Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Queres transxénicos? TEMA CERRADO
fab-noerod-
riguez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 20, 2014, 00:57

Na miña opinión, os transxénicos deberían ser investigados a fondo antes de sair á venta. Non obstante, se un destes produtos tivese unha capacidade curativa ou beneficiosa para a nosa saúde, eu compraríao sen dúbida algunha, dado que este proceso fai que a nutrición deste produto vaia a mellor e sexa máis beneficiosa. Pode queisto altere a natureza pero por outra parte tamén podemos considerar isto unha especie de "evolución". O problema sería non pode rdisfrutar máis dos alimentos naturais... E iso é un auténtico problema, pois perderiamos algunhas das nosas especies máis valoradas.

faa-begona-
suarez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 20, 2014, 11:55

Na miña opinión, se hai alimentos transxénicos que se demostra que son beneficiosos para a nosa saúde, eu probaríaos, non todos os alimentos por ser transxénicos significa que sexan malos, coma neste caso o dos tomates púrpura, que serían positivos para a vida das persoas xa que conteñen antioxidantes que preveñen o cancro. E considero que se a xente se decide probalos e comproban por eles mesmos que non son para nada malos, esa idea que teñen sobre estes alimentos vai cambiar.

fab-tcores
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 20, 2014, 14:02

Persoalmente penso que a modificación xenética dalgúns alimentos podría curar algunhas enfermidades, pero creo que deberían antes de poñer as palabras o ceo, demostrar cada un dos esperimentos vendo nos, os consumidores, os efectos dañinos e os non tan dañinos. Porque é moi fácil para eles decir que pode prever o cancer, e non ser verdad, porque o único que buscan é comercializar cousas novas e ter a todos os consumidores engañados para poder vender o seu produto, e iso non debería ser así. Así que, opino que debería facerse un estudo profundo sobre este tipo de productos.
A min persoalmente non me gustan os tomates, pero aínda que me gustasen, dudo moito que probaría esta modificación xenética, xa que é antinatural.

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 20, 2014, 17:45

A miña opinión neste tema e que, un alimento transxénico para algunhas persoas non terá importancia pero para outras sí. Así que este tipo de alimentos deberíanse de marcar ben para poder identificalos e non comprar un alimento transxénico pensando que é un natural. Por outra parte o que di Marcos tamén é verdade, sen este tipo de alimentos poida que non se puidera alimentar todo o planeta, e ademais como ocorre co tomate de cor púrpura, pode axudarnos na nosa saúde, pero aínda así eu prefiría alimentarme con alimentos naturais.

faa-sergio-
serantes
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 20, 2014, 17:53

Considero que os transxénicos teñen unha imaxe que non se corresponde en absoluto coa realidade. Moita xente ao oír esa palabra pensa que é perigoso ou cousas semellantes. Sen embrago, son moitos os alimentos transxénicos que consumimos con frecuencia, e non nos provocan ningún mal, é máis sen eles sería totalmente imposible xerar suficientes alimentos para dar de comer a toda a poboación mundial. Polo tanto, eu, persoalmente, estou a favor dos alimentos transxénicos, se ben é certo que deben ser testados antes, coma calquer outro produto que vaiamos consumir, para evitar que poida causarnos reacións alérxicas ou outros tipos de mal.

fab-elisap-
erez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 20, 2014, 20:27

Por unha parte, non estou moi de acordo co uso e consumo dos alimentos transxénicos. Primeiro, penso que antes de utilizalos para o consumo, deberían ser investigados, xa que, poderían ter substancias moi perxudiciais e poderían facernos sufrir efectos secundarios. Tamén penso que o seu consumo, por un lado, implicaría deixar ou reducir o consumo de alimentos naturais, o que non sería nada bo. Pero por outra parte, penso que se se demostra que os alimentos transxénicos son beneficiosos para a nosa saúde, o seu consumo sería correcto, e beneficioso.

