Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8
Autor Tema:Compromiso cidadá e sostibilidade TEMA CERRADO
fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 12, 2011, 13:30

Agora poucas persoas poden permitirse mercar todo o que queiran, xa que a súa renta non llo permite, tan so mercan as cousas que precisan, e aínda así mercan as de menor prezo. E cando teñen que mercar algo que se saia das suas necesidades primordiais, miran o prezo e escollen a que menos custe. Din que para que a cise se sulucione, unha das cousas que hai que facer e consumir, pero se a xente está no paro e non ten a renta suficiente para consumir e o estado súbelle os impostos, como van a consumir?

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 12, 2011, 16:37

Claro que axudou, e moito. Antes do 2007, moita xente se gastaba o diñeiro innecesariamente, posto que non tiñan necesidade de aforrar. Cos tempos que están a correr agora, penso que a xente se fixa máis nas ofertas, por exemplo, e deixa a un lado as marcas. Comprar máis por menos é o obxectivo desta crise. Polo tanto, creo que a poboación se fixa máis nas marcas blancas, que saen máis rentables en canto á economía, aínda que perda en calidade. Despois desta situación, penso que a xente se concienciará máis. Que pode a ver tempos bos, pero cambian dun día para outro e que? Xa non nos vemos tan ben como antes, senon, con necesidade. Creo e espero que a crise serva para que a poboación reflexione sobre estes conceptos.

faa-paulag-
ondar
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 12, 2011, 18:09

Sí, con respecto a este tema, a actual crise económica contribuíu a que deixásemos de gastar tantos cartos por todas partes e que aplicásemos máis o sentido común ás nosas compras. Esta crise serviunos un pouco para abrirnos os ollos e darnos de conta de que nos tempos que corren o mellor é aforrar. A pesar disto, non sei se nun futuro se comprará con racionalidade, porque cando se acabe a crise e a xente volva a ter os cartos suficientes, volverá a comprar o que lle dea a gana, pero non digo que todo o mundo faga iso, só é unha posibilidade. Pode que nun futuro próximo a xente sexa máis racionalista, pero, como dixen antes, creo que co paso do tempo irá cambiando.

faa-nereap-
az
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 13, 2011, 12:22

É certo que a crise económica contribuíu a que a sociedade se volvera menos consumista,pero tamén provocou que as empresas automóbilísticas e da industria se decantes por combustibles máis baratos e non polas alternativas ecolóxicas e sostibles para o medio ambiente. Un exemplo disto é o emprego do petróleo como combustible para os automóviles aínda que se non se reduce o seu uso masivo acabará por esgotarse en poucos anos. No momento en que estas alternativas máis económicas pero máis perxudiciais se esgoten, comezarase a utilizar as alternativas ecolóxicas.
As grandes empresas xogan un papel moi importante na sostenibilidade dos recursos actualmente, pero penso que todos os cidadáns individualmente deberiamos intentar cmbiar este modelo social do consumismo masivo.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 13, 2011, 13:48

As grandes industrias nunca pensaran no planeta, senon, no maior beneficio que poidan sacar, e o sector automobilistico arrastra moitos beneficios con el: as rodas, aceites, petrole... e dende logo no deixaran de enriquecerse polo planeta.
A labor e nosa, somo nós os que temos que tentar arranxar esta forma de vida cós nosos ábitos, será entón, canda as grandes industrias se decatarán de que deben buscar alternativas ecolóxicas, pero polo de agora, non o faran,mentras sexa rentable.

faa-mariam-
artinez
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 13, 2011, 16:57

A crise económica axudou a que a xente se dera conta de todo o que compraba inecesariamente. Agora fixámosnos máis e, sobre todo, comparamos os prezos antes de comprar un determinado producto. Todo vale con tal de aforrar algún diñeiro, por moi pouco que sexa. Aínda que, haxe crise ou non, eu creo que hai veces que seguimos comprando sen necesidade ningunha.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 13, 2011, 20:12

😉 NOVAS CUESTIÓNS
Deberíase actuar sobre as continuas innovacións que fan que obxectos que non esgotaron a súa vida útil se rexeiten porque o mercado ofrece outros con prestacións moi superiores?

Vedes ao voso entorno capaz de non cambiar os aparellos electrónicos polos de última xeración cada vez que saen ao mercado, de comprar coches pequenos…?

fab-atenea-
prado
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 13, 2011, 20:22

En resposta a unha destas últimas preguntas planteadas, penso que por exeplo no de non renovar os nosos aparellos elecrtrónicos por outros mais novos e mellores, iso é imposible, xa que a todos nos pasa que cando hai algo novo, o queremos conseguir. E así tamén con outras cousas como os coches xa nombrados.

faa-fernan-
dogarcia
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 13, 2011, 20:24

Depende moito da persoa, eu, como exemplo, son bastante coidadoso co que gasto, así que intento non mercar algo ao que non lle vexo utilidade, e se o merco, intento sacar o máximo que pode ofrecer.
Por contra hai persoas que cren que "indo á última" destacan na sociedade, mercan eses produtos para crear apariencia ante outras persoas máis que para uso personal.
Evidentemente, mentres existan persoas que mercan, existiran persoas que vendan, e gañen moito diñeiro, o que os levará a fabricar máis e máis novo, que non quere dicir mellor.
Na miña opinión non debería poñerse moito freo ás innovacións, o que si debería a xente é ordear as súas prioridades

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 13, 2011, 21:57

Como di Fernando,depende da persoa.Pero pouca xente se para a pensar que compar un aparello de última xeración que non necesita é un capricho; pouca xente reflexiona sobre iso, e creo que se deixan levar polo márketing e o qué dirán, unha vez máis. Aínda que é certo, que a a crise, axudou tamén nestes ámbitos, facendo que a poboación invirta en prioridades e non en caprichos.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.133 segundos.

Os comentarios están pechados.