Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Queres transxénicos? TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Queres transxénicos?
on: February 19, 2014, 18:35

En pouco tempo van poñerse no mercado os tomates de cor púrpura. Tratarase, concretamente, de exemplares que foron modificados xeneticamente (“tomates transxénicos”) e terán unha cor moi semellante á dos arándanos. O que se fixo neste caso foi introducir no tomate normal, xenes dunha planta orixinal da costa mediterránea que é rica en antocianinas (antioxidante beneficioso na prevención do cancro). Agora poderiamos alimentarnos de tomates ricos en antocianina.
Na Unión Europea, a opinión pública é contraria aos alimentos transxénicos aínda que os investigadores (máis de 300) involucrados nesta experiencia pensan que o tomate morado pode axudar a que os europeos teñan unha percepción máis positiva dos transxénicos, percibidos ata o de agora como unha ameazada para a saúde e o medioambiente.

Para a reflexión:
“Considerades que este caso é suficiente como para ter unha visión positiva dos alimentos transxénicos? Coñecedes os argumentos nos que se basean os detractores do consumo deste tipo de produtos? Estariades dispostos a consumir produtos transxénicos? Que lle esixiriades á Administración que permite o consumo deste tipo de alimentos? Cal é a vosa opinión xeral sobre este asunto?”

faa-laurav-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 19, 2014, 19:42

Eu non estou de acordo co emprego de algúns alimentos transxénicos nin me gustaría consumilos. Creo que se debería de eisixir máis e non permitir que eses alimentos non señan correctamente señalizados como tales. Ademáis, este tema non creo que se lle dea a importancia que debería de dárselle. Moitas veces búscanse propiedades como que sexan máis duradeiros sen prestarselle atención a outros efectos secundarios e tampouco se ten un bó control. Aínda así estes tomates forman parte do lado positivo desta práctica. Conseguir propiedades para previr o cancro e que á vez sexan máis beneficiosos que os tomates normais, son prácticas que deberían de levarse a cabo con outros productos.

faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 19, 2014, 19:48

Na miña opinión non se debe ter unha visión boa ou mala en temas como o dos alimentos transxénicos, senón que o mellor é ser obxetivo. Un alimento transxénico pode afectar á nosa saúde de diversos modos, algúns beneficiosos, outros non tanto, e outros perxudiciais, polo que non se pode ter estrictamente una opinión a favor ou en contra, e menos xulgando o concepto de transxénico en xeral por un solo caso, para ben ou para mal.
As persoas que están en contra deste tipo de alimentos, fanno moitas veces sen saber realmente de que están a falar, ou aportando argumentos que teñen pouca validez. O argumento maioritario en contra dos transxénicos é a posibilidade dun erro que podería causar danos na saúde humana ou no medio ambiente.
Dende o meu punto de vista, os alimentos transxénicos poden supoñer un gran avance na ciencia e poden ser moi beneficiosos na nosa saúde se se desenvolven correctamente. Casos como o de este tomate, provocan un efecto positivo no noso organismo, axudando por exemplo na reducción da probabilidade de ter cancro. Tamén quere conseguirse cos transxénicos que os alimentos duren máis tempo, que poidan cultivarse certos vexetais en climas máis extremos, que o tamaño dalgúns froitos sexa maior... Todo isto sería de gran axuda en moitos casos.
Por outro lado, a visión negativa que se ten deste tipo de alimentos ven dada a que pola nosa natureza animal, tendemos a desconfiar do que non coñecemos, como este tipo de alimentos. Pode ser que haxa transxénicos que sexan perxudiciais para a saúde por diversos motivos, como un fallo na elaboración, pero iso non nos permite afirmar que todos os transxénicos son malos nin negarnos a que sexan postos en venta, xa que se alguén desexa consumilos debería poder ter acceso a eles.
Por todo isto, penso que deberían ser postos en venta pero sempre con etiquetas visibles (non posto en letra pequena) para que as persoas que desexen consumilos poidan tomalos e as persoas que non desexen consumilos poidan evitalos.
Porén, hai que ter moito coidado con este tipo de prácticas xa que un erro podería supoñer unha catástrofe.

fab-jairot-
roncoso
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 19, 2014, 19:53

Eu creo, que non e suficiente para ter unha visón positiva de este tipo de alimentos, porque aunque este tomate faga ben, ao mellor 100 fan mal...para min non é suficiente. No caso de esixirlle á Administración, pois pedirlle que exista unha información de todos os alimentos transxénicos. Para min, a miña opinión, que poñan estos tomates pois... si e verdade que son bos para prever o cancro pois...porque non se han de poder poñer á venta; pero no caso de que fose así, eu creo que seguiría tomando os normais.

