Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Canarias e o desenvolvemento sostible TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 23, 2014, 21:14

Nestes días saltou a polémica da concesión á empresa REPSOL de determinadas prospeccións nas illas Canarias para buscar posibles bolsas petrolíferas. Sendo este arquipélago un paraíso natural tanto terrestre como, sobre todo, mariño (cetáceos, aves acuáticas, arrecifes, especies pesqueiras …) hai moitas persoas que consideran que debería prevalecer a protección deste rico hábitat natural que xunto á climatoloxía, son o maior atractivo turístico do lugar; un turismo que representa a gran fonte de ingresos deste territorio. Coa polémica entre os protectores do medio ambiente e os que ven no petróleo unha nova fonte de riqueza, comeza este novo foro de debate das Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

Cal é a vosa posición inicial neste tema e que pros e contras vedes respecto á posibilidade da explotación petrolífera das Canarias?

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 25, 2014, 19:33

Antes de ver o vídeo, podria decir que quizas si tería cousas boas, como por exemplo, que xeraria empleo, ou que ao producir petroleo aqui, nos sería mais barato consumilo. Pero despois de ver o vídeo, estas afirmacións neganse completamente, xa que como di, repsol, xa ten un equipo encargado, no que non contratan a nadie, e todo o que se podruce e levado as aforas do noso pais inmediatamente.
Polo contrario, hai moitas afirmacións negativas, como por exemplo, que destruiran o habitat mariño, que hai perigo de fugas, que perderan turismo, entre moitas outras cousas.
Pero a cousa, desde este punto de vista, que gañamos en España ca explotación petrolífera ? Nada de nada, só como se di no vídeo, o goberno quedase uns cartos, seguramente sexa una cantidade importante, si, pode que sirva para moito, pero, e si algún dia pasa alguna catástrofe e ese diñeiro non chega para arreglalo ? Ou, compensara esa cantidade de diñeiro para compensar as perdidas que sufra o turismo o cabo dos anos? Eu non o creo,asique eu non aceptaría que se sacase petroleo das Illas Canarias

fab-alexco-
sta
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 25, 2014, 20:35

Coincido en gran parte coa opinión de Miguel, eu tamén pensaba antes de ver o vídeo que esto sería bastante beneficioso para as illas e máis para España, xa que o petróleo a non ser importado custaria moito menos, isto sería un gran avance para os españois, e a outra gran ventaxa tamén que via era que xeraría bastantes empleos, e isto en tempos de crise seria unha gran noticia, pero vendo que nada de isto será así, ¿Que beneficios nos traen as plataformas de Repsol? Estou totalmente seguro de que ninghún.
Pola contra trae moitas cousas negativas como a desaparición da fauna, unha gran posibilidade de fuga de petróleo,etc. A conclusión de todo isto é moi sinxela, por culpa de uns políticos corruptos morreran moitas especies e destruirase unha zona turística que da de comer a moita xente.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 25, 2014, 21:32

Nun comezo, tiña unha idea positiva sobre este tema, pensei que sería positivo conseguir petróleo no noso propio país sempre e cando se asegurase unha total protección do medio natural e non houbese risco de fugas, de tal xeito, que isto xeraría emprego e non nos faría tan dependentes doutros países productores de enerxía como Francia coas súas centrais nucleares ou Arabia Saudí co seu petróleo.
Pola contra, despois de ver o vídeo e profundizar no tema, estou totalmente en contra desta iniciativa, xa que non teremos beneficio ningún. Todo o petróleo exportarase a outros países sen nos gañar nada e tampouco creará emprego. Ademais, é realmente impactante o dato sobre os accidentes que xa tivo a empresa REPSOL neste tipo de traballos, e sería moi probable que volvese a ocorrer, polo que perderiamos moito máis do que poden gañar o resto de países con este petróleo.

fab-raquel-
pan
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 25, 2014, 22:18

