Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:Queres transxénicos? TEMA CERRADO
fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 16:53

Pero por que a xente é reacia ós transxénicos? Sen eles sería imposible alimentar a todo o planeta.

Non estou de acordo con esta afirmación de Marcos. Creo que non hai estadísticas que demostren que os cultivos tranxénicos 'producen' máis, mentres que é totalmente certo que cada ano producimos máis alimentos dos que se consumen. Así mesmo, os alimentos tranxénicos están destinados cara unha poboación máis desenvolvida, e non axudan a combater a fame que existe en países subdesenvolvidos.

Ademais non hai estudos que digan que sexan realmente perxudiciais.

Creo que isto tampouco é certo de todo, porque hai algunhas pequenas investigacións que sacaron á luz riscos bastante significativos. Non obstante, é certo que non hai investigacións 'oficiais' que demostren que son perxudiciais, pero precisamente por iso, os consumidores deberiamos esixir que se fagan estos estudos. Así como non hai investigacións que demostren os seus riscos, os produtos que se están a desenvolver para mellorar certas características da súa composición en vitaminas, por exemplo, aínda están en investigación, e posiblemente transcorra moito tempo ata que se acade esa finalidade e se comercialicen.

fab-yamila-
yelpez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 16:59

Eu non estou a favor dos transxénicos. Como todo tamén ten a súa parte benefactora, o caso destes tomates é máis que suficiente, pero xa somos conscientes con antelación do que estamos inxerindo. Nun campamento contáronos unha historia dun rapaz que era alérxico ás gambas, tiveron que levalo a urxencias despois comer un iogur (ou algo así, non o recordo moi ben) porque o produto era transxénico e lle causou alerxia. Ninguén tiña nin idea do que estaba ocorrendo, e noutras circunstancias podía ter ocorrido unha desgraza. Ademáis, lin un artigo de greenpeace no que contaban que unha gran parte dos gases do efecto invernadoiro prodúcense debido ó uso excesivo de fertilizantes de síntesis, e que os ensayos en campos de cultivo presentan moitos riesgos de contaminación xenética. Pola miña parte, non sei ata que punto é habitual consumir alimentos transxénicos sen sabelo, pero probaríaos voluntariamente por exemplo no caso destes tomates, xa que o único que creo que podo esixir é saber de donde sae e cómo se fai o que como.

faa-martin-
losada
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 17:45

Na miña opinión creo que a consumición dos alimentos transxenicos ten que ser valorada por cada un, e tomar a súa propia decision de si o queren consumir ou no, e para iso creo que debe ser importante especificar na sua venta que se trata dun alimento transxénico, e deberiase ter a opción de poder mercar un tomate natural ou un transxenico. Na miña opinión preferiría consumir alimentos naturais e non transxenicos, pero tamén opino que non teñen por que ser perxudiciais e podería comelos perfectamente. Un dos problemas que creo que si teñen é o control sobre a plantacións destes alimentos, xa que nos estados unidos moitas plantacións de alimentos transxénicos mezclanse con outras proximas que non o son, e fan que alimentos que se venden como non transxénicos sí o sexan en parte.

fab-lorena-
soto
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 17:48

Como di Fátima, todas as cousas teñen o seu lado bo e o seu lado malo, neste caso, os alimentos transxénicos deberían ser investigados antes de poñelos a venta e marcados para que os consumidores saiban o que están comprando. Se é verdade que estos alimentos axudan a prever o cancro, estaría a favor da súa comercialización sempre e cando foran investigados a fondo, demostrando que son beneficiosos para a nosa saúde sen efectos secundarios, pero, a pesar disto, creo que seguiría consumindo os naturais.

fab-sporto
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 18:02

Estou e non estou de acordo con eso dos productos tranxénicos pero como todo isto ten as súas ventaxas, algunhas delas son que poderemos consumir os productos con máis vitaminas, menos graxas, cultivos máis resistentes aos ataques dos virus, fungos ou insectos sen necesidade de empregar productos químicos...., pero tamén ten os seus inconvenientes xa que existe un certo risco qe se produzca hibridación, hai posibiladedes de que haxa un xene extraño....
Estou de acordo xa que os productos tranxénicos nos preven a ter cancro e non nos produce efectos secundarios.
Por outra banda non estou de acordo polo que di a miña compañeira Fátima xa que penso que todo o alimento que consumamos ten que estar investigado por expertos para que nos sepamos ben o que compramos realmente.

faa-laurar-
ey
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 18:59

Dende hai miles de anos as persoas levamos modificando os vexetais que usamos como alimento. Moitas das froitas que consumimos hoxe en día son o resultado de mesturas que se fixeron hai tempo entre diferentes plantas. Actualmente, porén, a enxeñaría xenética permite realizar en poucos anos e de forma controlada, modificacións que antes custaban décadas de traballo, creando así os alimentos transxénicos.
Na miña opinión, considero que non debería existir ningún problema a hora de consumir estes produtos, sempre en cando, se nos informe da orixe do alimento que vamos a enxerir.
Penso que nos poden aportar algunhas melloras bastante vantaxosas como son: o atraso da maduración dun froito o que provoca que a súa durabilidade sexa maior, a obtención de plantas que teñen propiedades especiais distintas ás que posúen de maneira natural, maior rendemento nas colleitas, etc.
Non obstante, como todas as cousas, os transxénicos teñen un conxunto de desvantaxes que debemos ter moi en conta, pois existen estudos que demostran que estes ocasionan numerosos riscos para o medio natural e a saúde das persoas. Entre elas destacan a perda de biodiversidade, a xeración de resistencias antibióticos, o desenvolvemento de resistencias en insectos e “malas herbas” ou efectos non desexados noutros animais.