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 19, 2014, 20:33

Modificar xeneticamente un organismo non é doado, e como cabe de esperar, estos poden provocar efectos daniños no organismo de aqueles individuos que os consuman. Polo tanto, opino que debería facerse un estudo profundo sobre este tipo de produtos, porque a pesar de estar inxeridos no mercado, non existe ningún. Non obstante, tense mencionado que pode ser perxudicial para, no caso das plantas, os cultivos orixinais, e outras supostas desvantaxes das que non podemos posuír moita certeza, xa que non existen realmente investigacións acerca deste tema.
Os alimentos tranxénicos, en si, son parte do desenvolvemento da ciencia e sen dúbida, como no caso deste tomate, poden resultar moi beneficiosos. Pero creo que como consumidores, deberíamos esixir unha demostración da calidade destes produtos, e como mencionou Noelia, no ámbito do etiquetado, que nos aporten correcta información sobre os alimentos que compramos.

faa-ricard-
op
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 19, 2014, 20:41

Eu opino que modificar un alimento xenéticamente, non é unha causa grave, xa que, por exemplo, estes tomates púrpuras son uns anticanceríxenos moi bos, polo que deduzo que pode haber alimentos transxénicos malos, pero neste caso, o tomate púrpura é moi bo, e ademáis sano.

faa-fatima-
lago
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 19, 2014, 20:41

Dende o meu punto de vista, este caso non é suficiente como para ter unha visión positiva dos alimentos tranxénicos, aínda que axuda a mellorar a mala imaxe que se ten deles. Os alimentos tranxénicos poden afectar á nosa saúde, pero neste caso dunha maneira positiva, beneficiando a prevención do cancro. Se todos os alimentos tranxénicos fosen así de beneficiosos para nos, ninguén ou case ningúen tería unha mala visión sobre eles, pero non é o caso. Eu creo que estaría disposta a consumir algún producto tranxénico sempre e cando pasase un control de saúde e estivese demostrado que pasase ese control. Non penso que sexa tan malo consumir este tipo de productos, pero o de que sexan manexados tira un pouco para atrás, tendo o orixinal, un alimento sano e natural. Eu o que lle diría á administración que permite o consumo deste tipo de alimentos é que se asegurase dos efectos que poden causar estes alimentos na vida de moitas persoas, que se asegurase de que pase todos os controis de saúde, e que pase máis de un, e que comproben se pode ter algunha reacción alérxica nas persoas, etc. É normal que a xente rexeite estes productos, estamos acostumados a ver unha mazá verde, un plátano amarelo, un tomate vermello... E atoparnos agora con que unha mazá pode ser laranxa ou un tomate púrpura fai que dubidemos de se ese producto é bo para a saúde. Pero en resumo, non está mal que vaiamos evolucionando ata tal punto que a ciencia consigua obter tomates púrpura, outra cousa é que estes productos se cheguen a converter nun alimento habitual nos hábitos de comida de moitas persoas.

fab-mariab-
lanco
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 19, 2014, 21:21

Eu penso que esta clase de innovacións deberían de darse noutros productos que quizáis son máis perxudiciais e non están tratados adecuadamente para o consumo. Os tomates son froitos narurais e teñen de por sí moitas cousas beneficiosas, por iso non creo que sexa necesario experimentar con esta clase de froito. Eu persoalmente non creo que comprase os tranxénicos, xa non porque non se saiba relamente todo o que posúe e a súa orixe, se non porque prefiro o tomate tradicional e penso que moitas persoas preferirán o mesmo.
Eu a Administración pediríalle que revisase e analizase totalmente oa productos que pretenden crear.
A miña conclusión é que non se debe de innovar algo (como neste caso un tomate) ata que se saiba todos os beneficios e problemas que pode traer, e se no caso de que mínimamente haxa un resgo de problemas eu descartaríao por completo.

faa-nicole-
corbacho
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 19, 2014, 21:27

A miña opinión sobre alimentarnos con alimentos tranxénicos, eu provariaos xa que son beneficiosos para a miña saúde, e certo o que di fatima sobre que se nos pode facer raro que unha mazá que era sempre vermella ou verde que tamén sea de cor laranxa. pero tamén noto un poco de inseguridade ao ser un alimento manipulado.

fab-marcos-
daporta
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 20, 2014, 00:38

Pero por que a xente é reacia ós transxénicos? Sen eles sería imposible alimentar a todo o planeta. Ademais non hai estudos que digan que sexan realmente perxudiciais.
A ciencia está para poder controlar a natureza. Por que non podemos modificar a estructura xenética pero si podemos curar o cancro? Curalo con químicos tamén é "antinatural".
Ver algo extraño non é motivo para dicir que é malo.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.164 segundos.

Os comentarios están pechados.