Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Canarias e o desenvolvemento sostible TEMA CERRADO
faa-albaro-
driguez
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 29, 2014, 20:48

Como opinan a meirande parte dos meus compañeiros estou de acordo en que non creo que sexa boa idea facer unha perforación do subsolo mariño preto das illas Canarias, xa que estan perderan o seu espazo natural e non gañaran nada a cambio. Esta proposta de búsqueda de petróleo non me parece polo tanto moi acertada, aínda que pode ter certas cousas boas, como a creación de empleo pero creo que ten máis contras. Estas perforacións requiren de grandes máquinas que emiten diversos gases que podrían destruír ecosistemas con valores naturais moi importantes. Ademáis estás perforacións faríanse sen saber se hai petróleo ou non por que, se non o hai? que fariamos con todos os cartos que invertimos? quen pagaria todo iso?
Dende o meu punto de vista non me parece unha boa idea esta búsqueda de petróleo.

fab-rociov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 29, 2014, 22:17

Dende o meu punto de vista, a busca de petróleo nas Illas Canarias non é moi boa idea, debido ás graves consecuencias que isto pode traer; como a perda do gran motor económico que é o turismo.
Antes de ver o vídeo, pensaba que intentar buscar novos medios de subsistencia e buscar novos recursos sería moi importante, porque obtendrían máis postos de traballo, e sería un gran paso para seguir loitando contra a crise que actualmente sofre o país.
Unha vez visto o vídeo, penso que os políticos canarios engañaron a todos os seus habitantes, prometéndolle novos postos de traballo, cando estas plataformas xa traerían aos seus propios traballadores, prometéndolle tamén que non habría peligro no seu entorno, cando Repsol xa dixo que si que o hai, ademais, sen ir máis lonxe, está o exemplo do accidente que houbo en Galicia co prestige.
Para rematar, creo que en vez de arriscar tanto, deberíase intentar buscar outro tipo de subsistencias e novos recursos, como por exemplo, as enerxías renovables.

faa-daniel-
baulo
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 30, 2014, 18:08

Estas perforacións en augas profundas requiren grandes cantidades de diñeiro, e os riscos son moi altos.Se ocorre algún accidente, as verteduras de hidrocarburos causarían un importante impacto ambiental xa que poderían verse afectados ecosistemas con valores naturais de grande interese.
O prezo do petróleo non se verá afectado, xa que a cantidade de petróleo encontrada non sería moi grande en comparación co resto do mundo, e tampouco producirían postos de traballo. Tendo en conta que a súa economía está baseada no sector turístico, non convén realizar as obras, xa que darían lugar á aparición de numerosos vertidos, que deixarían a costa danada.

faa-nereae-
iras
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 30, 2014, 22:12

Na miña opinión, a busca de pétroleo nas Illas Canarias ten una parte boa e outra mala. Por unha parte, estas perforacións xerarían empleo e beneficios económicos para o noso país así como a baixada de prezos no petroleo. Pero, os riscos que ten esta perforación son moito maiores que o que podemos gañar economicamente. Se algo saíse mal, poñerían en risco a fauna e a flora natural das illas, así como as perdas que iso pode supór para o turismo canario.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 1, 2014, 11:28

😉
O concepto de desenvolvemento sostible se está a utilizar desde hai un tempo, porque estamos a observar que o actual modelo de explotación e uso do noso planeta está a ter consecuencias nefastas para a nosa supervivencia. No modelo de desenvolvemento sostible considerárase que debe existir un equilibrio entre a protección do medioambiente, os beneficios sociais e os beneficios económicos. Considerades que no caso tratado neste foro existe ese equilibrio entre os tres citados elementos?

faa-diegog-
arcia
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 1, 2014, 19:57

Como dixo o meu compañeiro Rubén, deste tema falamos en tecnoloxía, e eu tamén estaba en desacordo xa que durante as perforacións pódense producir fugas que poden contaminar o mar e os animais que habiten nel, o que sería un paso atrás na vida xa que con enerxías renovables, ningunha destas cousas se produciría, nin a contaminación dos mares nin a morte de animais, polo que non vexo factible buscar petróleo nas Canarias poñendo en perigo o medioambiente.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 1, 2014, 20:09

Enténdese por desenvolvemento sostible aquel desenvolvemento capaz de satisfacer as necesidades actuais sen ter que comprometer e poñer en perigo os recursos e posibilidades de futuras xeracións para responder ás súas. Agora ben, todos os problemas plantexados a escala planetaria e mesmo local teñen un denominador común e dependen do funcionamento do actual sistema económico. O modelo dominante hoxe en día é aquel que di que a economía vai ben cando crece o produto interior bruto, isto é, o PIB. Moitas veces, este modelo non ten en conta canto esforzo costa, en términos ecolóxicos, o crecemento dun só punto do PIB. Moitas veces non se ten en conta as limitcións do medio natural, nin o dano que se lle está causando, levándoo ao extremo do infarto ecolóxico.
Ao meu parecer, neste caso non se aprecia equilibrio existente entre a protección do medio ambiente, os beneficios sociais e os beneficios económicos. Penso que se está a mirar máis pola economía e polas riquezas que este proxecto podería traer consigo que pola propia natureza, fauna e flora que poderían verse perxudicadas.

fab-nereab-
etanzos
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 1, 2014, 21:04

Eu penso que ese equilibrio de tratado é inexistente xa que non existe un equilibrio na protección do medio ambiente,si a houbera non se darían as grandes explotacións dos recursos naturais,neste caso Repsol como empresa que é busca beneficios, o cal o seu seguinte obxetivo é o petróleo das illas Canarias.
Tampouco hai un equilibrio dos beneficios sociais e os beneficios económicos,penso que dáselle máis importancia a economía e os beneficios que se obteñen a coidar o noso planeta que se pode ver perxudicado polo abuso de explotacións por non ter un claro equilibrio.

fab-maribl-
anco
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 1, 2014, 21:31

Na miña opinión ese equilibrio non existe, xa que as empresas só lles interesan os beneficios económicos. Esas empresas buscan o seu propio beneficio explotando a países pobres xa que traballan por un soldo mínimo. As empresas non protexen o medioambiente, son os habitantes do lugar os que deben protexer o seu propio medioambiente.

fab-laurao-
zores
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 1, 2014, 21:50

Eu penso que non existe en ningún momento este equilibrio. Sin dúbida, estanlle dendo moita máis importancia ós beneficios económicos que ós beneficios sociais e á protección do medio ambiente.
Moi poucos se pararon a pensar no daño tan importante que lle poderían causar ao medio ambiente se ste proxecto segue adiante e tampouco se deron conta de que non traería ningún, ou case ningún beneficio social.
O único que pensan é en satisfacerse económicamente.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.099 segundos.

Os comentarios están pechados.