Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:Canarias e o desenvolvemento sostible TEMA CERRADO
fab-tatian-
ameis
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 28, 2014, 18:12

Como moitos compañeiros comentan, a extracción de petróleo nas illas canarias non é moi boa idea, xa que pode ter graves consecuencias no medio ambiente.
Cando comecei a pensar no tema, pensaba que a extracción de petroleo podería ser unha boa idea por que proporcionaría cartos e ademáis empregos.
Sen embargo, cos datos do video que explicaban a contaminación que produciría dinme conta de que non é tan boa idea. As illas canarias xa teñen un gran motor económico grazas ó seu turismo, polo tanto, na miña opinión o mellor é non estropear o turismo coa contaminación mariña que a extración de petroleo poda xerar.

faa-sarafa-
lcon
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 28, 2014, 18:34

Bueno pode ser no e malo que intenten buscar novos medios de subsistencia e explotar novos recursos, así atraerian a diferentes empresas que teran que pagarlle ao estado español e as canarias por explotar ese recurso, pero tamen pode ser unha cousa moi mala para a nosa saude e para o planeta, xaque se chegasen a montar varias refinerias de petroleo seria moi contaminante para o noso aire, e posiblemente estas construccions de plataformas petroliferas no mar e as refinerias podrrian danar o ecosistema da zona

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 28, 2014, 19:28

Estou de acordo con todos os meus compañeiros na rotunda denegación de aceptar a proposta levada a cabo no Arquipélago Canario de extraer petróleo. Esta actividade a simple vista pode parecer un gran propósito para abastecer o noso país non tendo que exportar o petróleo doutros lugares e posicionándoo nun importante país con crecente economía, pero a verdade contradise a isto e en realidade as vantaxes son bastante reducidas.
O principal sector ao que afectaría sería ao marítimo, que é o principal atractivo da Illa, tanto a nivel turístico como a nivel socioeconómico, posto que crea diversos postos de traballos, e ademais, garda unha ampla diversidade mariña con exemplares característicos da zona que se verían altamente afectados.Esta actividade tamén afectaría á fauna e flora, e incluso á propia saúde dos canarios pola contaminación indirecta que isto suporía nos produtos que se utilizan.
Considero que esta actividade é unha alternativa pouco sensata, posto que non se debería poñer en perigo a subsistencia da Illa, podendo optar por outras alternativas como a utilización de enerxías renovables.

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 28, 2014, 19:49

Na miña opinión deberíanse barallar todos os riscos, e todas as cousas boas, por decilo asi, que tería facer as perforacións polas costas das Illas Canarias, tendo en conta o turismo das illas, poderíase perder con consecuencias moi malas para as illas.
Tamén deberíamos contar que os postos de traballo que, en teoría serán para Españois, pois non será así. Como conta no vídeo, a empresa Repsol xa trae contratadas as persoas que traballarán con eles.

Para terminar, respondendo a pregunta de Víctor, creo que se ata agora Canarias viviu sen o petróleo, que ainda non saben si esta ahí ou non, pois pode continuar sen el, e en vez de invertir diñeiro neso, invertilo en enerxías renovables que faciliten a vida das persoas das Canarias.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 28, 2014, 20:22

As perforacións deste tipo en augas profundas require de tecnoloxía punta e grandes cantidades de capital. As posibilidades de incidencias e accidentes, son muy altas. En caso de algún accidente produciría unha gran catástrofe nas Illas Canarias. As verteduras de hidrocarburos causarían un importante impacto ambiental xa que poderían verse afectados ecosistemas con valores naturais de grande interese.
Por outro lado, o prezo sería o mesmo que si non foran un país protector e, como comentan no video, non produciría postos de traballo para os habitantes das illas. Isto todo e tendo en conta que a súa economía está baseada en boa medida no sector turístico, orientándoo cara a un turismo responsable, daría lugar, probablemente,a
aparición de danos no ámbito económico e, todo iso, repercutiría no benestar da poboación.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 28, 2014, 23:24

Rotundamente non. Canarias conta cun medio natural incríble e do cal pode sacar, e de feito xa o fai, un gran beneficio. Xa non só pola súa importante atracción turística, senón que a biodiversidade da zona e as condicións nas que se atopan esas illas son case únicas e non deberían arriscalas nunha empresa tan perigosa para o seu medio e que ademais non asegura ao 100% que se atope petróleo. En definitiva, aceptar esa proposta penso que suporía lanzarse cos ollos pechados a un risco que pode ser catastófrico para unhas illas como esas.

faa-alexfe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 29, 2014, 13:56

Na miña opinión non devirían arriscarse.O turismo que xera Canarias é polo seu gran paisaxe e,dende o meu punto de vista, arriscarse a perder isto por culpa dos efectos secundarios que poida producir este proxecto non é rendible. A demais,desde un punto de vista ecolóxico e non económico, canarias ten unha fauna bastante variada gracias a súa gran variedade de climas e, ademais, un total de catro parques nacionais dos cales, dous son patrimonio da humanidade e un proxecto así podería chegar a afectar moi negativamente a estes.En conclusión, creo que hai máis lugares onde poderían facer un proxecto deste tipo sen tanto dano medio ambiental.

faa-uxiaca-
sais
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 29, 2014, 15:31

Na miña opinión nin Canarias nin ningunha outra rexión debe arriscarse a perder o seu medio natural, e menos se dependen del. A procura de bolsas petrolíferas terá un gran impacto medio ambiental que afectará sen duda a economía desta illa, que depende de sectores como a pesca ou o turismo, e todo para que Repsol e outros involucrados saquen proveito.

fab-jonath-
ansalgueir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 29, 2014, 20:28

Dende o meu punto de vista Canarias non debería permitir que Repsol buscara petróleo nas illas posto que o maior soporte das illas é o turismo e a maioría dos habitantes viven del, esta busqueda estropearía o entorno e os paisaxes, o que acabaría sendo unha baixada importante dos visitantes e esto sería un problema moito máis grave que a suma de todos os beneficios que lle poida aportar a extracción de petróleo no caso de que se atope.

faa-miguel-
otero
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Canarias e o desenvolvemento sostible
on: November 29, 2014, 20:29

Dende o meu punto de vista, creo esta proposta da búsqueda de petróleo non é moi acertada. Se buscamos este combustible nas Illas Canarias pódese dar o caso de que non se atope nin gota de petróleo, ademais, estaríamos arriscando demasiado o ecosistema das illas, xa que ten unha gran riqueza de fauna mariña, a cal, aparte de ser un atractivo turístico, proporciona moitos postos de traballo no ambiente da pesca.
Por outra parte, considero que no caso de que si se atopase petróleo, non creo que cunha soa planta petrolífera chegase para abastecer durante moito tempo ao noso país e xa nin falar se tamén o exportamos. Na miña opinión creo que estaríamos arriscando demasiado, así que, debemos buscar outro tipo de abastecementos, como por exemplo, as enerxías renovables.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.118 segundos.

Os comentarios están pechados.