Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Touros si, touros non; e toureiros? TEMA CERRADO
faa-javier-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 12, 2015, 23:26

A tauromaquia definese como «o arte de lidiar toros», tanto a pe como a cabalo, e remontase á Idade de Bronce. A súa expresión máis moderna e elaborada é a corrida de toros, unha festa que nace en España no século XII e que se practica tamén en Portugal, sur de Francia e en diversos países de Hispanoamérica: como México, Colombia, Perú, Venezuela, Ecuador e Costa Rica. É tamén espectáculo de exhibición en China, Filipinas e Estados Unidos. As corridas de toros despertan diversas polémicas desde os seus comezos entre partidarios e detractores. Moitos din que esto é unha arte e unha tradición española que nos identifica. Eu a este comentario teñolle varios argumentos en contra, como se podese describir como arte o sufrimiento doutro ser vivo, que a maioria dos españoles queran que nos identifiquen por esto tendo mais cosas boas que nos identifican ou que os turistas teñan a imaxe nosa de asasinos.
Este tema, polémico por ambas partes para min non ten duda unha que estean a favor disto, canto antes o quiten mellor, o único malo seria una pequena parte de persoas que quedarian sen postos de traballo

fab-alexco-
sta
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 13, 2015, 12:00

Penso que o que dixo Victor e totalmente correcto, un animal non debe sufrir, inda que dea beneficios,polo que, que o estado dea de excusa o motivo de que da beneficios, non e a excusa suficiente para que o sigan permitindo.

fab-raquel-
pan
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 13, 2015, 15:29

A tauromaquia leva moito tempo existindo e traendo moi beneficio o sector económico.Eu non estou a favor,xa que non se conta co sufrimento dos animais.Crearonse asociaciacións en contra e existen moi poucos argumentos a favor,xa que se trata dunha crueldade .

faa-albaro-
driguez
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 13, 2015, 15:55

As corridas de touros son unha tradición que como ben se dixo aquí leva existindo dende fai máis de 500 de anos, pero isto non indica que o que esteamos a realizar sexa o correcto. Na miña opinión a xente que creou isto non tiña os coñecemento que o home de agora ten e polo tanto non era consciente do dano que provocaba o animal, pero a estas alturas creo que todos sabemos o mal que fai, e xa non só os animais senón tamén as persoas que en moitos casos saen feridas.
En acorde co que dixo Víctor, non considero que isto se teña que seguir facendo por que mellora a economía, xa que penso que hai moitas outras formas de incrementar esta sen ter que facer dano os animais. Non entendo polo tanto como pode seguir habendo tanta xente que estea a favor das corridas de touros.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 13, 2015, 16:22

Está claro que a estas alturas, a tauromaquia e todo o que esta práctica conleva non está exenta de xerar certa controversia. Os detractores consideran que non deben malgastarse os escasos fondos públicos dos que dispoñemos actualmente en apoiar esta actividade que, segundo apuntan, cada día ten menos seguidores, co cal estou completamente dacordo. O argumento que alegan os taurinos é que a prohibición da tauromaquia traería problemas económicos debido á cantidade de ingresos que xera. Ante isto eu pregunto: que tipo de país depende economicamente dunha actividade na que se celebra a morte dun ser vivo? Penso que un animal non debería loitar pola súa vida só para o "divertimento" do ser humano.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 13, 2015, 16:28

Detrás da explicación oficial do estado para non abolir a tauromaquía(que é que os touros son tradición e historia española,xa que as corridas de touros modernas nacen en España no século XVIII) está a explicación verdadeira. En Madrid, lugar no que se celebran as corridas de touros máis importantes do ano, cos toureiros máis famosos, no 2012 téñense datos de que a venta en entradas acadou os 17 millóns, correspondéndolle ao Estado 1,5 millóns de euros debido ao IVA. Ademáis, estímase que nese tempo no que se celebraba a ``actividade cultural´´xeneráronse 2 millóns que acabaron repartidos entre os comercios da capital. Polo tanto, debido a esto, o estado, con cartos que proceden de fondos europeos destinados a gandería, dalle unha importante axuda aos criadores de touros para as corridas, sendo esto unha retrocadea que se alimenta. Ademáis, cabe destacar que as corridas de touros en España foron apoyadas por personaxes tan ilustres ao longo da historia como por exemplo José Ortega y Gasset, Federico García Lorca e actualmente, o rei Felipe VI, o que fai que a ``tradición´´ se siga mantendo,a pesar do cruel que é.

