Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8
Autor Tema:Canarias e o desenvolvemento sostible TEMA CERRADO
faa-afeijo-
o
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 21:19

Na miña opionión deberían de reitar a opción que lles da REPSOL de buscar bolsas de petróleo nas súas costas, porque como ben di o home do video que nos pos, en este lugar é moi común que axente viva da pesca e da explotación mariña ou algo que teña que ver con esta, desta maneira so se verían favorecidos as plantas petrolíficas.
Por outra parte se aceptan ese negocio, os canarios poderíanse ver afectados tamén, porque si por mor das excabación para extraelo, se fai algún movemento que provoque que este petróleo saia a superficie mariña, a costa veríase moi afectada como foi nos diferentes casos coma o daquí, o prestige. A xente deixaría de ir as Islas, xa que este desastre causaría que toda a rica fauna mariña das Canarias, e polo que moita xente decide ir alí, veríase gravente perxudicado, e esto, levaría a perda de cartos de moitos negocios.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 21:34

As islas canarias constan dunha gran cantidade de enerxías renovables. Entre elas a máis destacable, na miña opinión polas condicións ambientais, é a enerxía solar, que consiste no aproveitamento do sol. Basicamente, recollendo de forma axeitada a radiación solar, podemos obter calor e electricidade, a calor lógrase mediante os colectores térmicos, e a electricidade, a través dos chamados módulos fotovoltaicos.
Non sería racional non intentar aproveitar, por todos os medios tecnicamente posibles, esta fonte enerxética gratuíta, limpa e inesgotable, que pode liberarnos definitivamente da dependencia do petróleo ou doutras alternativas contaminantes.
Non obstante, é preciso sinalar que existen algúns problemas que debemos afrontar xa que hai que ter en conta que esta enerxía está sometida a continuas variacións. Así, por exemplo, a radiación solar é menor en inverno, precisamente cando máis a necesitamos.

faa-ritala-
ge
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 22:04

Antes de ver o vídeo sobre o tema proposto , pensaba que a extracción de petróleo nas Illas daria moitos beneficios na economía das illas.
Tras ver o vídeo, afirmo con seguridade que a extracción de petróleo nestas illas traería prexuízos, non daría postos de traballo e o pretróleo extraído exportaríase a outros países, co cal est4es obtendrian beneficios. Ademais, produciríase risco para toda a fauna, non atraería o turismo ás illas e a economía descendería .

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 23:16

As necesidades enerxéticas que poden ter as islas, pois son a luz,electricidade, principalmente, xa que é algo indispensable para o turismo. Eles podrían desenvolver muiños de vento para xerar enerxia, xa que non conten ningun risco e todo son comodidades. Quizas non chegarían a cubrirse totalmente, xa que as Islas son pequenas, pero non tanto, pero seguramente máis da metade da sua consumición anual a conseguirian obter, dos propios muiños que eles pondrían. Tamen podrían poñer paneis solares, xa que as Canarias e un sitio no que fai moito sol durante todo o ano.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 23:32

Dende o meu punto de vista Canarias debería apostar forte polas enerxías renovables, posto que conta cunhas condicións espléndidas para o seu aproveitamento.
As enerxías renovables máis utilizadas nas Illas son a eólica e a solar, contando con 15 parques eólicos en todo o seu territorio.
Máis, a as enerxías renovables non supoñen máis que unha mínima parte do consumo das Illas, pois Canarias depende en máis dun 95% do consumo do petróleo e o seus derivados para a produción de enerxía.
Ao meu parecer, as Illas Canarias deberían explorar outras vías de fontes renovables lle que acaian perfectamente as súas características para obter enerxía.
Unha delas sería por exemplo a enerxía mareomotriz,é dicir, o aproveitamento das mareas. É certo que os custos da construción das instalacións para o aproveitamento de enerxía mareomotriz son elevados, mais debemos pensar sempre a longo prazo e no rendemento que lle podemos sacar, sen apenas prexudicar o medioambiente.
Outra enerxía que podería ser utilizada en Canarias, sería a enerxía xeotérmica, posto que probablemente a súa actividade volcánica estea relacionada coa calor interna da Terra, que é aproveitada por este tipo de enerxía renovable.
En definitiva, considero que Canarias ten un enorme potencial para o aproveitamento de enerxías renovables. É certo que é moi difícil ser autosuficiente e non ter que depender do consumo de petróleo para a produción de enerxía, mais está claro que aínda que as enerxías renovables non cubran todas as necesidades das Illas, deben ter moito máis peso neste territorio.

