Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Touros si, touros non; e toureiros? TEMA CERRADO
faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 20:11

Porque algo sexa tradición non ten porque ser correcto, tamén no medievo eran tradición moitas cousas que oxe en día nin se nos pasan pola cabeza facer, como por exemplo o tratar as mulleres ou as persoas de cor coma animais, facer ao pé da letra todo o que di a Iglesia, etc. Por uutra banda, como din os taurinos, é cultura e consideran que o toro é un gran animal porque loita pola súa vida e morre con honra. Pero,¿ por que un animal debe loitar pola súa vida e defender o seu honor a costa do entretenemento do ser humano? Ademáis, pese que moitas persoas din que os touros destinados a estes fins son tratados excelentemente antes da súa morte, iso é mentira, xa que antes do ``espectáculo´´ utilizan unha droga chamada fenilbutazona que debilita o touro, xa que se o touro salise en plenas condicións probablemente o que acabaría morto sería o torero. E a pesar de que o toro ten o umbral do dolor máis alto ca nós e ca outros animales, creo que por moito que aguantes a dor se che cortan as ourellas e che clavan banderillas no dorso non o podes soportar por moito aguante que un teña. Aparte na sociedade actual non é como no medievo, hai tele, hai móviles, hai cine, hai parques, pódeste divertir facendo mil cousas que non vaian en contra dos dereitos dos animais. Porque unha cousa é matalos por pura necesidade biolóxica, para alimentarse e sobrevivir, e outra por diverssión, placer e sadismo.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 20:16

Creo que a tauromaquia é unha tradición coa que se debería terminar. Temos que recordar que os animais teñen dereitos, e coa tauromaquia están a maltratar a uns animais, que nin fixeron nada para merecer tal castigo , nin lles gustaría telo. Moita xente defende que a tauromaquia é unha tradición que non se pode perder, xa que estaríamos deixando atrás a nosa cultura, pero desde o meu punto de vista creo que deixando atrás esta práctica estaríamos deixando atrás unha práctica propia dunha civilización antiga pouco avanzada.

Con tódolos avances e distintas formas que temos para empregar o noso tempo de lecer, parece mentira que aínda nos nosos días se siga dando lugar a unha práctica tan atroz simplemente para divertir á xente e seguir coa cultura. Ademais, non entendo como é posible que por maltratar a un pobre animal para logo rematar coa súa vida os toureiros cobren semellante cantidade de cartos.

Para rematar, simplemente direi que aínda que non sexan coma nós, hai que ter un pouco de empatía cos touros e pensar que a nos non nos gustaría que nos someterán a unas condicións de vida tan malas por uns días para logo ser mareados e asasinados sen razón.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 20:45

Como ben apuntan os meus compañeiros, a tauromaquia defínese como «a arte de lidiar touros», remontándose as súas orixes á Idade de bronce.
A súa expresión máis moderna e elaborada é a corrida de touros, un espectáculo que naceu en España no século XII e que se practica tamén en Portugal, sur de Francia e en diversos países de Hispanoamérica.
Nun sentido máis amplo, a tauromaquia inclúe ademais todo o desenvolvemento previo ao espectáculo como tal, dende a cría do touro á confección da vestimenta dos participantes.
Buscando a definición de arte no dicionario da RAG, atopei o seguinte significado: “Actividade humana que ten como fin a creación de obras estéticas”. O que eu meu pregunto é en que se sociedade pode considerarse ao maltrato dun animal como unha obra estética. Se ben é certo que a tauromaquia é considerada unha tradición en España, non creo que esta sexa unha razón de peso para aceptala, pois considero que anos de historia non son quen de avalar o sufrimento dun animal coa mera finalidade de divertir a un público.
Ao meu parecer, as corridas de touros non teñen lugar na sociedade “avanzada” na que vivimos e, algo que non tolero, é que tal cantidade de diñeiro sexa investida nunha práctica tan cruel como a tauromaquia, podendo ser utilizada para promover verdadeira cultura ou para mellorar outros ámbitos como son a educación ou sanidade.

fab-marian-
galeano
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 22:35

A tradición taurina dende logo é moi popular e leva moitos anos celebrándose corridas de touros e festas populares como os chamados “toros embolados”, os “toros á mar”, o “toro da Vega”…Estes festexos non só levan moita tradición,senón que tamén conlevan ó sufrimento dos toros. É necesario recordarlles aos taurinos que os animais son seres vivos e tamén sufren coas salvaxadas. Eles non o ven como un maltrato animal porque pesa máis a cultura para eles, pero dende logo todo este tipo de festexos tería que considerarse maltrato e os autores dun crime así deberían ter algún tipo de castigo, xa que da mesma forma en que unha persoa pode maltratar a un can e impoñerlle un castigo, tamén se debería considerar maltrato ás corridas ou a estes festexos populares.

