Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Queres transxénicos? TEMA CERRADO
faa-alicia-
feijoo
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 22, 2014, 01:01

Na miña opinión os alimentros transxénicos non deberían estar sempre considerados bos, xa que hai moitos alimentos que teñen os mesmos e que poden ter bos efectos na saude das personas. Tamén creo que si se empregan, deberían empregarse en alimentos que sexan menos saudables que os tomates, xa que estes tamén teñen efectos bos na saude que poden chegar a perder. Na ciencia moitas veces, avánzase e prbanse cousas sen saber moi ben todos os efectos que poidan ter, tanto bos coma malos, por iso creo que se apllican algo debe de ser estando cen por cen seguros de todos os efectos que poden causar nunha persona.

fab-gretag-
eorgieva
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 22, 2014, 12:23

Os alimentos tranxénicos aínda que sexan alimentos mutados polo home teñen os seus inconvenientes e as súas ventaxas. A partir destes obtemos vitaminas con menos graxas e conteñen o mínimo de productos químicos, preveñen enfermidades como o cancro pero aínda así deberían estar supervisados por expertos xa que os consumidores teñen dereito a saber que contén o producto que consumen ou tamén existe a posibilidade de que o noso organismo rexeite os compoñentes que conteñen estes productos. Tamén é certo que se obteñen unha maior cantidade destes productos en menor tempo e pódense consumir durante todo o ano independentemente da época.

faa-igonza-
lez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 22, 2014, 12:44

Eu penso que todos estes productos, dos que fan productos transxénicos, xa están ben como están, e non se debería de intenar modificalos xenéticamente, debido a que a natureza, o medio ambiente, xa os fixo así, e si están así, será por algo. Concretamente este tomate, de cor púrpura, si me din a mi que o coma, direi: "Pero isto non é un tomate, isto é de cor purpura, un tomate é vermello de toda a vida!". De aquí, penso eu, que a estrañeza de todo esto, en conxunto dos sabores e aspectos físicos, non vai a haber moita xente que acepte estes cambios, pero bueno, hai xente para todo neste mundo...
Desde logo, na miña opinión, os tomates transxénicos non creo que teñan moito futuro, porque, ademáis, poden ter efectos negativos sobre os cultivos dos outros tomates ou de outras frutas, hortalizas, verduras, etc, o que sexa.

faa-santia-
goescudeir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 22, 2014, 16:25

Os alimentos transxénicos teñen unha parte moi boa e unha parte mala. Como ben di Marcos sería imposible abastecer a todo o planeta sin a existencia de produccións alteradas xenéticamente de alimentos, xa que somos moitas personas sobre a Terra. A investigación destes cultivos está aínda nun nivel de madurez medio-baixo, e un dos maiores problemas cos que se atopan os investigadores é controlar as produccións en campos abertos, no caso do millo, por exemplo, xa que se poden extender a outras especies e alteralas para mal. Se se chegara a controlar os alimentos e a súa producción, os transxénicos non terían nada malo, todo o contrario, conseguiríamos mellorar a nosa alimentación e que fora máis saudable.

faa-laurap-
az
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 22, 2014, 18:54

Actualmente, temos un concepto dos alimentos transxénicos bastante negativo, aínda que non sepamos moito deles. Deberíamonos informar ben antes de consumilos.
Eu penso que todos os productos transxénicos teñen as súas ventaxas e os seus inconvintes, neste caso, os tomates transxénicos, por exemplo, axudan a prever o cancro, e este é un efecto bastante positivo, pero sen embargo, non coñecemos os seus efectos secundarios, que pode telos ou non. Polo tanto, con esto creo que axudaría a ter unha visión máis positiva dos transxénicos da que temos agora, aínda que moita xente non estea convencida.
Eu prefiro consumir os alimentos normais, antes que os transxénicos, porque de momento non temos a precisa información, e non sabemos, por exemplo, a súa producción.
Eu esixiríalle á Administración que permite o consumo destes alimentos, que á hora de poñelos á venta sexa fácil de identificar se é un producto transxénico ou non, e que teña toda a información necesaria.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 22, 2014, 21:14

Dende o meu punto de vista creo que os tranxénicos precisan dun gran control xa que poden provocar riscos varios, por exemplo se non se ten ben controlado poden producirse casos como o do amianto, un mineral natural que se empregaba para a construcción da uralita e que despois de moitos anos empregandoo descubrimos que é canceríxeno e procedemos a rápida retirada debido a este feito, xerando así grandes custos económicos e incluso perdendo vidas pola longa exposición a este mineral por parte dos traballoadores que o manipularon, ou como o caso de certos medicamentos que por falta de probas descubrimos que producen infertilidade, malformacións no feto, dores crónicas e demáis efectos adversos que se pasaron por alto debido a unha falta de probar o producto con indivíduos que se presten para tal feito para descartar posibles danos á saúde pública.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 22, 2014, 21:59

