Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8
Autor Tema:Compromiso cidadá e sostibilidade TEMA CERRADO
fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 14, 2011, 14:09

O que falaba eu antes, a chamada obsolescencia programada: inda que a vida útil non rematara, eses aparellos son obsoletos, xa non nos vale, precisamos outros novos, máis sofisticados.
A hora de mercar un coche, tes que ter en conta a túa renta, a calidade do coche que precisas según os quilómetro que vas facer, o consumo... e non mercar un BMW que non so é mercalo, se non que tamén hai que pagar o seu seguro, o consumo de conbustible, que será mair que o dun coche máis pequeno... pero a xente só pensa en obstentar, se preocuparse da súa economía e moito menos no noso planeta.
A xente non quere ningún móbil que non sexa a blackberry ou o iphone último, inda que non sexan uns grans executivos que necesitan un bo móbil, se non para satisfacer as súas "necesidades" o mellor que poden. Pero é imposible ter sempre o mellor aparello xa que continuamente se pode estar mercando o último móbil.

fab-martin-
franco
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 14, 2011, 22:01

Eu estou de acordo cos meus compañeiro pero as necesidades do ser humano son ilimitadas e varian segundo o grao de desenvolvemento do noso país, polo que se temos unha necesidade e a satisfacemos, inmediatamente despois vamos a ter outra e tamen a vamos querer cubrir. En iso consiste o texo, en que non podemos satisfacer todalas nosas necesidades secundarias porque chegaría un momento en que estiveramos a malgastar o noso diñeiro en vez de utilizalo para o ben comun ou en necesidades máis producesntes que un coche bó ou unha prenda de marca. O noso grao de benestar vai variar segundo as necesidades que satisfagamos ou ás que renunciemos, pero ese "sacrificio" seranos recompensado máis adiante, a nos ou aos nosos fillos ou netos cando vivan nun planeta moito máis limpo, eficiente ou simplemente máis solidario con todos nos e coa nai natureza.

fab-inesfe-
ijoo
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 14, 2011, 23:28

Tes razón Martín, en canto satisfacemos unha necesidade enseguida temos outra diferente, o ser humano é inconformista consigo mesmo por eso nunca podremos conseguir o mellor grado de satisfacción porque sempre aparecen cousas máis novas.

faa-monica-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 14, 2011, 23:29

Estou de acordo cos meus compañeiros, xa que vivimos nunha sociedade, un tanto, derrochadora, onde o cal, parece que o máis importante só é gastar e comprar as cousas máis caras para encaixar e aparentar máis do que temos, na miña opinión creo que esto debería cambiar, porque por unha parte vivimos medio enganados.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 10:19

A nosa sociedade antes da chegada da crisis era moi derrochadora,compraaaba moitas cousas que o final moitas delas quedaban nun arrmario sin usar.Amin tenme pasado moitas veces,comprar obxectos moi bos e so utilizalos o primer dia e despóis quedar para a eternidade no armario.
Sempre que compramos unha cousa non é porque a queiramos ter e porque queremos decir"Mira,teño esta cousa que acaba de saír o mercado",solo compramos para satisfacer a nosa"necesidade",como ben di Isaac.

fab-alvaro-
lopez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 17:02

Baixo o meu criterio,o consumismo sempre se move a través dunha necesidade psicosocial, xa que como ben di a palabra non consiste en comprar o imprescindible, senón en adqirir elementos innecesarios.
O ser humano ten unha tendencia á rexeitar a inferioridade fronte ós outros individuos. Así pois moitas veces realizamos actividades consumistas para non sentir esa inferioridade e facer ver que tamén temos a oportunidade de adquirir cousas "de prestixio".Polo tanto , é necesario ter un criterio forte á hora de mercar, sabendo que os elementos materiais non son os que realmente nos dan a felicidade, senón aqueles que non se perciben a simple vista.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 17:10

xa o dician os vellos: piñeiriña nova... e iso agora vese clarisimamente, sobre todo nos móbiles ou nos coches, canto dura un móbil ou un coche? Dende logo, normalmente, máis do que o usamos. Un coche que custa 30000 € non dura 6 anos, un móbil non dura 6 meses, mais con todo a xente non para de cambiar de coche e móbil se esta dentro das súas posibilidades, inda que eso lle supoña un gran esforzo. A xente que o peor o pasan agora na crisis, sacando escepcións, é porque a súa propia economía ciclica se esta a reaxustar, es teñen que deixar de fundir os cartos o día que chegan a casa.

fab-alvaro-
lopez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 17:26

Respondendo á última pregunta formulada polo noso profesor Víctor, opino que depende da personalidade de cada un. Quero engadir que, como ben di Amadeo, antes da crise comprabamos moito máis que agora. Pero aínda así máis tarde ou máis temprano un intenta ,se ten a renda suficiente, renovarse con productos máis modernos, máis cómodos e máis útiles (se é certo que o son).

faa-emilio-
abal
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 17:54

É normal que a tecnoloxía evolucione. Eu penso que non é so isto porque cada día máis aparellos rómpense ou aviríanse o pouco tempo de telos, xa non duran practicamente nada, por exemplo a batería dun móbil nun mes viciase e isto fai que o consumismo sega a crecer, e que cada día fagan aparellos que se rompan o pouco de telos, favorécenlle as empresas que incrementan a súa venda e o seu beneficio. Un negocio.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 18:50

😉 CENTRÉMONOS
Vos sodes unhas persoas cunha certa formación que deberedes seguir acrecentando. Non debedes aceptar que sexa normal posuír a última tecnoloxía simplemente por aparentar; isto non é acetable desde o punto de vista dunha persoa formada.

Actualizar os elementos tecnolóxicos, pode estar ben se é porque lle sacásemos máis partido, pero sempre estaría mal se compramos o último por impresionar aos demais.

Se compramos as últimas novedades simplemente porque o necesitamos é un síntoma de que temos un problema é deberiamos preguntarnos porque temos a necesidade de comprar.

Tampouco debedes aceptar que os comportamentos individuais non poden facer nada por esta sociedade. Non é certo, pois os voso exemplo pode servir para que outras persoas o sigan e non estaría mal asociarse con outras persoas coas que compartades opinións para traballar xuntos por un desenvolvemento sostible do noso planeta.

Como conclusión pregúntovos: como podemos actuar, a nivel individual, para que o desenvolvemento sostible da nosa sociedade sexa, canto antes, real? É dicir, de todas as opinións que fixemos ata o de agora, como debe ser a nosa actitude para manter un desenvolvemento que implique realmente unha maior calidade de vida que se manteña durante moitas xeracións de humanos?

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.131 segundos.

Os comentarios están pechados.