fab-lauraf-
alcon
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 23:35

As Illas Canarias constan de abundantes recursos enerxéticos renovables, a enerxía solar e a eólica. As Illas Canarias posúen unhas condicións que as fan idóneas para estas enerxías.
Canarias non se pode deixar levar, e que surxa así o estalido enerxético, as Canarias son un exemplo de como o noso planeta pode funcionar con enerxías renobables, unha das Illas Canarias (El Hierro), funciona na súa maioría con enerxías renobables, tamén e un dos poucos lugares do mundo que pode implantar perfectamente todas as enerxías renovables, xa que ten as condicións idoneas para elo.
Non poden permitir que por desexo duns poucos, e beneficio deses poucos, todo o traballo que fixeron moitos para conseguir unas illas sostibles se vexa truncado. Arruinarían un dos sectores que produce máis riqueza as Illas Canarias, o turismo, e a gran biodiversidade que teñen estas islas veríase afectada si se producira algún fallo nas enerxías que quere implantar Repsol.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 2, 2014, 23:50

As illas Canarias son un claro exemplo de fonte de enerxías renovables, isto é, enerxías que non se esgotan e que nun principio non contaminan. Entre as posibles en Canarias están a enerxía solar, eólica, mareomotriz, undimotriz, hidráulica...todas elas favorecidas polas condicións climatolóxicas deste arquipélago e polo mar. A pesar disto, as máis empregadas nestas illas son a solar e a eólica, aínda que só supoñen unha mínima parte do consumo das Canarias. Estas enerxías son beneficiosas para as Canarias xa que non son contaminantes, son fontes baratas, inesgotables...as abundantes horas de sol nestas illas fan que a enerxía solar sexa moi aprobeitable.
Con isto, e relacionando co tema a tratar, penso que as Canraias contan coa posibilidade de utilizar diferentes fontes de enerxía non contamimantes e que cubran as súas neceisdades sen ter que recurrir á búsqueda de petróleo e ás consecuentes perforacións do solo mariño.

fab-luciam-
eis
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 3, 2014, 12:03

Eu creo que Canarias non debería arriscarse. É verdade que poden gañar mais cartos se lles sae ben pero se lles sae mal pagaríamolo todos non so eles, o turismo somos todos e creo que a todos nos encantaría poder ir ainda que so fose unha vez na vida a Canarias.
Sempre poden pensar nunha fonte de negocio que non poña en perigo o seu medio xa que viven del e así destruirían todo o bonito que teñen.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 3, 2014, 17:38

Penso que Canarias podería ser case autosuficiente tan só coas enerxías renovables que pode explotar. Por unha parte, a enerxía solar probablemente sería unha das fontes enerxéticas máis importantes xa que as condicións meteorolóxicas que alí se dan son perfectas para ela. Pero e que ademais, poden explotar a enerxía eólica ao ser unha zona elevada grazas ao Teide ou aprobeitar a enerxía xeotérmica que este lle proporciona. Por outra banda, ao ser un arquipélago, están rodeados de auga e poden aprobeitar todo tipo de enerxía procedente dela, enerxía hidráulica, mareomotriz, das olas. En última instancia, e en caso de emerxencia, tamén poderían crear enerxía de biomasa con todos os residuos orgánicos que producen.
En conclusión, Canarias, pode ser totalmente autosuficiente coas enerxía renovables, o único problema é o prezo, xa que terían que saber canto tardarían en amortizar todos os gastos destas instalacións.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: December 3, 2014, 19:49

Sopoño que as illas Canarias, coma calquera outra illa ou lugar necesita corrente eléctrica, que creo que é a máis importante para un ter unha boa comunicación, luz, ou simplemente para poder levar a auga dende os pozos a toda a vivenda. Canarias esta nunha posoción moi boa respecto ao sol, debido a eso unha das alternativas que vería eu máis fctible sería o uso de placas fotovoltaicas ou incluso colectores cilíndrico-parabólicos, que axudarían a quentar auga grazas ao sol. Outra alternativa son os campos eólicos, aos que eu lles vexo un inconveniente nas illas, que é o impacto visual que crean estes inmensos aparellos, e que ao meu ver non serían unha boa opción.
Para finalizar creo que cobrirían as necesidades das illas bastante ben, e espero que polo menos intenten plantearse facelo.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.096 segundos.

Os comentarios están pechados.