Os tranxénicos como calquer outro producto están introducidos no mercado e moitas veces sen unha identificación apropiada ou situada de forma que pase desapercibida para o consumidor, evitando así a perda de ventas e propiciando a venta a persoas que renegan deste tipo de productos debido a desconfianza que teñen hacia eles ou simplemente porque prefiren un natural como son os procedentes de cultivos ecolóxicos que cando foron cultivados non se empregaron neles fitosanitarios ou sulfatos e que cada vez están máis solicitados nos mercados, aínda sendo máis caros que os demáis.
Como conclusión quero facer constar que en calquera producto que podamos consumir hoxe en día é practicamente imposible evitar atopar neles químicos como conservantes por exemplo o E-202, colorantes por exemplo o E-150d ou o beta-caroteno, acidulantes por exemplo o E-338, correctores de acidez por exemplo o E-330, estabilizantes E-414, antioxidantes como por exemplo o E-316, edulcorantes como a sacarina e demáis aditivos alimentarios que a pesar de haber algúns procedentes de animais ou de vexetais constitúen un certo perigo para a saúde pública e aínda que algúns son moi perigosos e están prohibidos empreganse igualmente en países con pouca supervisión por parte do goberno, e mesmo son empregados por grandes compañías internacionais para aforrar custos na producción dos seus productos.
Con esto quero dicir que a día de hoxe a non ser de que vivamos do que plantemos na nosa horta e dos animáis que alimentemos con productos de dita horta sen empregar nela fitosanitarios e mercando auga embotellada, xa que a que provén do subsolo pode estar contaminada por fitosanitarios, é imposible non consumir algún tipo de químico artificial.

fab-martar-
odriguez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 23, 2014, 11:03

Os alimentos de orixen transxénico foron e seguen sendo sometidos a unha intensa polémica. Hai espertos en nutrición e científicos totalmente en contra desta técnica, pero hai otros, que polo contrario, a súa opinión é totalmente favorable as mutaciones xenéticas.
Na miña opinión o mellor si que debería a ver un maior control neste tipo de alimentos xa que hai persoas que están totalmente en contra, e estamos nun país libre para dedicir que consumir. Pero tamén como dí Marcos o mellor non deberíamos ser tan reaceos os alimentos tranxénicos xa que algúns poden chegar a curar un cancro e eso sería algo moi beneficioso para a nosa sociedade, xa que cada vez hay máis persoas con este tipo de enfermidade.

faa-manuel-
cacabelos
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 23, 2014, 16:20

Eu opino que sí deberiamos consumir alimentos transxénicos, a gran mnaioria son para mellorar o alimento, facer que o alimento dure maís ou que teña mellor sabor ou que sexa bo para a nosa saúde. Aínda así, todos os alimentos que se obtiveron mediante procesos genéticos deber´ñian ter unha nota na que se lera que ese alimente é un transxénico, poís ás veces nos sabemos moi ben o que estamos comendo.

faa-manuel-
cacabelos
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 23, 2014, 16:24

Citado de faa-igonzalez en February 22, 2014, 12:44
Eu penso que todos estes productos, dos que fan productos transxénicos, xa están ben como están, e non se debería de intenar modificalos xenéticamente, debido a que a natureza, o medio ambiente, xa os fixo así, e si están así, será por algo. Concretamente este tomate, de cor púrpura, si me din a mi que o coma, direi: "Pero isto non é un tomate, isto é de cor purpura, un tomate é vermello de toda a vida!". De aquí, penso eu, que a estrañeza de todo esto, en conxunto dos sabores e aspectos físicos, non vai a haber moita xente que acepte estes cambios, pero bueno, hai xente para todo neste mundo...
Desde logo, na miña opinión, os tomates transxénicos non creo que teñan moito futuro, porque, ademáis, poden ter efectos negativos sobre os cultivos dos outros tomates ou de outras frutas, hortalizas, verduras, etc, o que sexa.

Non estou de acordo en absoluto contigo. Estes tomates poden previr o cancro, unha enfermidade que xe se levou a millóns de persoas. A cor é só un efecto secundario desta modificación, estou seguro de que si en vez de ser púrpura foro vermello, non se lle facía asco ningún. O problema e que moitas veces comemos cos ollos, e se algo non nos ten moi boa pinta visual, xa non o queremos nin ter diante.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.132 segundos.

Os comentarios están pechados.