Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8
Autor Tema:Canarias e o desenvolvemento sostible TEMA CERRADO
faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 1, 2014, 22:02

Desenvolvemento sostible é aquel que satisfai as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade de xeracións futuras para satisfacer as propias. Esta expresión ten como significado mellorar a calidade de vida humana sen superar a capacidade de carga dos ecosistemas que a sustentan.
En concreto, as Islas o obxectivo final dunha política de desenvolvemento sostible é o desenvolvemento humano sostible, a mellora das condicións de vida de toda a poboación, incluídas as xeracións futuras. Trátase dun proceso dirixido a lograr un cambio ético, social e económico profundo, un cambio no modelo de desenvolvemento, no modelo de vida.
Polo tanto, atopámonos ante unha situación que incumple claramente a política de desenvolvemente sostible xa que estas perforacións empeorarán as condicións de vida de toda a poboación, inluindo as xeracións futuras. Ademáis, neste caso levarase a cabo un empeoramento do ecosistema. En definitiva, apenas cumple nada que teña que ver co desenvolvemene sostible.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 1, 2014, 23:08

O título deste foro é “Canarias e o desenvolvemento sostible”. O concepto desenvolvemento sostible foi definido por Víctor como o equilibrio entre a protección do medioambiente, os beneficios sociais e os beneficios económicos. Ao meu parecer, a perforación do solo e a posible extración de petróleo nas costas canarias, non se corresponde para nada cun modelo de desenvolvemento sostible, pois non existe equilibrio entre os tres elementos. En primeiro lugar, como xa dixemos, o medio ambiente verase fortemente prexudicado, pois este proxecto traerá nefastas consecuencias para a fauna, a flora e incluso a paisaxe desa zona, polo que podemos ver claramente que á hora de levar a cabo este proxecto, en ningún momento se está tendo en conta a protección do medio ambiente. En segundo lugar, dende o meu punto de vista, os beneficios sociais que obterá Canarias son mínimos. Como se comentaba no vídeo inicial, os postos de traballo que vai xerar este proxecto non van ser cubertos por xente das Illas, e o que é peor, moitas persoas perderán o seu emprego debido a que estas perforacións arrasarán o fondo mariño e xa non se poderá levar a cabo a pesca. Ademais, a xente que traballe no sector do turismo, que como xa comentamos con anterioridade se verá fortemente prexudicado, tamén podería ver o seu emprego en perigo. Por último, é certo que este proxecto producirá enormes beneficios, mais que creo estes non serán recibidos por Canarias, se non que a verdadeiramente beneficiada será a empresa que executa as perforacións, Repsol.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 1, 2014, 23:23

Chámase desenvolvemento sostible a aquel desenvolvemento que é capaz de satisfacer as necesidades actuais sen comprometer os recursos e posibilidades das futuras xeracións. Intuitivamente unha actividade sostible é aquela que se pode manter. Sabemos que consumir petróleo non é sostible cos coñecementos actuais, xa que non se coñece ningún sistema para crear petróleo a partir da biomasa.
No meu punto de vista non se aprecia equilibrio entre a protección do medio ambiente, desenvolvemento económico e desenvolvemento social neste caso, o do petróleo, xa que os beneficios políticoeconómicos son os que sobresaen pese á importancia da natureza, e neste caso, tan importante como o mar nas illas Canarias.
Hoxe sabemos que unha boa parte das actividades humanas non son sostibles a medio e longo prazo tal e como hoxe están formuladas.

fab-dariov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 1, 2014, 23:50

Neste tipo de actividades económicas o último no que se pensa é en ser respetuoso co medio ambiente, máis que nada porque eso requeriria invertir máis en seguridade tanto para os traballadores como para a infraestructura, e dende o punto de viste económico, eso son gastos, gastos innecesarios xa que non proporcionan un beneficio directo. Por esto penso que non se teñen en conta os tres elementos.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 00:11

Penso que o desenvolvemento sostible, que se define como o equilibrio entre a protección do medioambiente e os beneficios socias e económicos, está totalmente desaparecido neste caso, xa que non se cumpre ningún dos tres requisitos. Por unha parte o medio natural quedará prácticamente destruído e tampouco se creou ningún plan para protexelo. Por outra banda, Canarias non recibirá ningún beneficio social, é máis, será todo negativo, xa que a xente das illas corre o risco de perder o seu traballo ou a fonte do seu traballo e verse obrigada a abandoar a illas. E xa por último, o mesmo ocorre co beneficio económico, a xente non gaña nada extraendo ese petróleo e incluso se pode botar a perder o turismo das illas, que é un dos máximos factores económicos do lugar.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 01:01