Sen pararte a miar o vidéo a idea que se ten sería boa. Parandonos a mirarlo decatamonos da cantidade de prexuizos que nós trae non supera os beneficios,que son casi nulos.O Positivo de todo esto sería que habería máis postos de traballo ,pero si xa Repsol ten engarda unha plantilla de empregados desfavorecenos completamente.Non nos trae ninghún rendimento o contrario temos unhas perdas cuantiosas como son:Risco de fugas,perda do hábitat natural,desaparición das especias terrestes e mariñas.
Claramente se pode ver que esta nova concesión e un atropelo cara o hábitat natural e as persoas que viven nesa zona.

fab-laurao-
zores
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 25, 2014, 22:40

Antes de ver o vídeo e lendo soamente o tema proposto arriba, pensaba que a extracción de petróleo nas Illas Canarias sería unha gran fonte de beneficios e pros para a economía das illas.
Tras ver o vídeo, afirmo con seguridade que a extracción de petróleo nestas illas é unha idea nefasta en todos os aspectos. Traería consigo prexuízos en vez de beneficios. Como ben di o vídeo, non proporcionaría ningún posto de traballo e o pretróleo extraído exportaríase a outros países. Ademais, produciríase un alto risco para toda a fauna que habita no Océano Atlántico, non atraería o turismo ás illas e a economía das Canarias descendería totalmente.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 26, 2014, 00:22

Dende o meu punto de vista, non hai nada positivo nas posibles prospeccións nas illas Canarias para buscar bolsas petrolíferas. Considero que as Islas canarias son un lugar magnífico e ademáis, como comenta no vídeo, viven do mar e do turismo. Polo tanto este proxecto só perxudicaría estas illas. O impacto ambiental que produciría de produción de aceite na vida mariña variada das illas sería catastrófico. Ademáis, en caso de calquera tipo de vertedura ou accidente, o sector de turismo das illas sería mui negativamente afectado.
Finalmente, non proporcionaría ningún posto de traballo para os habitantes das illas.

faa-rubeni-
glesias
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 26, 2014, 12:48

Deste tema xa falamos na clase de Tecnoloxía. Eu mostreime en desacordo debido a que teríase que atopar moito petróleo para que nós gañaramos algo e que se destruiría a maior parte da natureza acuática das Canarias. Ademáis, se a maior parte do que se atopase se exporta a outros países, non gañaríamos nada, é dicir non o utilizaríamos para consumo propio, se non que o teríamos que seguir comprando a Venezuela ou Arabia Saudí. Por outro lado fálase de creación de emprego. Eu penso que é inexistente ese emprego, porque non hai moito petróleo.
Por outra parte, os canarios viven do turismo, e o turismo normalmente vai ali para ir ás praias. Se os turistas observan unha paisaxe degradada pola contaminación, os riscos de fugas, etc. non volverían máis.
Ademáis diso destruiríase a fauna mariña.

fab-ivanpo-
rtas
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 26, 2014, 13:17

As súas vantaxes poderían ser, por exemplo, que produciría emprego neste tempo de crise, e outra cousa positiva sería que ao xerar petróleo aquí sairíanos máis barato consumilo o que aforraríanos moitos cartos... Pero Repsol non contratara a ninguén porque xa ten un equipo encargado e tamén o que produciría sería levado para o estranxeiro.

As súas desvantaxes serían, por exemplo que destruirían o espazo natural do que gozan, tamén poderían perder emprego no sector turístico.
O único que gañaríamos sería unha cantidade de cartos coa que se quede o goberno, pero esa cantidade non creo que sirva para suplir todas as perdas que chegara a ter.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 26, 2014, 16:47

😉
Centrémonos nun aspecto do asunto. REPSOL é unha multinacional (ten negocio en moitos países) e non pon o prezo máis barato nos países productores, do mesmo xeito que na Coruña hai unha refinería de REPSOL, co seu conseguinte impacto ambiental, e pola contra somos unha autonomía nas que os gasóleos son máis caros. Considerades que sendo Canarias unha rexión que vive exclusivamente do seu medio debe arriscarse a buscar outras fontes de negocio que poidan por en perigo a súa subsitencia?

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.105 segundos.

Os comentarios están pechados.