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 20:52

Hai varios puntos de vista para valorar un alimento tranxénico. Como ben di Noelia, non deberiamos estar nin a favor nin en contra xa que uns poden ser mellores ca os normais e outros poden ser peores. A innovación, o progreso, non é malo. É ir cara adiante. Cós tranxénicos quérese conseguir unha mellora do produto e mentres iso sexa saudable, por que rechazalo? Por outro lado, eu exixiría á Administración un amplo informe onde explique cousas como efectos secundarios posibles, elementos utilizados para a modificación, cantidades recomendadas e riscos de perigosidade. Sabendo todo iso e se o alimento pódese inxerir sen problema, por que non facelo?

fab-iriama-
rtinez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 21:02

Na miñan opinión aqueles productos tranxénicos poden ter tanto as súas ventaxas como os seus inconvintes, as ventaxas como:
-Podremos consumir alimentos con máis vitaminas, mineráis e proteínas, e menores contidos en graxas
-Producción de ácidos grasos específicos para uso alimenticio ou industrial.
- Cultivos máis resistentes aos ataques de virus, hongos ou insectos sen necesidade de empregar productos químicos, o que supón un aforro económico e menor dano ó medio ambiente.
- Cultivos resistentes aos herbicidas, de forma que se podan manter os rendimentos reducindo o número a cantidade de productos empregados e usando aqueles con características ambientáis máis desexables.
- Maior tempo de conservación de frutas e verduras.
- Aumento da producción.
- Disminución dos costes da agricultura.
- Cultivos tolerantes a la sequía y estrés
- Mayor tiempo de conservación de frutas y verduras.
- Aumento de la producción.
- Disminución de los costes de la agricultura.
Son moitas as desventaxas de estes productos como problemas medioambientáis(destrucción da biodiversidade, contaminación), da saúde para quen os consume(pola alteración do alimento e polo aumento do uso de pesticidas), repercusiones sobre os campesiños e seu entorno.

fab-jorgeg-
onzalez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 21:55

Personalmente non tomaria ningun de esos tomates, prefiro inxerir cousas mais naturais. De todos modos non me importa que se poñan en circulacion estes alimentos sempre e cando se informe da súa composición. O máis importante é, e sempre será, que a xente esté informada sobre os alimentos cos cales se comercia.

faa-marcro-
mero
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 22, 2014, 00:02

A desconfianza ao descoñecido é unha característica innata nos animais e esta reacción instintiva é moito mais significativa en nós. Somos uns seres que contamos cunha imaxinación absolutamente marabillosa, esta capacidade sérvenos para escribir grandes novelas, imaxinar complexas historias; uns dos temas mais recurrentes é o da ciencia ficción. Os escritores de ciencia ficción basanse na primeira característica xa mencionada, de ter medo ao descoñcido, para crear un certo grao de interes no lector. Pois eu creo que este tema, sen querelo, estase convertindo nunha historia de ciencia ficción.

Ter medo a algo novo é, repito, algo natural, e moi positivo para a supervivéncia do individuo e incluso da especie. Insinuo que a cautela pode ser unha das claves do gran poder evolutivo do noso xénero. Ademais neste caso, o medo pode realmente estar xustificado. A transxénia consiste na modificación do xenotipo dun individuo para que presente un fenotipo antinatural, có obxetivo de mellorar as suas propiedades químicas e biolóxicas a favor das nosas necesidades. A tranxénia é realmente un tipo de selección artificial, pero acelerada e coa capacidade de mesturar xenes de diferentes especies. O perigo reside en dous conceptos principalmente: primeiro, este proceso faise coa intencionalidade de buscar xenes cunhas propiedades especificas que a continuación utilizarianse de forma práctica en diferentes ambitos, pero ninguén pode asegurar a priori que estes xénes cunhas propiedades especificas e positivas, non leven implicitamente outras propiedades non desexadas que poderían ser perigosas ao ser aplicadas a ditos ambitos, falo de efectos secundarios imprevistos e imprevisibles. O segundo problema que vexo eu é o factor humano, explicome, os investigadores son seres humanos, ser humano implica o erro, equivocarse é unha condición humana e non so iso, a prepotencia que supón creer que podemos controlar a natureza ao noso gusto sen ningunha consecuencia supón, xunto cos posibles erros, a posibilidade de que a transxénia non sexa tan segura como poda parecer. Cabe destacar tamén os riscos ecolóxicos como a posibilidade de contaxio que existe entre cultivos transxénicos con non-transxénicos.

A razón pola que a Administración non censure esta práctica tendo en conta a perigosidade que poda supoñer a modificación xénetica é que a transxénia supón a mellor e única solución á superpoboación e fame mundiais. Un campo de millo transxénico en Europa produce moitos mais flocos que un natural, una plantación de algodón transxénica nos Estados Unidos produce mais roupa ca unha natural...un campo de cereais transxénicos que soportan mellor a falta de auga plantados en Somalia producirá mais pan que un que non foi modificado...

O tema é delicado, pero postos a elexir entre un posible perigo basado en gran parte no medo irracional, e salvar vidas, eu aposto pola ciencia.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.096 segundos.

Os comentarios están pechados.