fab-miguel-
leiro
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 22:48

Dende o meu punto de vista, as corridas de toros son un espectáculo cruel e sanguento, onde un toro é víctima dun sufrimento existente provocado por aqueles que apoian esta tradición. É certo que é unha tradición de hai moitos anos aquí en España, pero esto non da dereito a continuar coas corridas. Estou a favor sen lugar a dúbidas da prohibición das corridas taurinas. O que máis me indigna, e que estes espectaculos reciban cada ano unha subvencións tan grandes, subvencións que serían de gran axuda en campos como a invetigación en enfermidades, avances tecnolóxicos e o desenvolvemento do país en xeral.

faa-miguel-
otero
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 11, 2015, 23:03

Dende o meu punto de vista, facer sufrir a un animal non o podo considerar como acto de cultura, desde cando crabarlle coitelos os animais é un acto de beleza? ao meu parecer penso que cando se celebra o toreo faise sufrir moitísimo os animais, e penso que eles tamén teñen dereitos para non sufrir de esa forma. A culpa é dá xente que os vai ver, se non fose niguén non pasarían esas crueldades os pobres animais.
En conclusión eu estou encontra do toreo porque parece absurdo que a xente se divirta facendo sufrir a un animal que está condeado á morte, parece impensable esa maneira de divertirse, non o podo concevir. Os animais tamén teñen os seus dereitos e son dignos de obter a súa liberdade, que, por desgraza na nosa sociedade non e posible

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 12, 2015, 11:03

Hai moitas corridas de touros, e moitas festas nas cales os toros son os protagonistas, eles sufren con esas festas, acabanos matando inxustamente, para "disfrute" das persoas que ven os actos.
Cada día, son menos as persoas que acuden a estos eventos, polo que eu actualmente, deixaria de xogar cos toros, teñen dereito a que non morran por disfrute de outra persoa,asique eu, como digo, deixaría de celebralas inmediactamente.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 12, 2015, 15:51

A tauromaquia é a disciplina que consiste en manter unha especie de contenda cun touro. Un home, a pé dun cabalo, molesta ao animal para enfurecelo e logo demostra a súa destreza esquivando as súas acometidas. Polo xeral a práctica culmina co asasinato do touro.

Na miña opinión a tauromaquia é unha tradición na cal se maltrata a un animal so para deleite de algunhas persoas, esta tradición era propia de culturas pouco civilizadas e de sociedades moi primitivas, o cal debería estar totalmente erradicado na nosa sociedade xa que avanzamoa como persoas e como cidadáns.
Aínda por encima as cantidades de cartos que se destinan a esta actividade é unha suma bastante cuantiosa de diñeiro, como tamén a que pode gañar un toureiro, por exemplo Jesulín de Ubrique un coñecido toureiro dixo que el non toureaba por menos de oito millóns de pesetas (uns 48.000€).

faa-ritala-
ge
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 12, 2015, 15:57

Ainda que sexa una das tradicións máis coñecidas deste país e a que se practica en diversos lugares do país, creo que é unha tradición que se ten que dar por finalizada para sempre ,xa que o animal que corre e maltratado con banderillas antes de ir xunta o toureiro. Ademáis disto, a gran mayoría do diñeiro que vai destinado a este festexo podería ir destinado a outros proxectos e deixar de maltratar aos animais.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Touros si, touros non; e toureiros?
on: May 12, 2015, 16:18

As corridas de touros e o afán por celebrar festas en torno a isto son aínda frecuentes nalgunhas rexións, e o apoio político e económico das administracións locais e autonómicas continúa favorecendo estas actividades. Eu estou en contra das corridas de touros, posto que me parece que están baseadas na tortura, na dor e no desprezo aos dereitos dos animais.
Nos que defenden estas actividades escúsanse dicindo que é unha tradición, pero por ser unha tradición non xustifica o acto. Antigamente, era algo cotidiá os combater a morte, o canibalismo ou os sacrificios humanos pero estas costumes foron quedando atrás a medida que a civilización foi avanzando.
Ademais, para o touro, a corrida é a morte inminente, pois o touro que pisa a area, ten morte segura. Na maioría dos casos, o touro non morre de inmediato na corrida, se non que ten unha morte lenta e sufrida polas diversas feridas recibidas.Disfrutar vendo sufrir un animal non é divertimento, non é deporte, non é arte.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.109 segundos.

Os comentarios están pechados.