faa-emilio-
lumbres
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 13, 2015, 17:28

A tauromaquia é definida como a disciplina que mestura o arte e técnica de torear ou lidiar con touros. Un home de pé ou a cabalo, molesta ao animal para enfurecelo e logo demostra a súa destreza esquivando as súas envestidas. Polo xeral a páctica culmina co asasinato do touro.
Moitos consideran que a tauromaquia é un arte aínda que outros denuncian á práctica pola crueldade hacia os animais, neste caso aos touros.
Hoxe a tauromaquia desarróllase a través da actividade coñecida como corrida de touros, que son moi populares neste país de España, esta actividade desarróllase nun recinto específico, chamado plaza de touros e implican a participación de varias persoas, sendo a máis importante na ceremonia o torero.
Non estou a favor da actividade de corrida de touros polo feito de que non é moi interesante ver a un touro sufrir e morrer, pode que algúns consideren a corrida de touros como cultura, xa que isto vense realizando dende hai moitos años pero penso que deben poñer primeiro a vida do animal e despois, o espectáculo.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 13, 2015, 18:01

A medida que unha civilización avanza as tradicións vanse perdendo e cambiando para satisfacer os costumes dos tempos que se viven. Na práctica da tauromaquia por exemplo non pasou iso, e creo que foi polo diñeiro que gañan os gobernos con esta práctica, a cal estou totalmente en contra dela, xa que un touro non ten porque ser humillado e asasinado despois, porque aínda que non sexa unha persoa ten dereito á vida coma calquer outro ser vivo.
Respecto a outros países que prohibiron, en zonas, esta práctica están:
-España: Que logrou prohibir as corridas de touros en máis de 80 municipios e en provincias como Asturias, Andalucía, Canarias, e Cataluña.
-Francia: Nas cidades de Mouans-Sartoux, Montignac, Bully-lles-mines e Joucou (Aude) foron proclamadas antitaurinas.
-Portugal: Na cidade de Viana do Castelo foi declarada antitaurina dende o 2009.
-Colombia: En máis do 40% dos seus municipios e cidades lograron prohibir os espectáculos públicos e privados onde se maltraten aos animais, mediante leis que regulan e erradican o maltrato animal.
-Ecuador: Logrou prohibir as corridas de touros e outros espectáculos onde se maltratan e sacrifican os animais, na súa capital, Quito.
-Perú: Implementou recentemente unha lei que prohibe o maltrato e sacrificio animal en espectáculos públicos e privados, incluíndo a prohibición das corridas de touros.
-Venezuela: Ten 2 municipios declarados antitaurinos e onde se prohibiron tamén espectáculos con animais.
Para finalizar, non concibo como aínda non sei prohibiron as corridas de touros en todo o estado Español.

faa-miguel-
otero
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 13, 2015, 19:16

Dende logo algunhas culturas e tradicións que son concevidas como tales non as podo concevir. Exemplos dos que vimos arrastrando, como, que nalgúns países se coman os cans ou que se practique a ablación do clítoris "tradición ancestral", ou considerar as mulleres inferiores que os homes.
Que algo sexa tradición non quere decir que é aceptable ou correcto na actualidade. Penso que algunhas das tradicións que se practican na actualidade deberían ser prohibidas. Non podo concebir o feito de que facendo sufrir a un animal ou outra das tradicións xa nomeadas podan considerarse tradición ou cultura, non teñen dereito a facer un espectáculo, no caso dos touros, dicir que é unha acto de beleza. Penso que os demáis países pensarán da mesma maneira que "nós" uns estarán a favor e outros en contra, eu dende logo estou encontra e toda persoa que o considere como un acto de cultura matar a un animal, non a podería compreder, pareceríame unha barbaridade, non é unha actitude nin ética nin moral.

fab-antonc-
haves
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 13, 2015, 21:46

Na miña opinión ámbolos dous bandos teñen razón, xa que as tradicións teñen que ser respetadas, pero non se debe facer sufrir a un ser vivo. A miña solución é respetar a tradición, é dicir, levar adiante o deporte do toreo pero sen facer sufrir a ningún ser vivo. Para elo os touros poderían levar unha especie de corsé que leve un dispositivo que ao contacto coa espada do toureiro fixese iluminar unha luz ubicada en calquera parte da praza de touros e así evitar a morte dun animal. Sei que sona ridículo pero é a única forma de que as dúas partes salgan gñando por decilo dalgunha maneira.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.09 segundos.

Os comentarios están pechados.