Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:Queres transxénicos? TEMA CERRADO
fab-mmendo-
za
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 23, 2014, 17:12

Eu penso que non chega con este caso solo, para iso teriamos que facer una análise de todos os transxénicos, e unha vez feita, chegar a ter cada un a súa percepción positiva ou negativa. Eu estaría disposta a comelos si sei que non me farán ningún dano. No caso da Administración eu non lles esixiria nada, cada un é libre de comprar os tomates ou alimentos que queiran, ademáis ainda que teñan mala reputación, tamén teñen a súa parte boa, e se con eles se pode curar algo tan grave como é o cancro, pois adiante.

faa-elenaf-
ontenla
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 23, 2014, 20:52

Na miña opinión o uso dos tranxénicos non ten porque ser algo malo para a nosa saúde, certo é que alguén che siga que vas consumir un alimento manipulado xenéticamente pois moito non atrae, pero non debemos centrarnos niso. Se unha legume concreta é boa para unha causa X e outra legume é boa para a causa Y, por qué non se pode crear unha que comprenda ambas ventaxas? Mataríamos dous paxaros dun tiro, pero agora ben, que pasará coa naturalidade dos produtos? Sí, ben, os tranxénicos pódennos solucionar moitas cousas perp tamén teremos que saber parar á hora de comercializalos, non podemos permitir que deixen aos nosos produtos naturais nun segundo plano polo mero feiro de que "non son tan bos como..." Teremos que aprender a vivir con ambas opcións.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 23, 2014, 23:18

😉
Da a sensación que na sociedade os alimentos transxénicos non xeran confianza; que argumentos poderías utilizar para razoar que estás en contra dos alimentos transxénicos?

fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 24, 2014, 01:07

Que non son totalmente naturales, pois utilízanse elementos químicos na súa fabricación. Ás veces estes elementos non teñen porqué ser malos, pero isto non se indica no producto, xa que moitas veces, nin sequera sabemos se o que compramos está modificado xenéticamente ou non.

fab-tcores
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 24, 2014, 01:33

Estou totalmente de acordo co razonamento da miña compañeira Icía. Os alimentos transxénicos para min non son naturais, xa que son mesturados con elementos químicos durante a súa fabricación, aparte de que existen mesturas extraordinariamente raras, nas que as persoas dudarán en comprar por non coñecer o producto.

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 24, 2014, 16:25

Un dos principais inconvenientes dos alimentos transxénicos é que non existe a veracidade de que sexan totalmente benignos debido á ausencia de investigacións que verifiquen isto. Pola contra, sábese que os cultivos tranxénicos son perxudiciais para os ecosistemas, xa que poden entrar en conflito con outras especies, incluíndo as orixinais. Ademais, estes produtos son a miúdo presentados coma os causantes da reducción do uso de pesticidas, pero poden provocar todo o contrario. Ao estar modificados xeneticamente para resistir os pesticidas, as malas herbas poden rematar por volverse resistentes a estos produtos e polo tanto, o seu uso increméntase.
En definitiva, os produtos transxénicos ocasionan efectos negativos no medio ambiente e non producen máis; hai datos que indican que os cultivos de soia transxénicos de Monsanto (supostamente resistentes a herbicidas) son menos produtivos que os non modificados.

fab-sporto
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 24, 2014, 19:54

na miña opinión os alimentos tranxénicos non me xeran confianza xa que estes están feitos por compostos químicos que estes afectan ao mesmo tempo ao noso ecosistema e tamén só se producen unha certa cantidade, é decir, non producen máis e que supostamente estes productos por ser modificados con respecto o orixinal son máis resistentes a calquer herbicida ou producto químico.

fab-manuel-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 24, 2014, 20:00

Eu creo que os productos tranxénicos non son "malos"como a xente os considera,xa que cambia o orden natural e modifica todos os alimentos que están en bo estado por outros "modificados científicamente";neste caso,os tomates son modificados para evitar que a xente que os coma teñan menos posibilidades de sofrer cancro,polo que eu considero positivo. Creo que este tipo de productos só deberían ser comercializados cao xente que este moi enferma e demais persoas para axudalas na súa saude,pero non se debe abusar tanto deles,xa polas súas ganancias enormes que lle propician as empresas,e globalizarse por todo o mundo.

faa-fatima-
lago
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 24, 2014, 20:45

Os alimentos transxénicos non xeran confianza principalmente porque non son naturais, xa que conteñen elementos químicos. Tamén causa insegurirade o feito da ausencia de investigacións que comproben que estes productos non sexan benignos. Outros argumentos son por exemplo que sempre poden chegar productos transxénicos sin etiquetar aos mercados. Tamén podemos falar dos riscos para a saúde, as alerxias que poden causar, as sustancias nocivas empregadas nos cultivos de transxénicos, os riscos económicos e estratéxicos que poden acarrear ao país, xa sexa pola perda da biodiversidade ou ou problemas con mercados para a exportación, e tamén a resistencia a antibióticos. Todos estos factores fan que se teña unha inseguridade sobre os alimentos transxénicos.

faa-veroni-
canoya
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 24, 2014, 23:01

Os alimentos aféctannos directamente, e a saúde non é algo co que se poida xogar. Aínda que se conseguiron algúns transxénicos saúdables, tamén estamos expostos a outros cos que non houbo tanta sorte.
Estos alimentos comezaron cunha boa idea: conseguir que nos países nos que conseguir alimento non é unha tarefa doada, puidese incrementarse o rendemento na producción de alimento, aumentando a cantidade e/ou a calidade destes cultivos. Penso que esa liña debería continuarse, xa que é un gran avance, coidando sempre que estes productos transxénicos non afecten ó medio doutros seres vivos ou á nosa saúde.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.159 segundos.

Os comentarios están pechados.