faa-fatima-
f
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 20, 2014, 22:27

Eu creo que os transxénicos, ó igual co resto das cousas teñen o seu lado malo e o seu lado bo.
Podemos atopar transxénicos que son igual de bos co produzo natural e podemos atopar transxénicos que son peores co produto natural, pero tamén podemos atopalos que son moito mellores e incluso beneficiosos para a nosa saúde, como é o caso deste tomate, no que se intenta curar unha enfermidade, ou outros casos nos que se intenta que os produtos duren máis tempo ou que acaden un maior tamaño.
Tendo en conta isto, eu opino que si se debería seguir traballando na busca de transxénicos que poidan facernos a vida máis doada pero que deberían facerse máis estudos sobre eles antes de ser lanzados ó mercado e estar mellor indicados nos lugares de venta xa que na actualidade hai xente que consume transxénicos sen sabelo porque os seus fabricantes non o indican no envase ou fano en letras moi pequenas.
En resume, creo que non deberían prohibirse os transxénicos pero si controlar moito máis a súa produción e venta.

fab-javier-
carou
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 00:05

Eu creo que os alimentos tranxénicos deben ser investigados antes de sacalos ao mercado. Neste caso, se é verdade o de que teñen propiedades anticanceríxenas, eu estaría a favor de vendelos. Se a xente non os quere tomar é simplemente pola mala fama que teñen e paréceme unha tontería que xulguemos algo se non o probamos antes.

fab-anaoub-
ina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 00:29

Eu penso que os alimentos transxénicos son un gran avance, e si se fan correctamente poden ser beneficiosos para a nosa saúde. Aínda que sexa un alimento transxénico non hai que rechazalo por completo pero hai que comprobar que sexa veneficioso e completamente seguro para a nosa saúde. No caso destes tomates din que provoca un efecto positivo no noso organismo, reducindo a probabilidade de ter cancro. Os científicos aseguran que os tomates morados podrían mellorar o valor nutricional das comidas, e agora vaise investigar o seu zume. Estudos que fixeron anteriormente revelaron beneficios como os antiinflamatorios e o retraso do cancro.

Por outro lado a xente ten a visión bastante negativa destes productos transxénicos, nos cales a tecnología intervén nos sistemas naturais. A fin e cabo seremos nos os que comeremos esos productos. E si se produce un erro na elaboración podría supoñer unha catástrofe por iso hai que ter coidado con este tipo de prácticas. Pero ainda que estes alimentos estén elaborados correctamente e sexan beneficiosos para a nosa saúde, cambiar a visión negativa da xente non vai ser doado e levará bastante tempo.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: Queres transxénicos?
on: February 21, 2014, 02:09

Eu atópome nunha posición neutral, non estou nin a favor nin en contra.
É certo que estes productos son bos, teñen propiedades extras que non podemos atopar directamente na natureza, como son un maior tamaño, un sabor diferente, unha textura renovada ou mesmo outras cores que ata o de agora ninguén as imaxinaba, pero que riscos corremos?
Así cómo estés productos son bos poden ter efectos secundarios que se escaparon aos controis, como pasa con algúns medicamentos que provocaron marlformacións no feto ou que provocaron outros danos no noso organismo.
Creo que este tipo de productos deberían estar á venda, pois para gustos cores, pero debería de ser obligatoria unha boa etiqueta que poña "alimento transxénico" para que non os consuma que está en corta deles ou mesmo quen desconfía deles, porque a maioría dos consumidores que os evitan é pola desconfianza que estes crean no mercado xa que producen dúbidas no consumidor. Se estivesen realmente ben controlados e existisen organismos que fixesen probas de todo tipo sen ocultar propiedades non desexadas para así conseguir beneficios a conta da saúde dos demáis creo que terían maior número de ventas, aínda que é importante non esquecer se nunca dos productos naturais.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.172 segundos.

Os comentarios están pechados.