Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Autor Tema:Canarias e o desenvolvemento sostible TEMA CERRADO
faa-andrea-
perez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 3, 2014, 20:44

Dende o punto de vista económico, Canarias conta con un terreo pouco productivo,o que dificultou o desembolvemento da agricultura.
As Illas carecen de cursos de agua, como ríos. Por eso, os canarios tiveron que construir presas e embalses para estancala. Tamén, nas illas máis húmidas, perforaron a terra con profundos pozos e galerías, buscando alcanzar as reservas subterráneas.
As Illas Canarias teñen un ecosistema moi rico e variado por eso creo que ten múltiples opcións de enerxías alternativas coma o sol, a enerxía solar é unha das principais fontes xa que nestas illas apenas chove.Outra opción que se está sopesando é a posibilidade de utilizar a enerxía xeotérmica destas illas aínda que esta opción é un pouco complicada xa que hai que buscala exactamente igual que se busca unha bolsa de petróleo.Por eso eu creo que non chegaría por cubrir por completo as necesidades principais.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 3, 2014, 22:45

Os principais recursos enerxéticos renovables das Canarias son principalmente vento e sol.
Canarias destaca polo seu alto valor medioambiental, turístico e pesqueiro polo que teñen que apostar polas enerxías renovables. Isto está basado en datos, pois Greenpeace demostrou nun informe que apostar máis polas enerxías renovables sería beneficioso para o emprego ademais dun incremento anual do 2% no PIB e faría baixar a factura enerxética un 34%,nos fogares españois. A extracción de petróleo non é nada segura nin fiable como xa se viu en miles de accidentes…ademais de que suporía degradar aínda máis os ecosistemas e a biodiversidade mariña xa vulnerada pola actividade humana. Que sería de Canarias se se producira un accidente na extración de petróleo?Literalmente sería acabar co arquipélago en todos os sentidos, nin fauna mariña, nin auga salada 'limpia' para desalar e empregar nos fogares, nin turismo… Claramente moita xente teríase que plantear abandoar as illas.

faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 3, 2014, 22:55

Nas Illas Canarias a actividade económica está orientada cara o turismo, e as actividades turísticas son consumidoras de grandes cantidades de enerxía. Por outro lado, teñen un clima moi árido, polo tanto teñen que recurrir a desalgar a auga do mar para poder consumila, e este proceso tamén supón un gran gasto de enerxía.
As enerxías máis axeitadas son a solar, polo gran número de horas de Sol que recibe ao ano, e a eólica dada a súa situación, na que soplan continuamente os chamados ventos alisios.
Eu penso que si, dado que son enerxías que melloraron moito a súa eficiencia nos últimos anos e estas illas teñen as condicións óptimas para aproveitalas.

faa-martin-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 4, 2014, 00:15

Non temos nin sequera que alonxarnos do concepto de "illa" para darnos conta do importante papel que o mar xoga nas Illas Canarias.
O carto gáñase e perdese, o petróleo consúmese, mais o ecosistema que forma en conxunto o archipélago Canario só se perde; asemade, debido ó afán cego do ser humano hacia adquirir cada vez máis diñeiro, moita xente en Canarias pode ter que abandonar a súa vida cotiá actual.
Actualmente, Canarias ten medios de sobra para autoabastederse, mais a proposta de Repsol pode ser tentadora para os que ignoran os danos que esta pode acarrexar nas súas costas, o que é lamentable.

En resumo,o autoabastecemento das Illas Canarias non sería posible sen mar, así é, que dentro do pensamento racional, a balanza se inclina a favor de que non se explote o petróleo cercano ás illas.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 4, 2014, 11:00

😉
E para rematar, que farías ti neste caso se tiveras a capacidade de decisión para permitir ou non as prospeccións petrolíferas en Canarias?

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 4, 2014, 13:00

Por tódalas razóns anteriores non as permitiría, estropearían o medio ambiente e afectarían drásticamente ao turismo e a pesca en caso de que se producira unha fuga, unha idea bastante probable polo visto. Aparte os cartos obtidos por estas perforacións aínda que fosen moitos no caso de producirse unha gran fuga estaríalos perdendo polos danos producidos destas.

fab-miguel-
leiro
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 4, 2014, 13:08

Se tivera a capacidade de decisión , negaría rotundamente o permiso das prospeccións petrolíferas nas Canarias. Poida que sexa unha gran vertente de e proporción de emprego , pero a contaminación do entorno é case segura. As canarias viven , entre outras cousas , do turismo , polo que non sería algo viable. Calquera fallo nesas prospeccións sería catastrófico. A vida e a beleza das illas quedaría destruída.
Eu diría que non. Para min , sería unha decisión sensata dicir que non.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 4, 2014, 13:10

Personalmente, eu non deixaría que tocasen as illas para buscar petroleo, xa que teño moito mais que perder do que gañar, gañaria uns cartos, pero logo seguramente os perdería no que deixase de ganar.
Si crease postos de traballo e non tuvese tanto perigo de fugas, en resumen, que apenas hubera riscos, si o permitiria, pero tal como é na actualidade, a miña decisión seria que non, sin dubidalo.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 4, 2014, 20:05

Estou segura de que se dependese de min que se puidese extraer petróleo nas Cnarais ou non, non permitiría tal feito, tan só con mirar por riba as ideas recollidas nos anteriores comentarios de todos nós, é suficiente para tomar a decisión de non permitir estas prospreccións petrolíferas. O primeiro no que tendríamos que pensar é se isto causará máis bens dos danos que pode ocasionar, pero a probabilidade de danos que poden xurdir é moito maior que o pouco, ou mellor dito, ningún beneficio que se poida esperar.
O principal é manter o medio das illas Canarias san e salvo. Ademais, como ben dixemos, isto non crearía emprego para as persoas destas illas e afectaría negativamente ao turismo.
O mellor sería propoñer un maior uso das enerxías renovables xa que estas illas teñen estas enerxías ao seu alcance facilmente.

fab-laraco-
res
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 4, 2014, 20:48

Sempre nos deixamos influir polas propostas e decisións das grandes empresas,sen decatarnos de si esas opcións nos beneficiaran nun futuro, ou en como nos afectarán. Se estivese nas miñas mans, non permitiría a extracción de petróleo nas illas Canarias, pois ben visto en todas as nosas opinións e demais, esta búsqueda de novas enerxías causaría unha serie de problemas a longo prazo.
Como ben se dí no vídeo da introducción do foro, estas empresas só buscan unha ganancia ao seu favor, sen importarlles os danos que causarán. Moitos só se centran no posto de traballo que lles dan, e non levantan a mirada o seu arredor, e non tendo en conta: que tarde ou temprano ese posto desaparecerá, os perigos e numerosas mortes que ten ese oficio, os desfeitos mediambeintales que traeran, a baixa de turismo na zoa, a perdida de postos en oficios como a pesca, destrucción do ecosistema submariño... E moitos máis prexuízos, que teñen unha simple solución, a búsqueda de novas enerxías (enerxías renovables) que simplemete axudaran a repartir enerxía sen causar ningún mal no medio ambiente. E non permitir que estas empresas veñan a dañar o que non e seu, e que moitas persoas queren que siga como sempre foi, "un paraíso natural".

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.269 segundos.

Os comentarios están pechados.