Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Canarias e o desenvolvemento sostible TEMA CERRADO
fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 26, 2014, 17:59

Esta clarísimo que non debe buscar outras fontes de negocio, e si as buscase, fose alguna que non afectase ao seu medio, xa que asi a simple vista, canarias depende das exportacións dos seus platanos, e do turismo, estarías arriscando o 50 % dos teus ingresos, para facer algo que seguramente, non dea beneficios para as Islas.
Asique en conclusión, si, podría buscar unas novas fontes de negocio, pero xustamente a explotación petrolífera, no. Xa que perderían máis do que ganasen, si e que ganasen algo.

faa-javier-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 26, 2014, 22:42

Canarias xa ten unha productividade moi alta e perfectamente sostible, non lle fai falta buscar outras fontes de negocio, o turismo que ten é grazas ao seu ecosistema e buscar outras fontes económicas supondría a destrucción dalgúns sitios moi visitados.

faa-glopez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 27, 2014, 15:01

Estou de acordo con que se intente explotar nesa zona para ter recursos de petroleo, envede de depender dos paises con maior recursos de bolsas de petroleo. Se non explotamos onde se encontra o petroleo outros paises cerca das canarias poderian perforar e encobtrar petroleo, a vez quitandolle as canarias por proximacion, chegaria a sacarlle o petroleo da zona das illas canarias. Por isto e mellor actuar antes de que o fagan os paises cercanos

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 27, 2014, 17:40

Buscando información sobre o tema (pois non tiña coñecemento dos sucesos que están acontecer en Canarias), souben que compañía calcula que ata finais xaneiro e comezos de febreiro de 2015, non se poderá saber se hai combustible en cantidades suficientes para que sexa rentable á súa extracción.
O que eu me pregunto é para quen sería rentable a perforación do subsolo mariño e a posible extracción de petróleo, pois dende o meu punto vista, é un negocio do que as Illas Canarias non van obter ningún beneficio, se non que, realmente, serán as máis prexudicadas. Como xa analizaron os meus compañeiros, o impacto medioambiental que tería este proceso na costa canaria sería moi grande, pois poría en risco a flora é a fauna mariña da zona. Ademais, debemos ter en conta de que o motor da economía das Illas Canarias é principalmente o turismo, que precisamente visita as estas Illas atraído polo seu medio natural e súas magnificas praias, polo que este sector se vería moi resentido polos impactos medioambientais que pode orixinar a extracción de petróleo. Con todo isto quero dicir que, dende o meu punto de vista, o petróleo non é unha fonte de negocios indicada para as Illas Canarias, pois está poñendo en risco a súa subsistencia sen ter porque, pois existen outros recursos que as Canarias poden explotar sen poñer en risco o medioambiente e o seu motor económico

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 27, 2014, 18:20

Nun principio, coincidindo coas opinións dos meus compañeiros, apenas vía problemas ás ditas prospeccións de petróleo nas Illas Canarias, xa que pensaba que deste xeito, España veríase favorecida económicamente, converténdose así nun país rico en petróleo, ao que non lle faría falta xa importalo de ningún outro país estranxeiro, ademais de crear postos de traballo que se ofertarían á xente autóctona.
Despois de informarme e ver o vídeo, cambiei radicalmente de opinión. Parece ser que tales postos de traballo non serán ofertados a persoas das propias illas, senón que xa virán ocupados por xente previamente contratada pola empresa REPSOL. Ademais, estas sondaxes que perforarán o solo mariño en busca de hidrocarburos frente as costas canarias podería destruír o espazo natural, isto é, flora e fauna do que gozan a día de hoxe estas illas. Tal feito traería como consecuencia que a principal fonte económica destas terras, o turismo, se vise afectado tamén.
En conclusión, penso que as poucas vantaxes e beneficios desta idea non poden compensarse nin sequera nun 10% con todo o que se podería chegar a perder se este propósito se leva a cabo. Na miña opinión, non convén arriscarse a buscar outras fontes de negocio que poidan poñer en perigo a subsistencia deste arquipélago, cando xa existe unha que da os seus froitos, que é o turismo.

faa-ilenia-
martinez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 27, 2014, 18:31

