
Eu creo que se non se trata dun producto que leva xa varios anos a venda non o compraría, simplemente porque non teño plena confianza en que non teña algún erro que resulte bastante periodo para a miña saúde.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 28, 2014, 00:47

Os transxénicos deben de estar moi controlados e ter en conta que se únicamente se empregar transxénicos e se esquecen as nosas sementes que plantábamos toda a vida perderíamos variedades de productos, xa que todo sería o mesmo producto, tanto aquí como na China como en Canadá.
Non podemos esquecernos polas boas de todo o "traballo" que realizou a natureza durante anos coa selección natural, buscando os productos máis resistentes, mellor adaptados ao medio etc... e eliminando aos que non estaban suficientemente "preparados", pois perderíamos unha gran variedade de productos, perderíamos variedades xenética e así empobreceríamos á natureza e ao mundo.

Transxénicos, nin si nin non, pero ben controlados.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 28, 2014, 01:05

Creo que o uso de transxénicos é máis lóxico e comprensible cando se trata de productos con fins como os deste tomate que seriá mellor a saúde mundial, pero non vexo tan normal e creo que esta mal facelo con fina estéticos, como aumentar o brillo, eliminar as enrugas de certos productos como hortalizas, crear novas gamas de cores etc... esto paréceme xogar coa nai natureza porque sí, xa que as cousas son bonitas como se crearon e como as coñecemos de toda a vida.
O emprego de transxénicos para aumentar o tamaño dos productos paréceme negativo pero positivo ao mesmo tempo, se alguen con pouco poder adquisitivo planta algo que vai a ser máis grande e lle vai a dar máis alimento durante mais tempo polo mesmo precio ou por un precio un chisco superior que a da mesma variante de producto natural, neste caso estaría asegurandose non pasar fame pero teria que ter en conta que é un producto "natural" a medias e se únicamente se fai con afán lucrativo non o vexo ben porque as grandes compañías multinacionais modifican a natureza e xogan con ela para o sei propio beneficio sen importarlles o ben común.

Transxénicos si ou non, según o caso.

faa-manuel-
montes
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 28, 2014, 02:12

Os transxénicos teñen os seus inconvintes e as súas vantaxes. Esto varia no punto de vista de cada persoa. O estar modificados xeneticamente produce nas persoas unha certa desconfianza e tenderán máis aos alimentos naturais, os alimentos que teñen máis vitaminas e os que cultivan nas propias casas, pero esto é tamen producido pola publicidade que fala dos alimentos transxénicos coma se fósen os productores das enfermedades, pero non todos son así. Hai bastantes alimentos transxénicos que non son perxudiciais para a saúde, é máis, poden incluso axudar a curar enfermedades coma o cancro polo que a súa consumición sería beneficiosa. Deberíamos comprobar os alimentos e os seus efectos, pero non podemos pecharnos en banda.

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 28, 2014, 20:10

Algunas cousas boas que este proceso son as seguintes:
Na saude: que se poden lograr alimentos con mayores características nitricionais que as que teñen as especies naturais; en economía: logranse alimentos mais resistentes que aseguran a produción; diminúe o uso de pesticidas para a conservación de alimentos máis débiles;

Páginas: First << 6 7 8 [9] 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.125 segundos.

Os comentarios están pechados.