Coincido cos meus compañeiros, xa que neste caso non podemos dicir que existe un desenvolvemento sostible. Primeiro, porque non contan para nada co medio ambiente, é dicir, parece que non son conscientes dos graves problemas que lle poden ocasionar ao medio natural das Illas Canarias se levan a cabo este proxecto. Tampouco traerá beneficios sociais, xa que o turismo en Canarias verase bastante perxudicado e moitas persoas perderán o seu emprego, entre elas as que traballan no turismo, os mariñeiros e as persoas das que o seu traballo depende do mar, entre outras. Para finalar, aínda que nun principio este proxecto está pensado para obter beneficios económicos, estes beneficios non serán para as persoas das illas, se non que serán para a empresa Repsol e para os países extranxeiros. Así que non vemos un equilibrio existente entre a protección do medio ambiente, nin os beneficios económicos nin os beneficios sociais.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 14:35

😉
Que necesidades enerxéticas poden ter as illas Canarias? Que tipos de enerxías alternativas son máis axeitadas para desenvolver nas Canarias? Pensades que cobrirían as súas necesidades?

fab-antonc-
haves
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 18:03

Ao meu parecer, isto non traería máis que desgracias ás Canarias. Non entendo como os políticos, xente canaria, pode considerar tan siquera o risco de poñer contra a parede a toda a biodiversidade que hai nas Canarias, que precisamente puoca non é. Supoño que estos políticos ou teñen a capacidade mental dunha formiga ou recibiron unha boa cantidade de cartos de parte de REPSOL. Isto non traería ningún outro beneficio máis que o dos políticos corruptos, xa que non xeraría empleo porque as fábricas veñen cos seus propios empleados e en caso de fuga ou algún outro tipo de accidente que lle poda causar algún tipo de dano ao medioambiente os sectores máis importantes da economía Caanria, o turismo e a pesca, se verían totalmente perxudicados.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 19:26

As illas Canarias posúen abundantes recursos enerxéticos renovables, principalmente vento e sol, ademais dunhas excelentes condicións climatolóxicas, que permiten uns consumos moito máis baixos que noutros puntos da Terra en condicións máis extremas e niveles de vida similares.
Canarias non debe (nin pode) esperar a que suceda o "estallido enerxético" e ser tamén arrastrada por el hacia un futuro incerto. Ao contrario, Canarias debería e podería ser un exemplo mundial de progreso dun desenvolvemento plenamente sostible. Para isto, Canarias debería, por unha parte, implantar as máximas enerxías renovables posibles (eólica, solar térmica, solar fotovoltaica...), e doutra banda, ahorrar no ámbito enerxético, isto é, en calor, electricidade, transporte...
No entanto, en cuxo caso, é evidente que non se pode impedir que Canarias siga sendo totalmente dependente dos combustibles fósiles tradicionais, polo que estes deben estar tamén presentes, aínda que en moita menor cantidade, en escenarios futuros.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 20:49

Estou de acordo co vídeo. Canarias posúe un gran ecosistema e fauna mariña, que pode ser estropeado por culpa de Repsol, ou mellor dito, da xente que permite isto. Ademais, non aportará ningún beneficio, xa que os cartos que Repsol lle puidera pagar a Canarias xa están repartidos entre os 4 políticos de turno.Por outra banda non vai a producir postos de traballo, obviamente, xa que unha empresa destas, a que lle da igual estropear o medioambiente, sen escrúpulos nin conciencia, se non pensa niso...¿Vai pensar en pagarlle a un canario un soldo de 1000$ cando pode pagarlle a un chino 100$?Lóxicamente non. Aparte en España, e especialmente en Galicia, xa tivemos a experiencia pasada pero relativamente recente do Prestixe. Xa sabemos o que pode pasar¿Por qué deixar que isto poida volver a ocurrir? Canarias, polas súas características derivadas da súa posición xeográfica tropical, ten un clima propicio para o turismo durante todo o ano, cultívanse moi ben certas cousas, como os plátanos, o exemplo máis coñecido. Tamén é abundante a enerxía eólica e solar, polo tanto poderían instalar sistemas de enrxías renovables e así evolucionar cara un sistema de vida máis sostible ao mesmo tempo que eficiente, dependendo cada vez menos dos recursos fósiles. Aparte, non é o mismo explotar unha zona digamos 'morta' para obter unha gran cantidade de petróleo que unha zona rica en diversidade por unha cantidade ínfima e por uns beneficios escasos e efímeros

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.106 segundos.

Os comentarios están pechados.