Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8]
Autor Tema:Canarias e o desenvolvemento sostible TEMA CERRADO
faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 5, 2014, 17:39

Se estivese da miña man poder evitar as prospeccións nas costas das illas Canarias en busca de petróleo, sen dúbida evitaríao. Mais a realidade é ben diferente. O feito de que este proxecto se leve a cabo non depende de nós, ou neste caso de min, senón das grandes empresas, en parte favorecidas polo actual goberno que lles deixa vía libre para facelo.
Non compensa arriscarse a buscar outras fontes de negocio que poidan poñer en perigo o medio ambiente destas illas. Ademais, se o que se busca son outras alternativas, debemos buscalas, como dixemos con anterioridade, nas enerxías renovables, pois non causarían ningún tipo de estrago na flora e fauna do arquipélago.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 5, 2014, 17:51

A miña decisión sería que non se realizase a extracción de petróleo, mirándoo dende o punto de vista de calquera persoa canaria, que son os principais afectados. Non o permitiría, en primeiro lugar porque non é seguro ao cen por cen que haxa petróleo nin todo o que se pode conseguir, pero e que ademais, o beneficio será nulo para os afectados e incluso isto podería perxudicalos se se destrúe o seu medio natural, do cal moita xente na illa vive.
A mellor solución para obter enerxía sería aumentar a explotación das enerxías renovables e sempre a longo plazo e asegurando a súa amortización,xa que conlevan un gasto moi grande.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 5, 2014, 21:02

Se eu tivera a capacidade de decisión para permitir ou non as prospeccións petrolíferas en Canarias, está claro que faría o posible para evitar que estas perforacións se realizaran. Por todos os motivos que expuxemos nos anteriores comentarios, especialmente a destrución do medio natural, ao meu parecer é evidente que ese proceso só tería consecuencias nefastas para as Illas Canarias e os seus habitantes.
Ademais, se eu tivera poder de decisión e poñéndome na pel de calquera habitante das Canarias, non permitiría que unha empresa internacional obtivera beneficios á costa de destruír o medioambiente e a economía dos que dependen miles de persoas .

fab-marian-
galeano
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 5, 2014, 21:09

As illas Canarias igual que calquera outras illas ou lugares teñen necesidades enerxéticas moi variadas, pero estas necesidades poderíanse cubrir mediante outro tipo de enerxías alternativas. A enerxía do vento, a eólica, pode ser un gran recurso alternativo nas illas. A enerxía solar tamén sería unha enerxía potente xa que debido á posición das illas gozan de moito sol neses territorios. Estas enerxías cobrirían as súas necesidades xa que son renovables, todo o contrario ó petróleo que un día acabará por esgotarse. Ademais a extracción de petróleo nas illas podería destruír o hábitat mariño se se produce un derrame de petróleo e ademais isto acabaría por destruír o turismo, que é o maior recurso económico nestas illas.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 5, 2014, 22:12

Se eu fose quen tivese que tomar esa decisión,negaríame a ese proxecto pois non traería nada bo, senón todo o contrario, ás Canarias iso non lle aportaría nada, e no peor dos casos, un accidente na extración do petróleo, acabaría coas Illas,acabaría coa súa principal fonte de vida, o mar , coa súa biodiversidade...etc. Coa extración do petróleo os canarios non se benefician pois como ben se di no vídeo, Repsol levaría consigo os seus propios traballadores e o petróleo extraído sería exportado a outros países asíque Canarias con este proxecto non gaña nada, pero si o aceptan, poden perder moito...

fab-mariao-
ubina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 5, 2014, 23:43

A miña opinión persoal é que non deixaría que tocasen as illas Canarias, será moi importante o crecemento de emprego pola situación que estamos sufrindo. Xa se sabe que teñen necesidades enerxéticas, pero que usen outros recursos o outro tipo de alternativas que non poida a chegar un accidente coa extración do petróleo co cal acabaría cas illas e como exemplo pasou aquí en Galicia co prestige que nos causo moitos destragos...

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 6, 2014, 13:33

Se dependese de min esta decisión, estou seguro de que non deixaría facer esas prospeccións, tendo en conta o que lle poden causar facelas nestas illas, como xa vimos anteriormente. Todo isto faise polo diñeiro que gañan os que están no poder, facéndonos ver que o único que lle importan son eles, e nos os cidadáns Españois.

Páginas: First << 5 6 7 [8]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.069 segundos.

Os comentarios están pechados.