Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Autor Tema:Queres transxénicos? TEMA CERRADO
faa-fatima-
lago
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 23:32

Buscando na rede, pódense atopar tanto páxinas que están a favor destes productos, como páxinas que din que son perigosos para a saúde. Sobre este tema hai diferentes posturas, os que os descoñecen, os que os rexeitan, os que os aceptan, os neutrais... Poñéndonos na posición das persoas que aceptan estes productos, podemos nomear uns cantos argumentos a favor deles.
O primeiro é que estes alimentos modificados xeneticamente, ou como deben de ser coñecidos, alimentos transxénicos, son productos que están sometidos a constantes controis e análises por procesos moi rigurosos, incluso superiores aos que seguen os alimentos tradicionais.
Outro argumento é que os expertos consultados coinciden en que non existe ningunha razón para pensar que os transxénicos sexan alimentos perxudiciais para a saúde. Hoxe en día prodúcense 40 millóns de hectáreas de alimentos xenéticamente modificados e non hai ningunha acusación concreta que se manteña a pé.
Os datos do departamento de Agricultura de EE.UU. (USDA) dan como cifra que no ano 2000 había máis de un billón de plantas transxénicas no solo, sen que se percibiran alteracións que comprometesen o medio ambiente ou a saúde dos seus habitantes.
E sobre as supostas alerxias, en Estados Unidos publicouse un documento no que queda establecido a obrigación de probar si existe IgE (a inmunoglobulina ligada á alerxia) en cada un dos novos productos. Así como a exixencia de buscar en bancos de datos de proteínas por se as novas proteínas son semellantes a algún alérxeno xa coñecido. Existen pois organismos públicos e privados en ámbolos lados do Atlántico que exercen este tipo de vixiancia sobre os alimentos transxénicos, encargados de valorar o risco para a saúde antes de ser autorizados no mercado.

fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 25, 2014, 23:42

Podemos atopar diversas opinións na rede sobre a utilización e a comercialización dos transxénicos. Algúns dos argumentos a favor que atopei son: que os cultivos son máis resistentes a ataques de virus, fungos ou insectos (perxudiciais) e que isto se logra sen a necesidade de insecticidas, polo que se aforra económicamente e non se dana tanto o medioambiente; outra vantaxe dada na rede é que con algúns transxénicos, diminuimos as graxas e aumentamos a consumición de vitaminas, minerais ou proteínas; as frutas e verduras duran máis tempo na súa conservación; e falando económicamente, na rede dáse a vantaxe da diminución de costes agrícolas.

fab-aldara-
muniz
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 26, 2014, 00:39

No caso este de que haxa un alimento transxénico que serve para previr o cancro paréceme que é un gran avance na ciencia, pero non considero que teña que ter unha visión positiva totalizadora sobre eles.
Temos que pensar que un alimento transxénico non só debe ser beneficioso para nós, senón que tamén para o medio ambiente e o resto de seres vivos, por iso a xente ten unha opinión contraria á que teñen os investigadores.
E con isto non quero decir que non se poida modificar xeneticamente os alimentos, de feito é necesario para poder producir grandes cantidades e alimentar ás persoas de todo o munfo, pero creo que estas cousas deberían de estar máis controladas para que non danen o exterior.
Pero aínda así, mentres teña miña avoa horta, non comería ningún alimento transxénico, non ata que me certifiquen a súa calidade ou que aparezca o produto etiquetado correctamente e procedencia.
Dito isto, na miña opinión, deberíase investigar máis acerca dos alimentos transxénicos e as súas consecuencias, que ainda que supoña un gran avance na ciencia, pode ser perigoso para a saúde das persoas.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 26, 2014, 10:04

😉
En calquera dos casos, algún de vos sería capaz de ser rotundo é afirmar transxénicos si ou transxénicos non?
E transxénicos en determinadas condicións? Podedes apuntar algunha?

faa-laurar-
ey
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 26, 2014, 17:03

Na miña opinión considero que non é lícito posicionarse sobre se os transxénicos son bos ou malos, pois xa somo bastante grandes, como para saber que nesta vida nada é perfecto, polo que todas as cousas sempre teñen un lado malo. Como dixeron anteriormente os meus compañeiros, unha alimento modificado xeneticamente ten un sen fin de vantaxes (como é neste caso previr o cancro) pero tamén debemos ter moi en conta que detrás deles hai outros tantos inconvenientes.

faa-begona-
suarez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 26, 2014, 17:28

Eu rotundamente non o podo afirmar nin negar. En determinadas condicións si os consumiría, como por exemplo despois de pasar certas probas se demostre que son saludables para a saúde e que non vai haber danos graves. Neste exemplo, o dos tomates que preveñen o cancro, pois si me parecería bo consumilo, xa que nos axudaría.

fab-cporto
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 26, 2014, 17:33

Esta avanzada tecnoloxía consegue beneficios cos alimentos transxénicos, xa que os produtos alterados xeneticamente son moito máis resistentes a pragas, enfermidades, produtos herbicidas, etc. Outras das vantaxes da alteración do ADN nos alimentos transxénicos, é que poden recibir certas características non naturais. Pódenselles incorporar nutrientes ou características morfolóxicas (forma, olor, sabor, cor, etc.) que de xeito natural non posúen.
O feito de crear un alimento transxénico alterando o seu ADN ou quitando ou incorporando xenes pode conseguir un produto final xenere axentes novos que inicien procesos de intolerancia ou alerxias alimentarias.
Dende o punto de vista ambiental, os vexetais transxénicos con xenes de resistencia a insectos representan unha vantaxe ambiental dende o momento en que reducen a utilización de insecticidas químicos, menos específicos que o presente no propio vexetal.

fab-robert-
opineiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 26, 2014, 18:30

Na miña opinión os alimentos tranxénicos deberian estar en obserbación durante uns anos para estar seguros de que non teñen efectos nocivos. Se se determina que son totalmente inofensivos seria un gran descubrimento neste caso para a cura do cancro pero noutro para outras moitas enfermidades.

fab-gretag-
eorgieva
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 26, 2014, 18:36

Os Alimentos tranxenicos son un claro exemplo de cómo evoluciona a ciencia. Un alimento tranxénico é aquel que foi modificado xenéticamente parq obter un maior beneficio para o noso organismo, conseguindo froitos ou hortalizas de tamaños ou cores moi variables.son un gran avance, xa que grazas a eles poderíanse combatir grandes fames. Aínda que se considera que son malos e en parte o son xa que Don peligrosos para o medio ambiente, é dicir contamiban xeneticamente aos alimentos tradicionais, ou que se sospeita que podrían causar Novas alerxias, o feito de considerar que son malos debese a que se descoñecen e a medo que se ten a provar algo Novo. Tamén é certo que hai paíse como, Francia Italia ou Grecia que teñen prohíba a sua venta, xa que acaban co traballo de miles de agricultores.

fab-fatima-
chaves
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 26, 2014, 18:36

Eu non estou en contra nin a favor destes alimentos.Por unha parte estou a favor de que algúns sexan beneficiosos para a nosa saúde como este tomate pero por outra eu non estaría tan segura diso se non me demostran que é realmente beneficiosos.Claro que é un avance na ciencia pero como dixen anteriormente antes de probar ese producto debome informar sobre él.

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.107 segundos.

Os comentarios están pechados.