A concesión de prospeccións nas illas Canarias é negativo dende todos os puntos de vista. Querennos facer crer dende todas partes que vamos a conseguir moitas vantaxes cando en realidade é todo o contrario e os riscos que nos vai acarrexar son inmensos, dende posibles fugas á perdida da fauna. Unha persoa mal informada crendo que no futuro tendria posibilidades de conseguir un posto de traballo podría estar de acordo, o que faria perder posteriormente o principal ingreso desta illa, o turismo. Dende o meu punto de vista unha decisión tan importante deberia ser votada e aceptada polos cidadáns

faa-xacobo-
pineiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 27, 2014, 19:03

Eu non creo que Canarias non deba ter en conta outrasfontes de ingresos, pero si creo que estas posibles fontes de ingresos optativas non deben ser unhas que poidan chegar a causar tantos desastres coma o petroleo. Por exemplo, outras empresas poderían buscar explotar a enerxía xeotermica das Illas Canarias, para así, facer que as illas sexan totalmente independentes enerxeticamente.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 27, 2014, 21:31

Probablemente cando a alguén lle falen de extraer petróleo, pensará que é unha idea con moitos pros, tales como que pode dar moitos cartos, que pode dar emprego … Cando profundizamos un pouco nos decatamos de que é todo o contrario. Como ben se explica no vídeo, extraer petróleo nas Illas Canarias é unha idea nefasta que nos pode facer perder un recurso tan importante como é o mar.
Dende hai uns días sabemos que a empresa Repsol ten vía libre para facer prospeccións para buscar bolsas de petróleo nas Illas Canarias. Permitir que isto se cumpra é o peor que se pode facer, xa que desta forma, as Illas Canarias perderán o seu recurso máis preciado: O mar. As consecuencias serán totalmente negativas : Os peixes marcharan a outros lugares, polo que non se poderá pescar, pódense producir fugas de petróleo, polo que a costa quedará totalmente dañada, afectando tanto ao turismo, como aos habitantes das illas, ademais os cidadáns non veremos ningún tipo de vantaxe a nivel económico, xa que a partir desto só se lucrarán 4 persoas con moito poder … Resumindo, permitir que se fagan prospeccións “dificultará” a largo prazo realizar calquera actividade relacionada co mar.
En conclusión, creo que permitindo isto, as Canarias se estarán arriscando a perder algo tan importante como é o mar, e que como dixen antes, esta idea, é unha idea que so ten vantaxes para unhas poucas persoas, e aos demais só nos tocará ver como un recurso tan importante como é o mar se estraga.

faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 27, 2014, 23:57

Cando oín falar da extración de petróleo nas illas Canarias estaba de acordo, posto que o petróleo é un combustible manexado por outros países e España ha de gastar moito diñeiro para poder dispoñer del. Agora ben, cando me informei de que esta extración non axudaría para nada a crise que estamos a vivir, senón que inda podería chegar a empeorala, debido ao impacto que tería no medio das illas, na súa flora e fauna; e tamén no turismo debido a que estas extracións afectarían ao aspecto da illa; púxenme totalmente en contra. Na miña opinión penso que non acadaríamos ningún beneficio, senón que produciría máis mal que ben, así que penso que é mellor non realizar este proxecto.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 28, 2014, 00:40

Comparto opinión coa meirande parte dos meus compañeiros, xa que é obvio que se as Illas Canarias buscasen outra fonte de negocio, neste caso a extración do petróleo, traería maioritariamente consecuencias negativas para este arquipélago, onde viven practicamente do turismo, e non por casualidade, se non debido a que posúen un medio natural moi atractivo, dende a paisaxe ata a fauna que alí se encontran. Se se chegase a levar a cabo esta absurda idea da explotación de petróleo, o ecosistema destas illas veríase danado, xa que posiblemnte o mar se contaminase e perxudicase ás especies mariñas que viven nel e nos arredores, e incluso a flora.
Ben certo é que España depende doutros países para a obteción de petroélo, pero creo que os danos que se producirían nas Illas Canarias ao perforar o solo mariño teñen máis peso ca que España teña que importar este recurso.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.106 segundos.

Os comentarios están pechados.